19 sept 2008

Unha carta que non vai arranxar nada

A serpe traía cola. Steiner pide perdón nunha mensaxe cargada con dinamita
O racismo lingüístico aumenta en Europa, segundo a Axencia para as linguas minorizadas e a desculpa de George Steiner non mellora as cousas
XABIER CORDAL en Galicia Hoxe 20-9-08

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa son dúas persoas, con Xabier Cordal, que outorgan ao blogomillo un poder extraordinario. Pero dame a impresión de que neses comentarios subxace a idea de que Internet é un medio alternativo ou sucedáneo. Hoxe mesmo, Internet é o medio. O outro si que é secundario.

Anónimo dijo...

Combativo artigo de Xabier Cordal a quen leo sempre que podo, par min que é unha das figuras intelectuais mais interesantes que temos hoxe en activo, no pais.

Non creo que non arranxe nada a rectificación de Steiner, de feito é un inicio de restauraración do recoñecimento que antes negou. Fixoo pola presión exercida dende Galicia, pola forza dos nosos argumentos. O peor, o lamentabel sería que non ocorrese esa rectificación porque nos situaría nunha insignificancia perigosa e nos faría dubidar mais da conta sobre o noso existir no mundo. Se algún escritor galego se cruza algún día con Steiner, estou seguró que operará beneficiosamente esta rectificación. O caso quedou pechado e con Steiner reconducido cara nos.

Cousa distinta é a ofensiva españolista que estamos a sufrir e para a que compre pertrecharse, afinar os argumentos, templar as estratexias e armarse de valor.


Outra cousa é

Anónimo dijo...

Non se lle pode pedir máis a Steiner do que pode dar. Pediu desculpas ao seu xeito, o que non é pouco. Dubido, con todo, que fose consecuencia de ningunha presión desde aquí. Os ecos da mesma chegaríanlle moi esvaídos. A pesar de que o mundo é global, distan aínda varios mundos entre "alí" e "aquí".

Anónimo dijo...

Arume é interesante o que di, eu teño a impresión de que o que ocorre no blogmillo acada verdadeira publicidade cando a prensa dixital e, ou impresa o salientan, dalgún xeito teñen o poder de oficializar o que no blogmillo ocorre, dándolle o ranto de noticia. Sen a súa intervención é como se subsistise como mero rumor, polo que aprecio unha xerarquía. O blogmillo paréceme un medio intersubxectivo moi fluido, pero os medios oficiais seguen a detentar o carimbo da obxectividade.

Anónimo dijo...

Para os "buenistas" que cren que "todas as linguas/culturas son respectables", aí tedes: o que conta é a "pela". Steiner ten editor catalán. Invítano a Cataluña, chupa da cano(i)a das conferencias "y se lo lleva calentito". Nestas condicións, a cultura catalana é macanuda e todos os demáis somos pobretóns, chauvinistas e separatistas (xa nos gustaría!), e canto máis lonxe de "Uropa" esteamos, máis chauvinistas e cativos literariamente seremos.

Se tiveramos un algo de autoestima como pobo, mandariamos á merda a este suxeito e aos que lle dan cobertura no País de la Españas. Directamente. Sen desculpas.

Anónimo dijo...

Primeiras consecuencias da política de Galicia Bilingüe: hoxe na presentación xeral do primeiro curso na FFT varios alumnos (dous ou tres) preguntaron se é verdade que na Universidade de Vigo "obrigan a falar e escribir en galego".

Anónimo dijo...

Nas Landas, fermosa paisaxe anodina, adoitan cebar ocas co procedemento xa sabido de meterlle pola gorxa cun tubo toda a graxa que ature e aínda máis. Coa firme determinación de que o foie estoupe e poida ser obxecto de fina celebración nos restaurants à la page.

Anónimo dijo...

Mmmmmm, se nos se fai eso cunha oca, que se pode facer aparte dun xogo igualmente anodino???? Os franceses: ese si que saben vivir (algúns, alomenos). Aínda que verdaderamente o foie bó é o de canard (enchaînné, se pode ser).

Anónimo dijo...

Aiquí ten unha explicación verbo do simbolismo do xogo da oca:PREMER.

Anónimo dijo...

Si navega por esa páxina, atopará curiosidades como ESTA. Quen sabe si os petroglifos non son a primeira versión do xogo, tendo en conta que o "Camiño de Santiago" pode resultar da cristianización de algún rito moito máis vello.

Anónimo dijo...

Na páxina hai moitas curiosidades, que seguro que xa coñecen:

¿Cabe preguntarnos si las migraciones de las Ocas, marcaron un camino que seguía la Vía Láctea o Camino de las Estrellas y los Peregrinos lo usaron como guía para llegar a Santiago.?
Parece lógico pensar, que los peregrinos, seguían las indicaciones naturales para guiarse hasta Santiago, siguiendo de día el Camino de las Ocas y de noche el Camino de las Estrellas
Los antiguos peregrinos, no disponían de Mapas ni Guías y se movían en un mundo hostil, marcado por la existencia de: múltiples reinos, señores feudales, diferentes idiomas, religiones y costumbres, basando su peregrinación en el auxilio de: Iglesias, Monasterios y Refugios. La información oral, transmitida se basaba en puntos de referencia, que tenían que ser localizados y en el recorrido a través de unas sendas señalizadas por elementos astronómicos, geográficos o migratorios : Camino de las Ocas, Camino de las Estrellas....
A lo largo del Camino, es frecuente, encontrar el símbolo de la Pata de la Oca. Se supone, que era uno de los símbolos usados por los Maestros Constructores de la Iglesias y Catedrales.

Anónimo dijo...

Sabe Deus, digo ARume dos Piñeiros, si será certo esto que di de Quevedo:

"La sorpresa, ha sido comprobar como el Juego de la Oca, señala la Etapa 20, León - Villadangos del Páramo de elcaminoasantiago.com.
Si la cárcel se encuentra en León, el único lugar al que puede señalar, es al actual Hostal de San Marcos, levantado inicialmente como Hospital de Peregrinos y cárcel.
En el siglo XVI, se reconstruyo dotándolo de una impresionante fachada plateresca que aun hoy podemos observar.
San Marcos de León: Inicia la actividad como Albergue de Peregrinos en 1442, bajo la Orden de Santiago. Existen documentos, que muestran las inspecciones realizadas, demostrando un lamentable estado, lo cual fue objeto de preocupación de los Reyes Católicos.
Más tarde fue prisión y por allí paso Quevedo, para dar cumplimiento de las penas impuestas por sus Sátiras.

Anónimo dijo...

Gracias pola información. A páxina que cita vostede é moi interesante; ademáis, os símbolos de hoxendía (a vella vieira transformada en radios marelos sobre fondo azul, esas teselas que indican o camiño) mesmo parecen pés de oca (salvando o número deles: mais semellan a marca dun palmípedo). Gostoume moito o enlace que vostede meteu na súa (esclarecedera) parrafada.