9 jul 2008


"Lerasnos de morto, se non nos les de vivo"

43 comentarios:

Anónimo dijo...

E tedes á Santa Comparsa, sen comentario ningún. Có bonito que é o "spot".
Din que "Spot" é o nome de can máis USUAL nos USA.
Os yankis, en vez de decirlle ao can "dame a patiña!" dinlle "píde!", no senso de "mendiga!" (beg!).
Na aldea, nunca vin que ninguén lle fixera facer "monadas" aos cas.
Pero o meu abó non lle chamaba "Santa Compaña", senón "A Procesión". Estaba convencido de que existíu hasta que chegóu a luz eléctrica.
Cando imos a San Andrés de Teixido a papar unhos persebes no restaurán que hai a carón do santuario?. Pago eu, que alí son baratos. Algun morto disfrázase de "vivo" e vai alá no Carnaval. Logo ,dí, "fun de vivo". Outros din "Fun de Vigo".

Anónimo dijo...

Carallo, cómo ando. No título do post, lin: "Ler asnos de morto, se non os les de vivo".

Anónimo dijo...

A mín ghustábame moito a ameaza de meter a cruz.

Vin como amenazaban a un veciño con meterlle a cruz (principios dos oitenta, Villariño da Veigha), e caghouse de medo moito tempo, non saía nunca de noite.

Un tipo que tivera a cruz tiña de andar dediante da "procesión" levando a cruz toda a puta noite, ou o que durase o proceso. Non dormía e no día seguinte andaba baldado ó ir ó traballo. Así se explicaban que algunha persoa andase escarallada sen motivo aparente. Nesa cosmovisión, que aínda vivín, algunha depresión e desmelloramento eran así explicados.

O que andaba coa cruz tiña que buscar outro penitente para endosarlla e librarse él. A víctima podía librarse se sabía trazar as fórmulas profilácticas e defenderse. Acontecía de noite se un se cruzaba coa estadea.

En troques de amezar co gulag de siberia ben poidéramos ameazar: "Beria, mira que che vou meter a cruz".

"Beria, Beriiiña, se sigues así, mira que che meto a cruz!".

Anónimo dijo...

Don Lobo: Élle todo ben máis prosaico.
No código cabaleiresco celta (os celtas trouxeron cabalos canda eles) os enterros dos señores implicaban o asasinato e enterramento colectivo do seu séquito. Imaxine as escenas de pánico e fugas colectivas. Por iso, todo o que era pillado no enterro do cacique local era asasinado e enterrado no mesmo túmulo (megalítico re-aproveitado) ou evoluído cara as chamadas cistas.
Vaia, don Lobo, a Betanzos, aos túmulos dos Freire de Andrade, parentes políticos meus, eses que están por cima dun porco bravo, e estude meticulosamente a iconografía dos sepulcros.
Un sutti hindú (celtas indoeuropeos coma nós), e comprenderá o medo á Santa Compaña.
Saúdos, amigo, hermano e mestre Lobo.

Anónimo dijo...

Porque a iconografía galega do século XII era plenamente "celta" (o chamado inmovilismo atlántico). Os celtas da Alemaña deixaron de seren "celtas" cando deron en trocar peixe seco cos amerindios lapóns, e criaron a lingua franca xermánica para se entenderen con eles. (500 a. de. Cristo). Aquí en Galiza nunca houbo que comprar nin vender nada, todo estaba á beira da casa.
Así nos foi.

Anónimo dijo...

Como fixeron os euskalduns /inventando o castellano/ para se entenderen cos árabes, que falaban latín castrapeado con fonemas estraños 'j' 's xorda', etc.
Pregunte ao Cid, pregunte, que falaba coa súa avoa.
E que falaba cando estaba de asesor loxístico dos musulmáns de Zaragoza.
E pregunte á muller do Cid, Jimena, pola orixe euskara do seu nome (bisneta dun rei astur)

E Jiménez Losantos falando Euskara-bereber (que teñen a mesma orixe) e chamando terroristas aos nacionalistas periféricos.

Anónimo dijo...

Grazas grande Mandela, o do sutti hindú é do máis forte que lín en bastante de tempo.
Tamén me chama suficientemente a atención a segunda mensaxe.

Alén de seren divulgadoras de coñecemente, se se considera a arte como provocadora de emocións, xúrolle que estes derradeiros post son arte.

Anónimo dijo...

Por que xogan os nenos do norte da India (celtas indoeuropeos) á porca, á chica, ao truco, á billarda?? Por casualidade?
Por que sol na súa lingua é 'Sunya
E irmán 'Brathar (lembre 'brother)
E tantas similitudes???
Porque ata 1925 as viúvas hindúes botábanse á pira funeraria, elas e máis as escravas??
Por que para os hindúes as vacas son tótems, como para nós?
Por que vaca é 'kuhn en alemán, e 'cow, en inglés, e na palabra composta galega va-ca, o segundo elemento coincide cos anteriores?
Por que celta significa pastor de vacas, vaqueiro?
Por que kallaikoi, o nome do que derivou a denominación da nosa patria significa nación dos pastores de vacas?
Tonterías?? Talvez.
Por que apareceu preto de Porto unha inscrición co nome da deusa Kailleach?
Por que hai tanta presenza do celtismo onda nós??
Porque eses pastores de vacas encontraron aquí herba verde nove meses por ano. Alén diso, non puideron, por razóns xeográficas continuar viaxe, e aquí ficaron.

Anónimo dijo...

Osperas para o chintófano. Cando puxen o meu anterior post referíame Ó grande Mandela e a Kyra luparia, Myrna peinadora aínda non aparecera.

Sintoo.

Eu, moito teño que estudar.

Que falaba o cid coa súa avóa?.

Anónimo dijo...

Pregunte aos alemáns que en 1935 andaron a cheiran entre a India e Tíbet... Teño o filme.

Anónimo dijo...

O Cid coa avoa? Euskara. E coa muller. Cos musulmáns, unha especie de latín castrapeado parecido co castellano. Vivar era zona euskaldún, daquela. E España, como agora, unha entelequia.

Anónimo dijo...

E os galegos, daquela, os pobres, algo parecido ao que falan hoxe os velliños e os intelectuais na illa de Man, ou Sark. Os pijos, latín diptongado á celtica: Oi, ei, ou, ai, etc.

Anónimo dijo...

Por exemplo 'Ad pereiram de villam lupariam atque nosos fillos', e castrapadas así.

Anónimo dijo...

Vou recuperar unha das nomeadas qeu lle daban ó meu avó:"o Manuel das vacas".

Voulle mercar un cadro a Miguel Carballo (fomos anarquistas xuntos a finais dos setenta), unhes castros rodeados de vacas.

No tocantes a ficarmos eiquí eu non o teño tan claro. Os estudos xenéticos recentes veñen a reforzar a tese de que deste canto do norte penínsular emigramos hacia irlanda e as costas de gales, en barquiñas de pelexo.

Anónimo dijo...

Talvez, e teño serias dúbidas, en Granada falasen algo así como bereber, de resto moi similar ao euskara, que provén do Sahara, tamén.
E o bereber estaba castrapeado co xermánico vándalo, que por alí acamparon, ou sexa, que malo sería que non se entendesen ben entre todos.

Anónimo dijo...

Si, demostrouno un catedrático de inglés, amigo meu, no seu proxecto Breogán I, II, III, IV, barquiñas de pel de vaca e urdime de madeira, que facían a viaxe en tres días.

Anónimo dijo...

Ostias en vinagre, que sinfonía!.

Que bunito, que bunito!.

Anónimo dijo...

Fernando Alonso Romero, o noso Thor Heyerdalh.
Bendito sexa ese home, polo que aprendín del e polo humilde e boa persoa que é, explicándome cousas para as eu comprender no meu mínimo nivel.

Anónimo dijo...

Aghora quero a bibliografía.

Un lobo élle demasiado libertario e quere adeprender ó seu ritmo.

Faríame ese favore, eh?. E o filme dos alemáns o pescudare no Tibete. Que buscaban?. O santo Grial?. Eran nazistas xa daquela?.

Anónimo dijo...

Kyra, teño qeu me despedire que me rifan. Xa lle demos bastante vidiña a nosa almiña en pena que andaba sen clientes coitada.

Vou lembrar con moita forza as súas mensaxes, para mín conteñen moitas imáxens moi suxerentes.

Eu penso nun par de anos facerme con unha xogada de vacas, por moito que me berre o meu pai. Cada quen ten os seus vicios. E espero que vostede as vexa.

Descansen ben

Anónimo dijo...

O Tibet era o "indoeuropeísmo" en estado quimicamente puro.
Schaefer era un antropólogo especialista en simboloxía ao que lle encomendara Himmler a procura das raíces do que eles perversamente transformaron en "ario", sinónimo de iraniano, de indoeuropeo, para conformar o neopaganismo nazi.
Convido, cando queiran, á miña casa para vermos o filme.
É curioso ver a expedición con salacot co emblema SS, amigos dos ingleses, desde onde entraron no Tíbet, e cabelo cumprido e barbas.
Esas expedicións eran as mesmas que enviaron a estudosos a Lobeira, ao Pirineo, Córcega, Siria... Unha busca desesperada de símbolos. E infelizmente ridiculizadas por Spielberg en "A procura da arca perdida".
Himmler estivo pola mesma razón en Montserrat.
Na verdade, eses estudos utilizáronse para demostrar e/ou xustificar a supremacía (falsa) da raza xermánica e aniquilar e escravizar as nacións ocupadas.

Anónimo dijo...

Isto non é un chat.

Anónimo dijo...

Sobra o acento no e de Lerasnos. Para que Rivas siga poñendo de exemplo este blog.

Marcos Valcárcel López dijo...

Graciñas pola corrección.
Vostede nunca se equivoca quizais?

Anónimo dijo...

Ou "has nos ler de morto..."?

Anónimo dijo...

Don Marcos, nada ten de agradecer.
En primeiro lugar, porque parecemos alumnos da ESO en exame de galego, e eu, grazas a Nuestro Señor, xa hai máis de vinte anos que me gaño a vida, noutros mesteres, honrada e suficientemente.

En segundo lugar, son ganas de tocar o c. e de demostrar un gran descoñecemento das estruturas idiomáticas do galego, que non utiliza case nunca o futuro, de non ser perifrásticamente, como xenialmente apunta o sr. Da Coba.

'Lerasnos' non é galego. É castellano calcado. 'Nos leerás'.

En galego sería:
Vasnos ler.
Hasnos ler.
Hasnos de ler.
Has lernos.
Has de nos ler.
Así, ad infinitum.

E non creo que o sr. Rivas, que é un xenial anaco de pan, unha rara excepción neste país de aspirantes a inquisidores, poña este blog como exemplo por causa da pureza ortográfica.

Un saúdo agarimosísimo e un abrazo apertadísimo para don Marcos e don XDC.-

P.D.: Son un simple afeccionado, non relapso reo da inquisición lingüística, aparte de herexe lusista e aldeán.

Anónimo dijo...

Eu, de lingua, ben pouco sei, como é notorio. Mais, se non erro, coido que "perifrásticamente" en galego non lle leva til, dona Kyra.

Anónimo dijo...

Sabe de galego ben máis ca min, amigo Apicultor.
Pódome defender?
a) Escribín ás présas, sen corrixir.
b) O computador coloca automaticamente acento ortográfico nos terminados en -MENTE (como en castellano).
c) Vouno amolar un bocadiño, e fágoo porque Vde. aprecia o meu pupilo e eu quero a quen quere a Júlio:
TIL, EN GALEGO, É ESE VERMIÑO, QUE SE COLOCA POR RIBA DO N PARA QUE ESTE SEXA PRONUNCIADO 'Ñ'. É ISO, EXCLUSIVA, SIMPLE E SINXELAMENTE.
ESE PAUCIÑO '´' QUE SE COLOCA NALGÚNS CASOS POR RIBA DAS VOGAIS TÓNICAS, CHÁMASE EXCLUSIVA, SIMPLE E SINXELAMENTE 'ACENTO ORTOGRÁFICO'; SI, APICULTOR, ÉLLE ASÍ. SÍNTOO. LAMENTO INMENSO. CONSULTE, XA SEI QUE NON ACREDITA EN MIN.
Beixos da súa amiga ruso-karakalpak,
Kyra Prosokova

Anónimo dijo...

E tanto me ten que se tivese encebolado coa repoluda esa da Antonelli. Non o quero ver de diante ata que me pida perdón.

Anónimo dijo...

Tocado e fundido :-): as miñas desculpas.

Anónimo dijo...

Busque na súa espléndida biblioteca, chame a Franco Grande, Estravís, Elixio Rivas Quintas, Freixeiro Mato, chame, Apicultor, chame.

Boeno, non se me enfade. Podemos marcar un encontro en Allariz, talvez xoves desta semana que vén, para xantarmos, falarmos e reconciliármonos.

Algúns contertulios do núcleo duro xa están anotados.

Está ben, paseime. Perdoe.

Un abrazo grande e conciliador dunha viúva de guerra para un brillante profesor.

Anónimo dijo...

Ouviu, Apicultor, sabe que o encontraba de menos??
Que psicodélico.
Júlio estaba estraño (cando non o está?) e desde que Vde. voltou a se debruzar no blog o meu galeguiño volve estar contento.

Púxome (e traduciume) "El Relicario", na radio do Lada de Myrna e rimos ata chorar. Tamén con esa de Rocío Dúrcal, "Fue tan poco tu cariño", que cantamos todos coma tolos...

Despois meteu o cd dos Pink Floyd, "Saucerful of secrets", e ficou serio, serio, serio.

Son Vdes., os da Solaina, un persoal tridimensional, nunca e sempre están satisfeitos coa realidade. Debe ser exceso de paga, déficit de traballo e eterna fuga do enfastío...

Beixos, Api, rifeille a brincar. Ben sabe que o quero sinceramente.-

Anónimo dijo...

Non fai falta que consulte a ninguén: a súa palabra é lei para min.

Verbo do de Allariz, non vai ser posible, pois o mércores ben cedo marcho para Andalucía, máis en concreto para Huelva como primeira base de operacións. E ben que me prestaría ese xantar, dona Kyra. Obrigado. Terá que ser noutra ocasión.

Os meus cumprimentos.

Anónimo dijo...

E non é por presumir, pero acertou vostede no da miña biblioteca, que é certamente espléndida (outra cousa é ter lido e, máis aínda, asimilado todo o que hai).

Mais hei de recoñer, con pesar e contrición, que de materiais lingüísticos e literarios galegos, sen carecer dos clásicos e algo do novo, anda un tanto orfa de novidades. Teño que mercar urxentemente tres ou catro dicionarios actualizados para porme ao día. De narrativa e poesía xa non lle conto para que non se bote a chorar.

Cos meus cumprimentos, dona Kyra de Medela.

Anónimo dijo...

Estanlle todos na Internet, don Api; excusa comprar nada, agás, talvez, a marabillosa gramática de Freixeiro Mato.
Vou ver de lle enviar os vínculos, e porfa, nin se lle ocurra pedir desculpas. Agora púxoseme mal corpo, tendo en conta que Vde. puido facelo innúmeras veces, pola súa superioridade cultural e xamais o fixo.
E, alén diso, cada un fala e escribe como quere. É un axioma dos que defendemos o galego como único idioma oficial.

Anónimo dijo...

Cando me encontre no Sur, tomarei a súa saúde uns pescaítos fritos, dona Kyra de Medela. E unha copa de manzanilla con olivas como aperitivo todos os días.

Anónimo dijo...

Eu sonlle dos da vella: necesito papel, sequera estea comesto polo becho. O ecrán é, para min, para pouco tempo.

E agora teño que retirarme para facer un pequeno refrixerio, dona Kyra. Que lle parece un pouco de queixo do Cebreiro con marmelo artesanal e unhas tostas de Patè di pomodori secchi in olio di oliva?

Anónimo dijo...

Cebreiro.........
Do latin Zebrus: Cabalo salvaxe.
Como o meu galeguiño.

Anónimo dijo...

Grande Mandela, estiven a repasar unhes dibuxos: Caza medieval, debuxos de Galicia e Portugal de Alfredo Erias, Briga Edicións. Está, por suposto o sepulcro de Fernán Pérez de Andrade de Betanzos.

Aghora díghame vostede en que teño que reparar, e que ven sendo un sutti hindú.

Pídolle a parte racional(hemisferio esquerdo do "celebro"), a parte emocional (hemisferio dereitiño do "celebro") xa foi profusamente procesada.
A pintura non hai que explicala, ten que gustar. "Despoixa", o mellor pódese falar nela.

Eses seus escritos foron auténticos fogonazos dunha rara luz nas tebras do meu pasado. Aghora toca racionalizar.

Se non o fai por escrito xa o pillarei na Ziralla.

lourixe dijo...

... sepulcro que por certo quedou sen estrear, xa que despois de investir nel un Potosí, pouco antes de morrer o nobre cabaleiro don Fernán decidiu que os seus restos fosen soterrados sen campa ningunha ao pe do altar. Caprichos dos ricos!

lourixe dijo...

Información práctica: para iluminar o sepulcro de Andrade hai que introducir nunha máquina unha moeda de 50 céntimos de euro. Prezo módico se se compara coa catedral de Lugo (1,00€ cada metade do altar vello, e moitas veces as máquinas atascan e tragan os cartos sen acender) ou a de Mondoñedo (unha moeda de 2,00€ para iluminar a nave central, e outros 2,00€ para a xirola).

Anónimo dijo...

Séquito do Andrade: Prontos para o rito sacrificial. Ou sobreviven nobres ou os cabalos. O complexo ritual da cabalería.
Lamento inmenso non saber máis. E non penso, por falta de coñecementos, falar máis do tema.
Mais o enigma da nosa patria está nese friso, en Betanzos.
Capricho, linda Lourixe???
Mensaxe tan evidente que parece esotérica.
Lembra, amiga, os maios. Estruturas de madeira onde eran queimados vivos os inimigos capturados en razzias por temas tan prosaicos e posibilistas como a agua, a froita, o rapto dunha moza, talvez un monte con lameiros para as becerriñas.

Todo está nese friso. Repara na expresión da cara dos cabaleiros prontos para o seu sacrificial destino.

Lembra tamén o que me comentou un miliciano catalán participante na batalla do Ebro. Líster pediu catro voluntarios para se deixaran afusilar e amedrentaren hipotéticos desertores.

Presentáronse catrocentos.

Ben o sei. Está a falar un parvo e un ignorante. Un pailán da raia.

Thomas Mann é marabilloso.

Betanzos tamén.

Agardamos por ti en Allariz, no xantar ritual, próximo xoves. Falamos, rimos, bebemos, estudámonos, talvez nos odiemos... E facemos país.

Beixiños.-

Anónimo dijo...

Hoxe 15 de xullo sae en "La Región", xornal local, a esquela do señor do que vos falei, ese que se caghou de medo despois de telo ameazado con meterlle a cruz. Tiña 73 anos, polo tanto naceu no 35, preguerra. Esa cultura-cosmovisión estaba totalmente viva na post-guerra e durou ata ben entrados os anos 80. Cecais morra coa súa xeneración.

Ou connosco.