2 jun 2008

Aclaración
Por problemas de conexión, estiven dende o sábado pola tarde desconectado. Quédanme, pois, moitos comentarios por ler hoxe (uns 200) e textos por pegar de onte, tamén o discurso de Agustín Fernández Paz, que tivo a xentileza de mandarmo. Xa solucionados os problemas, iremos incorporando todo de vagar...

21 comentarios:

Anónimo dijo...

Amigo Marcos: Senón leu algunhos dos comentarios desta fin de semán e algo que gaña.

Anónimo dijo...

Eu estiven lendo diferentes mitos acerca do nacemento das diferentes linguas do mundo.

O que máis me gustóu foi o de unha tribu de indios americanos:

Estaban dous homes falando e, nesto, pasóu unha bandada de patos porriba das súas cabezas. Un deles comentóu:"Qué ruido fan as ás dos patos ó voar". O outro non estuvo de acordo, e dixo que o ruido viña do son que facían os picos dos paxaros ó cortar o aire.
Remataron por enfadarse,discutindo fortemente, e foron á aldea pra preguntarlle á outra xente a súa opinión. Inmediatamente, houbo forte división: a mitade pensaba que o ruido era dos picos, e a outra mitade, das ás.
A discusión extendéuse polas aldeas veciñas, e montouse tal "pifostio" que a cuestión chegóu a oidos do Consello de Anciáns do país. Eles serían os encargados de decidir, dunha vez por todas, sobre o asunto. Pero os propios membros do Consello, remataron "a ostias".
A partires de aquelo, os que opinaban dunha maneira ,non se falaban cós outros. Cós anos, falaban de xeito diferente, e fóronse separando, alonxando as súas poboaciós entre sí, dando lugar ó nacemento dos diferentes países.Posteriores discusiós levaron ao nacemento de novas línguas.

Anónimo dijo...

Outro que tamén me gustóu moito, de Australia:

Había unha vella á que odiaban todos o porque apagaba os lumes da aldea en canto a xente durmía. Un día, esa vella morréu. Pra celebrar a sua morte, comerón o seu cadáver entre todos. Según a parte do corpo que comeran (carne,intestinos,sesos,...) empezaban a falar diferente.

Anónimo dijo...

Marcos, creo que xa está ben. Os contertulios vimos aturando dende fai demasiado tempo o enleamento as veces salvaxe de dous foreiros por todos coñecidos. Eles parecen incapaces de controlar a situación, vostede que coñece a todos os que interveñen habitualmente, creo que debería, se o ten a ben, intervir para resolver esta situación. O blog gañaria, e con el todos.

Anónimo dijo...

As cousas vivas morren soas.

Anónimo dijo...

Ten razón XDC

Anónimo dijo...

Marcos, creo que xa está ben de aturar a anónimo(s) que só sementan o blog de discordia e insultos.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois si, por aí abaixo hai de todo, mesmo algúns insultos. Pero, entre 322 comentarios que leva o artigo de Villalaín, algunhas saídas de ton, tampouco é para asustarse (supoño que DV terá paciencia tamén...):-
DO tema do anonimato, xa falamos varias veces aquí. Sempre cabe a posibilidade de eliminalo, pero os dous quwe solicitan agora que poña orde tamén son anónimos, creo. En fin, paciencia para todos (eu, o primeiro).

Marcos Valcárcel López dijo...

Don XDC. magníficos os dous mitos que cita sobre a orixe das linguas. De onde os sacou ou que anda a ler, se non lle importa compartilo?

Anónimo dijo...

E que por ser anónimos non somos tontos, Marcos. E amais, os niks tamén insultan, comprobeo e non falte a verdade, xa sabemos da súa parcialidade, pero un pouco de mesura tampouco lle virá mal.
Que faría o blog sen anónimos?
Tedio, puro tedio.

Anónimo dijo...

O blog sen anónimos coñazos sería unha auténtica marabilla.

Anónimo dijo...

Están, en inglés, na revista "Think in english" do mes pasado, ou xa do outro, que non a teño aiquí a man. Trae algús máis, moitos deles das tribus norteamericanas. Cando teña a revista a man, que agora estóu fora da casa, escribo algún máis. Anque imaxino que poderán atoparse na rede,en páxinas de mitoloxía. Logo miraréi con calma, porque é verdade que son interesantes.

Anónimo dijo...

aínda hai unha cousa pior que a ignorancia do "acusica" que ve fantasmas debaixo das pedras: cuspir a sotavento. Sae un ensalivado.

Anónimo dijo...

Outro comentario do anterior anónimo: Adiante co magnífico blog, Marcos. Estea un ou non de acordo con algunha das súas opinións, son de agradecer o seu traballo e a súa tolerancia.

Anónimo dijo...

Hai anónimos que fan doble, triple e ata cuádruple xogo. ¿A quen crer?

Anónimo dijo...

"de mis amigos líbreme Dios, que de mis "amigos" me libro yo". élle un bon consello, Marcos.

repase, repase o fío "Villalaín". Comprobe quen botou gasolina e logo encendeu o misto.

Logo entraron as pirañas, naturalmente, que foron alimentadas por outro coñecido seu, disfrazado de anónimo con moi mala baba.

Anónimo dijo...

"de mis enemigos líbreme Dois, que de mis amigos me libro yo". Agora si quedou ben.

Anónimo dijo...

Non está craro. Creo que é: "de los "amigos" líbreme Dios, que de los enemigos me libro yo"

Anónimo dijo...

Non sei se é así ou non é así, pero a min gústame mais, e punto: DE DIOS LÍBRENME TODOS, AMIGOS E INIMIGOS.

Anónimo dijo...

A bo entendedor, poucas palabras. E o interesado xa sabe de que falo.

Anónimo dijo...

Outra versión do anterior, tal e como a decía meu abó: "A quen hai que foder é ao amigo, que o enemigo vélase".