Crónicas desde Madrid: Zapatero evita a foto co BNG ata as eleccións (LVG 18 maio 08)
O Bloque teme que Touriño intente gobernar en solitario a partir do 2009. (Gonzalo Bareño)
O Bloque teme que Touriño intente gobernar en solitario a partir do 2009. (Gonzalo Bareño)
Un artigo interesante sobre as estratexias ante as próximas autonómicas.
7 comentarios:
Interesante artigo, sen dúbida.
Pero, non é por nada, pero eu xa dixera algo semellante co gallo das eleccións xerais: que a estratexia do BNG de presentarse como "decisivo" en Madrid dependía de elementos externos que o propio Bloque non podía controlar.
A mensaxe valeulle para resistir moi ben en tales comicios (quedando como estaban), pero non contaban con algo previsible: que os socialistas non son parvos e que non están dispostos a darlle gratis bazas de xogo político que poidan ser utilizadas para tirar rédito electoral nas próximas autonómicas. A estratexia socialista de "ningunear" ao nacionalismo galego é perfectamente congruente desde a lóxica da conquista do mercado electoral.
Deste xeito, o BNG vése privado dun dos seus argumentos centrais e tan só lle queda outro: vender á cidadanía as bondades da súa acción de goberno. Pensaba inxenuamente que tería dous brazos e quedou manco. A ver agora se é quen de, a pesar de estar mutilado, axir acaidamente cun só brazo. Todo pode ver.
A política, poderiamos concluír, é ben fodida e nela non hai hermanitas de la caridad. Tan só matrimonios de conveniencia e divorcios á carta.
Amor líquido, pois, por usar para este caso a metáfora do sociólogo polaco-inglés.
O amor na política é como o amor prostibulario: líquido e con liquidez.
Eu ó Quin vinlle accións dunha frialdade arrepiante, e dun pragmatismo espantoso.
Os que somos máis emocionais teríamos que estar no terreo da arte, nunca no da política.
Danme pena, pero nos a eles non lles damos ningunha. En política calquer emoción é "recesiva", como na xenética.
Bouzovirich.
Non vexo eu a Quin tan falto de "emoción", señor Bouzovirich. Mesmo creo que manexa bastante ben ese elemento tan importante na política de hoxe. Outra cousa é que non se deixe arrastrar pola emoción, cousa que o inhabilitaría para a práctica dese oficio, a política, que require moito sangue frío e moito pragmatismo.
É sabido que hai que ser frio para practicar co arte o latrocinio.
Non se poña tan negativo anónimo, aínda non hai escándalos. Espoliar si que espolia Quin, pero ao menos de momento e ao parecer, só ideolóxicamente.
Non sei ata que punto La Voz atinará cos termos e os extremos; e algún outro comentario presente. A política do PSOE é de libro, hai decepción no Bloque pero non vexo eu, precisamente, desconcerto; que resultaría, por outra banda, reacción excesivamente candorosa.
Estamos en mercado, iso si, vendendo o peixe antes de marzo (ou outubro, ou cando sexa), e hai material de distintas razas; máis ca unha como resto de dúas. Nin me parece que tan pobres un nin tan ricos outros; ora que veremos, eu, mirar, miro.
Publicar un comentario