19 sept. 2008


Xenofobia.
sábado 19 setembro


Unha vez máis, rexistrouse unha agresión xenófoba no metro de Madrid. Nesta ocasión foi contra unha moza peruana. Primeiro, un mala besta racista que se botou contra dela a golpes; despois, dous gardas de seguridade e seica a propia revisora do metro no mesmo plan. Catro persoas contra a moza, a berrarlle e a humillala. Retida dúas horas sen poder pedir axuda. “Sudaca de mierda! Que venís a quitarnos el trabajo a los españoles”, seica dixo o agresor, entre outras cousas. E o meu cerebro recolle a carpeta de información dunha recente intervención de Mariano Rajoy falando da inmigración e culpando ós inmigrantes do paro e da crise. Se eu fose o líder do partido da oposición, con moitos millóns de votos detrás, daríame moito medo estar a dicir nas rodas de prensa o mesmo que berran estes descerebrados mentres agraden a unha moza peruana.

6 comentarios:

Contra-información dijo...

Penso que nese tipo de ataques sempre hai un compoñente engadido ao racismo. Ninguén vai pola rúa insultado a xente só porque pertenzan a unha determinada raza.

marcos valcarcel dijo...

pode haber matices e compoñentes egadidos, pero hai persoas ás que o racismo xa se lles ve na mirada, sen necesidade de berrar nada...

arume dos piñeiros dijo...

Expresións que andan perto destas poden atoparse nunha conversa calquera nunha vila calquera de Galicia con nomes e apelidos: "Primeiro que haxa traballo para os da casa". Non sei que fan eses da casa cando precisan traballar noutros lugares. Pero si sei o que pensan dos que veñen de fóra a traballar alí.

apicultor dijo...

O problema das actitudes racistas e/ou xenófobas é que están baseadas en estereotipos e en "falacias populares" que reducen a realidade até simplificala da forma máis groseira, co que se crea o chibo expiatorio de todos os males. Son, por iso, moi renuentes a unha crítica racional que sexa social e culturalmente eficaz. Se, ademais, lle xuntamos a utilización e manipulación política do fenómeno migratorio, o asunto convértese nun problema difícil de resolver, desgrazadamente.

arume dos piñeiros dijo...

Nin que o profetizara: e no mesmo sitio que eu dicía.

El encargado de una contrata de las obras de la autovía Ferrol-Vilalba, un joven de origen marroquí, fue gravemente herido de una puñalada en la cara por uno de los trabajadores. La agresión, con claros tintes racistas, se produjo la noche del pasado jueves en el bar de As Pontes donde los empleados comen y cenan. El corte le llega desde la oreja a la boca, en el lado izquierdo de la cara, produciéndole una importante desfiguración.

La jueza de guardia en Ferrol accedió a la petición del fiscal de enviar a los dos sospechosos a la cárcel, acusados de un delito de lesiones agravado por deformidad. Se trata de Jesús Martínez Lomba y Raúl Casaleiro Giráldez, del sur de Galicia, que han ingresado ya en Teixeiro. Según lo declarado por el herido, Jesús lo sujetó contra un coche mientras Raúl le asestaba el golpe de navaja. Según el joven Mohamed, de 27 años, que no quiere que se conozca su identidad completa por el descrédito que tendría en su familia en Marruecos, la relación laboral con los dos agresores desde que llegaron a la empresa fue una verdadera pesadilla para él. Lo han vejado, lo humillaron en varias ocasiones por su condición de marroquí y musulmán, siempre porque como encargado no les permitió utilizar un vehículo de la empresa para sus fines particulares. Ha llegado a pasar miedo, dijo también, por las provocaciones. La discusión, según varios testimonios, comenzó cuando los dos acusados reclamaron al empresario unos salarios atrasados, a lo que el patrón se negó porque, al parecer, habían faltado al trabajo.

Ellos pretendieron retener a Mohamed, cuando se lo encontraron por la noche el día de autos, por lo que él cogió su teléfono móvil para llamar a la Policía Local. Fue entonces cuando ambos se dirigieron al encargado para herirlo con saña. En su descargo los dos denunciados declararon a la Guardia Civil que habían bebido y, en un primer momento, negaron la autoría. El Código Penal prevé penas de tres a seis años de cárcel para este tipo de delitos. Mohamed fue asistido en el hospital de Ferrol.

Anónimo dijo...

Como dijo Don José Blanco (Psoe): ¡Márchese, Señor Rajoy!