MEMORIA HISTÓRICA. Un coruñés de 87 anos denuncia o alcalde por non suprimir "os ofensivos" símbolos franquistas nos lugares públicos. Expón que para os que viviron nesa época "a simboloxía trae moitos recordos desagradables" (Galicia Hoxe, 21.5.08. EUROPA PRESS. A CORUÑA)
Ovidio Bao, un coruñés de 87 anos, decidiu denunciar o alcalde da cidade da Coruña, Javier Losada (PSDEG), despois de que, pasados cinco meses da aprobación da Lei de Memoria Histórica, "aínda non retirase a simboloxía franquista dos lugares públicos". Bao sinalou que Losada "comprometeuse" a retiralos "en cumprimento da lei e en canto se aprobase" e recordou que esta simboloxía "é moi ofensiva para os que sufriron a represión do réxime". "Vostedes leno nos libros e veno como unha parte da historia, pero para os que o vivimos non é o mesmo, tráenos moitos recordos desagradables e este home non fixo nada por eliminalos, eu xa estou moi vello , vou morrer pronto e non teño ganas de aguantar máis, quero deixar isto solucionado", sentenciou. Este coruñés tomou a decisión de acudir ós xulgados porque cada vez que pasea pola rúa ou ve a estatua de Millán Astray, situada nas inmediacións da súa casa, recorda a situación que sufriu o seu pai despois de que en agosto de 1936 saquearan a súa casa coa intención de matar o seu pai que tivo que estar escondido de Franco durante ó redor de tres anos, para terminar encarcerado por oporse ideolóxicamente a el. Finalmente, tras estar no cárcere, o pai de Bao puido arranxar a súa situación grazas á axuda dunha monxa de Lugo que era irmá dun xeneral. "Se non non sei que pasaría porque estes non se andaban polas ramas", recoñeceu. Neste sentido, Bao lamentou que na Coruña "a única lei que se cumpre é a de prohibir a entrada a cans en bares e autobuses, mentres que en Londres e París poden ir a todos os sitios". "Eu teño un caniche e non podo levalo a ningún sitio e logo o importante déixase nun segundo plano", criticou.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
3 comentarios:
Denuncióu ao alcalde,como persoa física?. Non lle sería mellor denunciar ó Concello, como persoa xurídica?. A ver en qué acaba o caso, que con esto da xurisprudencia nunca se sabe.
O caso é que por causa da denuncia do digno señor Bao, Losada viuse na necesidade de dar explicacións: dixo que xa empezara a retirada, pero que esta ía ir facéndose pouco a pouco. A ver se acaba pronto. Non hai dereito a que A Coruña só se vexa superada por Santander na presencia pública de símbolos franquistas.
Alguén podía denunciar á Consellaría de Sanidade, por ver se a conselleira nos di que están pensando no novo nome para o hospital da Coruña.
Publicar un comentario