18 oct 2008

Quintana saúda o acordo cun rotundo «Galiza é hoxe un país máis forte ca onte»
«Sempre tivemos unha sá envexa dous vascos e cataláns», afirma o vicepresidente


A información do apoio do BNG ós presupostos Zapatero...

Acerta o BNG? Podía facer outra cousa?

32 comentarios:

Anónimo dijo...

Sendo realistas, e tendo en conta que a forza parlamentaria é a que é, non se podía facer outra. Así, o BNG cumpre un dos seus obxectivos: presentarse como unha forza "útil" para Galicia e os galegos de cara os vindeiros comicios.

Anónimo dijo...

Certo, pero hai algo co que o BNG non acerta.
Sendo unha organización que está ocupando poder político, segue a estar para o resto de España ca etiqueta de radicais, de extremistas vaia.
Tanto CiU como o PNV, cando lle deron o aval o Goberno Español, esixiron un desplegue mediático de que realmente se soubera que eran forzas colaboracionistas e cas que se podía pactar, sen dúbida por que representaban a patronal catalana e vasca, namentras o BNG, paréceme que non, que ten o lastre de parecer aínda unha organización separatista marxista-leninista.
E tarde, seguiremos, boa noite

Anónimo dijo...

Titulares. Que eu lembre.

La Voz de Galicia: El BNG salva los presupuestos de Zapatero.

El País: El PNV salva los presupuestos de Zapatero.

Anónimo dijo...

Vergonzoso sistema para conseguir aprobar os presupostos. Digo.

Anónimo dijo...

Xa o anunciara Jorquera tralas eleccións xerais do pasado 9 de marzo cando aseguraba que se abría un escenario político favorábel para o nacionalismo galego. Unha configuración parlamentar que partía dun goberno en minoría e que permitía ao resto de forzas políticas poder ser decisivas en calquera momento. E o momento para o BNG foi chegado.

Onte, despois de largas e duras negociacións polos corredores do Congreso, o nacionalismo galego aproveitou a súa representación (dous deputados) para que, como xa ocorrera cos orzamentos do ano pasado, se aumentara tanxibelmente o compromiso do Estado con co noso país.

Tal foi o papel protagonista que tivo o BNG e tanto o peso do nacionalismo galego que pasamos de mirar cara Catalunya e Pais Vasco como referentes a atoparnos a súa altura e mesmo superalos. Mentres o PNV obtiña a transferencia das competencias en I+D+i o que supón para o Estado un gasto a maiores de 85 millóns de euros, Jorquera chegaba a noite pasada a Galiza con 125 millóns baixo o brazo, co compromiso de que se transfiran (dunha vez e con carácter urxente) as competencias acordadas trala reprobación de Magdalena Álvarez e a reactivación da subcomisión de seguimento das infraestruturas.

Unha serie de melloras substanciais (só economicamente supón un aumento do 6%) que para o resto de grupos políticos galegos parece que non significan gran cousa. Touriño, sen ningún indicio de rubor, apuntaba que o único que estaba buscando o BNG con esta negociación era facer campaña electoral. Debe ser que para o Presidente, as melloras para Galiza, só interesan se se obteñen réditos electorais.

Tamén dende un xornal de gran tirada, editado en Galiza, sinalaban que o acadado onte por Jorquera e Olaia estivo ben, pero que agora, o que lle quedaba ao BNG era “dar un paso máis aló” e non limitarse a “presumir” desta vitoria. Apuntaban que o que tiña que facer agora era asegurarse de que eses cartos se gastaban na súa totalidade. Parece mentira que despois do gran paso dado onte e ante a impasividade do resto de forzas políticas, dende algúns voceiros políticos sigan a cargar sempre contra os mesmos. Ou é que só ten responsabilidade o BNG de esixir en Madrid melloras para Galiza? Onde está a responsabilidade do resto de deputados electos polos galegos para defender os nosos intereses?, ou é que eles como están baixo o xugo das súas respectivas direccións (con sede en Madrid) non teñen responsabilidade de mirar polos seus votantes? Non me parece xusto poñerlle peros a esta gran mellora e despois esquecerse e mesmo aplaudir a actitude que para con Galiza manteñen os señores deputados de PSdeG e PPdeG no Congreso.

Porque, imaxinan vostedes que no canto dos dous deputados que antepoñen os intereses de Galiza houbera 20? Nese caso estou seguro de que faría moitos anos que o tan chorado AVE estaría funcionando no noso país, que teríamos plenas competencias en moitas máis materias que afectan directamente a Galiza e aos galegos e de que o noso país sería tido moito máis en conta do que é na actualidade.

Pero polo momento, haise que contentar, e si, porque non, tamén presumir, de que o nacionalismo galego conseguiu os mellores orzamentos da historia grazas a dous deputados, os do BNG, nunha loita homérica, mentres Touriño e os seus descansaban placidamente autocompracéndose e mirando para outro lado.

Antón Figueira (18-10-2008)

Anónimo dijo...

O de "loita homérica" é, sen dúbida, a gran achega do texto de Antón Figueira.

Faría falta algún hermeneuta que nos descifrase o significado de tan profunda expresión. Porque cando algunha xente se pon cursi nunca se sabe até onde pode chegar, pois perde a conciencia dos límites.

Anónimo dijo...

Soltar millóns e competencias para comunidades para sacar adiante uns presupostos non é un xeito serio de gobernar. Primeiro, porque presume unha discrecionalidade por parte de quen goberna que mete medo. Segundo, porque dá a impresión de que os votos dependen máis de pagos concretos anuais que dunha aposta a máis longo prazo. Terceiro, porque evidencia que a necesaria descentralización e cesión de competencias funciona como moeda de pago e non coma unha concepción política da administración do estado. Cuarto, porque unha proposta para organizar económicamente un país se resolve en menos de cinco minutos cunha chamada de teléfono.
Tendo en conta esta impresentable actitude do PSOE no goberno dos presupostos, os signos de victoria histórica que exhibe estes días o BNG, como na vez anterior, non resultan tampouco moi exemplares.

Nota aparte: Que dirán cando vexan que o PSOE non precisa os seus votos? Deixarán afirmar aos demáis que Galicia é un país máis feble ca onte? Hai que ter moito cuidado con eses triunfalismos de patacón.

Anónimo dijo...

Camarada gznación.org, eu pénsolle que nin tendo vinte diputados desde hai vinte anos a alta velocidade ía cheghar antes. Creo que os que andamos por esta solaina padecémoslle certas hipertrofias. Unha delas é a excesiva valoración das accións dos políticos. Cecais sexa debido a que pertenecemos a unha xeneración concreta que tiña certa edade na transición e "tocounos".
Noutros tempos tocaríanos outra cousa, outra militancia, outros intereses. Estamos imbuidos dos nosos tempos.

Eu considero que hai outras variables que influen nas realizacións concretas e a variable "fulanito político" ten menos importancia da que lle da a "nosa xeneración".

A miña tese é que a galiza non ía vir a alta velocidade antes do 2012 nin con vinte deputados nacionalistas en Madride desde hai anos.

Anónimo dijo...

Discutir cales serían os criterios básicos para definir “un xeito serio de gobernar” levaría moito tempo e, probablemente, non achegaría gran cousa se nos movemos unicamente no plano normativo ou prescritivo (o que debería ser) e nos esquecemos do plano empírico (o que vén sendo na realidade). Se atendemos a este último, teño a sensación de que o caso español, se ben coas súas particularidades, non é moi diferente doutros casos nos que a estrutura do Estado é composta, por moi formalizados que teña os ámbitos de participación e gobernación multinivel. E moito máis cando o goberno central-“federal” non posúe maioría parlamentaria. A sensación de improvisación e “cambalache” quizais se vería un tanto atenuada se atendésemos a outros casos semellantes.

Por outra banda, é o goberno quen elabora e propón ao Parlamento os PXE e, neste sentido, ten unha apreciable dose de discrecionalidade, que sempre pode meter ou non medo, pero que é así en todos os países democráticos. Que se xogue máis a curto que a longo prazo non creo que sexa unha “anomalía española”, senón algo habitual nos países da nosa contorna. En todas partes hai chamadas telefónicas, negociacións até o derradeiro minuto e improvisacións a eito.

Dicir isto non implica dar ningún parabén a ninguén nin avalar necesariamente ningunha actuación, senón subliñar que as cousas tenden a funcionar deste xeito e que non convén perder a perspectiva. Se ollamos para outros ámbitos de negociación (como o universitario, que vostede coñece tan ben, Arume), o panorama tampouco é idílico e, mutatis mutandis, tamén encontramos trazos semellantes ou incluso peores.

O BNG trata de “vender” a súa mercadoría, magnificando o seu traballo de cara a obter réditos electorais futuros. Neste sentido tamnpouco hai nada obxectable, porque así funcionan hoxe todos os partidos políticos.

Na política democrática todos os triunfalismos son, efecto, de patacón, porque todos os cambios están hipoteticamente suxeitos a modificacións ou reformulación ulteriores. A política é, entre outras cousas, un inestable equilibrio entre conflito e negociación, entre intereses políticos particulares (de partido) e consenso, entre poder e orde, entre obxectivos e resultados. Un politólogo chileno (Norbert Lechner) puxo hai anos un significativo título a un dos seus libros: La conflictiva y nunca acabada construcción del orden deseado.

Digo eu por dicir algo.

Anónimo dijo...

Lembro que Alvarez Cascos, ofreceulle a Paco Rodríguez o que quixera para que apoiara a investidura de Aznar.
Daquela, o BNG non defendía os intereses de Galicia ?.
Hai que ter memoria.
Un dato, o PNV, votou sí a investidura do do PP, e recibiron a transferencia de tráfico, aeroportos e axilizar as últimas partidas para a Ertantza.
Outro dato, CiU votou afirmativamente polo bigotes e a cambio, Aznar se puliu a Aleix Vidal Quadras, azoute de Pujol.

Anónimo dijo...

O español é un estado de tradición unitaria, onde a súa clase política máis próxima a Madrid (nun senso xeográfico e gobernativo) maioritariamente sempre tivo e segue tendo mentalidade unitaria. Onde a descentralización que conduce ao chamado "estado das autonomías" é consecuencia, fundamentalmente, da tensión entre esa concepción e pulsión centrípeta e mailas forzas que en diversa medida, con distinto precedente histórico, apoio social e formulación de autogoberno xogaron e xogan en sentido contrario; non é un proceso concluído: nin os nacionalismos (unha das forzas que vou chamar "centrífugas") consideran final a situación de agora nin a tendencia do unitarismo a recuperar poderes para "o Estado" deixa de estar presente; como é público e notorio.

O precedente é discutible, xaora; pero, sobre todo, é xenérico. Ora ben, agroma nos diferentes episodios da acción política cotiá, coma, por exemplo, as negociacións orzamentarias.

Desde logo, en principio o goberno español ten o mango do rodo neses procesos, tal como a última palabra e forza coactiva en todo o referente ao autogoberno; tamén ten a capacidade de favorecer ou desfavorecer un ou outro territorio en investimento. E non ten ningún sentido rachar vestimentas no nome da equidade: así funcionaron e funcionan as cousas.

Se a un goberno español -ou á súa concepción do propio estado- lle convén, promúlgase unha LOHAPA. Se se quere ter moeda de cambio permanente, ou un se arrepinte do que foi acordado ou establecido no seu momento, adíanse sine die (sexa válida a contradición terminolóxica) as competencias que prevé o Estatuto de Gernika. Se o vento do Mundo sopra mal, incúmprese a palabra dada en Cataluña ("aprobarei o proxecto de Estatuto que saia do Parlament"). Se ninguén empuxa en sentido contrario, Galicia continúa arrastrando atraso en investimentos (non digo agora "débeda histórica" para que non digan) e sonlle presentados como espléndidos proxectos de orzamento con cifras máis ca insuficientes.

De poñerme agora frívolo, como nacionalista galego podería dicir agora que "yo soy rebelde porque el mundo me ha hecho así". Máis seriamente, quede a cousa en que Aznar traspasou o trinta por cen do IRPF cando a súa primeira investidura; Zapatero houbo facer ver, na súa, que aceptaría un proceso de cara a Estado plurinacional. Que despois, en ambos casos, veu o aceno de recesión.

E os nacionalismos utilizan a súa forza dispoñible cando a situación o permite. No caso actual, as consecucións do Bloque parécenme totalmente positivas para o país, sen rebaixa, por moito traballo que custe ao mellor agradecelo. Iso si, desta feita -coma noutras- eu sinto particular e expresivamente útil o sentido do meu voto; pero o que se di orgullo, non moito máis do que tiña.

Asina: un que xa outras veces foi para a cama satisfeito.

Anónimo dijo...

Si, claro, Delapierre, pero a forza parlamentaria do BNG non é, nin por asomo, a que tiveron ou teñen PNV e CiU. E se a isto lle engadimos que daquela gobernaban en exclusiva as súas comunidades autónomas, a capacidade de presión que tiñan elevábase expoñencialmente. Nada que ver uns casos co outro, para desgraza do BNG.

Anónimo dijo...

Home, Saavedra, eu cando vou para a cama satisfeito é máis ben por outros motivos. Hainos que se van satisfeitos cando gaña o seu equipo de fútbol e outros o seu partido. É lexítimo, aínda que non sei se totalmente razoable. A min a política non me excita, senón que me deixa "frío". E friamente trato de vela. O fútbol, por suposto, nin cheiralo.

Anónimo dijo...

Xa.
Pero o millor eu non querería cartos e sí recoñecemento da axuda a gobernabilidade do Estado, e que se contara ca miña organización para cousas que só se consulta, lamentablemente, con vascos e cataláns.
De todos modos en este tema son bastante turrón -de turrar- e sen dúbida estou errado.

Anónimo dijo...

Xa, Delapierre, pero iso que di como se concreta e se fai efectivo? O que tocaba agora eran os Orzamentos, e estes tratan de cartos e de cómo gastalos (e ingresalos, que esa é outra).

Anónimo dijo...

Todo o que vostede sostén, amigo Apicultor, é tan evidente que dá moitas veces a impresión de que non só é o normal senón que non hai outra. Que estamos condeados a ver as cousas así. Pero se son así, se todo funciona así, para qué alterarse? Xoguemos así as partidas, contemplemos os intercambios, pero non pretendamos xulgar despois as consecuencias. As cousas son así e non hai xeito de cambialas. Esa perspectiva ben a coñezo: é a que hai. E podería subscribir todo o que vostede comenta, pero permítame non obstante amosar o meu rexeitamento.
A discrecionalidade do goberno é preceptiva, pero tamén o é o trámite parlamentario. Por moita discrecionalidade que teña debe contar co maior número de apoios. Polo tanto, o borrador pode resultar dos estudios (en gran parte discrecionais) do goberno, pero tendo en conta as tensións internas do partido que sustenta o goberno ou as pretensións de certas comunidades. Trátase dunha discrecionalidade moi limitada, suxeita a moitas voltas e reviravoltas. Eu entendo que un goberno que quere pactar eses presupostos debe facelos de tal xeito que atraia a outros sectores do parlamento: non pode ignoralos, porque corre o risco de quedar só. Se non o fai (como non o fixo este no seu momento) necesita ir a última hora a darlle cartos e competencias a un grupiño de parlamentarios que lles dean os seus votos. Neste paso equivocado, neste erro de cálculo o goberno actúa cunha marxe de discrecionalidade absoluta. Por qué non puxo os 125 millóns xa de antemán para gañar eses votos? É inevitable a sensación de torpeza maiúscula. De feito botar man do teléfono revela unha falta de maniobra táctica, aínda que visto desde unha perspectiva mediática o telefonazo outorga ao presidente un poder incalculable. Ás veces, o que parece un erro pode ser contemplado como un éxito completo. Aquí estou eu, cos cartos da caixa na man, repartindo cando interesa.
Sobre a analoxía co mundo universitario, só podo dicir que foi eso precisamente o que me levou a facer o comentario. Non é raro aprobar (fun testemuña diso porque eu estaba nas negociacións de aprobación) un presuposto cunha invitación por parte do vicerreitor de turno para pasar a unha sala (íntima, semellante á do Padriño) e acordar un aumento máis ou menos considerable nunha partida a cambio de aprobar os orzamentos. Se cadra era novo e indocumentado, pero non entendín a maniobra e tal partida quedou sen ese aumento porque eu me neguei a aprobar todo pola cara. Agradecía o aumento, pero non era moeda de cambio para a aprobación: non houbera negociación antes e a última hora era dádiva xenerosa e arbitraria. Desa experiencia, vai este meu comentario, xa sei que demasiado ideal nestes tempos de xogos e teatralización (con perdón para os teatreiros) da vida política.

Anónimo dijo...

Mentres escribía saíron outros comentarios. O que afirma Saavedra é o que pretendo dicir eu. O proceso de transferencias leva sempre un signo de descentralización permanente. Ou polo menos así o entendo eu. A que ven a utilización maniobreira de tales competencias nas negociacións anuais? Se hai pretensión ou hai obxectivo a medio prazo de traspasalas, a que ven xogar con elas no regateo de outubro?
A sensación final é penosa, porque só en circunstancias complicadas soltan o que deberían soltar de forma natural. Así, a idea de cambalache non só é inevitable, senón que se perpetua e actúa de modelo para accións futuras.
As celebracións destas supostas victorias nestes casos son semellantes as do futbolista que exalta o gol cobrado de penalti dubidoso dando voltas por todo o estadio como un poseso.

Anónimo dijo...

O BNG está mostrando unha prepotencia que dá noxo, un claro exemplo é este parágrafo de GZnación "Tal foi o papel protagonista que tivo o BNG e tanto o peso do nacionalismo galego que pasamos de mirar cara Catalunya e Pais Vasco como referentes a atoparnos a súa altura e mesmo superalos". Non sei que guerra é esa de "eu consigo mais ca ti", pois no que eu quixera igualarme aos vascos e no tipo de sociedade non nas esmolas que se quitan ao goberno Zapatero.

Tampouco soporto a burremia que mostran dirixentes do BNG en frases como esta " Jorquera chegaba a noite pasada a Galiza con 125 millóns baixo o brazo, co compromiso de que se transfiran (dunha vez e con carácter urxente) as competencias acordadas trala reprobación de Magdalena Álvarez" onde recoñecen que Madrid non pagou a vez pasada e que agora lle seguimos lambendo o cu para que nos paguen o que nos deben.

Anónimo dijo...

Pois non debe ser tan evidente, Arume, ante tanta sorpresa e asombro polo acontecido.

E verbo do que di Anónimo, non entendo como no mesmo lote se pode acusar ao BNG de prepotencia por aspirar a ser máis e, ao mesmo tempo, de lamber o cu. En todo caso, non me parece que sexa tan noxenta a primeira cousa.

Moitos de nós, sen dúbida con razón, vemos unha excesiva sobreactuación do BNG nestas ocasións que roza o ridículo. Pero quizais iso sexa explicable porque é moi difícil destacar mediaticamente se non hai un punto de sobreactuación e dramatización.

Outra cousa son os siareiros desmesurados como o tal Antón Figueira que escribe en Galizanación.com, que semella estar mais a describir unha xesta futbolística que a falar de política. O de "loita homérica" é de antoloxía.

Anónimo dijo...

Espero, Apicultor, que no da maneira de ir para a cama (e previa referencia a orgullo non entendese vde. nin alusión a ninguén desta casa nin expresión persoal -miña- de grande gozo. Non: referíame ao penúltimo parágrafo disto. A intención miña, por certo, seguramente é distinta ao que vde. entendeu, xa que non concretei ao estimar que as declaracións de orixe debían ser coñecidas.

Arume: en puro rigor parlamentario, vde. debe levar razón. En puro rigor parlamentario, para un parlamento nacional onde non xogasen os diferentes e variados tipos de tensións, concepcións e intereses que xogan no parlamento estatal español; a algo disto quíxenme referir na intervención anterior.

A actuación de urxencia, telefónica e a última hora, en efecto, semella unha chambonada. Pero, habendo eleccións galegas, seica o BNG debe recibir canta menos auga sexa posible (auga = propaganda, imaxe de eficacia, será lamentable, pero é como é), e presionar a UPN -por dobre motivo- resultaría máis a xeito para os intereses partidarios. Xa non é a primeira vez que se di: pero, desta volta, xa hoxe alguén afirma explicitamente que este acordo en Madrid non lles gustou nada a Touriño; alguén lle escoitou ou leu que benvidos sexan os cento vinte e cinco millóns?

En fin, teñan boa tarde, que eu vou a un enterro. Ben saberán como son as cousas.

Anónimo dijo...

Entendino perfectamente, Saavedra, porque eu tamén lera esas declaracións de Quintana (que, por certo, xa utilizara a mesma metáfora noutra ocasión semellante).

Verbo de que Touriño non fixese pública declaración de satisfacción por eses 125 millóns, non sei de que se estraña. É lóxico que non pretenda darlle máis protagonismo ao BNG, senón todo o contrario. De feito, xa lle emendaron parcialmente a plana ao BNG dicindo que a comisión de seguimento era só técnica, porque a política era de Touriño con ZP.

O BNG tamén fai, cando pode, o mesmo que o PSOE: minusvalorizar o adversario electoral, aínda que se estea no mesmo goberno. É que a loita polos votos é moi dura, e aquí quen non corre voa.

Anónimo dijo...

A min non me sorprende nada de nada. É a práctica habitual dos últimos 25 anos. De sorprenderme sería a contumacia con que se estila tal estratexia e, derivado desto, o xa espectáculo anual de compraventa. O factor tempo é indispensable e agora os partidos apuran ata o final as súas forzas.

Anónimo dijo...

A min pouco me sorprende. De feito, aludía a iso como referencia paralela ao feito de que non houbese o diálogo e negociación previos, en condicións, que o Arume entendía razoables e eu tamén. Moita da razón aparenta partidaria e probablemente electoral vasca e galega. Ora ben, o presidente da Xunta podería ter valorado o feito dun maior investimento no país cuxa institución máis importante preside; non me parece que afectase negativamente a súa figura: eis o pequeno resto de sorpresa que son capaz de experimentar.

Anónimo dijo...

Ten moita coña e moita cara que estes deste chiringuito (TeGa), dispostos a venderse á mínima de cambio, digan o seguinte:

Terra Galega asegura que o BNG lle sae "barato" ao Goberno e denuncia que a formación nacionalista "traizoa repetidamente" a confianza dos galegos cada vez que se aproxima a votación dos Presupostos Xerais do Estado (PGE).

A través dun comunicado, Terra Galega criticou que durante "lustros" o BNG "intentou vender" aos galegos a idea de que se lle votaban Galicia tería "voz propia" no Congreso dos Deputados, pero opinou que nos últimos anos "iso cada vez é menos certo".

Terra Galega analizou que o BNG "vai camiño de converterse nunha comparsa do PSdeG, nunha segunda marca do PSOE en Galicia". Na súa opinión, á organización frentista "simplemente ofrecéronlle esmolas" na negociación dos PGE de 2009. Asegurou que, fronte ao que pasou co PNV e con CIU, a negociación entre BNG e PSOE para os presupostos foi "unha mera representación escénica".

Anónimo dijo...

Alguén de vós lembra que o BNG lle salvou o cú a Magdalena Álvarez hai algo así coma un ano? Alguén o lembra? Alguén lembra a cambio de que?

Pois dígovolo eu: a cambio das competencias en museos e arquivos, entre outras cousas.

E a día de hoxe estas competencias non foron aínda devoltas, cousa que non vai lembrar o PSOE, loxicamente, pero tampouco o BNG porque poñería de manifesto claramente que fixeron o máis absoluto ridículo.

Anónimo dijo...

E -continúo- o principal obstáculo para ceder esas competencias foi -e segue a ser- o ministro "galego" de Cultura, César Antonio Molina, coa colaboración, por suposto, de José Blanco.

Anónimo dijo...

Treinta mil hogares sobreviven con menos de 14 euros diarios

Datos del IGE de 2007 sitúan los ingresos en tres de cada cien domicilios por debajo de 425 € mensuales ·· Un cuarto de millón de familias no llegan a ser tan siquiera mileuristas ·· La tasa de riesgo de pobreza se cierne sobre un total de 393.000 gallegos, casi el 15% de la población.

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=5&idNoticia=355149

Anónimo dijo...

E o dos máis de 300 coches oficiais? Claro que un amigo meu di que é máis caro pagar as dietas de desprazamento. Pode, aínda que eu non o creo.
A pregunta logo é: hai 300 cargos oficiais con dereito a coche e suponse que a chauffeur? Pero hai cargos oficiais sen coche?

Si, si. Xa están vostedes pensando: volve co dos mojitos. Pois si. Xa ven.

Nota para Apicultor: vale para outras institucións publicas. Xa sabe.

Anónimo dijo...

Eu non sei de que se extraña, anónimo, se algúns, por non dicir todos os habituales desta casa estamos fartos de dicir, que as cousas non van ben, que debería pensarse, ademáis de nas grandes cousas, na sociedade civil de a pé, que hoxe o está a pasar mal.

Anónimo dijo...

Xa coñece aquel verso de Quevedo, amigo Arume: Érase un cargo a un coche oficial pegado.

Anónimo dijo...

Pasou desapercibida, o que resulta moi significativo, a posición do BNG diante dos decretos-lei para paliar a crise económica. O seu rexeitamento, xunto con EU, das medidas do Goberno pasaron sen pena nin gloria. Por qué?

Anónimo dijo...

Porque ninguén lle da creto a eses dous partidos en materia económica, máxime en tempos de crise. Estarán para outros menesteres.

Creo.Propoño.