en poleiro alleo
* A educación física e o moucho bus, Afonso Vázquez-Monxardín (LR. 10.5.08)
* De ´mafioso´ a futuro presidente da Xunta. Tras criticar a Quintana polas galescolas, alcaldes do PP piden perdón e ensálzano (Faro Vigo 11.5.08).
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
17 comentarios:
Sobre o segundo asunto, todo resulta esperable, coherente, lóxico. Quintana: o líder natural que estaba agardando a dereita galega.
E, despois do artigo de Manuel Rivas sobre os descontentos contentos, que podemos agardar os que desexamos algo máis ca unha concordia oppositorum in aeternum?
Malos tempos, coma sempre, para a ilustración.
O alcalde de Antas é un fenómeno. Viva Lugo; que xa vive.
A min contáronme -e Monxardín agora o corrobora- que o nocturno Mouchobus ese d´Ourense leva en letras grandes: "É a hostia!".
Coido que alguén tiña que abroncar a alguén por ter iniciativas tan peregrinas.
Dúas horas de Educación Física (Ximnasia) son fundamentais, básicas, imprescindibles. Dar cinco voltas a un patio (para quentar), bailar reggaeton (para coordinar) e coñecer os intríngulis dos distintos e descoñecidos deportes como fútbol ou baloncesto (para saber) resulta esencial.
Eu gardo unha lembranza estupenda das clases de Educación Física no bacharelato. Tuven a sorte de ter unha boa profesora da asignatura, moi esixente. Aos alumnos máis interesados dábanos clases adicionales diarias fora do horario lectivo,no propio Instituto, coa finalidade de facer equipos que o representaran en diferentes competiciós. Era a época da grande influencia na xuventude de Nadia Comaneci.Pódolles decir que esas clases extra fixéronme feliz durante o BUP. Naquela época penséi seriamente en facer INEF. A vida levóume por outros camiños, pero esa miña afición de entón debéu influir na miña irmá pequena, que sí estudóu esa carreira,i hoxe é profesora desa materia.
Imaxino que se teñen fixado na importanza que lle dan á educación física e aos deportes case todos os colexios privados de prestixio. Non creo que sexa casual.
Por certo, tiven sobresaínte nesa asinatura, todos os cursos do BUP. De algo teréi que presumir, ho.
Eu só lembro os relatos fantásticos que aqueles grandes narradores de ficción que, por suposto, xamáis levaban a roupa, facían para librar da clase.
Por certo, no meu centro estaba mal visto sacar sobresaíntes en EF. Un amigo meu, un fenomenal dianteiro centro do Endesa, tiña a gala suspender ximnasia. Claro que subir unha corda ou saltar sobre un plinto de coiro non era para el o colmo da diversión.
Sobre o plinto, o bonito era o "salto de tigre" caendo dando unha voltereta sobre unha única colchoneta (cando xa tiñas práctica, senón había que poñer máis). Como xa se mos facían poucos todos os caixós do plinto, icrementábamos a sua altura engadindo todo tipo de obxectos. Pero o máis divertido era o minitramp e os saltos mortáis, adiante e atrás. Coincidín naquelas clases coa entón campeona do mundo dese tipo de saltos, a ourensana,Adita Pazos . Fora aquela unha época dourada prá ximnasia ourenana, a nivel nacional e internacional.Durante o vran, saltaba eu as alambradas entre prado e prado facendo o salto de tigre, seguido de voltereta, na herba, pra grande asombro dos paisanos, que me decían que valía pra o circo.
No meu caso concreto, falo por mín, aquela adicción diaria ao deporte foi unha fonte de satisfacción. Entendín que a mellor competetividade é a que se establece contra un mesmo. I estóu certo de que me apartou de outras adicciós en boga entón.
Eu lembro o primeiro profesor de Ximnasia que tiven: un militar chusquero e chulero que, no canto de ensinarnos a saltar o plinto e demais aparellos, o que único que facía era obrigarnos a realizar instrución militar un día si e outro tamén. Formen, izquierda, derecha, ar.
Pois eu, zote, nunca din saltado o plinto e con dificultades o potro. Para min as clases co "pesetas", o "torero", etc. eran un suplicio.Non sei como serían con outros.O Torero é boa xente. Do "pesetas" non sei onde vai. Sábeo alguén?
Adita Pazos, estudou hai 25 anos COU nas Lagoas. Teño entendido que será a encargada de despedir aos alumnos na festa das "insignias" de 2º de Bac deste ano. Alá polo 29de maio.
Pois eu aprendín a facer con fluidez prácticamente todo tipo de saltos, no chan i en aparellos. Anque o máis bonito era o clima de compañeirismo e o xeito de axudarnos unhos aos outros a superarnos.
Pero confluiran varias cousas pra que moitos adolescentes de entón nos interesásemos por eses deportes: o tirón mundial de Nadia Comaneci (Montreal 76), o liderazgo da ximnasia, e tamén da natación, ourensanas a nivel nacional (ximnasio 2000,Pabellón...) , unha boa profesora no meu caso (Chus)...
Adita Pazos (verdadeiro nome: Inmaculada Pazos Sáchez-Rubio) estudóu máis que o COU nas Lagoas.
Imaxino que os adolescentes na época campeona de Fernando Alonso son os que fan agora carreiras ilegáis nos descampados, ou de noite polas nosas cidades.
O interese polo deporte remataba o día que atopabas unha dedicación digamos máis afectuosa. Mirado con retrovisor, aqueles heroes da adolescencia (nunca lle vin a gracia ao citius, altius, fortior) eran productos de colacaos algo cargados, tanto de efusións patrióticas como doutros líquidos inflamables.
XDD, este ARume...XDD.
Si certos os vestuarios que eu sei falasen...
O libro de José Antonio Marina "Teoría de la inteligencia creadora", da bastantes claves acerca da relación entre a intelixencia e o control sofisticado dos movementos do corpo. Básicamente,o cerebro neuralízase de xeito moi natural ao tentar aprender movementos complexos, como a dixitación de instrumentos musicáis, bailes, deportes, etc. Esa neuralización queda entón "creada" pra poder ser usada en calquer outra actividade cerebral ("transferencia"). As neuronas cas súas sinapsis son as mesmas. O "hardware" do pensamento abstracto é o mesmo que o que usa pra o control voluntario dos músculos. De xeito similar a como a capacidade de proceso dun ordenador pode usarse pra o control físico dun periférico ou prá mera actividade da CPU.
Se o cerebro foi evolutivamente creado pra algo, foi pra o control do corpo, especialmente das mans. UNha vez existentes eses "gigas" i eses "megahertzios", foi posible usalos pra o pensamento abstracto.
A tradición racionalista occidental despreza a actividade física ao considerala dalgún xeito incompatible coa intelectual. Mesmo Ramón e Cajal opinaba así,na súa autbiografía. Pero naquel momento pensaba nos movementos alienantes do traballo físico de obreiros e campesiños, certamente de execución e aprendizaxe antinaturáis en moitos casos. No mundo oriental, foi diferente. Intuíron a importanza do control do corpo na mellora da mente, por exemplo a través das artes marciáis.
Canto cobramos por ésto Xoan, 9000, 12.000 €.
Xa observan vostedes que o meu representado é moito.
Salvemos a Educación Física
Publicar un comentario