4 may 2008



Homenaxe pendente (Ben-Cho-Shey)
Pan por Pan domingo 4 maio 2008
(retrato de Tudó)

A festa dos Maios, de tan fondas raíces populares, tivo grandes valedores. A comezos do século XX os homes da Liga de Amigos do Corpus e fundadores das primeiras Irmandades da Fala, xentes como Hixinio Ameixeiras, Prado Lameiro, García Nóvoa. Na posguerra, o inesquecible “Ben-Cho-Shey”, que así coñecía todo o mundo a Xosé Ramón e Fernández-Oxea. El foi a alma dos maios durante moitos anos: participaba sempre nos xurados e gardou fotos, coplas e todo tipo de documentos arredor da festa, que hoxe se conservan na Biblioteca da Deputación. Unha pequena mostra dese tesouro está exposta na Avenida de Pontevedra. Auria ten unha débeda con este home, mestre, etnógrafo, erudito, xornalista, bibliófilo e político galeguista. Xa sei o que escribiu na tampa do seu último apousento en San Francisco. Pero era brincadeira: non lle fagamos caso niso.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Hoxe estuvo moi animada a festa dos maios en Ourense. Coincidíu ademáis cunha feira de artesanía, outra de alimentación natural, e a habitual de antigüedades do primeiro domingo de cada mes. Moi animada estuvo hoxe Auria, sí.
Compréi varios libros usados. Un deles, "versos de 30 outonos", de Manuel María. Conserva unha dedicatoria manuscrita do propio autor, na primeira páxina :"Pra Ramón Díaz estes outonos vellos, moi cordialmente, Manuel María. SArria , S.Xohan,1981".
Outro "anecdotario lucense", có que me levo rindo toda esta tarde de domingo. É de un tal "José Barreiro Varela", que debe de ser un persoaxe moi popular de lugo. Seguro que o Xaime e o XM Glz poderían engadir moitas anécdotas dos "Setevicentes","Cosecarallas","Espetón","Mirloblanco","Zorromeco Levitilla","Trifón Calderetas","Caganazoca","O Calouro", "Pillería","O Calouro","Xan Pirolo" e outros máis dos que fala o libro.Ou non?.

Anónimo dijo...

Eu debín estar nuns Maios d´Ourense moi diferentes aos de da Cova. Tan só catorce presentados, e catro pola mesma entidade. É dicir, once participantes en total. A calidade dos Maios, polo xeral paupérrima. Os premios, ridículos e ofensivos para os participantes.
A festa dos Maios esmorece e non semella que as nosas autoridades municipais, que tanto se enchen a boca co da cultura popular, o tomen moi en serio. Iso si, había uns paneis falando dos Maios que xa me gustaría saber a min canto lle custaron á Concellaría de Cultura da ínclita Isabel.
Unha de dúas: ou se fai unha campaña en serio por todos os colexios e asociacións d´Ourense e se establecen uns suculentos premios que compensen o traballo e a dedicación; ou se matan dunha vez os Maios para que morran dignamente. O que non ten sentido é facelos por facer, rotineiramente, sen gañas, desmotivados, con cada vez menos concursantes, cunhas coplas cada vez máis pésimas, cunha asistencia de público cada vez menor. Unha mágoa. Señores: ou vai ou racha.

Anónimo dijo...

Racha

Anónimo dijo...

Eu dixen que había animación de xente, pola coincidencia de acontecementos. Pero os maios, a verdade é que eran poucos e "cutres", sí.

Anónimo dijo...

Como detalle simpático, puxéronlle á estatua de Blanco Amor unha coroa de frores, ou sexa, convertírono en "maio humano". Aposto a que foi cousa do Lois Pardo.

Anónimo dijo...

¿Entón que c. fai a Isabel do Bloque aparte de andar polas terrazas?

Trebi dijo...

Trebi dixo Sr xdc : o S. Xoán 1981, foi o último antes de vir para Ourense.
Penso que coñezo o Dedicado do Libro.
Para todos hai fotos de Hoxe en
galicianosolecer, penso que valen para contrastar (E meterei mais).
Sr: xdc, con moito gusto o invitaría se me saludase por por alí andaba Eu.Será un pracer conocelo algún día.
TREBI.

Anónimo dijo...

Amigos do Corpus (Christi, supoño) e celebración dos Maios teñen que ver en Ourense?

Anónimo dijo...

Que eu sepa, non, amigo Arume d.p.

Anónimo dijo...

Eu sempre pensei que o ramo da floristería, sexa tosca ou rococó, andaba sempre por detrás (con perdón) destas celebracións.

Anónimo dijo...

Ben-cho-sei, nacionalista consecuente e loitador nos madriles contra a censura que expurgaba os textos dos narradores galegos.

Marcos Valcárcel López dijo...

PARA ARUME:
teñen que ver en parte. A Liga de Amigos montouse a comezos do s.XX e foi revitalizadora de certas iniciativas culturais da cidade, entre elas as Festas do Corpus, patronais, e a dos Maios. Eran homes rexionalistas, das Irmandades da Fala: Prado Lameiro, Hixinio Ameixeiras, Antonio García Nóvoa (poeta de encargo,xa falaremos del, etc.).
Quedaron logo nun 2 ou 3º plano coa chegada dos de Nós ás Irmandades: os rexionalistas ou enxebristas quedaron escurecidos. Algúns eran moi conservadores, como Prado Lameiro, monárquico e próximo a Calvo Sotelo (ten un poema a Franco nos 40, pero isto non só el, moitos outros poetas galegos da época).

Marcos Valcárcel López dijo...

Por se a alguén lle interesa, estou a traballar nestes días algo na figura de BEN-CHO-SHEY: sobre el terei unha intervención pública en xullo e falaremos máis da súa xenerosa e inxente obra galeguista.