21 jul 2008

MANDELA, O PRESO 46. 664 (La Región, 21-7-08)
90 anos. Puxo o nome de Soweto no mapa e pasou 27 anos no cárcere: con ese número, o do preso 46.664. Hai anos estaba na lista dos máis perigosos terroristas, por loitar contra o racismo e pola democracia, e hoxe a súa antiga cela é cita turística de peregrinación laica. É o nome que encarna a loita contra o apartheid. Recibiu en 1993 o premio Nobel da Paz xunto con F.W. de Klerk, o último mandatario da Sudáfrica racista que tamén deu os pasos necesarios para poñer punto e final a décadas de segregación racial implantada xa polos colonizadores holandeses.
Pero Mandela é moito máis que iso. Querido polos seus concidadáns, que lle chaman Madiba, título honorario reservado ós maiores da tribo, Mandela non é só un líder antiracista e da negritude. É en realidade un líder mundial pola liberdade e a dignidade humanas, comparado con Gandhi e situado entre as grandes personalidades do século XX, ese tempo en que foi perseguido e encarcerado: foi posto en liberdade no ano 1990.
Un símbolo. Mandela é ademais un símbolo necesario para África. Tan necesario para un continente que só aparece nos noticiarios asociado ás catástrofes e novas negativas: guerras tribais, fames e epidemias, o xenocidio da SIDA, a extrema pobreza, etc. Todos os días temos novas de líderes africanos asociados ó horror das ditaduras militares: dende o estrafalario Idi Amin ata o presidente de Sudán, Al Bashir, agora condenado pola Corte Penal Internacional por crimes de guerra en Darfur, ou dirixentes corruptos e criminais como Robert Mugabe, aferrado ó poder coas armas e a mentira ós seus 84 anos en Zimbabue.
Mandela é a outra África, que tamén existe, a que aposta pola liberdade, a democracia e o desenvolvemento. A que sabe que África merece outra esperanza. Non é fortuíto que no seu discurso do 90 aniversario Mandela se centrase na cuestión da pobreza: “A pobreza aínda afoga a nosa xente. Se es pobre, non é probable que vivas moito tempo”. A fronteira económica é moito máis poderosa que as liñas que debuxamos nos mapas: basta ver as cifras do PIB per cápita, das dúas bandas do Mediterráneo
(acaba de celebrarse un cumio euromediterráneo). Países como Marrocos, Mauritania ou Exipto teñen cifras do PIB por baixo dos dous mil euros, Alxeria un pouquiño máis. Da outra beira, a rica Europa ofrece datos moito máis alentadores: 22.300 euros en España, índices maiores en Francia ou Italia.
En galego. Todos os anos visítannos estudantes universitarios de todo o mundo que asisten a cursos de galego nas nosas Universidades, na de Compostela ou na de Vigo. Varios deles estiveron estes días en Allariz, croatas, eslovacos, norteamericanos, curdos, palestinos, etc. Todos se declaran encantados co noso idioma e a nosa cultura. Moito máis que outros galegos aquí nacidos que renegan de calquera sinal de identidade. Que andazo padeceremos neste país?

55 comentarios:

Xaime dijo...

Para Karlos, como non hai ningún comentario neste post e nin acordo en cal suxeriu que se falara do Pais Vasco no Blog, se non lle causa ningunha molestia, explicara a tregua que ETA tiña pactada co PNV e de por qué pon bombas en Cantabria.
Será por qué tamén van incluír os cántabros na consulta?.

Anónimo dijo...

O da tregua é un rumor a voces, non hai constancia da duración pactada, polo tanto pode que xa rematara, ou que se cinguira a alguns tipos de acción.
Don Xaime isa ironía de reductibilidade ao absurdo, cos cántabros, conmigo sobra, non vou nese ánimo.

Anónimo dijo...

Eu son simpatizante do PNV e estou a favor da constitución de Euskadi en Estado Libre Asociado (versión moderna do que sempre foron ata que lle esmagaron o réximen foral).
Respectivamente á ilegalidade da consulta, gustaría que o señor Zapatero lembrase os anos en que o PSOE era un partido ilegal (ata aprox. 1977) e falar daquela nunha España socialista era máis irreal e delirante que falar hoxe do Estado Vasco.
Saúdos.-

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Estiven o outro día cunha profesora de Porto Rico falando precisamente do Estado Libre Asociado. Supoño que os do PNV quererán outra cousa, porque se é o de Porto Rico...

Anónimo dijo...

Un non eterno, como eterna é a nación española. Misticismo castelán a ritmo de chikilikuatre, interpretado por Sabater.
Os españois ainda non saben de que trata a política,e a miudo confundenna coa Santa Inquisición.

Anónimo dijo...

Todas as patrias (antes chamadas tribus), sen excepción, buscan no libro do xénese a súa aparición na Terra.

Anónimo dijo...

Evidentemente, Arume, ten razón, porque entre o Tigris e o Eufrates os homes deixamos de roubar froita e inventamos a aixada, patentando o neolítico, ata agora.-

Anónimo dijo...

Mesopotámicos somos todos. Eu nacín entre o Sil e o Boeza.

Anónimo dijo...

Pero non todos os patriotas percuran a súa identidade nacional no mito. Dende o logos a identidade constrúese intersubxectivamente, dialóxicamente, e tentase un discurso comprensivo dende a indentidade biolóxica até a mentalidade, no camiño, a identidade sexual, psicolóxica, social, e política. Dende o logos non hai inevitabilidade cíclica, nin condea a repetir o sentido dado dunha vez e para sempre. Dende o logos a identidade está no aberto, a espreita dos acontecimentos.
España ten medo ao proceso de secularización nacional, porque os seus privilexios baseanse no mito e na forza, nas diferentes formas da violencia.

Anónimo dijo...

Xa o teño dito, simpatizo con Ibarretxe; paréceme que a súa proposta supón a famosa centralidade nos tres territorios vascongados, á marxe da imaxe construída polo complexo político e mediático español.

Maiormente agora, que pensan que -por fin- os tempos (de chegar a gobernar) son chegados. Será interesante ler as análises de dentro de dez anos; faremos por chegar aló.

Anónimo dijo...

O nacionalismo español é antimoderno, instintivamente premoderno é concienzucamente postmoderno.

Anónimo dijo...

Xa teño dito que me resulta imposible o concepto simpatía asociado (libremente) a Ibarretxe. Pero, en fin, peores perversións teño visto. Empezando polas miñas.

Anónimo dijo...

A identidade, a palabra fetiche dos estudios culturais. E, como todos os fetiches, con pronunciala ou tocala xa funciona. Non fai falta explicación racional. Dentro de dez anos, será substituida por outra máis á moda. Polo de agora, está no candelabro.

Anónimo dijo...

Se discrimina o efecto da imaxe dunha persoa dos contidos do seu discurso político, até é meritorio. Mais o común e que se amalgame a imaxe co discurso, ou o discurso coa imaxe desa persoa, ao fin unha simbolización dun posicionamento político alteradamente avaliado por unha traza maniática a que non se resiste unha pervertida inclinación. Vostede saberá de que lle é epifenómeno o señor Ibarretxe.

Anónimo dijo...

Despois de ler dúas veces o seu texto, advirto unha pregunta (ao millor non, pero en fin). Eu falo de simpatía ( "inclinación efectiva, xeneralmente espontánea" ou "modo de ser e carácter dunha persoa que a fan atractiva e agradable ás demáis") xa que outros empregaron a palabra simpatizar que me pareceu excesiva para o caso.

Anónimo dijo...

Inclinación afectiva, non efectiva.

Anónimo dijo...

Vaia, O Mandela era o preso número 46664. O "número da besta" encerrado por dous "4". Coñecen as simboloxías mellor ca mín, sáquenlle punta si queren.

Anónimo dijo...

Karlos fala dunha "prosodia" imaxe-discurso?.

Anónimo dijo...

Pero ao ser no hemisferio sul, o número da besta convírtese nun 999. Ou sexa o preso número 9 tres veces.

Anónimo dijo...

Ten razón, Arume. Esquecía o "efecto Coriolis".XD.

Anónimo dijo...

Profesor González: Non lle parece que nas Españas,todo o que non sexa o matrimonio incestuoso minifundio-latifundio, é dicir, todo o que sexa Catalunya-Euskadi, é dicir, todo o que sexa traballar e comer, está satanizado??
Parece que hai que continuar a beixar a man de la señora marquesa ou do prestamista para continuar a vivir...

Anónimo dijo...

Asociaría un Ibarretxe simpático a unha posición menos nacionalista?

Anónimo dijo...

Que lles parece o das balanzas fiscais? Sería interesante ler os comentarios. Como se explica o de aportar tanto ás arcas do Estado e seguir sendo as comunidades máis ricas?

Anónimo dijo...

A simpatía depende de moitos factores. Entre eles a vis comica, o verbo florido, a xestualidade seductora, a sintaxe engaiolante. A pétrea figura de Ibarretxe, o seu léxico de escearios e decisións repetido ad nauseam, a súa estampa lapidaria e a súa facundia de siloxismos e paralelismos de parvulario retórico non se prestan á oportuna corriente de afectos que conleva a simpatía.
Ao mellor estou trabucado e nas distancias cortas, nun txikiteo, resulta ser un Darío Fo. Se é así, deanme por penado.

Anónimo dijo...

Colixo, Arume, que de Ibarretxe ao mellor non presenciou moito fóra de telediarios. Non pretende ser ofensa, é que a súa síntese cádrame moito cos minutos do lixo que adoitan darlle en tales rectángulos, acentuando -en efecto- os perfís ad nauseam (eles, claro, non vde.); e nada con conversas por min presenciadas en contexto -así mesmo televisivo- ben cordial ben polo menos dialogante. Debo engadilo: á marxe do corte da cara ou o tamaño das orellas, que o traballo de certos caricaturistas colabora para facelo decididamente antipático.

Cordial e directo o vin, cando aínda lle daban algo de pan e sal. Algo de pétreo si que aparece agora, claro, e quen non con tanto infundio.

No das balanzas fiscais a min interésame sobre todo a nosa; Quintana dá uns número que, de crelos, igual facían innecesario reclamar a achega compensatoria (?) dos demais. Xa sabe, miña señora Myrna, mutatis mutandis díxoo Rodríguez Ibarra no seu día: "Cataluña ha robado a Extremadura"; e, se cadra, sen necesidade de que algún colega de vde. lle dese despois unha peiteadiña.

Anónimo dijo...

Dame a impresión Arume de que se deixa vostede levar moito polas apariencias. O sofismo é engaiolante, seductor, pero as veces hai que mirar detrás, o que verdadeiramente importa, por moita inflación erotico-significante que se nos regale. A verdade ten a súa esencia, ou do contrario non hai apariencia mais verdadeira que outra e por tanto resultaría imposibel discernir nada, e só deixarse mergullar no proceloso mar da indistinción.
"Quen te quere farache chorar"

Anónimo dijo...

Profesor González: Os extremeños, e os galegos, e millóns de súbditos del Movimiento Nacional (Embrión del Reino de España) tiveron a oportunidade, en Euskadi e Cataluña de facer realidade un soño: Traballar ata se derrearen e cobrar un soldo. É dicir, o que procuramos os que queimamos a Bastilla.

O que pasa que esa realidade é demasiado complexa e exótica para nós, onde un posto de varredor pode costar x millóns de pesetas e pasar a facer parte da santa compaña clientelar no resto da vida.

Hai un libro, como era? O contrato social, dun tal Rousseau; non me estraña que o queimasen en Riazor en xullo do 36.

Claro, los catalanes son tacaños y antipáticos. Los vascos ya no te digo.

Levan desarticulando o Comando Vizcaya desde os tempos de Xulio César, e eles na mesma...

Anónimo dijo...

Aportan mais as comunidades mais ricas, lóxicamasente, pero a riqueza non lla deben a Madrid, a quen pagán, senón que son un resultado económico das súas sociedades.
O principio de solidariedade precisa da potencialidade de exercerse, é dicir, sería un deber asumido libremente, nunca unha imposición tributaria percibida como exterior a sociedade que crea esa riqueza.

Anónimo dijo...

Eu teño o costume de ler todo o que cae. E, por suposto, alguén dirá que é dexeneración, pero eu leo sempre que poido a Ibarretxe (e polo tanto obvio os rasgos físicos desa faciana que probablemente sexa resultado de algunha enfermidade e que eu non xulgo). E mesmo, como vostedes ben saben, papei o seu último discurso da nación. Son consciente de que (os xornalistas da santa Inquisición, mesetarios, casteláns de Isabel la Católica) elixen para ilustrar as súas reivindicacións a súa faciana máis dura nas fotos e que escollen dos seus discursos nas campas non aquelas frases amables e amigables, senón aquelas nas que forza a solemnidade e levanta cellas e as paixóns dos concurrentes. Pero, fóra deses trapaceiros exercicios de manipulación, tal vez efectivos, Ibarretxe non me suscita ningunha inclinación afectiva. E, neste caso, nin siquera dou por válida unha especial deficiencia miña.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Amigo Medela: non levan desarticulando o comando Biscaia desde Xulio César.
O comando Biscaia debe datar de Zumalacárregui. De antes non. Limpeza de sangue, executoria noble, nunca misturado: desto presumían, exentos de impostos e con sintaxe desarranxada como quería o tópico, pola corte de Madrid. Como os da Montaña irredenta do norte, por outra parte.

Anónimo dijo...

Ola, Arume. Zumalakárregi era do PP sector Acebes, ou antes, de Fuerza Nueva; seica quería coroar rei (el e maís outro vasco, Eguía) en Compostela a Carlos, o irmán de Fernando VII.
Foi unha pena, hoxe seriamos a república galega.
Ouviu... Lobeira tivo foro entre 1228 e 1820, anulado polo trienio liberal. Supoño que o novo estatuto fará alusión a esa aldraxe histórica.
Saúdos.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O foro era bó?

Anónimo dijo...

O foro tiña unha forte compoñente reaccionaria. Non resucitemos os mortos ben mortos.
Señor Arume en vista da súa non simpatía por Ibarretxe, a proxima vez que fale con alguén do PNV, recomendareille que cambien a imaxe do lider, o necesario, formas, modais, xestos, incluso ao mesmo señor Ibarretxe.

Anónimo dijo...

Pero o dereito a decidir, señor Arume, seguiría intacto.

Anónimo dijo...

Ofcors.

Xaime dijo...

Non creo que ninguén con dous dedos de frente argumente contra o dereito a decidir, como dice o meu fillo de todo cristo.
Pero, Karlos, asemesmo naide poderá argumentar que con unha organización armada, que practica a violencia terrorista, chantaxea os empresarios co imposto revolucionario, e que impide facer do Pais Vasco unha das zonas máis ricas e prósperas da Unión Europea, os primeiros que deberían prevenirse de decidir nesa situación serán os propios suxetos, xa que quén lles dí a eles que despois da independencia non implantarán o socialismo polo poder das armas, ca limpeza étnica de todo aquel que pense distinto, versus Iugoslavia, anteonte.

Anónimo dijo...

Había tempo que non lía iso da limpeza (vasca) de sangue de pluma que considero intelixente. En todo caso, o relato da euskaldunidade sanguínea como presuposto de abertzalismo tempo hai, e ben del, que caducou. A min demostráramo sen ambaxes -directo coma unha ráfaga- a historia do de pía chamado Juan Paredes Manot. Inda nin á mili fora; eu.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu non dixen tal. Dixen "limpeza de sangue" e debe entenderse cristián, non vasca. Ollo. Tal cousa (a vasquidade) é anacronismo nos séculos XVI e XVII, que era a época á que eu facía referencia.

Anónimo dijo...

Despois viñera o do vicepresidente do Goberno Vasco chamado Mario Fernández; ou un recorrente dirixente de EA no máximo nivel, Rafael Larreina Valderrama, case tan elocuente na onomástica o seu copartidario Juan Porres Azkona. Ou sexa, que ao mellor cómpre matizar algo o discurso.

Gustábame lembrar que programa era. Un nocturno, na TVE de hai anos, con entrevista longa e música, ambiente escuro, agradable, luz indirecta sobre entrevistador e entrevistado; complexo, interesante, nada que ver coa penuria actual. Alí se viu e se escoitou a Ibarretxe. Tamén -quen quixo e buscou- na campaña electoral do 2001, aquela na que Ibarretxe, o PNV e EA lle pararon os pés, e de vez a Aznar: os primeiros que o fixeron, de forma terminante, concluínte, dando lugar a particular versión do "no están maduras" desde detrás do bigote.

Claro, de todo isto arestora non hai quen se lembre. É o que ten ser do PNV: durante un tempo es bo, mentres os máis malos teñen aínda perigo; despois chega o momento de tamén ser malo, Atutxa ben o sabe, coma Ibarretxe.

Xaime: ti sabes ben que Ibarretxe arestora non promove un referendo pola independencia. Sabes ti, calquera e mailos da pradeira que propón outra cousa; unha especie de compromiso entre os independentistas e os non. É máis, moito máis en todo caso, do que España en sentido amplo pode mentalmente tolerar.

Cousa que, xaora, non o afasta do centro da báscula con todo o feo que poida ser. Que tampouco non é tan grave: para guapos xa chegamos nós.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Tamén debería lembrar os acordos entre PNV e PP aló polo 1996, con Ibarretxe, conselleiro, se non recordo mal, de Ardanza, para a gobernabilidade do país. Se hai que sacar peito por parar a Aznar, hai que sacalos por apoialo antes. Ninguén tampouco non se lembra. Supoño que parte (e non pequena) desa España mentalmente non preparada, vive no País Vasco.
No tocante ao tema da limpeza de sangue, a bilbiografía sobre a presunción de fidalguía ou ascendencia nobiliaria das persoas procedentes do norte da península (non só vizcainos; tamén asturianos e montañeses), supostamente intocados pola inundación arábiga, é infinita.

Anónimo dijo...

E tanto que un se lembra; coma de que, xaora, o Aznar do 1996 (Azaña, etc.) coidábase ben de parecer o do 2001. O bigote mesmo levaba outra pinta, foi el quen chamou, de motu propio deu (¡o 30%!, seguimos lembrando) e recibiu pola vaquiña o que a vaquiña valía; para a gobernabilidade, xaora: ben sabe vde. como a palabra muda o xeito semántico, non sei se agora PP e PSOE teñen xa falado o de gobernar as tres provincias se dan os números.

Vexamos: que nas provincias vascongadas moitos non queren nin independencia nin Estado Libre Asociado (leva vde. razón: o de Puerto Rico supoño que figurará como precedente precautorio) é obvio; que iso leve a poñer a unidade, indivisibilidade e indisolubilidade como principio e límite político de validez xeral, universal e inapelable é outra cousa.

Por outra banda: desboto como de miña autoría a referencia entre o comando Bizkaia e Zumalacarregi; que se fose con Neanderthal igual non me chamaba tanto a atención.

Dígoo a ver se volvemos ambos ao trazado ferroviario único, de liñas distintas pero dalgún modo paralelas. E teñan boa tarde.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Desisto.

Anónimo dijo...

"Aportan mais as comunidades mais ricas, lóxicamasente, pero a riqueza non lla deben a Madrid, a quen pagán, senón que son un resultado económico das súas sociedades"(Karlos). Curioso...hai non moitos anos esta riqueza sería o resultado da explotación dos traballadores (galegos ou maketos en boa medida") e da apropiación das plusvalías pola patronal vasca...

Anónimo dijo...

Sr. Anónimo: Dígame, se fai favor, se coñece algún traballador por conta allea, en todo o mundo, que non sexa explotado e que non xere plusvalía.

Aínda lembro xornaleiros, en Lobeira, traballando practicamente pola comida.

E esas persoas foron para Barcelona, a xerar plusvalía e seren explotados, iso si, a troques dun salario.

Si, xa sei, son lugares comúns o que estou a dicir, mais Ibarra esquecía o latifundio estremeño cando acusou os cataláns de esplotadores.

Saúdos.-

Anónimo dijo...

Xa sei que Ibarra non é culpable da situación que herdou en Estremadura.
Pujol tamén non.
A culpa pesa ben pouco, e ninguén a quere levar...

Anónimo dijo...

Medela, e vostede ¿non será familiar de Mandela sequera por vía de rima? Porque eu, o día que o coñecín (a vostede, non a Mandela), día, por certo, inesquecible para mín e inesquecible no mellor senso do termo, pareceume branco, si, pero irreductible. Un loitador, un aizkolari das ideas. E, nunha carta póstuma que recibín de Jack Ruby, falaba dalgún xen retroactivo que o vencellaba a vostede con Jessie Owens (JJ.OO. 1936: jódete Adolfo).
E don Julito Mendela
o neto de Nelson Mandela?
Ou pode ser vostede o tío do Nelson dos Simpsons. Para arriba ou para abaixo, a xenealoxía é excelente. Que orgulloso ten que estar. Eu que son un simple descendente de Beatriz de Olay.

Anónimo dijo...

Non srMedela, non coñezo ningún traballador qeu non sexa explotado.Lembro aquel vello chiste polaco dos tempos socialistas que dicía: ¿Que é o capitalismo?- A explotación do home polo home...¿E o socialismo?...O contrario.
Pero iso das plusvalías e a explotación era o discurso do socialismo non hai moitos anos o que nos leva ou nos levaba, a conclusión de que os galegos emigrados tiñan un importante explotador: a patronal vasca (entre outros). Agora se falamos de pobos a cousa seica cambia moito...ou iso me parece a min

Anónimo dijo...

Estimado monarca Cintolo:
Sonlle branco, caucásico, coloradote do viño, con devanceiros en Lobeira, Bande, Betanzos, A Coruña, Irixoa, Oza dos Ríos, Palas de Rei, Mabegondo, Cambre, Vilagarcía de Arousa e Barcelos (por causa dun português de alí escapado).

Infelizmente, está demostrado que toda a persoa da chamada raza negra que habita nas ex-colonias británicas leva algún sangue da chamada raza branca, por causa das sistemáticas violacións das escravas. (Máis ou menos o que pasaba por onda nós).

De aí que tanto o sr. Mandela como o sr. Owens poidamos ter en común algún devanceiro dos lugares antes citados, se para Suráfrica ou EEUU en tempos emigrou.

Non presuma tanto de descender da barcelonesa Beatriz de Olay. Xa me gustaría a min ter unha tía avoa dese calibre, levala ás romaxes, á marathon de misas, esperar por ela na churrería Lolita, en canto no carrusel están a soar os Camela, e estou á conversa cun moinante deses que tan ben describiu o sr. Da Coba, cabaleiro dun triciclo con fotos de ‘chicas’ repoludas nos radios das rodas e estampas relixiosas a feito, pedindo outro quinto no auto-bar ao pé das voladoras (agora co Txikilikuatre), no pór do sol, en canto aparca un WV Touareg e baixa unha coruñesa cun estudadísimo desleixo que pide unha taza e fuma Ducados!!! ... E a tía avoa ordena regresar para Lobeira e paro en Molgas para mandar unha de licor e ela queda no coche e achégase un paisano da súa quinta e dá en preguntarlle quen e de quen e de onde vén sendo e dona Beatriz non dá aberto a ventá automática do coche e solta sen querer o freo de man e o coche espétase levemente contra o Touareg (tamén é casualidade) e a coruñesa sae acentellada dunha enorme casa e leva un traxe comprado nos senegaleses que lle acae de tal xeito que nin Carolina de Mónaco estaría máis elegante e ao cabo a tía da coruñesa é lectora de Beatriz de Olay e non pasa nada, porque o tío da coruñesa é sobriño político de Millán Astray e ceamos todos (ensaladilla e embutido do Pincha Precios) e a tía da coruñesa convida a café na esplanada por diante do balneario e case esquecemos o incidente e coa coruñesa andan dous nenos pequenos... Ninguén se atreve a preguntar se son seus, se é casada, separada, viúva, anulada, arrexuntada.
Maldita mentalidade poliédrica!

Anónimo dijo...

Cona, Medela: o parágrafo ben podería estar asinado por Pierre Muchon ou James Joyce. Sen signos de puntuación e cun ritmo que nen José Vélez hai trinta anos. Pero, nise aluvión creativo, houbo un "clic" que case me fixo chorar: Camela. Eu penso agora, mentras escribo: ¡¡¡Camela rima con Medela!!! ¡¡¡Como Mandela!!! Bea(triz) é muller que xa vivíu dabondo (se é que se pode dicir que alguén vivíu dabondo): eu creo que na revista que vostede e máis eu adoramos, Lucía Etxebarría (Echebarría hai catro ou cinco anos) debería "omplir" o baleiro que a vella dama das letras (xa ve que son académico), e non falo da defunta Barbara Cartland, deixará cando, Deus non o queira, a chame o seu seno (e teño que buscar a fondo cómo carallo é o seno masculino). Caro monsieur Medela, non teña en conta miñas palabras e unha soa das súas andainas bastará para sanarme. Volo, mundare, tería que dicir vostede. Deus garde a Medela un sinfin de anos felices. Un bico para a miña avoa Beatriz de Olay... Bombay son dos paraísos... que a veces yo me monto en mi piso...

Anónimo dijo...

É certo, tanta rima consoante non pode ser máis que obra de Lucifer ou un piscar de ollos do subconsciente.

Desculpe, mais creo que Beatriz de Olay é mellor escritoria que a srta. Etxebarria. Danielle Steel, na actualidade, é insuperable.

Ouviu, unha pequena reflexión antes de ir durmir: Pasou o que pasou en Dallas, porque Jack Ruby se enlamou nas páxinas do Playboy no canto de obedecer a súa avoa e ler a Beatriz de Olay.

P.D.: A coruñesa de Molgas non é coruñesa nin de Molgas, mais existe. E o VW Touareg tamén.
Cintolo, seré monárquico por ti.


REVISTA NUNCA LIDA POR JACK RUBY. ASÍ FOI O QUE FOI

Anónimo dijo...

Admiro a hemeroteca que ten vostede. Seguro que atesoura a partida de nacemento de Rodrigo Díaz de Vivar, alomenos. Un Pan de los Pobres do ano 37, en subasta londinense, non baixa das 500.000 libras esterlinas e, ó ollas a portada, creame, signore Medela, sentín algo que só sentín hai anos cando abrín un libro de Paulo Coelho intitulado "A las orillas del río Piedrame senté y lloré". Título, por certo, que xa abondaba e ún non necesitaba leelo libro: con ese título-resumo poderíase facer unha tese verbo da novela de ese escritor que, se vostede mo pormite, acaso estea a mesma altura que Danielle Steel, Beatriz de Olay e Ana Rosa Quintanilla de Onésimo. En efecto, se nas máns asasinas de Ruby, más de corenta anos atrás, estivese ese exemplar (ou outro) da revista en cuestión, en vez de matar a Oswald, suicidaríase, penso eu. Son as cousas dos mártires e máis dos asasinos.

Anónimo dijo...

Maxestade: Non sabe o que acabo de rir cos seus comentarios sobre o noso querido espectro Ruby. A transformación do impulso asasino en pulsión suicida.

jajajajajajajajajajajajajajajajaja

De todo o modo, pode estar certo de que as nais e esposas italo-americanas dos que ordenaron a Ruby(seguindo o escalafón de arriba para abaixo) matar a Oswald, ou sexa, Giancana, Trafficante, talvez Hoffa, eran ávidas lectoras da versión americana da nosa amada revista, de misa diaria, comuñón semanal, rosario vespertino e sólidos costumes sicilianos.

Ouviu: Nese olimpo literario (Danielle Steel, Ana Rosa Quintana, Paulo Coelho, Ana Botella, Peñafiel) esqueceu vostede o Petrarca de Monument Valley: Keith Luger.

O Cid era a versión mediévica de Zumalakarregi, que por súa vez era a versión decimonónica da sra. San Gil. Tiñamos en Lobeira a súa partida de nacemento, mais estaba en euskara, non a entendía e lembro que a miña avoa envolveu unha ducia de ovos con ela, non sei se eran (os ditos ovos)para unha afillada dela en Barcelona, talvez Barberà del Vallès...

Dame veneno que quiero morir
Dame veneno...

Anónimo dijo...

A existencia de ETA, non pode paralisar os procesos democráticos de decisión, Xaime, imaxinese que comodo sería entón evitar un proceso de autodeterminación.

Anónimo dijo...

Paralisar non se paralisa pero fode...

Anónimo dijo...

Dado que vou estar ausente úns días, primeiro en tettas de Castrelo de Miño (non: non hai bó viño alí digan o que digan as lendas) e logo (ou sexa, logo dispois) polo interior de Portogallo, deixo o meu ata logo ó amigo Medela e ós demáis contertulios. Medela, aínda hai esperanza na literatura, non sexa pesimista. ¿Que me di de Antonio Gala, por exemplo? Unha aperta.