As grandes historias nunca morren
Shane (Raíces profundas, George Stevens, 1953)
Vina unhas cantas veces. De pequeno, cando non sería moito máis maior que o pequeno Joey. Onte recupereina, en DVD, e comprobo que mantén toda a súa beleza e frescura.
É unha das películas da miña infancia e supoño que de todos os da miña xeración. Como A noite do cazador, Capitáns intrépidos ou Matar a un reiseñor.
Un western inmortal, pero moito máis que un western.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
69 comentarios:
Hoxe semella ser o día de Jimmy, nome tamén de andar polo Oeste, como Joey.
Poderían aclarar quen é e explicitar o que dixo, ou colgar algo do que dixo, se é que o dixo, porque hai moito misterio nesto do tal Jimmy que está en todas partes e en ningunha.
Hate/love nas mans de Robert Mitchum. Gloriosa película única do único Charles Laughton. Comparalas coas outras, algo máis inocuas, resulta curioso. Xa nos contará, amigo Valcárcel. Adique un post a esta marabilla. En que ano se estrenou en España? Seica tivo moitos problemas de distribución. En todo caso, para público infantil/xuvenil non parecía.
Sí que me gustóu a mín esa película, sí.
Tamém lembro que un rapaz me comentara unha vez: " A película que máis me gustóu na miña vida foi RAÍCES Y PUNTAS". Obviamente, trabucárase cun coñecido spot publicitario. Moito me rin.
Mirade pró can da foto. "Pasa" do cinematográficamente correcto, que sería mirar i escoitar con atención as recomendaciós "pacifistas" do pistoleiro. Pero a cousa non vai con él.
Un can é un lobo amansado.
Un can é un lobo que come todo-los días.
Un can é un lobo metido a funcionario.
Un can é un "lobo" descastado metido a lamecús dun simio.
Un can é un político.
Cínico e can teñen a mesma raíz.
Ós amantes dos cans chámanlles cinófilos, que non cinéfilos.
Filósofos can e filósofos cínicos.
Can no meu "pueblo" e un tipo que chinga moito. Pero se empezamos a relacionalo cos políticos e co cinismo etc...perde moito
Vaia.
En rumano, can é cîine.
A raíz ven do grego Kinus.
Corríxanme os entendidos.
Non sei se leva o acento circunflexo no i.
Imaxino que o "chien" francés estará relacionado.
E do cabalo, qué,non decides nada?.
Os artistas dos westerns sempre teñen cabalos listísimos.Entenden todo o que se fala, en actúan en consecuencia a favor do dono..case sempre. O do Zorro, o do Chaeiro Solitario...O máis listo debe de ser o de Lucky Luke. Tamén nos corridos mexicanos son moi listos os équidos, como aquel "Cabalo Prieto Azabache" que era tan listo que o dono púxolle nome e os dous apelidos.PREMER.
Cómo era aquel que lle chamaba á sua mula "número siete"?.
Algunhos cabalos son tan listos que guían a outros cabalos:PREMER.
Nos EEUU hai unha caste de cabalo chamada "Galiceno". Según teño entendido son os descendentes directos dos levados po-los conquistadores. Descendentes de cabalos miñotos e Kalaikos, sexa os nosos. Teño unha "afoto", son pequenotes pero ben conformados.
Pídolle axuda ó xan para que me axude a colgala. Non sei facer moitas cousas nestes cacipos.
Esto quíxenllo decir ó Ferrín fai moitos anos cando escribía en cabalos pero son un nugallán da escrita.
Eses cabalos nosos foron fundamentais para a conquista, afeitos ós montes empinados e bravos, durísimos e moi resistentes. Con cabalos andaluces, perdón "españois" reventarían.
Eu que son fillo da emigración e me criei na França vexo ós galegos igual que esos cabalotes. ós galegos que eu coñecín gárdolles ese recordo.Traballadores, fortes, resistentes, "empecinados", sobrios, caseque Espartanos.
Galegos. Eles decían "esclavos".
Máxime meu pai.
Él cabalo, eu lobo.
Perdón Dacova, cando falabas da morte dun burro en Monte Alegre lín a 1º vez "locos", despois comprobei que puñas lobos.
En defensa dos lobos, temos unha internacional loba e coñecémonos todos. Podo aseghurarlle e aseghúrolle que lobos non foron. Esos ataques rentes a cidades ou mesmo en vilas sonlle os lambecús de simio. Sexa os cáns, ceibados de funcionarios e faltos de recursos. Cáns asilvestrados ou cimarróns. Sempre nos tocou paghare a nós. É acusación fácil.
O último censo da xunta cifra a nosa poboación en 500 exemplares estables. É aproximada, pero somoslle máis e sabemos pasar desapercibidos e sen dar a lata.
Eu débolle ser un dos máis estúpidos, dáseme por latricar e latricar, e calquer día píllanme e fanme traballar.
Boeno, se me meten de funcionario na Junta nun parque nasionale, para qeu os turistas me ollen de lonxe, sen facer nada, máis que de lobo. Pois boeno.
Xa o puxen outra vez, se non lembro mal, pero desta vez aparece adicado ao lobo neghro e a lobito.
UN LOBO
Furtivo y gris en la penumbra última,
va dejando sus rastros en la margen
de este río sin nombre que ha saciado
la sed de su garganta y cuyas aguas
no repiten estrellas. Esta noche,
el lobo es una sombra que está sola
y que busca a la hembra y siente frío.
Es el último lobo de Inglaterra.
Odín y Thor lo saben. En su alta
casa de piedra un rey ha decidido
acabar con los lobos. Ya forjado
ha sido el fuerte hierro de tu muerte.
Lobo sajón, has engendrado en vano.
No basta ser cruel. Eres el último.
Mil años pasarán y un hombre viejo
te soñará en América. De nada
puede servirte ese futuro sueño.
Hoy te cercan los hombres que siguieron
por la selva los rastros que dejaste,
furtivo y gris en la penumbra última.
Seguro que lembran outra psicose colectiva que se desatou nos 70 en Ourense provincia: lobos que comían ós nenos. Ao parecer, eran cás adestrados pra atacar á xente da policía política de Salazar, que quedaran desatendidos e ceibados cando foi da Revolución dos Cravos.
Arume grazas por o texto. Pasárame desapercibido e é moi forte. Fortísimo.
Non valoramos suficientemente o ter unha poboación de lobos tan vizosa. Sempre foron uns superviventes. Eu vinos comer do lixo das granxas do Franqueiro cando se tiraban os polos mortos ó campo. Aghora teñen moito corzo e bastante xabarí. Falta o coello.
Sei que na serra lles zoupan de carallo, furtivamente. A ghuerra continúa. Coñezo xente que sufre perdas de gado. É duro.
Pero os cans, paradóxicamente ocasionan máis danos e non se fala tanto deso. Eu perdín en Verín varias ovellas e cabras xusto nas aforas de vilela. Propuxéronme estricnina, está á orde do día.
"Mettre la terreur à l'ordre du jour". Robespierre. Acabaron un veciño por eliminar dous cans cimarróns con pistola (ilegal). Hoxe está na cadea por tráfico.
Ghalisia profunda.
Prefiro esto. Os ingleses eliminaron o lobo e contraeron as vacas tolas. E tenlle relación. Os camiños da ecoloxía sonlle así.
E o que non sabemos.
Eu lembro a psicose do ano 74.
Leso o xefe da policía autonómica de ourense tena moi ben documentada porque escomenzara en S. Cibrán das Viñas, perto da súa casa. O primeiro ataque a un neno foi certo. Todo o demáis psicose con toda os compoñentes do "rumor". Podería pasar as anales da socioloxía como calquer outo rumor que fixera historia.
Na miña aldea a xente ía traballar sempre en grupo e levando todos forquitas.
Tempos aqueles cando o campo que coñecemos estaba aínda en plena producción. Tería que contar as xogadas de vacas que había na miña aldea. Hoxe non queda ningunha. Cero.
Fervía o campo de perdices.
Hoxe non quedan.
Non había un só xabarí. Entraron no 75 de portugal e no 77 por o Sil.
O corzo era un animal relicto.
Hoxe é máis abundante que na prehistoria.
Ollo coa ecoloxía
Efectivamente, a xente iba ás leiras armada con furquitas aquel vrao, anque todos eles estaban fartos de ver ao lobo e de facelo fuxir só con berrarlle. Pero, decían, aqueles lobos eran "de outra raza". Na aldea mataron unha parexa con escopeta , e os rapaces fomos velos, mortos no chan. Un vello decía que non eran lobos polo tamaño dos collós do macho, demasiado grandes según él.
Claro que había moitas perdices, pero inda queda algunha, lobo. O domingo pasado, saindo de Lobios por "Portaxe", vin unha parexa delas correndo polo arcén. Logo, xa cerca de Bande, outra.
Non sei se debería decilo, que vostedes son capaces de ir hasta alá por pillalas.
Esquecín celebrar o autor de tan extraordinario poema: don Jorge Luis Borges.
Nos oitenta as bandadas de perdices eran tan abundantes que os cazadores lles zoregaban e non as perseguían. Tomaban as caídas e continuaban a marcha, sen maís.
Falamos de bandos de máis de unha ducia e de bandos cada medio kilómetro. Vostede estame a falar de dúas perdices ou dunha perdiz, probablemente macho vello sen grupo e non reproductor.
Éticamente nunca se lle tira a un bando de menos de catro ou cinco perdices. Tirarlle a un de tres (acontece) é de ignorantes e f.da p. Hai códigos na caza que de respetarse fan que sexa un elemento máis do ecosistema.
Non quitarlle elementos a un bando é aberrante porque de seren moitas , non se reproducirían. Hai moitos mecanismos de autorregulación.
Nun dos poucos artigos que escribin na Trabe de Ouro facía eu unha consideración sobre os cans perdigueiros ibéricos nos tempos de Velázquez. Vexan un deitado ó pé do príncipe Baltasar Carlos. Ghordo e pachorrento. Hoxe non servirían, é tan escasa a perdiz que necesitamos cans atléticos como o pointer ( para grandes superficies) ou outras castes máis robustas para os nosos montes,( setter laverack), porque con esos cans primeiros pouco íamos andar e pouco cazar. Ese can pintado por Vel´zquez deu orixe ó perdigueiro portugués. Nos non temos nada. Tamén era noso.
Arume , pensaba que o poema non era tal.
Está empezando a apasionarme o comprobar como os soñadares ( poetas, artistas) son quen de pintar unha realidad máis real e máis forte qeu a que descubre a cencia e a investigación.
A xente que non é artista nin científica, adoita a considerar a "realidade" algo tan prosaico como o "aiquí e agora".
Algo que teñen en común a cencia e o arte é a fuxida desa burda noción de "realidade inmediata", tratando de representar ou explicar "outra realidade". No arte, mediante o uso de "arquetipos", na ciencia, mediante "fórmulas". A relación xa a analizaron Lévi-Strauss e outros.
Taboada Chivite fala dun porco bravo abatido en Verín en 1945 como unha auténtica rareza.
Non había nin xabaríns nin esquíos. No alto Arnoia chamábanlle "ardillas" ás xinetas. Que por certo, creo que xa non hai.
eu tamén lembro a psicose de San Cibrán de Viñas e os lobos, cara 1971-72? Portada en todos os xornais, con fotos dos nenos pechados co medo ó lobo.
Eu era pequeno pero vin no Paseo, na esquina con Capitán ELoy (hoxe Concordia) parar un land rover cheo de cazadores e baixar alí e tirar no chan un lobo ben grande. Dende logo nos meus ollos nenos era un lobo...
Eu retornei da frança en 1972, ese ano non foi. No 73 morreron tres Pablos, o Picasso, o Casals e o Neruda e non lembro relacionar os acontecementos. Tampouco o relaciono co 75, morte de Paco, o das medallas. Debeu sere no 74.
Xinetas aínda hai, gata algaria en galego. Eu véxoas mortas por os coches. Últimamente máis teixugos.
A gata algaria é abundante pero o ser nocturna pasa máis desapercibida. Habería que averiguar se lle afecta a parvovirose. A mín cepilloume varios cans sendo cachorros e estando mal vacinados. Pero acontece que a contraen do campo. Na poboación de raposos fai estragos periódicamente e estes lla transmiten "os lobos metidos a políticos, lambecús do gran simio, sexa cans". Perdón. Estou a putear os colegas.
O dato de Taboada Chivite é moi interesante e haberá que contextualizalo. Voullo pasar a S.G.H.N. porque é riguroso sen dúbida.
Engadir. Na zona de TRevinca os vellos de máis de setenta anos faláronme dunha poboación de xabarís de anteguerra, desaperecida por unha "gripe". Auntei as datas, esaparecida de andazo.
O xabarí retornou a galicia desde a década dos setenta vindo a ocupar un nicho ecolóxico que estaba a ser abandonado masivamente por o "gran simio agricultor", o mesmo fixo o corzo que gosta dos gromos de árbores, partir dos noventa. Sabemos que o cervo, vai desplazar ó corzo e deixalo onde sempre estivo ( escasos exemplares,2-3, por cen hectáreas.
Tamén está documentado en B.O.E. as soltas de xabarí por o gran cazador Paco, o das medallas. Houbo repoboación, e consta na escrita, é historia.
Por eso non é de estrañar que a nosa xentiña fale periódicamente en repoboacións de todo tipo: lobos, cobras, escarabellos(ghuerra bacteriolóxica por parte dos USA).
Na psicose dos lobos tamén se acusara a FÉlix Rodríguez De La Fuente.
Foi un rumor moi interesante. Pasou a Historia o rumor de Orleans e outros con nome e apelido,alguén o ten que ter suficientemente documentado para publicar e que pase a historia.
Lembrades unha gaiola de madeira para acobillar os nenos mentras os pais traballaban?.
O porco bravo de Verín confirma a entrada de Purtugale. O que eu teño documentado foi no 75 por o Larouco cara Cualedro.
Tamén o derradeiro urso foi enforquitado, espetado, en TAmaguelos Verín na década dos 40.
Publicado no diario local, La Región.
En ciencia non lle dan valor ningún o que se diga nos xornais, pero é para lembrar.
Confirmado. Na Nosa Terra do 10 ó 16 de xullo confírmase que o ataque de lobos, a psicose ou o rumor dos lobos aconteceu no ano 1974.
Foi o ano do 25 de abril. Eu aínda non percibía nada.
Na Nosa Terra erran ó afirmar que morreron varios meniños, páxina 44. Comprobareino co Leso. Penso que só foi un, dabondo para desencadear a psicose.
De haber varios ataques en puntos dispares da provincia habería que pensar noutra causuística.
Agora ben o rumor ten unha dinámica interna estudada, como se amplifica e sale de control invariablemente.
Gata algaria (Genetta genetta), foi introducida po-los árabes na península. A eles facíalle de ghato.
POBRES CANCIÑOS...
Xa que saben vostedes tanto de animais e andan por aquí moitos lobos, coméntolles isto:
Leo un solto no magazine de El Mundo que fala de dous estudos científicos que relacionan as mulleres con cancro de mama co feito de ter un can na casa. Disque si un retrovirus que pode pasar de animais a humanos e non sei qué...
Supoño que será unha babecada máis, con oropel científico, pero un xa non sabe qué pensar ...
Pobres canciños, sí. Os que viven nas casas, coma se foran xente, e saen só a mexar a determinadas horas, en vez de vivir como lles pide o corpo, soltos e correndo o que lles dé a gana, mexando cando lles dé a gana e dormindo onde lles pete, coma cas que son. Pobres canciños, sobre os que os donos exercen as enfermizas ansias de poder que non poden exercer sobre os humanos, vestíndoos ridículamente ou cortándolles o pelo e peiteándoos como se foran xente, antropomorfizándoos coa axuda cómplice da industria das mascotas, e sin entender nada do que é realmente un animal.
Pobres canciños.
Don Marcos, como ven sabe eu sonlle un afectado do cancro de mama na persoa da miña muller, 38 anos.
Non lle acredito que sexan os cans vectores, pero non descarto que apareza un axente infeccioso. A tasa de dez por cento das mulleres afectadas en occidente ó longo da súa vida é brutal. Brutal se estamos a pensar que aínda hoxe perdemos un cincuenta por cento aproximadamente. Se comparamos cos asiáticos, cero e pico por cento.
Esa mulleres asiáticas trasladadas a occidente igualan a tasa en tres xeneracións.
Eu levo matinado moito e pénsolle que é o mómele-mómele, o comer , teño teorías ben particulares arrancando xa da grecia clásica que foron quenes lles deron o nome a enfermidade.Cancro, cangrexo, por aparecer esta forma ó dilatarse unha vea no peito. Abundante xa daquela.
Hai unha correlación altísima entre ingesta de proteína e cancro. Notablemente a Caseína.
Convencín a miña muller para deixara o leite de vaca. O día que se consiga demostrar, un dos piares básicos da alimentación occidental vai caer. Como caerán moitos máis.
Anote, e verá como en quince anos, se vivimos, algo se andará.
Eu poderíalle fornecer abundante literatura das bondades dos animais de compañía, notablemente os cans, na saúde psicolóxica ,na regulación da tensión arterial, en conseguir sacar ós donos a rúa , inclusive as lambedelas son curativas en algúns procesos tumoraies superficiais.
De todo-los xeitos non hai que descartar nada. Pero nos os cans témolos fora, na canceira da aldea, anda soltos, ou nunha horta en Pena Vixía. Nunca en promiscuidade connosco.
Ademáis os asiáticos, como toda-las culturas teñen cans. E comen cans.
E a frecuencia de cancro de mama nas mulleres asiáticas é perto de cero.
Para ín o can foi un aliado poderosísimo do homo-sapiens na súa conquista do planeta e na súa supervivencia.
Eu chámolle "tecnoloxía can". Sería o equivalente a ter hoxe un satélite frente a culturas sen electrónica.
Sofisticadísima tecnoloxía na pre-historia humana. Se os nosos "colegas" neandertales, quenes compartillaron connosco o medio durante ben anos non tiñan a tecnoloxía can e nos sí, ían amolados na loita por conquerir o medio.
Lembren que un can é un lobo metido a "colaboracionista" do grande símio "homo-sapiens".
Digo moitas veces. O neandertal desapareceu porque nos tíñamos a tecnoloxía can e exterminámolos.
Pero a veces a realidade supera a ficción e postos a soñar digo: a tecnoloxía can pasounola o neandertal
Eu divido os humanos en dous grandes grupos irreconciliables (brincadeira), cinófilos e non cinófilos.
Eu coñecín a Marcos, o anfitrión por sermos cinefilos.
Estou empezando a asustarme porque descubro en mín alma de can e estou a perder a de lobo. Vou pra vello.
Nenos morreron dous, un primeiro moi cativo do lugar de Currás, San Cibrao das Viñas, que foi arrincado de dentro do seu capachiño e estrangulado, e un segundo, de aproximadamente catro anos, do lugar de Outeiro Calvo, do mesmo Concello, ó que o suposto lobo descuartizou, e arrastrou alomenos ún quilómetro, onde foi atopado horas dempois morto. Fora éste un caso moi comentado pola proximidade das casas ó ataque do animal, cousa estrana para os máis vellos que coñecían os hábitos do lobo. Días dempois, foi abatida unha femia de grandes proporcións, decíase que non era unha loba, que era outra raza, perto de Vilanova ou na Cruz de Rante, por un home manco que traballaba nunha granxa das inmediacións. Tempo aló, alguén, hoxe moi próximo á SGHN, deu por comprobado e certo, que aqueles "cans", que non lobos, do verán do 74, eran cans do disolta PIDE, Pólicía Política do reximen Salazarista, adestrados na disolución e ataques de elementos subversivos. E ésta historia foi quedando ahí áta hoxe.
Carallo pros cans da Pide, onde viñeron atacar. Non pillaron nada por o camiño?. Supoño que viñeron desde Lisboa, ou mínimo desde Porto.
Coincide o ano, si.
Vou facer varias verificacións, eu sonlle tamén da ese gé ache ene e vou mirar quen era o "interfecto" que aventurou esa hipótese.
D. Marcos, estou no do retrovirus dos cáns. Interesante. Non desvoto nada.
Eu acredito nun factor infeccioso novo: retrovirus, virus, prión, proteína, o que sexa.
De todos xeitos as causas son sempre multifactoriais. Hai un cúmulo de factores que xuntos dan orixe ó lume..
Lembro o desastre do Titanic. Para producirse tiveron que darse un montón de circunstancias inverosímiles, ordenadas e seguidas concatenadas que no maxín dan unha probabilidade cuasi nula. Pero danse. Succede. En contra da probabilidade.
Sí, pero eses "cúmulos de circunstanzas inverosímiles" que provocan as catástrofes estanse "ensaiando" a cada segundo,minuto, hora, día...
A inmensa maioría deses "ensaios" son neutralizados nos seus efectos ao fallar unha, duas ou moitas circunstanzas. Pero, de repente, pasa algo como o incendio dos Alfaques, que é outro exemplo que se pon a miúdo dese tipo de situaciós.
Pero eso non vai contra a probabilidade. É un aspecto da probabilidade.
Imaxine que tira mil moedas ao aire. Se ao caer ao chan non saen todas "cara", danlle cen millóns de euros. Se saen todas "cara", córtanlle as criadillas. Aceptaría a aposta?. E si foran un millón de moedas?. E si foran mil millós de euros?.
Si aceptase o xogo,i éste se se prolongase indefinidamente, é moi probable que se fixera moi rico, pero antes ou despóis cortaríanlle os güevos.
(Eu, aceptaría a aposta desde o principio porque xa non os teño.)
É BRINCADEIRA!!! SÓLTAMEEEE!!! SÓLTAMEEEEEEEEEEEEEEEEE!!!!!!!!!
Lobo, se lee un pouco máis arriba, comprobará que xa eu apuntara eso de que os cás eran da policía política de Salazar. Se non me falla a memoria, eu leérallo ao falecido Vázquez Montalbán nalgún dos seus escritos...
NO ano 1961, mentras tiña lugar a procesión do Corpus en Ourense, indo a comitiva pola rúa Santo Domingo, xa moi preto do parques de san Lázaro (caían os pétalos de rosas e tamén algún que outro soldadiño escachado polo calor se derrumbaba na beirarrúa), apareceu de súpeto un can de color negro, irrumpeu no medio da procesión e deulle un mordicos nos collóns a don Ángel Temiño. O animal ensañouse co bispo ata límites incribles, polo que o gobernador (Quiroga de Abarca) deu orden os soldados de abrir fogo contra o can que morreu levando na boca parte do escroto de Temiño (d.e.p.). O bispo berraba coma un tolo afirmando que fora atacado polo mismísimo diaño. Entre o público andaba un sastre, chamado Alfonso e alcumado O Ateo, que lle coseu a súa ilustrísima as partes nobles ou pudendas. A procesión seguíu sen máis sobresaltos aínda que Temiño foi rañando os collóns ata o final da cerimonia. O cab abatido pasou polas máns dun taxidermista e puxéronno ó lado dun san Roque nunha capela que (a ver se acerto e pode confirmalo don Julio de Medela) creo que está pola parte de Bande ou senon pola de Lestrobe.
Lamento imenso, monarca Cintolo, mais non fago idea da marabillosa e psicodélica intrahistoria que está Vde. a contar.
Temiño era un crack. Prohibiu tantas cousas, describíndoas con tanta minuciosidade, (relacionadas coa práctica relixiosa), que hoxe, as súas prohibicións supoñen un compendio de sabedoría popular, a summa antropológica do atavismo ourensán.
V.G.: Prohibiu a procesión da chamada "Camiña do Santo Amaro", en Senderiz, Lobeira. A tal 'camiña' é un ex-altar rupestre ao que se dirixía a procesión da Virxe das Neves.
Don Enrique Bande sabe algo disto...
Investigar-lle-ei o tema que comenta.
O cura novo de Bande parece un home ben interesante.-
O tema que formulan os sres. Lobo Neghro e máis Da Coba sobre a influencia da alimentación na saúde é moi interesante.
Está a falar un burro, mais penso que dantes, o exceso de exercicio físico aceleraba de tal maneira o metabolismo (necesidade inmediata de enerxía-p. ex. segadores de Castela), que calquera efecto hipoteticamente nocivo que puidese ter un alimento quedaba inmediatamente neutralizado, pois de seguida se transformaba en enerxía.
Agora, todo sobra, acumúlase no corpo, a alimentación é demasiado rica (proteinicamente falando), o metabolismo basal é superlento e o efecto é o contrario. O bo que poida ter calquera cousa que se coma tórnase tóxico, por innecesario.
Boeno, isto é o que opinan os vellos de Lobeira, eses que ían a Castela camiñando cincuenta quilómetros por día, segaban un mes, regresaban e comían menos do que nós nunha semana.
Saúdos.-
Kyra, algho deso hai. As graxas almacenan elementos difícilmente metabolizables, e hoxe tardamos en queimalas. Ademáis a nosa dieta é excesiva.
Lembre que nun comentario eu lle respostara a vd. ou o seu mozo, non sei ben, que os galegos cando non comían para aforrar a mín parecíame extraordinario. Estaban a facer xexún como noso siñore no deserto ( el e todo-los grandes entre os grandes fixeron xexún 40 días, moitos tolearon no intento). A ver se consigho non enrollarme.
O xexún é un instrumento terapéutico portentosísimo.
Intento descargar.
Un primo meu nos useei fai remates "finisher" e utiliza moito a caseína para pegar nela pigmentos, cores, despois aplica ese mexunxe sobre os mobles.
Se a caseína non vehicula un axente infeccioso descoñecido xénero fungo, prión etc....Hipótese un.
O que fai e ser un pegamento (igual que cos pigmentos do meu primo) de moitos elemento tóxicos, difícilmente metabolizables que van machacando no interior do organismo....hipótese dous.
Nada en sí é malo, pero acontece que en occidente pasámonos, todo-los días, mómele-mómele, sen descanso. Probade a cear só un iogurte (outra vez caseína) ou unha sopa. En francia, na parte amputada a Catalunya "on soupait", verbo souper, traducción, sopar en lugar de cear.
Estos catalano-franceses éranvos moi listiños. Quéroslles ben, déronme moito.
Comede pouco planificadamente.
Dacova, no tocantes as probabilidades esperaba que alguén o abordase.
Succede que diariamente están a acontecer millóns de ensaios peligrosos que non conducen, afortunadamente, a nada grave.
Pero como os ensaios e movementos son millóns e millóns, succeden os accidentes. O mesmo acontece no tráfico. É certo qeu as cifras de siniestros son escalofriantes, non lembro os mortos, pero en millóns de desplazamentos, insisto millóns, son casi insignificantes. Depende de por onde se mire.
No tocantes a policía pide eu non dixen nada, res de res. De momento.
Máis me parecen cans vadíos.Fai pouco atacáronme un poni na aldea, corréronos a paus, se non cheghan a velos e me matan o cabalo a acusación recaería na internacional loba.
Aconteceu hai tres meses.
Sintolo toi.
Gostaría de saber se a anécdota é vera.
Eu teño un tío na França de 76 anos ó que lle teño que gravar a vida porque é impresionante a capacidade de supervivencia que demostrou e a sorte que lle deparou a baraka tantas veces librándoo da parca.
Nas segas de Castela tivo unha briga con un castelán por mor dun insulto ós galegos. O meu tío foi arrestado mentras se autocosía os collós (sería o escroto)sentado nunha taberna. O castelán levara unha puñalada do meu tío.
O meu tío pasou por o cárcere.
Pero sorpréndeme esa naturalidade de "estaba eu coséndome os collós, sentado nunha banqueta"...e máis.
Por eso, sintolo rei, teño qeu confirmar porque a "realidade supéralle a ficción".
Se Temiño foi emasculado, ben seghuro que o can , ou era moi listiño, ou foi entrenado por o condicionamento Pauloviano a capar a quen tan ruínmente promovía a capadura mental.
Ou xa estaba capado?.
Concedo que a anécdota de monseñor Thé-Minho non é vera nin ben contada pero dfaba non sei que por ver un can dos anos sesenta levando no fuciño o santísimo escroto do Bispo citado ut supra. De ter sucedido, seguro que Cunqueiro xa tería escrito un artigo ó respeuto que sería unha xenialidade máis do mindoniense.
No tocante á alimentación convén lembrar lembrar aquela frase de Hipócrates, que xa citéi noutro post: "A tua mediciña é o que entra pola túa boca".
Arume , non o vin onte na verbena de Bouzas.
Saúdos desde Portugal. Este teclado non ten o "ñ", pero tén pra poñer a virguliña porriba do "n" , "~" . Qué curioso!.
Non podo decirlles máis, que a dona xa me reclama!
Sigan có do Temiño que está desternilhante!
Empezaches tu Dacova, cando che retorcían os ghüevos pola aposta.
Ten tino co que comes, que comes moito, dín. Dín os de lugho que é mellor facerche un traxe cada semana que invitarte a comere. Lambón.
Vas acabar pillando unha diabete.
Temos o índice de cancro de cólon máis alto do mundo (ourense). Xa o detectaron as universidades americanas (do norte).
Anque xa sabes, ó mellor vai, e deus noso señor dotoute dun metabolismo asombroso que che dá para triturare todo.
O tabaco mata. Certo. A algúns, a outros , como ó Carrillo, non lles fai nada. Nada malo.Porque tamén ten as súas bondades (vasodilatador central, ummm, claridad de ideas, lucidez, luminosidade na visión da vida ).
Mentras non se popularicen as probas xenéticas non sabemos quenes somos uns e quenes somos os outros.
De modo que ante a dúbida; mesura.
Dacova a ñ portuguesa tes que facela "nh" e xa nos entendemos. A veces eu fághoa a mantenta, porque me ghusta e me peta , e me sale dunha tristura aceda do fondo da ialma. "NH", somos máis parentes dos nobles Lusitanos que dos españoís.
Este trazinho ~ vostede pode facelo calcando na tecla ALt Gr xunto coa tecla 4, as dúas xuntas. O.K.
"Menos mal que nos queda Portugal".
"Purtugale non é pequeno".
Oín, dun médico ben informado, que o segredo do fumador Carrillo é, desde hai moitos anos, tomar unha aspirina diaria.
Andaba nas verbenas de As Pontes, coa Orquestra Sintonía de Vigo (apabullante). Agora mesmo camiñamos cara ao peirao por ver a mestría fogueteira en Bouzas.
Arume, que envexa!!!!!!!!!!!1
"Y ahora, nuestra cantante Sonia les va ofrecer..."
"El automóvil matrícula de Suiza ......... está a estorbar la entrada a una pajera"
"Y ahora hacemos un pequeño descanso para el fulión"
"Tenemos un niño perdido en el palco, se llama Dylan Domonte"
"Les anunciamos grandes fiestas en Germade, amenizadas por la grande orquesta Trovadores de Vigo"
Ouviu, o centáurico macarra de Construcciones Dios onde é que anda???
110 quilos, tres fillos, tomando un cubata de veterano... A muller ten varices, e non acaban de lle marcar día no Canalejo...
Esa muller que quería ser a súa moza, Arume, cada vez máis bonita, rotunda, repoluda, estourante...
Esa muller que non o quixo, Arume, cada vez máis fea, ordinaria, envellecida...
E ese punto de angustia sempre na boca do estómago.
Hola Marcos, acabo de retornar de Castro laboreiro, levei a miña Morgana a castizar. Na miña aldea decían a ghanancia.
Verá o ácido acetilsalicílico é un dos poucos principios universais recoñecidos como eficaces. Cando estudaba recoñecíanse unhes 250 principios. Pero o terror das multinacionais do medicamento ten unhes 14.ooo preparados. A aspirina é un nome comercial de Bayer, o principio é o ácido citado. Xa os amerindios o utilizaban en forma de infusión de follas de un salgueiro, fervidas. Follas de saúce en castelán.
A mín séntanme moi ben para os dores musculares derivados das gripes e outras doenzas. Fálase de moitos outros beneficios. E non o dubido.
Penso que en base a todo o lido e estudado pódese falar dun principio eficaz, moi interesante e barato. O xenérico ten un custo moi asequible. Imaxine unha caixa da marca costa unhos 3 euros, o principio sen marca debe ser aínda máis barato.
Pero non sei como poden relacionar o ácido acetilsalicílico coa protección contra o cancro de pulmón e de vexiga, que son os provocados directamente por o tabaco. Ó mellor haina, pero eu prefiro pensar que o metabolismo de Carrillo é escepcional. Non se pode xeneralizar nada. En ourenso o sr. Francisco,chatarreiro da rúa dous de Maio finou con 103 anos faltándolle 15 días para 104 e só estivo malo tres meses antes de morrer. Almorzaba todo-los días touciño e unha copiña de augardente.
O centauro de Construcciones Dios estaba na "fiesta del tornillo y de la tuerca" (sic). Agora co campionato de rugby seven nos campeiros do Poboado (aka Poblado de Arriba), os mazos/mozos veñen con zamarretas vinte tallas menos e con logos dun college de Irlanda, o Saint Cyprian, por poñer un exemplo. Non obstante, Sonia estaba alí e cantaba o chipichipi. E non me pregunten de que ía a canción. Non o sei, pero un que estaba ao meu lado a sabía de principio a fin, do alfa ao omega.
Infórmelle ao amigo Medela, cara Kyra, que os Sirvent (aka os Chatas) aínda dominan o sector coches de choque: o pequeno deles (o José Manuel) é graffitero maior e adoita adornar con esprai o tímpano da taquilla. Hai documentación gráfica, coma dos bisontes e das amazonas (con dous peitos) pintados nas atraccións dos Hnos. Fernández. Este ano regalaban un sombreiro con pintas de guepardo.
[Nota: acabo de atopar o Chipichipi]
Sobre a muller que quixo ser a miña moza (un dicir seu, pero vale para o caso), trabúcase, cara Kyra. Non é tan sinxelo. Envellecida e estourante. Ordinaria e rotunda. Fea nunca. Agora sae cun mozo de trinta e vaille que nin diola. Ela saía, repoludísima cun vestido de flores e escote alarmante, do Marbella, coa man cinguida ás cadeiras do nacho. Meu, ía matinando. Quixena, amiga Kyra. Pequerrecha pero inmensa coma unha Queen Latifa do grande Eume.
Non sempre é tan así como vostede describe.
Mire qué boa idea, kyra: un libro coas frases reáis máis "esperrechantes" dos cantantes de orquestas populares, na súa interakción cun público de "celtas indoeuropeos". Será cuestión de falar con varios deses "vocalistas", en particular cós de máis anos de experiencia. Seguro que poden contar montón de anécdotas.
Eu lembro que nunha verbena alguén entre o público pedíu "El preso número 9 !". O cantante respondéu: "Esa non, que xa morréu !".
Arume: Ben sabe que non minto. Esa moza é así. Non pode ser doutra maneira. Élle ela. Non me veña con contos. Ben seguro que a quixo. E ela a Vde. Talvez ela caíu polo abismo que a separaba dun niño bonito e estudoso. Talvez Vde. non puxo os cinco sentidos no asedio á fortaleza de Vercinxetórix.
Non se xustifique. Non estaba para Vde. Non minta. Non se xustifique.
Si, coñezo a psicanálise. Si. Ben.
Pequerrecha???????????
E ben proporcionada...
Home... Non ía falar con ela de Antonioni... Mais... Humanidade, bondade, simpatía, retranca, coñecemento do medio, experiencia, amor, complacencia e doméstica beleza...
Saúdos, admirado Arume.-
Falei con ela de Antonioni cando aínda non chegara a vello verde (Antonioni). Foi compañeira de pupitre: collíame a perna (si, a perna) en clase de Filosofía mentres lle preguntabamos á profesora polo imperativo categórico. Fixo maxisterio e agora é directora do Colexio, pero sempre amou (coma min) Palomita pechugona dos Breogáns. Non crea. Estaba para min, pero eu non estaba para ela. Non a deixaron ir a Santiago (foi a Coruña), porque daquela colleran a uns disque do grapo (ou asimilados) que andaban pola vila e estudaban en Compostela. Xa ve, cara Kyra.
E pequerrecha, si, pero inmensa, grande. Fermosa. O sábado, pola noite, no toldo do Bar Porto (www.grupoporto.com) alí resplandecía.
Arume, bueno, me rindo.
Daquela, onde é que estaba o problema??
Coa súa paga e máis a dela, hoxe en día o Corte Inglés nomeábaos fillos predilectos.
Que pasou, Arume. Estamos entre cabaleiros, de aquí non sae.
Ela, de quen viña sendo???
Sospeito que aí está o quid da questão.
Nunca mas oíste tú
hablar de mí
En cambio yo seguí
pensando en ti
En toda esta nostalgia
que quedó
tanto tiempo ya pasó
y nunca te olvidé
Cuántas veces
yo pensé volver
y decirte de mi amor
nada cambió
Pero mi silencio
fue mayor
y en la distancia
muero día a día
sin saberlo tú
El resto de ese
nuestro amor quedó
muy lejos olvidado para ti
viviendo en el pasado
aún estoy
Aunque todo ya cambió
Sé que no te olvidaré
Cuántas veces
yo pensé volver
y decirte de mi amor
nada cambió
Pero mi silencio
fue mayor
y en la distancia
muero día a día
sin saberlo tú
Pensé dejar de amarte
de una vez
Fue algo tan difícil
para mí
Si alguna vez mi amor
piensas en mí
Ten presente al recordar
que nunca te olvidé
Cuántas veces
yo pensé volver
y decirte de mi amor
nada cambió
Pero mi silencio
fue mayor
y en la distancia
muero día a día
sin saberlo tú
Cuántas veces
yo pensé volver
y decirte de mi amor
nada cambió
Pero mi silencio
fue mayor
y en la distancia
muero día a día
sin saberlo tú .
Do poeta Roberto Carlos.
Un día cualquiera no sabes qué hora es,
te acuestas a mi lado sin saber por qué.
Las calles mojadas te han visto crecer
y con tu corazón estás llorando otra vez.
Me asomo a la ventana, eres la chica de ayer
jugando con las flores en mi jardín.
Demasiado tarde para comprender,
chica, vete a tu casa, no podemos jugar.
La luz de la mañana entra en la habitación,
tus cabellos dorados parecen el sol.
Luego por la noche al Penta a escuchar
canciones que consiguen que te pueda amar.
Me asomo a la ventana, eres la chica de ayer.
Demasiado tarde para comprender.
Mi cabeza da vueltas persiguiéndote.
Mi cabeza da vueltas…
Colgea Da Coba e fágame chorar un pouco
Frère Jacques mandar, Xohan da Coba obedecer:RAPAZA DE ONTE
Imaxino que o Antonio Vega inspiraríase no libro "O rapá de onte", de Davage. Non teño constancia de que esté traducido ao español.Eu lino en inglés , nunha destas ediciós pra estudantes:PREMER. Unha rapaza ve sempre desde unha ventá a un rapá cunha roupa moi anticuada. Tardará en saber que é unha pantasma.
Publicar un comentario