19 sept 2008

Como todos…

Como todos os profesores eu tamén me queixei máis dunha vez das partes máis ingratas do meu labor profesional: corrixir exames, longas xuntas insufribles, algún problema con algún alumno (moi raramente), etc. Non son dos que se queixan a cotío e en xeral estou, sempre o estiven, moi satisfeito coa miña condición docente e a relación cos compañeiros e cos alumnos/as.
Por iso onte estrañei o inicio do curso, poden crerme ou non, pero así foi. Agora non sei o que tardarei en reincorporarme ás aulas, pero faríao xa (fareino, cando sexa) moi feliz.
Dende aquí un saúdo a todos os compañeiros/as (algúns achéganse de cando en cando ó blog) e tamén para os alumnos/as. E repito as grazas a todos os compañeiros e cargos directivos que me chamaron nestes días.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Amigo Marcos: tome esta canción como un agasallo para levantar ese ánimo: Vinicio Capossela. Un bico de setembro.

Anónimo dijo...

Veña, Marcos, moi cedo voltará vostede a manter esa relación tan importante entre alumnos e profesores. Seguro que eles o botan de menos e, como dixo vostede no blog, "a vicevérsica". Unha aperta e antes de que chegue o inverno, ata podemos beber xcuntos un vinho coua que, extranamente nesta cidade, nunca fixemos.

Anónimo dijo...

Marcos: estás a prolongar o reparador lecer estival; tómao co gozo posible. E unha aperta.