BREVÍSIMA CRÓNICA URXENTE E, POR ISO, POUCO ORIXINAL E ABONDO SUPERFICIAL, ADEMAIS DE PORQUE ESTE CORRESPONSAL NUNCA TOMA NOTAS
por Corresponsal (un amigo desta casa). Fotos de Pepe Trebolle.
Onte, venres día 17 de outubro, celebrouse no Liceo ourensán dous actos arredor da vida e obra de Curros Enríquez, mercé á recoñecida capacidade de Marcos Valcárcel para convocar a escritores e investigadores de toda Galicia. Neste caso de escritores e investigadores ourensáns cuxa maioría vive fóra de Ourense pero que gardan fidelidade ás raíces.
A Mesa Redonda foi convencional no seu formato, pero non por iso exenta de interese. ANTONIO PIÑEIRO, demasiado prolixo, expuxo novos datos familiares. SERAFÍN ALONSO PINTOS fixo unha correcta intervención contextualizando a obra de Curros dentro do Rexurdimento. Pola súa banda, AFONSO VÁZQUEZ-MONXARDÍN fixo unha moi amena e rigorosa exposición sobre a importancia das cidades da Coruña e Ourense na vida e obra do celanovés, adubiada de anécdotas significativas que cativaron o público.
A Cea Coloquio foi do máis orixinal. Despois dun refrixerio modesto pero acaído para a ocasión, tomaron a palabra catro grandes escritores ourensáns nun ambiente distendido pero atento.
O narrador BIEITO IGLESIAS, autodefiníndose ironicamente como “artista de variedades”, disertou sobre ‘‘Lingua e estilo en Manuel Curros Enríquez’’: o que nun principio comezou como unha introdución erudita á lingua e estilo, derivou nunha vizosa intervención sobre o galego popular ourensán que fixo as delicias dos asistentes.
O narador, poeta e dramaturgo MANUEL GUEDE OLIVA, baixo o título‘‘O meu Curros Enríquez’’, fixo unha personalísima disertación sobre a pegada do poeta na súa formación teatral, desde os tempos de Histrión 70 e a Agrupación Cultural Auriense até o Centro Dramático Galego, na que ecoou o ambiente político e cultural de mediados dos anos setenta.
O narrador, poeta e ensaísta FRANCISCO X. FERNÁNDEZ NAVAL introduciuse no enigma do ‘‘Curros protestante’’, achegando hipóteses suxestivas sobre a prensenza do evanxelismo na súa vida e obra, subliñando tamén a influenza de Curros na súa formación poética e ideolóxica: “Curros ten varios poemas imprescindibles para min”, afirmou.
O poeta LUÍS GONZÁLEZ TOSAR, declarándose currosián até a médula, abordou outro dos enigmas: “A Masoneria en Manuel Curros Enríquez’’, nunha intervención ben documentada e mellor artellada na que non faltou un arriscado anacronismo: “Curros sería un bolxevique se vivise na Rusia de 1917”.
JOSÉ MARÍA PÉREZ ÁLVAREZ (CHESI) tivo que ausentarse urxentemente e non puido intervir. Ao remate do acto, algúns dos interviñentes e do público foron tomar uns cafés e, baixo a invocación da lira do celanovés, a arranxar este mundo que anda tan desarranxado.
por Corresponsal (un amigo desta casa). Fotos de Pepe Trebolle.
Onte, venres día 17 de outubro, celebrouse no Liceo ourensán dous actos arredor da vida e obra de Curros Enríquez, mercé á recoñecida capacidade de Marcos Valcárcel para convocar a escritores e investigadores de toda Galicia. Neste caso de escritores e investigadores ourensáns cuxa maioría vive fóra de Ourense pero que gardan fidelidade ás raíces.
A Mesa Redonda foi convencional no seu formato, pero non por iso exenta de interese. ANTONIO PIÑEIRO, demasiado prolixo, expuxo novos datos familiares. SERAFÍN ALONSO PINTOS fixo unha correcta intervención contextualizando a obra de Curros dentro do Rexurdimento. Pola súa banda, AFONSO VÁZQUEZ-MONXARDÍN fixo unha moi amena e rigorosa exposición sobre a importancia das cidades da Coruña e Ourense na vida e obra do celanovés, adubiada de anécdotas significativas que cativaron o público.
A Cea Coloquio foi do máis orixinal. Despois dun refrixerio modesto pero acaído para a ocasión, tomaron a palabra catro grandes escritores ourensáns nun ambiente distendido pero atento.
O narrador BIEITO IGLESIAS, autodefiníndose ironicamente como “artista de variedades”, disertou sobre ‘‘Lingua e estilo en Manuel Curros Enríquez’’: o que nun principio comezou como unha introdución erudita á lingua e estilo, derivou nunha vizosa intervención sobre o galego popular ourensán que fixo as delicias dos asistentes.
O narador, poeta e dramaturgo MANUEL GUEDE OLIVA, baixo o título‘‘O meu Curros Enríquez’’, fixo unha personalísima disertación sobre a pegada do poeta na súa formación teatral, desde os tempos de Histrión 70 e a Agrupación Cultural Auriense até o Centro Dramático Galego, na que ecoou o ambiente político e cultural de mediados dos anos setenta.
O narrador, poeta e ensaísta FRANCISCO X. FERNÁNDEZ NAVAL introduciuse no enigma do ‘‘Curros protestante’’, achegando hipóteses suxestivas sobre a prensenza do evanxelismo na súa vida e obra, subliñando tamén a influenza de Curros na súa formación poética e ideolóxica: “Curros ten varios poemas imprescindibles para min”, afirmou.
O poeta LUÍS GONZÁLEZ TOSAR, declarándose currosián até a médula, abordou outro dos enigmas: “A Masoneria en Manuel Curros Enríquez’’, nunha intervención ben documentada e mellor artellada na que non faltou un arriscado anacronismo: “Curros sería un bolxevique se vivise na Rusia de 1917”.
JOSÉ MARÍA PÉREZ ÁLVAREZ (CHESI) tivo que ausentarse urxentemente e non puido intervir. Ao remate do acto, algúns dos interviñentes e do público foron tomar uns cafés e, baixo a invocación da lira do celanovés, a arranxar este mundo que anda tan desarranxado.
75 comentarios:
Botouse en clamorosa falta a presenza de dous ilustres ourensáns: Xoán da Cova e Medela.
En troques si estiveron: Lobo Neghro, Trebi, Etxe, Fonseca, ...
A inxustificada falta dos dous primeiros supón un baldón no seu expediente disciplinario e terá consecuencias futuras no seu réxime carcerario.
Teño a filla con febre, bastante febre.
Podo xustificalo testificalmente?
Levo desde onte ás tres da tarde sen saír da casa.
E lamento imenso non ter podido ir, para saudar, entroutros, o meu amigo Antonio Piñeiro, de Celanova.
Disimule, señor que pasa lista.
Queda vostede desculpado, amigo Medela.
E, para o que pasa lista, do núcleo ourensán tamén estaba Apicultor, pero creo que
non sae nas fotos.
Saúdos, don Marcos.
E como a pesar de ser galego non oculto os meus sentimentos, dígolle que é Vde. unha grande, grandíssima, grandessíssima persoa.
Ouviu, teño moita vontade de saber quen é o noso Apicultor. E en Lugo ninguén me quixo dar razón...
jejejejeje
Virxen santa que calva máis ominosa se me ve.
Cando escomenzou a caerme o pelo probei incluso con remedios nacional-populares.
Medela, non teimes en saber quen é o Apicultor, porque nunca o saberás quen é nin quen non é. O Apicultor non foi a Lugo, o Apicultor "estaba" pero "creo que non sae nas fotos", o Apicultor isto e o Apicultor aquilo, o Apicultor para aquí e o Apicultor para acolá. O Apicultor é o segredo mellor gardado das Uvas e calquer intento de saber quen é choca frontalmente co pacto de silencio establecido arredor da sua persoa. Eu creo que nin Marcos Valcárcel sabe quen é o Apicultor. O mais probable é que non exista e que sexa un espellismo producido polas Uvas excesivas en estado líquido. Amigo Medela, non te mates en saber quen é o que ao mellor nen tan sequer é.
Ufffffffffffffffffffffff
Élle ben sensato o que afirma, señor Anónimo.
Mais non perdo a esperanza de coñecer----
*Apicultor
*Doninha
*Marcel Swann
*Etxe
*Eu Mesma
*Leituga One
*Un dos anónimos
*Vostede
asi que o da calva? jajaja, mira quen ven sendo o lobo neghro!, home, como lle deu por identificarse así? isto vai indo, xa sei quen é api e quen o lobo, vou poñer un posto de venda de información nun blog da competencia
De verdá que eu a todos os emboscados, comezando polo Apicultor e rematando pola calva de Lobo Neghro, ademais de a todos os participantes nesas mesas-cheas sobre o tovarich Curros, sobre todo o Chesi que non estivo, a todos eles, digo, vounos mandar eu a un gulag en Siberia a -40ºC pra que saiban o que é bo.
Pois eu, ao contrario do lobolercho, son pouco dado ao lercheo. Unha vez, un amigo que é un lince nisto de desenmascarar identidades díxome que sabía quen era o Arume e que se quería... Non lle deixei acabar a frase e respondinlle que non quería saber quen era o Arume, que eu prefería que as cousas fosen así como son e que para min o Arume real era este que aparece baixo o seu alcume. Para min o Arume é este, díxenlle, o outro non existe. E espeteille para rematar: Imaxínate que me dis quen é, que o coñezo e que logo levo un nabo, que? Que pasa, paga a pena levar un nabo así de grande podendo ter esta imaxe tan boa que teño del a través da pantalla? Home, non me fodas. Outra vez, outro amigo que coñece moi ben o ambiente literario de Ourense díxome que coñecía o Chesi e que, sendo eu un lector dos seus libros, que se quería que mo presentaba, que era un tipo estupendo e que se pataquín e patacán. Negueime en redondo. Prefiro ler os seus libros e coñecelo a través destes, porque pudera ser que... Que non e que non, que o Chesi non ten por que saber o rostro que temos os seus lectores. El que escriba para nós pero que non queira saber nada de nós. Esta moi ben iso de coñecer os escritores e que che boten a firmiña o día da presentación do libro, pero iso non vai comigo e así non teñen que perder o tempo. Por iso que cando me din que se o Medela é o segundo pola esquerda ou non sei que, eu non fago caso e miro para a dereita. Como vai ser o Medela o segundo pola esquerda se o Medela non é de esquerdas? O Medela, que eu saiba, e un grande tipo, escritor torrencial, galeguista histórico e que sei eu, pero de situado á esquerda nada de nada. Así que comigo non contedes para o lercheo. Eu sei moi ben de quen teño que facer caso. E que o Beria ou Beiras en Siberia se poña como queira e me ameace cos -40ºC. Home non.
Sabia reflexión a anterior, abofé.
Ovella branca, na escola de espionaxe ensínannos técnicas de manipulación. Obviamente foi unha maniobra de confusión interesada, o da calva.
Había unha segunda intención, que ninguén seguíu. Era o de divulgar o remedio nacional-popular para a queda do pelo da cachamea.
Un día, antes de que Dacova fose Dacova, cando era él mesmo, acuseino de inventar noticias na televisión que se montaron.
Porque Dacova exerce de xornalista entrevistador nunha televisión "ácrata" ou que non ten nome.
Lembre Dr. Marcus a encerrona no que o meteron. O Dacova non , o xefe.
Retrucoume o noso Dacova: "acaso eles non inventan tamén ?". Eles son o Bush, os ghobernantes, as axencias de espionaxe, os sectores económicos.
E non vexades como sesgan os xornalistas. Hai un montón de estudos da "ideoloxía" do "corpus de periodistas".
Ovella branca, lembro o que fizeron os Ingleses antes de exterminarnos.
Crearon unha raza de can con forma de "auvella", redondiño como unha "auvella", con aspecto de ter lá por fora, pero ferocísimo por dentro.
Cando atacábamos os rebaños aparentemente desguarnecidos fuxían as "auvellas" e de entre eles emerxían unha casta de cans feroces a facernos frente. Os BobTail. Puta que os há de parir, vendidos colaboracionistas.
Concordo con lercheo never more. Aquí estamos para o que estamos.
Eu tamén concordo. Como dicía Torrente: mariconadas, las justas.
Pero, si, si, quen ven sendo Lercheo Nunca Máis?
eu
Coido que o que é un galego de Barcelona (non confundir con Marcel Swann) que é un gran apaixonado da literatura e que xa outras veces ten aclamado aquí a obra de Caneiro, ademais de ter un sentido moi cáustico das cousas. Tamén ten botado, como ten que ser, os seus dardos envelenados cando lle parece. Un tipo con criterio propio, paréceme a min.
Señor Apicultor, se ese do "lercheo nunca mais" ao que vostede se refere é o tal, eu, que o coñezo ben, pódolle dicir que leva algo de razón no de "apaixonado" e no de "sarcáustico", e que non a leva en absoluto no de "ten aclamado aquí a obra de Caneiro" (aquí non a ten aclamado nunca, noutros sitios si; el as veces que ven por aquí, que non son moitas, non é para aclamar, proclamar, declamar, nen reclamar nada, se non que ven para divertirse un rato con catro chorradas que se lle ocorren e non para opinar, etc.) nin no de "un tipo con criterio propio" (que carallo vai ter criterio propio, se non sabe o que é iso). Se o saberei eu. E dos "dardos envelenados", que quere que lle diga. Polo que eu sei, que o sei case todo sobre el, ao Medela, Arume, Da Cobra, Chesi, etc, sempre llos ten botado con todo o cariño, despois de os desinfectar ben desinfectados. E a vostede tan mal tampouco o ten tratado. Hai que deixalo por imposible, como ao Medela e a algún outro. Son como nenos e os nenos o que queren é xogar. Que se lle vai facer.
Eu non sei quen son, acaba vostede de animarme. A media tarde pensaba ter que retirarme deste fiadeiro porque non entro nos cánones.
Como vostede fala de nenos, xogo, e eu o relaciono por outra banda con creatividade, inmadurez, aghora véxome representado e penso que teño un cantinho.
boh, coñecémonos ata polo cheiro, son moitas horas compartidas acá e acola
Pois daquela acertei, amigo eu non sei quen son/lercheo nunca máis. POlo que a min fai, veña todas veces que queira, que aquí non vai desentonar para nada: hai que deixarnos a todos por imposibles e tampouco temos un criterio propio (qué raios quererá dicir "criterio propio"). Saúdos pois.
Señor Apicultor: Cada vez lle entendo menos o que está a pasar.
Ouviu, se os "Marillion" do concello de Buckingham sacan un disco coas súas obsesións sobre a infancia, a crítica mándaos directamente para o Parnaso.
Se un de Lobeira está obsesionado coa recuperación da súa nenez, non falta quen diga que hai que deixalo por imposible.
Vostede viu outra, amigo??
jeje
O anterior son eu.
Unha de dúas:
*Os "Marillion" teñen patente de corso.
*Os "Marillion" non son de Lobeira.
*Servidor non vén sendo de Buckingham.
*Servidor non ten patente de corso.
*Servidor é de Lobeira.
*Logo, Lobeira non é o mesmo que Buckingham.
*Daquela, un de Buckingham pode facer e/ou dicir cousas que un de Lobeira non pode facer.
Help me, Apicultor.-
Bótase de menos ao amigo don Xoan. Ten que contarnos aquel mítico recital de Al diMeola no Latino.
Amigo Medela: a súa musa cun decolleté fastuoso: Liz Hurley.
Arume: Que nivel!!!
Que lle parece se falamos con ela para que sexa a madriña do III Contubernio Costumbrista Psicodélico das Uvas??
Recén chego de pasar o fin de semana coa dona ,por aí.
Noite de sábado , viños e copas, con amigos.Conversas agradables e "tertulias literarias".
Efecto colateral do alcohol: un "Eureka!" que me fixo coñecer a identidade femenina de algún nick do blogomillo.
Aloxamento, con anécdota. Por favor, non vos riades:
Chegamos a un hotel, no entorno de Tui, do que somos clientes habituáis. Tras aparcar o coche, e desde o exterior, oímos que os animadores dunha boda que se celebra no salón, comunican polo micro ós invitados : " Saiban que Miguel Bosé, de camiño cara unha actuación en Lisboa, pernocta esta noite neste hotel, e cantará unha canción sorpresa pra todos vostedes, tomando unha copa cós invitados de esta boda". Eu iba algo "alumbrado" de "mojitos", e creín que a cousa iba en serio, pero a miña dona, que bebera moito menos, dixo que tiña que ser unha broma. RExistrámonos en recepción, e subimos á habitación. Xa estabamos na cama, eu dormindo a "trompa" contra o barullo da música do baile , cando sinto que ela se viste apresurada e ruidosamente. Medio dormido, pregúntolle qué pasa. Escóitase a voz de Miguel Bosé cantado "Amante Bandido", con pequenos cambios na letra. Ela berra, alterada :"Era certo!, está Miguel Bosé!". Eu dígolle que me importa un pito o tal Bosé, i ela contesta: "Tú, quédate aiquí, que eu baixo pra velo". Vístome eu tamén, medio "zombie", e acompáñoa pra que non vaia sola. Cando chegamos ao salón da boda, todos os invitados corean a un simpático familiar dos noivos, "con síntomas evidentes de embriaguez", que imita a duras penas a voz e os xestos do famoso cantante, sobre unha secuencia de "karaoke". Quedamos parvos, e subimos á nosa habitación. Xuramentámonos en non contarlle a ninguén semellante metedura de pata.
DOmingo de sol por terras portuguesas.
Outro día conto o de Al di Meola, ARume.
Lobo Neghro, o de Marcos na cadena local de TV (que SÍ ten nome),non foi unha "encerrona". Foi ,sinxelamente, unha torpeza do entrevistador.
Este último,chamárame un par de días antes pra preguntarme quén podería falar no plató da guerra civil en Ourense. Eu dinlle dous nomes que me viñeron á cabeza nese momento: Marcos Valcárcel e Jesús de Juana. Preguntóume si tiña os teléfonos e díxenlle que non, pero dinlle indicaciós pra conseguilos de xeito doado. Non soupen máis do tema hasta que se emitíu a vergonzosa "entrevista". Puxen a parir ao entrevistador, polo xeito trapalleiro de comportarse. Teño a suficiente confianza con él como pra eso. Defendín e xustifiquéi a reacción do Marcos, como é obvio.
Por outro lado, as moitas ou poucas persoas que vexan as miñas entrevistas nese canle ,saben que o meu estilo non ten nada que ver con ese.
Vai o entrevistador e preghuntame: "Que sabes de Marcos Valcárcel"?.
Informei do pouco que sei, obxetivo. Interesáballe a política. Que eu saiba é notorio que tanto Marcos como o dr. Etxe veñen do "psg", do Camiliño.
O entrevistador seguía: "É comunista"?. Home eu penso que máis ben é socialista.
-"O sea que é comunista".
- Non home , marxista non é, que eu saiba. Nunco debeu ser marxista se eso é o que queres decir.
-"Pero é malo verdade?. É unha mala persoa, verdade...
E así seghuido.
Está ben ser ácratas, incluso disculpo o de "inventar noticias", posto que a realidade non é real, é percibida e imaxinada, pero tal como se levaba era querer ter un chivo expiatorio. Non sei para que.
Os chivos expiatorios eran para expiar os pecados de Israel, pero este non sei para que era. Se queredes nomes de persoas malas douvolas abondo.
Aínda hoxe gustaríame saber que era o que buscaba.
Ate jà.
Lobo Neghro:
Se conoceras a esa persoa a metade do que a coñezo eu, saberías que esas preguntas e comentarios fainos prácticamente de todo o mundo. Tamén saberías que é un "picapleitos", que se divirte patolóxicamente en enfrentar á xente, e que moitas veces critica gratuitamente a alguén pra sonsacar ao interlocutor. É "un putas", nas suas propias palabras. Pero no caso concreto do Marcos, repítoche: non foi máis que unha trapallada máis das suas.
Está ben.
Vouno conocendo.
FAime moita graza cando deixa que se lle abra a boca dediante das cámaras.
Está convencido que nas próximas municipais sacades un concelleiro.
Infelizmente en política dous máis dous non son catro.
Une autre chose, mon ami, depuis longtemps, Le Loup Noir. Les personnes, comme vous, qui ont toujours regardé la realité a travers des lunettes d´une option politique concrette , même aux temps du Lycée, ne comprennent bien aux gens, comme moi, qui votent quelques fois PSOE, quelques fois PP, quelques fois BNG, ou bien ne votent pas du tout, de temps en temps. C´est trop facile pour vous dire de moi que je suis "ácrate", mais je ne suis que "le citoyen moyenne", le citoyen dont sufrage les politiciens se disputent .
(Je vous me remercie de la correction du texte. J´en ai besoin pour meilleurer mon franÇais. MErci, monsieur le prófesseur).
Eso de abrírselle a boca, e moitas máis cousas surrealistas das súas, fainas adrede,LObo Neghro. Pensa erróneamente que todo o mundo ten o senso do humor, cuantitativamente e cualitativamente,que ten él. No fondo é un humorista frustrado, que é o que realmente lle gustaría ser.
No de sacar un concelleiro, eu non apostaría nada en contra de eso. Hai xente que ,cando se lle mete unha cousa na cabeza...E ,"xente lunática" e descontentos da política convencional, haille cada vez máis.
Mon ami Jean DC, je comprís on que ti dis e je suis completement d´ acord.
Onte, nun dos programas do lunático amigo de XDC, tiraron de programa do festival de cine de Ourense (responsabilidade da concelleira de Cultura, do BNG) e demostraron que era unha monumental chapuza con innumerables erros xa desde a propia portada.
O máis esperpéntico era o plano da cidade, con rúas cos nomes mal postos ou traducidos a un castelán macarrónico-alucinante e no que faltaban os lugares máis significativos da cidade.
Seica lle encargan o programa a unha empresa de León, tal como viña facendo o PP, e o plano foi copiado de Google e mal adaptado polos empregados desa empresa leonesa.
Por suposto, a concellería de Cultura nin se parou a revisar o folleto. O resultado: unha chapuza máis.
O amigo lunático de XDC tiña, neste caso, toda a razón: son uns incopetentes que non merecen o soldo que cobran.
Iso si, na clausura do festival o tenente de alcalde do BNG tirou dos seus coñecementos de gran visionador de DVDs e fixo todo un alarde de coñecementos de cinema clásico, citando películas e directores. Un pouco esaxerado e impostado para o meu gusto, pero nada que obxectar.
Agora ben, non estaría de máis que tamén revisase o programa para que fose digno e non unha chapuza. Os cidadáns páganlle por iso, por facer ben o traballo, e non para que vexa moitos DVDs.
Parece un malvado frère Jean. Precisamente eu nunca mirei a realidade coas lunetas-óculos dun determinado partido, e así me foi.
Sobro.
Paradóxicamente pódese decir que o meu espectro de voto móvese entre os partidos que vostede cita, inclusive pp (solo que este foi unha vez na que non me conviña un pacto psoe-bloque ). Non me amole.
Nunca tiven disciplina. Testemuña: o Benitiño da casa da xuventude. Aínda eu ben non sabía que era eso da disciplina, representando eu ó departamento da xuventude da UGT na casa, ocuríuseme votar como a conciencia me indicaba en contra dos demáis compañeiros uxetistas. O Benitiño alucinaba. Caeume un rapapolvos de moito cuidado "na cosa nostra".
Non vexa vostede como sobrei de moitos sitios.
En canto ó francés non llo corrixo, polo menos eiquí, se o fizer podería parecer pedante. Consello; un idioma nunca é calco de outro, vostede fala galaico-castelán pasado a francés. Os idiomas como vd. sabe por o Wolof non necesariamente utilizan as mesmas expresións para referirse as mesmas realidades .
De todos xeitos Parabéns. Delapierre en troques alónxase moito do cánon, pero consigo entendelo . Seghún o enfoque comunicativo que escollemos aghora en Europa para a aprendizaxe das línguas habería que aprobalo porque o entendín anque esté pésimamente escrito.
"Les temps du lycéé". Vostede quere decir nos tempos do instituto, non sí?. Bueno como o entendín, contéstolle directamente que neses tempos nos que nos conocemos eu éralle Anarquista, Fai. Perteñecía ó Ateneo Libertario de Ourense. Pero éramos tan anarquistas que non conservo carné, nin o quería. Por riba acudín ó primeiro cumio de ERGA, e fun co grilo, e con Carlés. O grilo acaban de citalo neste blog ocmo comandante en xefe das forzas de non sei que ( da upg-marxista-leninista). Pero eu era anarquista tiernamente nacionalista. Bueno nacionalista de corazón e anarquista por estética. Por favor, non remonte vd. a miña pertenecia ó psoe tan profundamente. O psoe é un partido de aluvión, onde a xente , moita xente ten unha sospeitosa teima por a antiguedade. E siguen teimando chacho. "Escusatio non petita, acusatio manifesta"
Un dos amighos, colegas, correlixionarios, que conservo do Ateneo Libertario, sito na calle Arcedianos, xusto fronte a praza San Martiño recén feita, é Mighel Karballo, quen acaba de inaugurar exposición de pintura na ghalería Visol. Concelleiro do Bng en Amoeiro.
Como os galegos, aqueles refugallos estamos en todas partes.
En algún lugar hai que estar.
JAJAJAJ.
Entón, non nos manquemos. Vostede non me chame ácrata, i eu non o tildo de "PSOíSta".
Arumeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee!!!!!!
Mi ma! isto parece o patio dun colexio (masculino, of course) que si que son eu, que non, que o da calva, que o da foto non estaba. Trátase dunha sublimación da infancia perdida ou que? Nunca xogastedes ás agachadas?
Homes...
Bicos para todos, a cara descuberta.
Arume!!!!!!!!
A ver, carafio, teñamos un pouco de seriedade. Que alguén propoña algunha idea polémica e que os demais entren ao trapo!
Logo lle tocan eleccións, Apicultor. O dos cartos aos bancos había ser, se cadra, un barullo. E para o dos coches oficiais, non conten comigo; xa teño dito que, para min, a política debe ser actividade ben paga e con medios.
A calidade futbolística este ano, non, por bastante excluínte; trapalladas da administración educativa, seica tampouco, por nulo seguimento; cousas de Lugo, tema de dous. Eu digo que sigan sobre Ourense, ou adiantamos o debate electoral ou agardamos.
Haxa boa noite.
Nunha manif. en Madride estaba a bofia zorreghando duro na xente. Don Ramón María Del Valle Inclán situado na porta dun local en fronte da manifestación berráballe os madeiros desaforadamente: "zicarios, zicarios.....(falaba coa zeta). Un garda de asalto acheghouselle mosqueado porra en mau: "oiga vostede que anda a decir?"..
-Para mí, zicario, es igual que polizía..
Lembreime desto. Pero para mín cando o trato de ácrata, sepa que o teño en moi outa estima. Porque eu me rendín ó redil e vostede mantívose independente, anque caesen chuzos do ceo. Teríamos que reivindicar este título.
"Eu son tan ácrata como tí".
"A que non me atrapas, a que non me atrapas".
No movemento surrealista, A. Breton que era o xefe absoluto-absolutista, tiña por costume a de canonizar anualmente, ou rexeitar, ós membros que merecían perteñecer ó movemento ou non.
O anuncio era: "Ont fait preuve de Surréalisme absolu"...fulanito de tal, fulanito de tal...
Ben, parangonando:
Deron proba da súa acracia absoluta: Dacova, o lobo ....
mellor:
"manifestaron unha liberdade inquebrantabe .....fulanito de tal...."
Api, eu non sei se polémica, pero o que máis me alucina das noticias recentes é o burato profundo no que caeu a economía de Islandia. Centos de profesionais están na rúa, e moitos máis non dan pagado a hipoteca, nin con dous soldos. A poboación debe ser dunhas trecentas mil persoas, e non sei que proporción é a xiringada. Cometeron tantos erros, un deles foi contratar a débeda en moeda extranxeira por artificios desos financieiros da maxia borraxia e aghora a moeda deles devaluouse desmesuradamente. Claro que se renegociará, ó ser moitos terá que haber unha moratoria, replantexamento, pero esta crise non lle ten parangón. É brutal. E o hostión que aínda nos pode vir pode deixarnos coa cara retorcida.
Eu matinaba en ir de viaxe a Islandia hai unhes anos, érame imposible cinco días salíanme a tres mil euros por barba, adiei a viaxe anque tiña abundante información. Aghora veremos como se perfila esto coa devaluación na que caeron.
Eu véxolle no probe ourense moitas peticións de regulamento de emprego, neste mes. Veremos o ano que ven.
Lín comentarios nos suplementos económicos de que non se sabe certo cando a fractura parará. Soros calcula que será máis longo do que se dí, ou se pensa. Nós, por estar na zona euro estamos máis protexidos da devaluación que sufríu Islandia, pero non estamos protexidos de outras consecuencias. A hexemonía asiática consolídase.
E eu que lle son de aldea, e adoro a aldea, e tiña plans de retornar E PRODUCIR, carallo, pro du cir, trigo, galos-celtas, becerros de vacas cachorras, que foi a miña cultura toda a vida ata que a burguesía se fixo co poder e me invadiron con cachivaches e cousas que non sirven para nada....mecajoninundios... e hipotecas,cando antes os meus avós aforraban, que o crecemento ten que deixar de ser a partir do consumo, do despilfaro e da especulación....
Pode ser unha oportunidade para un novo socialismo.
Non sei quen dixo: o capitalimo gañou pero necesita do socorro socialista para seguir vivindo...algho así...
Mire eu véxolle moita línea de debate por ehí..Demostrade os literatos e historiadores e puliticús que andades por eiquí que a economía é arte.
¡Viva Russia anque pierda!.
Pois o que máis me alucina a min é a cantidade de reportaxes sobre a excelencia da vida en Islandia, o seu way of life modélico, a súa economía envexable (válidos tamén para Irlanda) e agora resulta que eses mesmos reportaxes falan da debacle.
Onte mesmo Santos Juliá deixaba entrever que mentres os países occidentais van á crise, só China resiste e de xeito case admirable (quererá dicir Juliá que o sistema chinés é o fetén?). Noutros xornais advirten do colapso e hoxe mesmo na radio comentaban unhas baixadas considerables no PIB do país chinés. A quen carallo crer?
Hoxe comentáronme que no BNG ourensán "andan a ostias", e que van rodar algunhas cabezas próximamente. Nada máis. Si alguén mellor informado quere dar algunha opinión...
Eso mesmo me pasma Arume, a debacle neses paradisos, máxime en Islandia na que a sima é profundísima. Lín que lle pediran axuda ós bancos rusos. Véndense ós Rusos?. Por que non se achegan ós Europeos?.
Irlanda ten outro cariz, está en Europa.
China, xa se supuña un frenazo despois do tirón das olimpiadas, e tamén dependen das manufacturas que lle venden a occidente. Aghora cae a nosa demanda. Pero o gran matíz é que nós levamos tempo "consumindo" e hipotecándonos, endeudándonos porque era rentable endeudarse. Eu son un deles e vexoo perfectamente pero non caín, nin o meu banco apostou por eso de mentir sobre o valor do hipotecado, prestaronme o oitenta por cento do valor, e despois dunha suba tremenda nos intereses aínda hoxe gasto un tercio do meu salario "nesa cousa". Eu represento un hipotecado prudente, hoxe firmaría por non selo. E podo ver unhes cantos millós de hipotecados imprudentes, eles ou os bancos. Digo millóns, non millares. Eses tiraron da construcción e dos prezos por efecto demanda. Tiraron da demanda durante doce anos polo menos...Bluf..
En troques os Asiáticos, hai que lembrarse tamén da India, dedicáronse a producir, e aforrar. Tamén están os Coreanos (díxomo Javier Domínguez). Así foi o meu pai emigrado en Suiza. Nunca baixaba de 10 horas traballadas, seis días a semana, vacacións escasas....o fillo, hipotécase( prudentemente), cómese o coco (e estuda psicoloxía), e non produce, da aulas ( para xustificar), estos son os contrastes.
No caso da China eu non vexo ningunha contradicción. Dependemos todos de todos, só que eles estaban no camiño contrário, por necesidade ou oportunidade histórica, ó noso e vaise notar.
A mín non me vai ser difícil integrarme a un novo sistema de producción-traballo-aforro-consumo-xusto.
O que tíñamos paréceme que era palabrería-consumo-hipoteca.
Volvendo ao caso de "pasar lista", eu non entro de gana no Liceo porque o Manolo, o porteiro, que estudóu conmigo, mírame con sorna desde que a sua nuller lle dixo ,na miña presenza, que se conservaba moito mellor ca mín. Poño ao Medela por testigo, que tamén estaba.
Boeno, boeno. É brincadeira, oh.
Perdón, acaba de borrárseme unha anécdota.
Repítoa por se non sale.
Na iglesia de Cortegada de Baños hai unha pedra gravada de loubanza a quen a mandou construir. Eu fico pasmado da desfachatez do que dí, e ninguén parece decatarse.
Dí algo así:
Fulanito de tal levoulle ós indíxenas de tal país ( latinoamericano) a palabra de deus, e trouxo os bens ( ou materiais) para construir este templo.
Como os banqueiros, trocan palabrería por ouro. Tan alegremente, e pregónano.
Propoño facer un pelengrinaxe alí, tomar un ribeiro, escacharnos coa risa, mentar a nai do capitalismo, e postular esto como o primeiro degrau para acceder "a la cosa nostra",sexa, ser mencionados como ácratas absolutos.
ten que haber máis probas.
Medela, tí es dos nosos, querémoste anque teñas partido. Necesitamos infiltrar xente en todas partes.
Dacova, sempre se pode entrar a todo-los sitios por a porta de atrás, tamén no liceo.
Dinos quenes contra quenes, non sexas malo.
Contención.
Está ben eso de cambiar "aire x ouro".
Cando digo "aire", refírome ás palabras, que "son aire e van ao aire".
É o que tamén se lle chama (Nou-Gháu" (Know-How).
Cando digo "ouro", refirome á "plata" que en moitas linguas tamén se chaman "cartos" .
Asombrosamente, equilibran un tipo de báscula especial, "Báscula de Vagos", ou de Magos, ou de Cacos ou algo así. Outros din que desequilibran a "Báscula da Xustiza".
"Potencia x su brazo = a resistencia por el suyo". Igual os clásicos non certaron ao impoñernos modelos mecánicos pra cousas tan complexas.
Vostede, psicólogo, sabe que á xente faille moita falta o "aire".
O "ego " elle todo "aire". Como di o antigo testamento "vanidad e apacentarse de aire".
Cando compra un producto calquera, o 90% do que paga é "aire".
Algús chámanlle "valor engadido".
No caso do cine, convértense cartos en luz, e logo luz en cartos outra vez (Samuel Golwyn?).
Ó capitalismo empeza a colapsar cando a decisión de compra do consumidor se basa exclusivamente no "aire" que rodea ao producto. E cando as necesidades que satisface o "aire" baixan ó nivel dos baixos instintos ("id").
Ó "aire" algús chámanlle "información". Os cartos son "información". "Información" pura, sin "mensaxe". A ninguén lle importa cómo os ganache.
A informática vai facer desaparecer os cartos tal e como os coñecemos hoxe. Serán información encriptada. Facilitarán os "troco instantáneo", e terán "mensaxe".
Algo así como: "eu non quero os teus cartos se foron gaños, de esta forma ou de esta...".
O respaldo dos cartos, xa non poderá ser o ouro, nin o sal, nin o trigo, nin nada material. A "inxeniría cuántica de materiáis" fará que calquera podia facer ouro na sua casa.
O respaldo vai ser a "palabra de Deus".
Claves informáticas que "activarán" os cartos informáticos. A clave central, "chave maestra", en poder de... sabe Deus quén...
A "palabra de Deus" vai valer moitos cartos. Pra non esquecela, gravarémola en pedra. Unhos buratiños no "penedo da escada" da miña aldea. Pensan que son petroglifos, pero son "bits".
A "palabra" é: CONTENCIÓN.
Na fin de semana pasada, deron na RTP unha minireportaxe sobre a situación en Islandia. Danlle a culpa da debacle a térense dedicado á economía virtual, volven a vista á pesca e os recursos enerxéticos. A economía produtiva, ao final, posiblemente é o que conta; a ver se se aprende en relación coas miraxex do capitalismo.
Sobre a crise, recesión ou o que sexa: dez mil millóns holandeses para ING; cae a cúpula da Caisse d'Épargne (a metade do aforro francés, seica). Segue chovendo. E un enredo non parece.
O valor das palabras non é o mesmo cando son verdá que cando son mentira. As mentiras adoitan a valer máis cartos.
A linguaxe actual non dispón de mecanismos internos pra saber si unha oración é certa ou falsa, salvo no caso das tautoloxías e as contradicciós.
A linguaxe do futuro terá unha sintase tan avanzada, ligada ás leis naturáis, que as falsedades serán imposibles. Acabóuse a política.
Tamén impedirá a construcción de frases sin senso, as autorreferenciáis, e as que falen de Kurt Gödel, pra que ninguén podia poñer obxeciós basados no seu famoso teorema.
A linguaxe do futuro terá moito que ver cós cartos do futuro. Fluirán os cartos da tua boca. Por eso, non poderás falar si non tés cartos.
Todo o que fales se convertirá en ouro. Ouro do futuro.
O Futuro, eran cartos, hasta esta última crisis. Falábase moito do "Mercado de Futuros".
Todo o mundo se pregunta estes días "Que será, será, whatever will be, will be...".
I eu respóndolles: "The future is´n t ours to see...".
O futuro é un presente que está esperando, no umbral dunha porta.
Cando digo presente, refírome a "agasallo".
EStá moi ben envolto en papel de agasallo.
"O Pai Noel usa o mesmo papel de agasallo que nós!", berraba, a rapaza, encantada, no conto irlandés. O futuro, tamén, está tecido có mesmo papel que o presente.
Contente!!. Eso é: Cabe dentro de tí mesmo!.Ou terás un un contencioso!.
É que ,cando un está contento, non se contén.
XA me conteño, sin que mo teña que decir o AVISADOR, ou AVISADORA.
Xa decía a canción:
AVISADORA
AVISADORA
Qué hiciste,
AVISADORA.
Acabóuse a VISA.
"A porta de atrás". XDD.
Decía un: "Este i eu coñecémonos DO ATRÁS". E a muller enfadóuselle.
No wolof, "atrás" dise "ginaaw". Ten moitísimos sensos, coma no inglés "back": as costas, o pasado, facer algo en ausencia de alguén ("ás súas costas")...etc.
Pero é moi suxerente o nome que lle dan á "cuñada": "ginaaw tool". "O eido de atrás". Non pensen mal: era habitual, no Senegal "do atrás(o)" que, si unha muller morría, o marido se casara cúnha irmá solteira.
Ao final, todo o mundo entra pola "porta de atrás". Na Residencia Sanitaria ourensá, "por Urxencias". Polo sitio onde non hai regras. Por onde todo é un xogo. O xogo da vida e da morte.
Moitas mulleres, son moi bonitas "por atrás". Imaxino que cós homes pasa o mesmo. Un acelera o paso pra verlles a cara, e logo acelérao máis aínda pra escapar. Chámolle eu "mulleres de duas carreiras".
Hai moitas cousa parecidas na vida: "Ten coidado có que soñas...".
I eu aiquí, con dúas botellas de cervexa, bebendo alternativamente de una e de outra. A miña e a dun amigo que non aparecéu ao final nesta Cafetería WIFI".
Soa "Every breat you take" no fío musical. Qué "rallada" de "novenas engadidas". Nunca debimos pasar dos acordes maiores, que alegran a vida e non che fan pensar. Esa "novena engadida" é como o carro dunha cuádriga de cabalos romanos nuna película do oeste americano. Non estorba moito, pero tampouco encaixa de todo.
Haberá que ir afeitarse, facerse home, e comer.
Este blog está deserto, hoxe. O deserto é un laberinto irresoluble.
Non está deserto, non, Xoán, o que está é apampao dos seus comentarios. Siga, que xa sabe que ten avogado pago.
Non se me enfaden as feministas, nin os feministos , polo das "duas carreiras". A mín, as mulleres que me chaman a atención pola rúa, son as "boas mozas". Pero namórábame de calquera unha,in illo tempore, cando me namoraba. E non era porque confundira o cú cós "témpores".
Tamén hai as mulleres "multiplicadoras por (-1)". Son mulleres que te atopas de fronte, e che fan dar volta, pra ir atrás delas. Afortunadamente, case sempre ven outra no senso oposto, e che fai retomar o camiño orixinal. Chámolle a esta última "muller cibernética", por facerche recuperar a "sinal de referencia" inicial, o temón.
Hasta a noite, que teño una tarde-noite fodida de coio. Perdón, de choio. E aínda teño que dormir a "mona" de estas tres cervexas, que me lembréi do recentemente falecido alcalde de Trasmiras, con quen me levéi moi ben en outros tempos, sábeo o Lobo Neghro, e bebín outra por él.
Carlés? que foi de Carlés?
e quen vai ser o verdugo?
vou xantar, saúdos
Os irmaus Carlés eran fillos dun advogado que levara o caso dos labregos expropiados por o encoro de Castrelo de Miño. (controvertido).
Vivían nas lagunas, no mesmo portal de Blanco Amor. Eu cruzábame todo-los días con Blanco Amor, pero ninguén tivo a xentileza de indicarme o xigante que era na nosa literatura. Ou non se sabía?. Descubrino anos despois de morto.
Os Carlés marcharon para cataluña, non souben nunca máis nada deles. Hai trinta anos. Agradecería información.
Daquelas e desde faía tres anos eu era un "acheghado" do nacionalismo. Tiven encontro con Apicultor no xardín do posío de pé ó lado dunha palmeira. Estaba ben máis delgado o Abelleiro. Era un "contubernio" subersivo, non estabamos legalizados porque o encontro era ó ar libre para disimular. Creo que me acompañaba Benigno Ruíz Nogueira hoxe vicedecano de Inxeñeiros Agrónomos de Lugo e do Bng. Víñamos dun nío de subversivos establecido na laboral.
Eu era acheghado, menudo término pero non acabei de achegharme totalmente. A culpa, os subversivos chorizos da Laboral.
Lobo da xente.
Marcharon a Madrid, hai xente de Ourense que aínda ten contacto con eles, polo menos cun fillo que supoño foi o que foi contigo a primeiro cumio de erga
Marcial Carlés junior: qué gran rapaz, simpático e riseiro. Seu pai era avogado e do PCE. Foron, en efecto, para Madrid. Alí Marcial estudou historia. Atopeino un día en Madrid, con gran alegría e sorpresa para os dous. Andaba daquela, xa profesor de instituto, a preparar unha tese de doutoramento sobre o PCE, que non sei se chegaría a concluír, pero publicara algúns artigos sobre o tema. Carteámonos un chisco, pero volvímonos a perder a pista. Cousas da vida. Estaría encantado de volvelo a ver, ledo e riseiro.
Auvella branca copo de neve, dime se non é moito preghuntar, con quen podo falar para saber do maior.
Asdo: Lobo-amansado vestido de pastor de auvellas brancas.
Se anda por aí o Beria cumpría que nos dixera como andan de lobos na estepa siberiana, daquela podía levar unha chea deles deste blog , repoboar a chaira con exemplares novos e quitarnos un peso (coñazo dos auténticos )de enriba.
Se o maior é o Marcial do que fala Apicultor, pregúntalle a Eduardo, estivo con el hai un mes ou dous.
Publicar un comentario