12 may 2008




FÍO MUSICAL (10)

O muxicu[1] das miñas músicas, por Arume dos Piñeiros

Nacín nunha casa onde a radio estaba sempre encesa. Os programas de dedicatorias (Machín, Molina, Piquer) compartiron o ar coa voz da miña nai que cantaba asturianaes (“pinchéme con una espina”), boleros (“no marques las horas”), tangos (“con la frente marchita”) ou coplas (“apoyado en el quicio de la mancebía”). Aquela escola ininterrumpida ofrecía a súa apoteose anual na da miña aboa en aninovo con toda a familia. Tras a cea, as cantigas saían en popurrí sen folgos, sempre cun sorriso digno de Gene Kelly en Cantando baixo a chuvia (a miña película predilecta), cheo de ledicia e entusiasmo. O repertorio popular asturiano completo e o inevitable tributo á moda radiofónica (“húmedas paredes”, “en el río aquel tú y yo y el amor”) non impedían coroar a noite con habaneras (“como azabache negro nací y fue mi suerte tan favorita que esclavo tuyo me convertí” ou “Paloma mensajera, cruzas el mar, dile que no me olvide”), rancheras (“una noche que tronaba y hasta mi suegra temblaba eso sí que tuvo guasa, empezó a soplar el viento, se llevó el ayuntamiento y el tejado de mi casa”) ou sons caribes (“abusadora, abusadora”). A música chamada de cantautor hispanoamericano (Yupanqui, Viglietti, Violeta Parra) alternaba coas cancións dun invencible Víctor Manuel que soaba coa súa discografía ao completo, coa repetición de “por san cosme y san damián nun vayas neña temprano, nun pises el maizal” como mantra místico.
En casa, ás veces, co primeiro tocadiscos (fundador mediante), escoitabamos, sobre todo nas matinées que preparaba o meu pai os domingos, bandas sonoras de películas (Love story, Raindrops keep fallin’ on my head) interpretadas polos inefables Paul Muriat ou Frank Pourcel. Jimmy Fontana era o rei do picú paterno e Il mondo soaba en alto para anunciarnos sempre a súa felicidade. Modugno, Celentano, Carosone e tutti quanti alimentaron desde entón e supoño que para sempre a miña completa educación sentimental.
A música clásica era territorio descoñecido. Aínda hoxe frecuenta pouco a miña casa (detesto os concertos e aínda máis o ambiente alí concentrado). Entre outras cousas, porque a miña afección adolescente ao futbolín debaixo da casa, propiedade dun famoso vocalista ponferradino (sic), puxo nas miñas orellas a Procul Harum, CCR, CSNY ou Chicago, aparte dos archicoñecidos Beatles (“amarillo, el submarino es”) ou os propios Rolling que xurdían daquel jukebox que encendía a mesa de billar a tres bandas. Eses discos que soaban a todas horas e os que tiñan estrados os meus curmáns maiores (Wilson Pickett, Blood, Sweat and Tears, James Brown ou Aretha Franklin) nos seus cuartos desordeados, de insólita tendencia soul agora que o penso, construiron a miña devoción musical, alonxada dos gustos clásicos. Despois aprendín a rabuñar cordas de guitarra máis que nada para acompañar (e o que fixera falta) algunhas cancións de amor e combate. Cantei algunha vez en público (Amancio Prada, Batallán, Simon & Garfunkel) e mesmo obtiven un premio de canción orixinal naqueles concursos composteláns de san francisco con Antón Lopo (sí, o mesmo) de voz arrebatadora.
Pero a miña maior contribución á historia da música foi acompañar o acordeón dun meu amigo no seu intento (victorioso) de conquistar a unha pelirroxa perigosa. Nese momento sentín o que eu sempre quixen ser: un cantante de mariachis, apostado no balcón dunha dama, co peito repleto de enerxía e o corazón disposto a estoupar con verbas de paixón e delirio.
Escribo esto para as uvas na solaina, a 11 de maio. Soan
Entre dos aguas, Old friends e Mansard Roof dos Vampire weekend.
[1] O carozo da mazán en asturiano.

27 comentarios:

Anónimo dijo...

Así saiu vostede de rumboso.

Anónimo dijo...

Y la gente por el praduuuu
no dejará de cantaaar
mientra se encuche una gaitaaa
y haya sidra nel lagaaar
OUTRA,que a da romería non a a topéi.

Anónimo dijo...

Vaia, fíxemse como se parece ea última enlazada a "Negra Sombra".

Anónimo dijo...

Moitísimas gracias por ese enlace, emocionante, como demostran ademáis os comentarios debaixo do video.

Eu recordo que na miña casa cantabamos (e mesmo bailabamos agarrados polo meñique) a célebre danza prima que Menéndez Pidal foi ver executar o ano 1930 (probablemente por san Xoan) no patio do Grupo Escolar Aniceto Sela e que consideraban como un dos bailes máis antigos da península.
A Danza Prima
Comezaba así:
"Ay un galán desta villa.
Ay un galán desta casa
¡ay! él por aquí venía,.
¡ay! él por aquí llegaba.

Outras voces respostaban
(La molinera trillará.
Que bien trilladito está).

Anónimo dijo...

Os divertidos (e interesantes por heteroxéneos: unha mistura de Talking Heads e Paul Simon) Vampire Weekend tocan o 30 de maio en Porto.

Anónimo dijo...

Moi boa esa rememoración, Arume. E moi ben rematada.

Anónimo dijo...

""A música clásica era territorio descoñecido. Aínda hoxe frecuenta pouco a miña casa (detesto os concertos e aínda máis o ambiente alí concentrado).""

A primeira frase é unha afirmación diáfana en si mesma. A segunda tamén, ata o paréntese. O paréntese abre un problema. A pesar da subxectividade coa que está formulado, expón un problema. Un vello problema, se temos en conta que á música clásica tamén se lle chama música culta.

Expón nin máis nin menos, ao meu xuízo, primeiro a propia definición da cultura. Que é cultura? Segundo, a orixe daquilo que chamamos culto. E tamén a pertenza. De onde procede e a quen pertence o que por acordo comunmente ou maioritariamente aceptado considérase culto?

Debemos ver nese paréntese un rexeitamento e un azoute aos elitismos? Ou, dentro da vella definición da xustiza distributiva coa que nos adoutrinaban nas clases de Formación do Espírito Nacional, poderiamos lanzar unha denuncia contra quen se apropiaron do que debía ser de todos? É realmente de todos o que comunmente se entende como culto? Unha vez enchidos os estómagos dos pobres e satisfeitas as necesidades básicas dos proletarios, debemos aguilloalos ó asalto dos bastións da cultura que lles foi negada?

Ou é, máis ben, que o culto xamais pertenceu aos desherdados, ou, sen poñernos tan dramáticos, aos menestrais, artesáns, operarios e demais fauna iletrada e, talvez, ágrafa?

É o culto sinxelamente perverso? Mozart ou Beethoven, son uns miserables explotadores insolidarios que só atendían ao estúpido, aínda que refinado, espírito dos aristócratas e, máis tarde, da alta burguesía?

Que facemos con Thomas Man, poñamos por caso, a quen non hai Deus que o lea, polo menos ningún Deus da gleba? Que facemos con Pier Paolo Pasolini ou Vittorio de Sica ou Vera Chitilova ou Orson Welles? Como convencemos á xente de que Inferno de Covardes, de Clint Easwood non é un canto ao fascismo, senón unha revisión do western que, transgrede ata as súas regras ao trasladalo ao xénero fantástico -en todas partes menos en España onde ao cambiar a dobraxe das últimas frases desvirtuaron por completo o filme-?

É aquilo que chamamos culto unha illa? Son os seus cultivadores, os seus mantedores uns seres despreciables que asovallan ao pobo e o humillan obrigándolle a recoñecer a súa pobreza intelectual, a súa mezquina sensibilidade ao ser incapaces de comprender ou de gozar tan elevados produtos?

¡Oh, la, la!

Anónimo dijo...

Moi interesantes as súas preguntas e, cando escribín o paréntese case por desafogo, pensei en que podía suscitar tales comentarios. Neste caso seu irreprochables.
É un problema non tanto de fondo como de forma. E probablemente de tradición e de familiaridade con ese mundo, que coñecín tarde. Escoito e coñezo a música clásica e creo apreciala. Pero sobre todo na miña casa, cun reproductor de certa solvencia (non son nada tiquismiquis e non entendo aos fanáticos da alta fidelidade) e coa orde e o arbitrio que me peta, como cando leo un libro ou escoito un disco ou cando vexo a televisión. A pedantería me permitirá dicir aquelo de visión fragmentaria da cultura. Pero aturo pouco parado nun mesmo sitio, ademáis en silencio e a carón de xente que ten ese rito (non entro na impertinente crítica do que vai para ser visto) máis interiorizado ca min. Pásame tamén coas conferencias ou con outro tipo de recepcións masivas de cultura que non acougo ben: síntome un tanto alleo. É un tema interesante este das formas de recepción e daría para outro debate. Pero entenda que o meu comentario entre parénteses ía máis por esa vía que por unha crítica ao acceso da cultura, que tamén está ben recordar e que pode estar detrás da miña aversión aos concertos de música clásica, onde por exemplo non me podo rir (con ganas, enténdase).

Anónimo dijo...

Dentro do clásico hai obras magisrales e moito "tongo". As fabas cócense en moitos sitios.

Anónimo dijo...

E ten razón o Arume no que atañe ao snobismo tantas veces asociado ao clásico, e últimamente ao jazz.

Anónimo dijo...

Pois a min tamén me resultou chocante o seu comentario sobre a música clásica. E aínda máis estraño ó contemplar o eclecticismo no que se "educou musicalmente" voste.
Eu que por profesión e vocación dedícome á educación musical teño como lema para os meus alumnos e alumnas: "abrir os oídos" a todo tipo de músicas; aprender a escoitar e respectar todo tipo de manifestacións musicais como unha mostra máis da diversidade e da riqueza de culturas deste mundo.
En definitiva, superar prexuizos e etiquetas e achegarse á música con curiosidade e respecto. Incluso á música clásica.
Xabimusic.

Anónimo dijo...

Non foron prexuízos: foi falta de educación. Agora, que teño o gusto máis ou menos educado, proclamo que prefiro ir ver mil veces unha verbena (con orquestras de merengues e cumbias e o que caia) ca ir a un concerto de música clásica. Así me caian chuzos de punta neste blog. Agás que a coral de Cacabelos interprete o Nabuco diante do río Cúa.

Anónimo dijo...

Estou agora pensando que, ó mellor, non interpretei ben as palabras do Sr. Arume, que quizais non ían tanto contra a música clásica, en si, como contra unha das formas típicas de escoitala: nas salas de concerto.
¡As miñas desculpas, se así fora!

Metémonos así en temas propios da socioloxía da música sempre tan apaixoantes.
Certamente a música clásica tense rodeado dun certo halo de elitismo que, por outra parte, en nada a favorece. Tamén a min ás veces me resulta artificial e case cómico o ambiente social de certos concertos...
Pero creo que todo isto é froito dun cambio substancial que sofreu non só a música senón toda a cultura occidental: de ser un ben de goce e celebración colectivo, pasou a ser un producto de consumo individual. É un efecto máis do individualismo rampante. En efecto, na sala de concertos, cada oínte, en solitario, na súa butaca, escoita e disfruta (ou dúrmese) coa música. Pero é que o mesmo facemos na nosa casa cos medios de reprodución musicais.

Neste sentido os concertos de música pop-rock (¿entendémonos?) veñen a recuperar un pouco ese caracter colectivo e festivo que en orixe tiña a arte masical.

¿Ía por aí o seu comentario?

Xabimusic.

Anónimo dijo...

Don Arume:
Chuzos de punta???

Fogueira purificadora!!!!!!!!

Onde se viu outra, verbena con merengues e Regina dos Santos e rancheras...

VADE RETRO!!!!!!!!!!!!!

NON QUEREMOS NADA A DON ARUME.-

Anónimo dijo...

DON ARUME GO HOME

Anónimo dijo...

Queremos Stockhausen e Rachmaninoff nas verbenas.

Queremos Rossini nas voladoras.

Queremos Pink Floyd na churrería.

ABAJO CAMELA
VIVA BUXTEHUDE

Anónimo dijo...

EU disfruto lendo o Quijote na miña casa, léndoo á velocidade que queira, cando queira. PArando a disfrutar cada metáfora. Analizando o maxistral uso da linguaxe. Quen disfruta deste xeito lendo o Quijote non está especialmente interesado na historia concreta que se conta, senón cómo se conta,cómo a historia se pon ao servizo da lingua. Quen esta acostumbrado ás películas de Hollywood, non entende cómo se pode disfrutar lendo esa magna obra, porque pensa en términos de "historia", case sempre arquetípica . Do mesmo xeito, quen pensa que a "música" son "as canciós" (arquetípicas tamén, moitas veces) perde o esencial. A grandeza do Quijote percíbea quen intenta escribir, que se fuxa na lingua, nos recursos.A grandeza das grandes obras musicáis percíbense ao tentar tocalas, polo mesmo motivo,non no mero feito pasivo e "consumista" de escoitalas. Non se disfruta do sexo véndoo practicar,polo menos non tanto como practicalo un mesmo. Non se disfruta realmente do que é a música si non intentas tocar, que é como decir que a intentas entender de verdade. Si o que che gustan son as canciós, pra bailar ou pra "colocarte", eso é outra cousa.
E a mín tampouco me gosta ir, vestido de gala, a unha desas aburridísimas sesiós de lectura do Quijote. Encontren a analoxía.

Anónimo dijo...

As analoxías ( outra vez) entre literatura e música - ainda que numerosas- resultan complicadas. Non hai que esquecer que a música é unha arte escénica, por iso propoño buscar as analoxías co teatro.
Velaí o xogo:
escribir unha obra teatral= compoñer
ler unha obra teatral= interpretar unha composición
ver unha obra teatral= asistir a un concerto
escoitar unha obra teatral pola radio= audición musical

Ainda que todo vale ¿que prefiren vostedes?

Xabimusic

Anónimo dijo...

Eu disfruto lendo o Quijote na miña casa, léndoo á velocidade que queira, cando queira. Parando a disfrutar cada metáfora. Analizando o maxistral uso da linguaxe. Quen disfruta deste xeito lendo o Quijote non está especialmente interesado na historia concreta que se conta, senón cómo se conta,cómo a historia se pon ao servizo da lingua.

Anónimo dijo...

Vou matizar o xogo:
ler unha obra de teatro= ler unha partitura
interpretar unha obra de teatro= interpretar unha composición musical.
¡Así queda mellor!

Xabimusic.

Anónimo dijo...

Por favor, Xabimusic, non me molestou en absoluto. Entendín perfectamente as súas obxecións porque eu se cadra non me expliquei ben. Faltaría máis.
En calquera caso, estalles ben interesante o debate.

Vostedes non ven demasiado frío o público das nosas cidades nos concertos de música clásica? Estiven eu vendo un don Giovanni en Nova Iork (así escrito semella unha fantasmada pola miña banda, pero xuro que non ten maior importancia ca de poder estar naquela fabulosa cidade) cun público entregado desde o principio que aplaudía a rabiar do mesmo xeito que se estiveramos nun musical de Broadway (por certo, merece a pena só cruzar o atlántico para vivir en NY unha destas experiencias únicas): unha auténtica festa.
Como nunha verbena en Lobeira ou unha sesión vermú no Paraño, don Júlio.

Anónimo dijo...

En Inglaterra hai concertos de música clásica ao aire libre, nos que a xente se senta no chan a escoitar, comendo bocatas e bebendo cerveza, como se fose un concerto de rock.
Se non lembro mal, o teatro na época de shakespeare era algo parecido. Representábase pra unha masa emocionada e vociferante, como nas marionetas de cando eramos pequenos, que berrábamos cando viña o lobo pra avisar á carapuchiña bermella.

Anónimo dijo...

As analoxías establecidas por Xabimusic son bastante acertadas no plano formal. EU trataba de buscar analoxías nas actitudes. Outra analoxía que me gusta establecer é entre a linguaxe musical i a linguaxe matemática. Moita xente cree odiar o estudo da música cando o que lle resulta engorrso en realidade á o xeito habitual de escribila, pentagramas, corcheas,calderós e todo eso. Tamén moita xente pensa que odia as matemáticas cando o que lle repugna é somentes o aspecto visual dos símbolos escritos, paréntesis,fracciós,etc.
Moita xente odiaría as paisaxes se sólo os coñeceran polos mapas e a súa simboloxía, curvas de nivel,etc. En todos os casos é confundir mapa con territorio.

Anónimo dijo...

Hoxe, no festival de baile da miña filla pequena, puxeron unha canción que de seguido me fixo lembrar outras épocas da miña educación musical. Fora meu pai a Grecia por mor dun traballo nunhas minas a ceo aberto e trouxo dalí varios discos de Mikis Theodorakis. Entre eles, a música que hoxe mesmo escoitei: Zorba o Grego, inesquecible coa imaxe do Mighty Quinn. Meu pai puxo aqueles discos durante meses. E podo asegurarlles que o sirtaki sempre será para mín sinónimo tamén de felicidade. Agardo un día ir eu a Grecia e bailar nunha noite de verán cos pes mollados no mar xunto á area a bela danza do tema central daquela banda sonora.

Anónimo dijo...

Vaia, os protagonistas da película tamén foran alá pra explotar unhas minas, se lembra.

Anónimo dijo...

-Ensíname a bailar,falo?
-Bailar? Dís bailar? Vamos,rapá!...Xuntos...Vamos,hop!...Outra vez!...PREMER.

Marcos Valcárcel López dijo...

Maxistral. Unha escena tamén inmortal para min. Graciñas a Arume por evocala e a XDC por colgala: na miña memoria infantil pensei que o baile ó carón do mar duraba máis, de tal xeito impregnou as miñas neuronas...