Pé do Guadiana, de Bieito Iglesias (ECG. 18-9-08)
Veño de pasar unha fin de semana no Baixo Alentexo, en localidades como Alcoutim, Mèrtola ou Beja, capital rexional. Comín carne de porco (preto) á alentexana e cocido de graos (bicos ou garavanzos), pero non é este país para famentos impacientes. O ritmo destas partes aseméllase ao do réptil aletargado nun terrario, baixo unha raxeira de sol que rebrilla nas casas caleadas. Cómpre esperar unha hora ou dúas desde que sentas na mesa ata meterlles o dente ás viandas. Os domingos pechan restaurantes e pastelerías, unha nugalla precapitalista apodérase de xentes intensamente morenas que non teñen moita ansia de recibir turistas portadores de virus perigosos, tales como a vertixe ou a ambición mercantil. En Mèrtola, desde a "alcaçova"outea o viaxeiro sobre as revoltas dun Guadiana que serpea con doce teimosía, alterado apenas por parrulos que atravesan as correntes con magnífico estilo natatorio, comparable ao do plusmarquista Michael Phelps.
E, xa en Beja, pode ascender a unha orgullosa torre de homenaxe erguida no século XIII polo rei-poeta don Dinis, ou visitar o museu rexional dedicado á memoria de soror Mariana Alcoforado, a freira portuguesa á que se lle atribúen escandalosas cartas de amor redactadas no século XVI. Fóra dos núcleos habitados, azazan coa calor eidos resecos punteados por aciñeiras vellas, oliveiras rateñas, sobreiros de tronco escascado e algún piñeiro manso de toro redondo, contrafigura do lanzal piñeiro pondaliano. No país inzan apelidos como Cadaval ou Janeiro polo que queda practicamente descartado que Jesulín Janeiro (de Ubrique) sexa da estirpe de Helena Villar Janeiro ou que os irmáns Cadaval (Los Morancos) garden algún parentesco con Quico Cadaval, o noso inspirado director dramático e maxistral contacontos. Estas terras están fortemente vencelladas á Andalucía Occidental por algo máis que as ombreiras ("paletillas") ou faces ("carrilleras") do marrán negro.
Tamén están unidas á Galiza por un liorto ben máís subtil: o idioma común.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
14 comentarios:
O do Baixo Alentexo parece moi atractivo. Aínda que sexa polo nome. Un dos máis eróticos que coñezo.
El pais:
Ante la avalancha de críticas que suscitó la entrevista que concedió George Steiner a El País Semanal el 24 de agosto, el filósofo envió un correo electrónico a EL PAÍS para que fuera remitido al Pen Club gallego; en el correo Steiner dice: "Como demuestra mi libro Después de Babel soy un apasionado defensor de las lenguas y literaturas minoritarias. Mi comentario irreflexivo fue una respuesta al chovinismo regional que amenaza ahora la unidad de España. Pido mis más sinceras disculpas". El Pen Club había protestado por lo que dijo Steiner en la entrevista.
Steiner había dicho que no se podía comparar el catalán con el gallego. "El catalán es un idioma importante, con una literatura impresionante. Pero el gallego, ¿por qué ha de ser obligatorio en una universidad?", se preguntaba el profesor de Cambridge. Afirmaciones que generaron malestar tanto en el Pen Club de Galicia como en otras entidades gallega
Medela non está, anda desaparecido, como quen diría desdebuxado, unha fortuna anunciada en forma de cartos infructuosos da faltriqueira da tía Macrina téno disperso, e esa e non outra é a razón que o manten lonxano da mundana colaboración néste foro, qué digo foro!, FARO noroccidental para tódolos incrédulos. Saude Medela, eu sei polo que estás pasando, outros pasamos antes e o noso destino no universal cambiou, cando din aquelo de "ós ricos párenlle os bois" non fagas caso, xa sabes das faladurías allaricenses, tí ben sabes como son, adiante Medela e volta, que este Faro egrexio sen tí non é o mesmo, ainda que fiques millonario, seguiremos a ser os teus amigos e inimigos, segundo conveña
Neste blog que veño seguindo dende hai tempo, hai algo que debía estar e non está: conversas sobre ciencia (bioloxía, física, neurociencia, xenética ...)
Das dúas culturas das que falaba Snow aquí falta unha. Letras dabondo, ciencia inexistente... ¿Non están interesados?
Pois comeza ti, anónimo cientista.
De certo que neste blog non se fala moito sobre ciencia, pero algunhas veces si: véxanse algunhas achegas de Xoán da Cova, por exemplo.
Penso que aos contertulios actuais non se lles pode pedir máis do que poden dar. Eu, por exemplo, sei moi pouco -ou mellor dito, case nada- de neurociencia ou de enxeñería xenética, polo que sería unha absoluta ousadía pola miña parte falar delas.
Agora ben, creo que interpreto o sentir de todos, se lle digo ao amigo anómino -e a calquera outro interesado- que se anime e que sexa el quen tome a iniciativa, suxerindo temas e desenvolvéndoos. Coido que Marcos Valcárcel estaría encantado de recibir colaboracións nesa liña e que as publicaría como posts. E os demais estariamos máis que encantados tamén de lelas para aprender.
Subscribo o asinado por Apicultor. O blog está aberto ás súas achegas sobre temas científicos, se nolas quere facer chegar.
¿Snow ou esnob?
Jesulín Janeiro si ten algo que ver cos Janeiro de Galiza pois seu pai é de Valdeorras, galego.
Snobs sómolos todos.
Parece ser que quere decir: sine nobile, sin nobleza.
Bueno ó mellor hai algún noble sen nós sabermolo.
Algo lin de eso algunha vez, obispo. Creo que era en Inglaterra. Cando matriculaban a algún alumno que non pertenecía á nobleza puñan na ficha "s.nob.", "sin nobleza". Eran despóis os que se comportaban de xeito máis afectado,pra asemellarse aos outros, remataban por facer o ridículo e chamábanlle "snobs". Si non me falla a memoria.
Referíame a colexios exclusivos, of course. Non me expliquéi ben.
E logho o apicultor xa se cansou de falar de política e por iso suxírese a falar de cuestións científicas sen que ocasionen efectos colateráis?
Os Janeiros de Ubrique teñen parentes en Beariz, e foron asímesmo toureiros en México, a maioría do gremio de picadores e algún banderileiro coma o coñecidísimo Desiderio Janeiro Fortes "El liebre", que como mérito indudable gabábase de non ser corneado nunca por detrás, dada a súa axilidade e limpeza no corte, nembargantes e posiblemente debido ó preponderante apéndice napial, sí tivo máis problemas nas acometidas frontáis.
Sr. Medela, eminente filólogo, será verdade éste derradeiro comentario sobre os antecedentes bearicenses dos Janeiro de Ubrique?, sería extraordinario, e máis de falaren o código "arxilés" dos canteiros da zoa con asento andalú.
Publicar un comentario