13 may 2008


en poleiro alleo

* Eduardo Galeano, a voz ética dos invisibles. O escritor uruguaio reivindicou a óptica dos excluídos polo sistema capitalista neoliberal na resentación en Santiago do seu libro 'Espejos, una historia casi universal' (M. Dopico, GH. 13.5.08. Foto Patricia Santos).

* Camiño no vao. Globalización e caramelos, Afonso Vázquez Monxardín, GH. 13.5.08

82 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa saben que os centros das cidades de todo o mundo par�cense cada vez m�is. As mesmas tiendas, e moitas veces, deliberadamente, na mesma posici�n relativa. A sensaci�n � bastante on�rica. Miles de Kil�metros pra acabar asombrosamente no mesmo sitio.

Anónimo dijo...

E as periferias e alfoces aínda máis, amigo don Xoan.
Pero unha das cousas que máis unifican non son as tendas (e vaia esto en homenaxe a Monxardín e ao seu gusto de mirar para o chan) senón o granito cortado en planchas de a 7 centímetros (coa correspondente rebaixa de 2 milímetros por peza para sacarlle choio ao concello contratador) para pavimentado. Non hai cidade que non presuma: mesmo en Córdoba, onde se estilaban antes lousas irregulares de granito rosa e canto rodado, xa comeza a instalarse o famoso paralelepípedo grisallo para eses espazos abertos (tan de De Chirico) que acostuman crear os arquitectos e demáis creadores de atmósferas. Resistente será, pero non haberá outra cousa? Que sei eu: cuarcita de minas ilegais, por exemplo.

Anónimo dijo...

Eu vou propoñer a obra de Galeano como libro de consulta para os estudantes de historia universal. Ainda que só sexa por ofrecerlles unha outra visión da historia: a sur-historia.
Por certo, mañá estará en Ourense.
Xabimusic.

Ana Bande dijo...

Disfrutade de Galeano en Auria. Onte foi en Santiago unha tarde máxica, chea de humor, metáforas, bágoas, apertas...un espello ao su estilo. Eun nunca vira ao conferenciante aplaudir ao seu público deste xeito, tampouco vira que os aplausos fóran ao principio moito máis longos que ao final, Manolo Rivas sen poder conterse...o desaproveitado debate posterior.

Anónimo dijo...

Eu para chorar prefiro os melodramas e para rir as comedias.

Anónimo dijo...

apicultor, mírese o cerebelo: o seu é grave.

Anónimo dijo...

Respecto aos que se autoerixen en "voz ética dos invisibles", estou de acordo coa hindú Gayatri Chakravorty Spivak cando sospeita dos xestos benintencionados e da aparente “benevolencia” que demostran algúns defensores occidentais ou occidentalizantes cara os grupos subalternos oprimidos, que queren representalos e falar no seu nome, cando en realidade o que fan é suplantalos e, no fondo, roubarlles realmente a súa voz.

Anónimo dijo...

Sería tan amable o anónimo/a anterior de indicar por que o meu é tan grave? Eu pensei que simplemente era leve.

Unknown dijo...

Bonito asunto, apicultor, o do altruismo extendido e extensivo, tan levado -pero sobre todo traído- nestes tempos. Hai outra visión, tamén positiva, da charla de Galeano en www.manuelgago.org/blog (Capítulo 0). Incluso un anaco de audio...

Anónimo dijo...

Eu non me refería exactamente ao altruismo, amigo Pablo, nin tampouco á solidariedade.

Referíame, entre outras cousas, a voz e a experiencia. Pode a "ausencia de experiencia" (a carencia de sufrimento real e cotiá como radical diferencia) dar "voz" a quen non a ten? É ética a "suplantación" por moi ben intencionada que esta sexa? Etc.

En todo caso, non dubido de que haxa máis visións positivas ca negativas da charla de Galeano (á que non asistín, pero si a algunha outra súa, supoño que moi semellante na posta en escena).

Anónimo dijo...

Pois eu aínda non fun a de Galeano. (Escritor que me marabilla. Todos los fuegos el fuego é libro da miña devoción). Pero na liña que apunta Apicultor, vin a charla de Luis Sepúlveda hai tempo en Ourense, e as posturas sobre a Bachelet en Chile e en xeral sobre a marcha do país parecíanme sacadas dun manuel de progre do 68. Fixas. Estáticas. Paternalistas, etc.
A ver se mañá podo ir ver a Galeano.

Anónimo dijo...

Concordo integramente co dito por Apicultor. Non digo que Galeano sexa un farsante, pero hai que ter coidado cos que fan da ética unha profesión, e ademais, lucrativa.

Anónimo dijo...

Apicultor: Vde. pensaba que Lobeira era o principio do mundo, onde o vento dá a volta. Élle verdade. Mais tamén se asinaron alí tratados internacionais. É certo. Velaquí a delegación do estado español.
Élle certo, Apicultor.

DELEGACIÓN DO ESTADO ESPAÑOL NO ACTO INTERNACIONAL DE REVISIÓN DE FRONTEIRAS

Anónimo dijo...

Intuía que ía estar basicamente de acordo comigo, amigo Morrison. Mesmo pensei en vostede cando redactei o meu post e díxenme: Jim o diría moito mellor. De verdade que foi así, dígoo con total franqueza.


****************

En efecto, non se trata de afirmar que Galeano sexa un farsante. Seguramente é unha persoa encantadora, simpática e afable, e que mesmo cre con sinceridade no que di e no que escribe. Por descontado que manexa a pluma con gran destreza e que fala extraordinariamente ben, que ten unha capacidade narrativa capaz de crear empatía e identificación no lector ou no oínte.

Pero non cabe dúbida de que é un “profesional da denuncia”, un “profesional que fala polos vencidos” (sic), pero que non é un vencido, que nunca foi un vencido, non nos enganemos. E é un profesional dende hai corenta anos, e vive diso. De conferencias moi ben retribuídas polo Mundo Rico adiante (canto lle pagaron pola de Santiago?), convidado por asociacións de xornalistas, universidades e foros subvencionados, mentres é agasallado cos mellores hoteis e restaurantes. De libros que vende moi ben e que a súa editorial lanza co mesmo interese mediático e publicitario ca outro produto comercial. Tamén escribe artigos que publica en numerosos medios. Terá, supoño, axente literario. En todo isto non se diferencia de ningún escritor famoso, agás quizais na temática.

O seu tema principal é a denuncia dos males do Terceiro Mundo, nomeadamente de América Latina, e do imperialismo norteamericano, építome de todos os males habidos e por haber. E faino moi ben: é un profesional da pluma e da palabra falada, capaz de tocar as fibras sensibles co seu relato, pero non é un sesudo estudoso, un fino analista, non confundamos os termos.

E como tal profesional ten gañado un amplo público no Mundo Rico que acude as súas conferencias (sempre en grandes aforos e perfecta megafonía) co mesmo fervor que acude a un concerto dunha estrela de rock. Un público que sabe co que se vai encontrar: un bo “espectáculo” cheo de maxia, bos sentimentos, denuncia de inxustizas e solidariedade à la page coa que contentar a súa mala conciencia de formar parte do Mundo Rico. Un público que, mormente, nunca acudiría á charla dun descoñecido ou descoñecida indíxena mapuche ou aymara traído por unha modesta ONG e que vén falar das experiencias reais, cotiás e vividas da súa comunidade. Un público –basicamente o típico “progre”- que acude á chamada da fama mediática, non en balde os xornalistas non teñen empacho en presentar a Galeano cun logo: a voz ética dos sen voz, dos marxinados, dos excluídos, dos invisibles.

E sen dúbida que reconforman o espírito as súas charlas: un sae momentaneamente convencido de ser mellor persoa e máis solidaria, antes de perderse na grisalla vida diaria do Mundo Rico, no pago da hipoteca ou na compra quincenal no Carrefour. Galeano vende sentimentos e emocións solidarias pret-à-porter. Cuestión de mercado: a oferta adecúase á demanda.

Independentemente das súas cualidades como persoa, Galeano é unha star mediática e un profesional da denuncia altermundista en continúa xira polo inmenso Mundo Rico, que deosta con razón por insolidario e egoísta. Nada que obxectar: vivimos nun mundo cheo de star-system para todos os gustos e afeccións.

Pero quizais non estea de máis preguntarse se non sería algo máis solidario –pero sen dúbida menos emocionante- ir escoitar aos vencidos de verdade, ao índio mapuche ou aymara que, se cadra, está a dar unha sinxela charla a poucos metros da nosa casa sen tanto rebumbio mediático. Pero non nos enteramos ou non nos queremos enterar, pois volver algo tristes é pouco reconfortante para os nosos delicados espíritos, sempre ávidos de emocións que saian emocionalmente gratis: I Feel Good!

Anónimo dijo...

Joder, apicultor.
Que ben fala.
E canta razón ten.

Marcos Valcárcel López dijo...

Home, o problema, amigo Apicultor, é que escoitar directamente ó indio mapuche ou aymara é obviamente ben difícil: non teñen eses medios para percorrer Occidente coas súas charlas polo xeral. Vivimos nunha sociedade mediática, para ben e para mal, e iso hai que asumilo: de non facelo nin Galeano nin ninguén podería falar de nada nin en home de ninguén. Nin sequera poderiamos escribir no blog...

Anónimo dijo...

Se tivesemos unha verdadeira vocación solidaria -e non meramente superficial e buenista-, si que poderiamos escoitar e ler, máis veces das que se pensa, a voz dos "invisibles". Máis das que se pensa, mesmo a través da rede. E se non teñen medios para percorrer Occidente é porque nós, os occidentais solidarios de salón, non facemos nada para que así sexa, porque preferimos a megaestrelas que nos conten a película para logo aplaudilas e volver a casa coa conciencia tranquila. Porque preferimos a emoción efémera mediada polos media á autenticidade vivida e vívida.

Por outra banda, unha cousa é falar por si mesmo ou por un grupo político ou social do que se forma parte, e outra radicalmente diferente é a pretenciosidade -e a artificiosidade- de falar nada máis e nada menos que en nome dos excluídos, marxinados e invisibles, sen pertencer a eles. Trátase, pois, de arrogarse a representativade de media humanidade pobre, suplantándoa, para satisfacer a mala conciencia da outra metade rica. Porque, entre outras cousas e como dixo un bo amigo meu, "dicir nun auditorio o que a xente quere escoitar non é a función dun intelectual". É a función dun entertaiment.

Anónimo dijo...

!Plas, plas, plas! Un aplauso para Apicultor.

Anónimo dijo...

PLAS,PLAS, Apicultor.
(Facía tempo que non aplaudía).

Solidarios de salón, feministas de salón, reivindicacionistas de salón,tesis de salón,...

Anónimo dijo...

Vaia, escribin antes de ler o comentario de Jim.

Anónimo dijo...

O malo é que os solidarios de salón adoitan a chamar insolidarios a queñes pasan de salóns, de concentraciós con minuto de silencio puramente mediáticas , de ineficaces manifestos de abaixo firmantes e cousas así.

Anónimo dijo...

¿E quen nos garante, amigo Apicultor, que a súa crítica non está eivada coas mesmas eivas que denuncia?

Ás veces o único que se reivindica é a parálise.

Anónimo dijo...

proletarios del mundo, uníos! apicultor tiene la salvación!!!!

Anónimo dijo...

O que manexa a pluma con gran destreza é vostede Apicultor.
ainda que algúns non lle caia demasiado ben, que se jodan.Hai que roelo !
As miñas reverencias.

Anónimo dijo...

Pobres proletarios do mundo, como teñan que agardar pola "salvación" do apicultor. O apicultor non é quen de "salvarse" nin a si mesmo, encerrado como está na estratexia da araña feita con uvas que lle teceu o amigo ValCÁRCEL.

Anónimo dijo...

Que "pluma" é a que "manexa con gran destrozo" o señor Apicultor?

Anónimo dijo...

A miña, amigo O de Sempre, máis ca unha crítica ou unha denuncia propiamente ditas, é unha constatación –fragmentaria e incompleta- dalgúns dos vieiros polos que discorre certa sensibilidade pret-à-porter típica da sociedade opulenta actual en íntima comuñón cos seus fundamentos mediáticos. En todo caso, eu non reivindico ningunha parálise, senón que constato a existencia de (pseudo)movementos que entendo que son verdadeiramente paralizantes.

Por outra banda, líbreme deus ou o diaño de propoñer eu ningunha "salvación", nin propia nin allea, porque procuro fuxir dunha escatoloxía de raigame xudeo-cristiá. Como tampouco uso a expresión obsoleta -Galeano tampouco a utiliza, coido- de "Proletarios do mundo, unídevos".

Anónimo dijo...

E falando algo máis en serio: quen paga a seguinte ronda de cañas? Para min unha clarita, por favor.

Anónimo dijo...

apicultor, mente preclara, o noso guieiro!

Anónimo dijo...

God! God! God! Xenial o benemérito Apicultor, ten o meu voto incondicional se se presenta a algo, pola súa bonhomía. É certo Echeoquehai, e non hai mais cera que a que arde.
Claridade si señor, eso é o que necesitamos. Adiante Api, estamos contigo. O mellor con diferencia de todo o Blog.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non teñen vostedes categoría. Aprendan, por favor: estes son diálogos y debates interesantes. Para que despois digan que a Educación Física é fundamental.

Anónimo dijo...

Non distraiga, eu quero que siga desenvolvendo o seu brillante discurso o Apicultor, ou é que ten celos?.

Anónimo dijo...

Que non, home, que non. Que non lle vou entrar ao trapo.

Marchando outra clarita! XDDD XDDD

Anónimo dijo...

Uf, Arume. Ese é moito texto para ler! XD

Anónimo dijo...

Pobre Arume dos Piñeirais!

Anónimo dijo...

Vaia dar unha volta por Barcelona, hom.

Anónimo dijo...

Co seu permiso wana.

Anónimo dijo...

A quen se dirixe o Anónimo con iso de "Vaia dar unha volta por Barcelona, hom"? Non entendo iso de Barcelona. Debese tratar dunha confusión ou, o que é pior, dunha alucinación produto da moita auga que ten caído estes días na Galiza en contraste coa seca que castiga á cidade condal.

Anónimo dijo...

Vaia dar unha volta por Ansterdam, hom.

Anónimo dijo...

UN MUNDO PERFECTO
Aquela noite Ap retirouse do espello, sentíase satisfeito, por fin a súa imaxe fora reflexada e recobrara a alma. Agora-díciase-podo abandoar o mundo virtual e voltar a realidade. Levouse a man a face e tocou só oso, mirouse a man, era a dun esquelete, entre as pernas non había nada, mellor -díxose- volvo a pantalla e colgo a alma da realidade morta.

Anónimo dijo...

¡Que chorrada!

Anónimo dijo...

Si...si...

Anónimo dijo...

¿E logo, ten cara de oso?

Anónimo dijo...

Chorrada non: chorrada e media!

Anónimo dijo...

Vaia dar unha volta polo Carallo, hom.

Anónimo dijo...

Estou en desacordo. Chorrada e media non. Chorrada e tres cuartos.

Anónimo dijo...

jajajajajjaja, chorrada elevada al cubo

Anónimo dijo...

O meu carallo non ten volta que dar, vai directo ao grao.

Anónimo dijo...

je...je

Anónimo dijo...

O que faltaba: chegou o falócrata flácido.

Anónimo dijo...

Diso nada, rapaces. O gran xenio descoñecido da literatura galega. Mórranse de envexa todos os escritorciños galegos.

Anónimo dijo...

Pois a min UN MUNDO PERFECTO gustoume moito.

Anónimo dijo...

Mire que lle fago outro retrato!

Anónimo dijo...

E eu que dixen, entón?

Anónimo dijo...

A verdade é que é un microrelato caralludo. Se o Arume o puidese comentar...porfa...

Anónimo dijo...

Se o comenta Arume prometo un cada naoite, pero para distintas persoas, non se vaia a crer Ap, que é o único de interés.
E firmo, son a partir de agora a garnacha escribidora.

Anónimo dijo...

PEQUENO MUNDO TRISTE

Pensou comerse o mundo, acadar a gloria, ser aclamado. Pero tan só conseguiu que seu pai comprara media edición para presumir ante os amigos por primeira vez en cincoenta anos.

Anónimo dijo...

"entre as pernas non había nada"
Microrrelato será, pero de caralludo non ten nada. E non son o Arume.

Anónimo dijo...

Este tamén é moi bo.

Anónimo dijo...

Sen dúbida o mellor.

Anónimo dijo...

He he he!

Anónimo dijo...

Queda mellor se se lle elimina a última palabra, en vez de" realidade morta", que acabe en "realidade".
"e colgo a alma da realidade".
O relato ten moita calidade, e tampouco son o Arume.

Anónimo dijo...

Arume somos todos.

Anónimo dijo...

Quedaría mellor se estivese escrito nun bo galego. Canto afeccionado analfabeto hai. O outro, en cambio, é perfecto. E tampouco son Arume nin González.

Anónimo dijo...

Continuación
O resto comprouno o seu inimígo para que non se lle lera nin ningún libro,así que puido presumir de ter a edición esgotada. Agora vai pola segunda edición.

Anónimo dijo...

Arume dorme plácidamente e todo isto é un soño del. O comentario do seu propio soño fárao mañá.

Anónimo dijo...

Si...si...

Anónimo dijo...

Inimígo, con til no segundo i? Coido que non houbo segunda edición nin ningún libro máis. A editorial fartouse de pagarlle aos correctores, que pedían salarios astronómicos.

Anónimo dijo...

Non, home, o resto da edición non o comprou ninguén: vendeuse.

Anónimo dijo...

Hai moito lector vicioso.

Anónimo dijo...

Un agasallo previo ao comentario de texto: outra posible musa

Anónimo dijo...

He, he, he!

Anónimo dijo...

Glupppppppppppppppppppsssss!!!

Quen vén sendo a moza, don Arume???

Non me soa de vela por Lobeira.

Anónimo dijo...

UN CONTO QUE REMATA BEN

Cando se centrou e deixou de andar facendo o chorras polos blogs, cando recuperou a súa vocación, púxose a escribir de novo. Custoulle, pero conseguiuno. Houbo un segundo libro e mesmo aprendeu a escribir con correción. Desta vez tivo un éxito medio de público e crítica. Pero non desistiu: houbo outro libro, e logo outro e outro... Por fin atopou a súa voz e acadou oficio, ao tempo que cedía en pedantería e se humanizaba. Foi o suficientemente recoñecido para o que é o País, mesmo se reeditaron varias das súas obras. Agora está moito máis contento e segue a escribir sen pausa porque ten moito que dicir. Parabéns.

Anónimo dijo...

É prima donna da coral de Cacabelos. Canta como os propios anxos aquilo de
Viva lo moreno, viva
lo moreno es elegante
viva porque a mí me toca
de lo moreno bastante
Que soy morena ya lo sé yo
de ser morena me valgo yo
porque lo blanco si sale al campo
lo lleva el aire, lo tuesta el sol
y lo moreno por ser moreno
de lo moreno presumo yo.
Que soy morena ya lo sé yo
que soy Berciana de condición
En Priaranza tocan la danza
y en Villalibre la bailo yo.
Anda agora de xurado en Cans no Porriño.

Anónimo dijo...

Que escribidor tan mimado este do conto, todos a comprarlle os libros, o pai, os inimigos,o público, ten en alerta aos comerciais, fai traballar aos correctores o editor dalle consellos...non será o que escribiu "Un mundo perfecto" que trata dun desalmado e paranóico internauta?.

Anónimo dijo...

No "mundo perfecto" de Api todo é como el di.
E coa mesma vóume dar unha bolta por Varcelona.

Anónimo dijo...

No "mundo imperfecto" de Jimy todo é ó revés do que el di. E coma mesma woume dar unha wolta por Warcelona.

Anónimo dijo...

Outro agasallo. O comentario de texto sobra !!
Deus maior

Anónimo dijo...

Ao que eu non estou disposto é a que se empreguen fotografías miñas neste blog. Falarei cos meus avogados (Delapierre, ao loro) deste desagradable asunto.

Anónimo dijo...

Xa estou aquí, a quén dicía que había que pegarlle unhas hostias?.

Anónimo dijo...

Amo ao Apicultor.