13 sept 2008


ourensáns no seu recuncho gloria vidal suberbiola
«Unha cousa é a educación e outra o ensino. Un profesor de matemáticas pode dar valores»

19 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu, como son da vella escola, penso que á idem. lle corresponde sobre todo o ensino, e ás familias a educación. Sobre todo, pero non exclusivamente.

Anónimo dijo...

De cousas do ensino.
Onte asistín á inauguración do curso escolar no CPI da Ponte.
Estaba Touriño e toda a plana maior. O acto, tópico -como non podía ser doutra forma- e case preelectoral. Aos cativiños abríaselles a boca e falaban entre eles de cousas serias -non me empuxes, dáme un caramelo, qero pis, mua...- mentres falaban os xefes. Despois tocou unha nena unha peza nun piano -moi ben- e xusto ao acabar, cutre de min, encontrei na porta cando saín, antes de marcharen os xefazos, un camión cargando o piano. "Alquiler y transporte de pianos, La Coruña".
Se cadra hai algúen tan zote que repare no artigo do topónimo. Pero o importante é que se aluga un piano en coruña para usar 2 minutos en Ourense. ¿Canto custou? Parecemos novos ricos. Eu nacín cutre ou fíxome a vida cutre, non o sei. Pero a pólvora do rei cómpre mollala para que non arda á mínima.

Anónimo dijo...

E a empresa esa que fai un seguimento da gratuidade dos libros de texto. Pero non lle saca traballo ós profes.

Falastes dela?. De quen ven sendo?.

Anónimo dijo...

Sr. Apicultor ¿como de vella é a súa escola? Porque esta separación entre ensino e educación eu creo que máis ben é cousa moderna, froito deste andacio de neoliberalismo e tecnocracia no que parecen ter caído as autoridades educativas (¿ou ensinativas?)

Curiosamente, a anécdota do piano que narra ETXE tamén nos fala dun corolario desa política neocon: o desprezo da educación artística porque, claro, non resulta nada útil, práctica ou rendable.

Chamoume a atención o artigo que publica hoxe EL PAIS: EDUCAR (páxina 29) porque o autor ven a poñer tamén o dedo na chaga dese falso dilema, neste caso refiríndose á Universidade, concluindo que non hai instrución ou ensino sen educación.

Xa que logo, non podo estar máis de acordo coa idea da miña amiga e compañeira Gloria.

Xabi.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu non entendo o do andazo de neoliberalismo na educación. O da tecnocracia podo entendelo, pero o do neoliberal non o vexo moito. No fondo, creo que empregamos o termo cun neoliberalismo ben notable.

Anónimo dijo...

Non é vostede cutre amigo Etxe, non, fíxase vostede nas cousas!.
E non se decatou do mobiliario, das alfombras roxas de do catering traido tamén de Compostela, entre outras lindezas.
Márketing, puro márketing, tamén seica elixiron as clases, as profesoras e o nenos de careto, "juapiño" que ían irrumpir no telexornal. Así andamos!

Anónimo dijo...

Só faltou que inauguraran o curso nun colexio privado, como fixo o príncipe Felipe coa súa filla. ¡Que vergonza!

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Polo seu interese, amigo Xabimusic, débolle dicir que esto xa o fixeron varias veces os xerifaltes de antano por estes pagos vigueses. Era concertado, iso si, o colexio elixido.
Curiosamente este ano o concello de Vigo convocou unhas bolsas para alumnos/as de 3º da ESO para ir aprender inglés a Gran Bretaña durante as primeiras semáns de outubro. Á convocatoria só podían concorrer alumnos/as de centros públicos. Convén dicir que non faltaron as críticas doutros vigueses, que levan os seus fillos aos outros centros e que consideran que tamén eles pagan os impostos á cidade. Que lles parece?

Anónimo dijo...

Sr. Arume, para min o mantemento desa dobre vía no ensino (público-privado) é unha das manifestacións dunha política educativa neoliberal. Máxime se o privado e pagamos entre todos.

Tamén creo que é importante que o profesorado vexamos e analicemos o que hai detrás do sistema educativo; que non nos deixemos reducir a meros executores e trasmisores de contidos empaquetados (en libros de texto)e recuperemos o caracter artístico, creativo e crítico da nosa doble función: educativa e instructiva.

Xabi.

Anónimo dijo...

Os neoliberais abogan polo cheque escolar: é unha das súas teimas. Supoño que como mal menor, ata que eliminen todas as alacabalas.

Anónimo dijo...

Alacabalas parece unha torpe xaculatoria. Eu quería escribir alcabalas.

Anónimo dijo...

Conversa real:

-E tí onde levas ó teu fillo?
-A ...(colexio privado).
- Pero vos os do PSOE, non abogades polo ensino público?
-Sí, pero un fillo é un fillo.

Anónimo dijo...

Menos mal que algúns dos representantes das institucións democráticas dan exemplo de defensa do ensino público. Velaí teñen aos papás da filla do principiño de Beckelar, futura xefa de estado do Reino de Esapaña pola graza da Constitución.

Anónimo dijo...

Xabimusic: A ver si fai unha canción dedicada ao galego similar a esta, dedicada ao francés. Vostede pode:PREMER.
Aiquí teñen a letra;PREMER.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non sei se vostedes están ao tanto do nacemento da Academia Pontificia Galega.. Aínda que habería que marcar que ten unha leve inclinación ferrolmindoniense.
A Auriense, para cando?

Anónimo dijo...

Fíxense qué maravilla, a pronunciación da Mireille Mathieu na mesma canción:PREMER.

Anónimo dijo...

Amigo XDC, se voste é quen de facer a letra eu podo intentar poñerlle a solfa.
Xabi

Anónimo dijo...

Eu podería intentalo, pero neste blog haille quen pode facelo moito mellor. Podemos organizalo como concurso.
O BLOG "UVAS NA SOLAINA" CONVOCA COCURSO PRÁ LETRA DUNHA CANCIÓN QUE EXALTE A LINGUA GALEGA.
ALgún voluntario pra redactar as bases?. Queñes poden formar o xurado?. Facemos unha porra pra o premio en metálico? .Ou buscamos espónsores?. Ou invitamos ao pulpo ao San Froilán ao ganador?.Fervan as ideas!.


Eu,participo.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Amigo XAbimusic: vexa aquí unha proba de que tamén inauguran curso en privados. Neste caso hai paliativos; trátase do colexio onde estudiou: Quintana en Xesuitas.