2 jun 2008

Beiras Torrado
“Continuamos a estar sometidos ao colonialismo lingüístico”

A entrevista de M. Vidal Villaverde en Galicia Hoxe.

77 comentarios:

Anónimo dijo...

A pesar de leelo e escoitalo con cariño, xa non aturo o Beiras
Sen dúbida él a mín tampouco, que lle imos facer.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O millor da entrevista para min:

-Eu, Xosé Manuel nunca crin nin creo no binomio –chamésmolle cultural ou cultura– de dereitas e esquerdas, pois a cultura, para min, xa digo, só florece na esquerda. E non me esquezo dos grandes poetas e novelistas, que houbo nesa destra. Que me contas?

-Nisto non concordo contigo, descúlpame. Mais non imos discutir aquí, non si?

Anónimo dijo...

O entrevistador Manuel Vidal seméllame, entre outras cousas, un profesional do botafumeiro. Agotados xa todos os cualificativos posibles para Beiras, non dubida en dicirlle: "Como lingüísta que en boa medida es". O cal é de traca.

Verbo do contido da entrevista, nada novo, simplemente máis do mesmo. Incluso contra o final Beiras resposta como a desgana.

Anónimo dijo...

"Os nacionalistas pretenden que a lingua galega é patrimonio deles"

AL señor Perozo solo cabe aplicarle un adjetivo peyorativo, como ofuscado o tonto, de donde sacaría esa información?, donde la contrastaría?, en el programa político del nacionalismo?, en declaraciones de alguno de sus dirigentes?. Este señor en el mejor de los casos practica la política ficción. O simplemente quiere intoxicar, achacándole unha afirmación al nacionalismo que este nunca pronunció para a continuación decir que esa afirmación es insostenible. Un verdadeo burro arnal.

Por otra parte constato el modus operandi de Marcos Valcarcel:
1)nula atención a la manifestación por la "lingua" el 18 en Santiago.
2)cuelga el articulo bilingüista del señor Villalaín.
3)Se percata de como foreros van colgando artículos que apoyan las tesis de Villalain.
4)Alguien le pide que cuelgue un articulo critico con el de Villalaín de autoría del director de A Nosa Terra, el semanario donde aparece impreso el articulo de Villalaín, y donde el mismo Marcos publica sus articulos cobrando.
5)Marcos presiona con la mano el platillo de la balanza donde pesa el artículo de Villalaín. Y se abstiene- en la convicción de que los nacionalistas son tontos-, de colgar el mencionado artículo.

Anónimo dijo...

Dous quedabéns: Beiras cos seus fans e Vidal Villaverde con Beiras: pelotilla pura por parte do entrevistador e as banalidades de sempre por parte do entrevistado.

Anónimo dijo...

Vidal Villaverde entrevistou tamén a Marcos Valcarcel, daquelas, fai tanto tempo, ainda non era pelotilla, ou será que todo o bo que dixo de Marcos é certo e pola contra o que di de Beiras falso.
As veces da noxo o servilismo dalgúns como Delapierre e Apicultor.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Entendes, Marcos, que poida haber unha dereita culta e nacionalista?
Podería e debería habela nunha situación normalizada. Pero é difícil: no plano económico as forzas que a poden apoiar están moi suxeitos a intereses extragalegos, en xeral; no plano ideolóxico, terían que encontrar os pensadores e estrategas axeitados e os que hoxe militan na dereita, na súa inmensa maioría militan tamén no nacionalismo español, mesmo na súa versión menos tolerante.

Anónimo dijo...

Anónimo non se meta conmigo que non lle son naide, e dea a súa opinión sobor do que dí Beiras, que non ten perda.

Anónimo dijo...

Moita paciencia franciscana cos anónimos é o que cómpre, amigo Jacques.

Anónimo dijo...

Tanta paciencia, polo menos, como a que hai que ter con vostede.

Anónimo dijo...

Non comentan o que di o entrevistado, quédanse coa anécdota do que lle fai as preguntas.

Anónimo dijo...

Non lle dixeron nunca que era un pesado? Non abuse, home, non abuse, por deus (ou polo demo) llo pido.

Anónimo dijo...

Pois coménteo vostede xa que tanto interese lle ten.

Anónimo dijo...

el crusaíto, el apicultó, el delapié, el dimitró, el damiá

Anónimo dijo...

Non pia nada Apicultor que é mais malo que a quina e nada se lle pode dar.

Anónimo dijo...

Magníficos comentarios, como era de esperar.

Anónimo dijo...

perrea perrea!
vaia nivé que tiene el bloggito del Markete.
Bilingüi Bilinguí!
el apostatasito, el rencoril, el vendio, el traidó...
perrea perrea!

Anónimo dijo...

Api delle unha lección das súas, condeneos coa súa sublime indiferencia.

Anónimo dijo...

Parece estar claro, a priori e formalmente, quen é entrevistado. Non tanto así na asunción de roles, expresión ou abundancia de opinión emitida. Do moi parco Beiras escollo certa pasaxe algo máis elocuente:

"Que me vai parecer? Pensar é perigoso. Formar cidadáns que pensen, entraña un perigo para os poderes imperiais. O ensino é unha fábrica de forza de traballo cualificada. A educación, en troques, é un proceso de formación de seres humanos conscientes, desalienados e libres, capaces de enxendrar e de transmitir cultura. O imperio trata de producir en masa imbéciles, "hanalfabetos sapiens", dotados das destrezas necesarias para o funcionamento e reprodución do sistema, como no ‘Brave New World’, de Aldous Huxley".

Marcos Valcárcel López dijo...

A Miguel Suances:
xa aclarei noutro fío que non encontrei o artigo de ANT que fai referencia ó de Villalaín: cando apareza, colgarémolo.
É vostede moi libre de pensar o que queira sobre o artigo de Villalaín e sobre a miña suposta "parcialidade" na súa defensa: pero sorpréndeme moito, quero dicilo todo, que vostede o faga escribindo en castelán.

Anónimo dijo...

Esa sorpresa era o que percurba Don Marcos, esa nada inocente sorpresa.

Anónimo dijo...

Que Galicia Hoxe publique esas "entrevistas" de Vidal Villaverde non é só un insulto á posibilidade dun xornalismo máis ou menos serio, senón que dá a medida da absoluta mediocridade, escaso rigor e venda ao mellor postor do xornal de Feliciano Barrera.

Anónimo dijo...

Anónimo, entendido en medios de comunicación: Por qué vostede non promove un xornal?.Eu, comprométome a suscribirme.
É moi doado falar -e escribir- , e ademáis con tarifa plana gratis.

Anónimo dijo...

Transcribo aquí o comentario que fixen no post do Sr. Villalaín, porque me dei conta que non calou nos lectores, e con todo comentáronse moitos detalles sen interese aparente (é moi difícil conseguir que 340 comentarios teñan interese na súa totalidade), felicito a D. Marcos *Valcárcel polo seu blog e o interese que esperta, pero ese éxito obriga a procurar ser imparcial, polo menos en canto non se manifesta posicionamento persoal, dende ese intre pasa de editor do blog, a ser outro forero mais.
Rogaría se me de resposta á pregunta expresada ao final.

De todos os xeitos penso que non debería permitir os insultos persoais nin cara a el, nin cara aos que interveñen no foro.

Grazas

Comentario orixinal

“Non quero nin debo entrar a discutir quen é o que ten a razón,
o que se temos claro é que a ditadura remato por sorte fai anos, e penso que todos nós sen ter en conta ideoloxías temos que procurar que non volva; se cadra non se entende a utilización de palabras tan fortes, pero ten a súa explicación, nós e os nosos políticos, nestes asuntos estamos nas mans dos adiantados culturais, eles son os que deben achegar ideas para fomentar o renacemento do uso do galego, de pouco serve que lle impoñamos aos nenos o seu uso, se despois non atopan atractivos no seu coñecemento, ideas como a do -Gadis- "Vivamos como Galegos", son as que fan falla, se "Amaral" e "Chenoa" cantasen en galego, os mozos cantarían en galego, se "Indiana Jones" fose "Pepe Larouco" os mozos verían cine Galego, sinxelo é sentar diante do computador e adoutrinar e impor, o difícil é traballar e atopar solucións, o día que se atope unha canción en galego no un dos corenta, teremos opcións.
Por certo, unha pregunta xa ven que o meu galego é deplorable por desgraza, ¿cal debo estudar para millorar, o do meu avó ou o do meu fillo?, porque vexo que cando falan entre eles non é que se entendan moi ben, e o meu fillo remata por falarlle en castelán.”

Anónimo dijo...

Tén que estudar o galego normativo. Eso é o que pasa en calquer país civilizado.
Teña en conta que seguramente haberá máis distancia na língua coloquial entre persoas de estrato popular de (poño por caso) Cantabria e Cádiz. Se non houbese un rexistro culto dificilmente se entenderían.

Anónimo dijo...

está claro que neste blog é imposíbel debatir cun mínimo de interese: axiña saltan delapierre, anónimos e apicultores a impugnar as totalidades.

mágoa. deu

Anónimo dijo...

O peor é o Apicultor que só sabe intentar impor as suas regras e pedir explicacións sen dar el nin a primeira. Con ese tipo é imposibel, so pon aos foreiros de mala uva apelando aos instintos mais baixos.

É certo, nótase tamén a falta de ecuanímidade do Editor do blog, demasiado escorado ideoloxicamente.
As persoas mais galeguistas e nacionalistas van sendo retiradas sistematicamente deste xeito, con esa pinza, e veñen demostrándonos que non temos lugar aquí, que neste blog para ser considerado hai que ser partidario de teses bilingúistas e ter credibilidade antinacionalista. É así, por moito que queiran ir do que non son resultan o que son, uns acomodaticios oficialistas, defensores da orde, antinacionalistas que se adican culturalmente a onosmásticas, e louba retórica e vácua das figuras de exito oficial-mediático, e a pompa entre eles.
Marcos se quere abrirse a cultura real do pais, abra un pouco a súa mente, salga dese cenáculo mediocre ourensan e apunte a obxectivos mais ambiciosos, non dubide de que entón me terá con vostede.

Anónimo dijo...

Moitas grazas pola resposta, ao anónimo da 1,05.
O meu fillo farao por imperativo legal, eu por vontade propia, e ao avó tentaremos convencelo de que non é falta de cultura, o feito de que toda a súa vida falase no que rematou por se converter en "castrapo", é unha desgraza engadida aos tempos que lle tocou vivir.
Só un ultimo apunte, sigo pensando que o Galego debemos coñecelo, e sobre todo querelo, pero iso non se pode procurar xamais a base de imposición, busquemos ideas imaxinativas, que o introduzan nos circuítos da mocidade, e empezaremos a gañar falantes, pero "por vontade propia, non por imposición".

Anónimo dijo...

Mire anónimo, prégolle me perdoe, pero no me entenda mal, non pretendía coartarlle nengún debate.
Por exemplo, se quere, témome que non se pode pór a Feliciano Barrera como paradigma de antigalego, cando é o único empresario, con axudas externas ou non, que edita un xornal integramente en Galego, cunha restra de colabouradores estimable. Nin siquera se lle podería tildar de oportunista xa que a súa empresa editora, ou a que él recibiu fai anos, sostén dous medios de comunicación escritos e un de radio, que non poden ser postos de exemplo como adalides do galeguismo pero xaora tampouco do contrario.
No país, neste noso país galego, hai moita máis xente da que pensamos que dende o seu curruncho fai país, e afirmo que se fai tanto ou máis dende o centrodereita que dende a esquerda. Galicia, elle unha nación de pequenos propietarios, que se erguen pola mañán, ca vista posta en chegar a fin de més sudando como paga-las nóminas e os seguros sociais e cómo votar adiante o seu proxecto empresarial. Esa xente fálalle en galego, teno de primeiro e único idioma, e cando se lle chama facha por ser de dereitas cala, pero cando vota faino o PP, e sonlle moitos.
Mire, neste momento unha das persoas que máis está facendo polo país é Alberto Nuñez Feijoo, que está levando o PP, a posturas máis próximas o galeguismo co fin de gobernar Galicia, para a meirande parte de nós.
Sen dúbida extendíme pero é para que entenda que nón é para escurrir o bulto, é pór en evidencia o DEUS BEIRAS, que segue a ser un BEIRAS pero xa non DEUS.
Teñan boa tarde e bó proveito

Anónimo dijo...

Interesante achega a súa, señor Suances, don Miguel, pero que moi interesante. Estiven a pensar noutras intervencións súas de igual teor e, oh, sorpresa, non lembro ningunha.

Debe ser novo, pois. Pero para ser novo fala como se fose un habitual, cun desparpajo inusitable. Non será, daquela, un foreiro anónimo que tanto me estima?

Sexa como for, eu acostumo non dar creto aos emboscados. Non me merecen nin a máis mínima confianza. Sospeito que a outros quizais tampouco lla merezan.

Anónimo dijo...

saen anónimos con tres dedos de fronte, e o que fan e tiralos embaixo. Non me estraña que sigan "emboscados".

Anónimo dijo...

As súas sospeitas son demasiado interesadas como para reflexar a realidade do interese Apicultor.
En canto ao aprecio, só creo corresponder.
E non se obsesione, si mo pide Marcos, estou para darlle o meu DNI, pero como non o fai entendo que non é necesario. Xogue amigo, esto non é o xuizo sumarisimo que vostede desexaría.
E creo que xa está ben, o real e que esta enlea non lle interesa a ninguén, salvo a algún interés morboso, que de todo hai.
Modérese e lembre, xogue, xogue, non se trata de outra cousa, non sufra, oriente lúdicamente as súas divagacións, a guerra rematou, e podemos ser civilizados amigos.

Anónimo dijo...

Marcel Swan=Miguel Suances

Anónimo dijo...

O señor Apicultor utiliza a mesma técnica que as súas abellas: ningún intruso no meu panal.

Anónimo dijo...

Ten vostede unha jeta como un piano de cola, señor Suances, don Miguel, sinto ter que dicirllo.

Quen comezou a intervención cunha ridícula diatriba contra min? Pois vostede mesmo. Quen se puxo en plan provocador e buscando lea? Polo tanto, como é que ten o morro de pedirme a min moderación cando amosa esa inquina obstusa?

É vostede quen ten que moderarse e non obsesionarse, señor. O "xa está ben" correspóndelle exclusivamente a vostede. Se, como di, a guerra (sic) rematou dea mostras sensatas de que así é, e non veña con novas tonterías e insultos que a ninguén interesa e que aburren a todo quisque. Entende ou hai que de-le-tre-ar-llo?

Anónimo dijo...

Non creo que, neste caso, Suances sexa Swann. É outro diferente, moi coñecido cun antigo nick e como anómino. Non o é, aínda que ten afinidades electivas con el.

Anónimo dijo...

Dito doutra maneira, Swann escribe moito mellor ca el.

En todo caso, esperemos que manteña o nick de Miguel Suances todo o tempo e volte a agocharse no máis ruín anonimato.

Anónimo dijo...

... e non volte...

Anónimo dijo...

Quen si é Swann é o amable anónimo que dixo: "O señor Apicultor utiliza...". Ese si que o é. Por certo, que tal día vai pola cidade condal?

Anónimo dijo...

Hai unha segunda parte, tamén podemos ser civilizados enemígos, en calquera dos casos hai normas, e terémonos que cinguir a elas, se quere que eu abandoe a clandestinidade, do contrario non pida o imposibel.

Anónimo dijo...

E agora descúlpenme que teño que marchar.

Se están realmente interesados en que o blog sexa de debate e non de diatribas absurdas contra alguén tan insignificante coma min, concéntrense se queren no tema obxecto deste post, que non é outro que as xugosas declaracións de Beiras.

Digan algo, se queren, pero fagan o intento de non andar obsesionados tras de min, erre que erre. Iso non interesa a ninguén porque está xa moi visto.

Que pasen unha boa e froitífera tarde.

Anónimo dijo...

Pasen e vexan...
Apicultor e a orquestra "Paranoia de Noia"...

Anónimo dijo...

Leo agora antes de me ir.

O feito de que abandone a "clandestinidade" (e logo quen o meteu nela?) sería un signo positivo. Polo demais, o movemento demóstrase andando.

Boa tarde.

Anónimo dijo...

Ao anónimo Swann: déixeo, home, déixeo, que se fai moi pesadiño. É que non se decata? Veña, fágase algo bo.

(Non me fagan perder o tempo que vou chegar tarde ás clases de guitarra. Adeus)

Anónimo dijo...

Non é por nada pero é que o personaxe Apicultor da para este cachondeo e moito mais, eclipsa a Beiras, A Villalaín e ao mismísimo Marcos Valcarcel.

Anónimo dijo...

novamente, mexando a sotavento. Púxose perdido.

Esto e o colmo: apicultor alternativamente entra como tal e coma un anónimo, e logo vai e di que "eu acostumo non dar creto aos emboscados".

Paranoias.

Anónimo dijo...

Fíxense nas horas de intervención e non digan máis chorradas. Un amigo.

Anónimo dijo...

...fíxome amigo api...
por que non fai vostede un sesudo comentario crítico as intervencións de Beiras e aporta algo por unha vez, ou cale xa coa súa letanía inquisitiva dunha vez e para sempre.

Anónimo dijo...

Chego agora, home(s), chego agora, despois de recibir clase (vou, comparativamente, en segundo de preescolar).

Desde logo que aquí escribín exclusivamente como apicultor (con minúscula, tal é a miña mítica modestia). Non sei de onde pode tirar que entrei como anónimo, porque resultaría disparatado e sen sentido. Xa que logo, nada de mexar a sotavento, nin a barlovento.

Déixe(n)se de tonterías. Xa vai sendo hora, non cre(n)? O blog ganaría se cesara tanta inutilidade.

Pola miña banda non vai haber problema. A ver se po(ñe)n algo da súa parte. Cun pouco de esforzo e autocontención, pódese conseguir. Ánimo pois.

Anónimo dijo...

Api, onde andas emboscado tí tamén home de Deus. Xesús, qué caverna!

Anónimo dijo...

Eu non, Arxi, eu non me embosco, home. A ver se afinas un pouco máis, que te vexo un pouco despistado.

Anónimo dijo...

O despiste en min é un estado natural, a visión borrosa tamén, de afinación vou de ouvido, visito casas de lonocinio, gosto da bronca, non concreto, tamén me contradigo, pero sobre todo, detesto o seu sentido común, por, que coño porqué, que carallo! non llo explico, a ver se me acaba co creto, e ún inda ten unha reputación entre os drogadintos, beodos, loucos e outra xente de mal vivir, que somos, mal que lle pese tipiños legáis, que diría a súa tía Lutgarda: de lei

Anónimo dijo...

Marcos, está deixando que lle escaralle o blog un fato de fracasados escolares que visitan "casas de lonocinio" e "gostan da bronca", como o panoli este do Arxides. É un despilfarro inútil que lle regale vostede o blog a crapulillas de cuarto da ESO, libertarios das silveiras e chistosos con pouco oficio que veñen aquí a ver se conseguen algo de afirmación en manada das súas identidades aínda en zozobra post-adolescente. Cada post acaba rematando indefectiblemente nun intercambio de golpes, nunha trapallada sen interese ningún, nun diálogo de ollomois. Pregúntome se algún dos frecuentadores habituais do blog antes da invasión dos arroutados amuermados está contento co actual estado de cousas. A min paréceme un coñazo.

Anónimo dijo...

Anónimo precedente, mire este mensaxe que rescato de Arroutadas e logo dígame quen está a escarallar o blog.

Pois se non é nacionalista galego, serao español, coma o seu asesorado, o señor Touriño.
Se non.De qué ia precisar o señor Touriño un asesor cultural ò marxe da Consellaria de Cultura?
Non chupamos o dedo e este tema, hai tempo que se debateu no foro, pero non se podian decir nomes. (...)
Agora o tempo foi poñendo a cada quen no seu sitio, pero xa é algo tarde.
O seu traballo, que era neutralizar o foro para que non se falase do que a eles non lle interesaba, fixérono moi ben.
Agora que xa non queda ninguén que lle moleste, van às uvas.
E os parvos, a babear con se esta señora ou a outra escreben mellor ou peor. Parvadas para que se non falase do que nos tiña que importar mais òs nacionalistas galegos, que estabamos empezando o goberno bipartito con eles e os seus xefes.

Anónimo dijo...

Para o sr que dixo que Núñez Feijoo (un mandado de Mariano) está levando ao partido a posturas máis galeguistas e tal e cual:

O PPdeG di que a consellería de Cultura ten "discriminada" a Rivera de la Cruz por non escribir en galego.
A deputada do PPdeG Susana López Abella criticou hoxe que a consellería de Cultura ten "discriminada" a Marta Rivera de la Cruz, unha "premio planeta", presumibelmente porque non emprega a "fala galega". Tamén criticou que a homenaxe a mulleres represaliadas unicamente se centrase nas "mulleres de esquerdas", porque ao seu xuízo, o concepto de "vítima" refírese "á persoa en si mesmo" e non debe existir ningún "prexuízo ideolóxico".

www.gznacion.com/web/notic.php?ide=8732

Anónimo dijo...

Quen es ti, anónimo antepenúltimo? De onde saíches? Que pretendes coas túas paranoias? Para o carro, meu.

Anónimo dijo...

Preguntoulle un anónimo a outro.

lourixe dijo...

Non me gustou a entrevista, a maneira de facela. Nun espazo tan reducido, cómpre axustarse a un par de temas e non revolotear por riba de cada un. O feito de seren máis extensas as preguntas que as respostas é pretensión literaria do entrevistador ou necesidade de recheo?
Quédome cun par de ideas de Beiras coas que nunca estiven de acordo: que só existe nacionalismo nos pobos sen estado e que o campesiñado galego foi exterminado. O labrego galego actual é un pequeno empresario como os comerciantes das vilas, e como eles ou medra e se afortala fronte ás multinacionais, ou desaparece.

Anónimo dijo...

A frivolidade e inconsistencia de Beiras en boa parte do que di amosa un pensamento esgotado, circular, repetitivo, caduco. O rei está espido.

Anónimo dijo...

Para os nenos que non limpan os lentes, si. Veno todo borroso.

Anónimo dijo...

Efectivamente, Lourixe. É a entrevista-masaxe, e ademais curta e superficial.
Aínda admirando á persoa, o pensador e o político, eu boto de menos unha entrevista onde o poñan en apuros [en xeral, boto de menos entrevistas a políticos galegos que sexan incisivas, especialmente na tele, porque é nese tipo de situacións nos que un aprecia mellor a súa preparación intelectual, o seu xorne, se ten un pensamento orixinal, se transmite convición, se nos están contando unha serie de bólas, etc, etc.

Anónimo dijo...

As persoas de poucas luces coma ti, anónimo, fican deslumbradas por calquera cousa.

Anónimo dijo...

“Continuamos a estar sometidos ao colonialismo lingüístico” (Beiras) = Vídeo patético de AMI

Anónimo dijo...

Claro que non estamos sometidos ao colonialismo lingüístico. O noventa por cento dos medios de comunicación están en galego, así como a publicidade, as empresas, a educación, etc, etc.

Marcos Valcárcel López dijo...

Beiras tampouco ten a culpa, dende logo, do video máis que patético de AMI. Estes personaxes farían eses videos e cousas semellantes aínda que non existise Beiras...

Anónimo dijo...

Para o anónimo anterior: ¿podía explicar a relación entre unha cousa e as outras? ¿que entende por "sometemento" e por "colonialismo lingüístico"?
Para os que son do ensino, ¿é certo que hoxe o 90% da educación está en castelán como afirma o anónimo?
Así mesmo, é verdade que Beiras non ten a culpa do lamentable vídeo ese, mais ¿non é certo que afirmacións como as que el fai afortalan dalgún xeito a base intelectual (sic.) do mesmo?

Anónimo dijo...

Unha casualidade histórica daquela? Algo que nos vén dado? Gústalle máis así?
Con respecto á segunda pregunta, nin o dubide. Desde as primeiras etapas do ensino até o final da universidade: o ensino é abrumadoramente en español. Se a isto lle engadimos a presencia maioritaria desta en internet, nos libros de texto e na "televisión educativa", pois xa ve.

Na empresa a "presencia" (digámolo así, parece que impón menos) do español debe ser aínda maior.

Medios de comunicación, pois outro tanto.

Etc, etc.

Anónimo dijo...

O ano que ven por estas datas fará catro anos que temos consellería de educción do PSdG. Probabelmente este partido recunque nas seguintes elecións, polo que é bastante probable que sigan detectando esa carteira. Ao final, como mínimo, 8 anos da súa política lingüística.

Para daquela poderemos facer unha avaliación desa política: niveis de competencia en galego entre os escolares, lingua inicial, etc, etc.

A ver se para daquela lemos análises tan churrusqueiras da situación lingüística en Galiza como as que limos estoutro día na Nosa Terra.

Anónimo dijo...

Aceptando que todo iso sexa así, ¿por que dá por válida a expresión "colonialismo linguüístico"? ´¿Vén sendo o mesmo que "casualidade histórica" que agora usa? ¿Son inocentes os termos que usamos? ¿Alén do "gusto", son todos pertinentes ou hai que precisar máis?
En relación a internet, eu tiña entendido que a presenza maioritaria era a do inglés, non a do castelán. É verdade que a do castelán é maior ca do galego, mais isto ¿ten que ver con algunha "imposición colonial" ou con outra cousa ben diferente? ¿É malo, en todo caso, que haxa unha lingua franca en internet como o inglés?

Anónimo dijo...

Pese a quen pese, Beiras ocupará un lugar ao lado das persoaxes históricas máis sobranceiras do país

Anónimo dijo...

Por iso é unha mágoa que dilapide absurdamente ese lugar que lle corresponde actuando como actúa e dicindo o que di.

Anónimo dijo...

Entre outras cousas memorabeis arrastrou cara o BNG a un grupiño de danzaríns irmandiños, que son catro e fan ruido por catromil, e que por razóns de cuota, e asesorados polo insigne profesor, coa teoría sociolóxico-ideolóxica do inimigo hipotético, están a disfrutar sen rubor da profesionalización da política, alcanzando cuotas de poder impensables mesmo nos piores tempos do PP, quero dicir, que no PP non os quererían.

Anónimo dijo...

¿Podería explicarse mellor?

Anónimo dijo...

Aparte de selo mellor representante da gauche-divine galega de prêt à porter, pois sí, ademáis deixanos para a posterioridade un legado do que vai ser difícil reporse, nen anque volte o máis carpetovetónico do ancien regime, causa finita do seu per se

Anónimo dijo...

Non entendín nada

Anónimo dijo...

Sigue así, Beiras. É un luxo para Galiza contar contigo.

Anónimo dijo...

Galiza non conta conta con Beiras porque é unha marca de luxo falsa.