28 oct 2008

Libertad de idioma, de ANTÓN BAAMONDE, EL PAÍS 27/10/2008

Dicho esto ¿son liberales las propuestas de los que abogan por la así llamada libertad lingüística? Y es que en España, según afirma la Constitución, existe el derecho, pero también el deber, de conocer el castellano. Es de suponer que esa cláusula se le ocurrió a alguien que, precisamente, temía por la salud que el castellano podría tener en las nuevas condiciones que estrenaba España después de muerto Franco. Si en efecto los que abogan por la libertad lingüística fuesen efectivamente liberales deberían impugnar la Constitución dado que obliga al conocimiento del castellano. Pero no es la libertad lo que parece llevarles a plantear sus exigencias, sino el deseo de plasmar la supremacía del castellano.
En realidad, sería posible no sólo que hubiese padres que quisieran que sus hijos aprendan únicamente en castellano, eusquera, catalán o gallego, sino en algunos de los muchos idiomas que los nuevos inmigrantes traen de sus tierras. Sería pensable que no hubiese una norma que regulase esas situaciones, dando por hecho que la realidad tendería a facilitar la comunicación y la integración entre diversas comunidades. Así sucede, de hecho, en algunos países. Entiendo que la defensa de esta posición sería más propia de liberales. Estos incluso podrían llevar más allá sus puntos de vista, hasta las fronteras del anarquismo -que a veces coincide con las del fundamentalismo religioso- y pensar que el estado no tiene derecho a educar a los propios hijos.(...)


o artigo completo

53 comentarios:

Anónimo dijo...

Recibo con frecuencia a través de correo electrónico mensaxes de persoas vencelladas a estes movementos. A través deles podo matizar o seguinte:
1. Non crea AB que parece extrema a reivindicación da liberdade de educar pola súa conta aos fillos: é unha das súas teimas.
2. Non negan a posibilidade de que a xente queira educar íntegramente a seu fillo en galego: é máis: esa é unha das súas teimas/trampas. Prefiren esa solución con moito: de feito a repiten sempre. Non lles importaría, sabedores, probablemente, de que a maior parte da poboación preferiría, de elixir (admitámolo), un ensino enteiro en castelán.
3. Non obxetan polo de agora. E non obxetan porque crean que non poden, senón porque consideran que a batalla é máis visible nestes termos. E non esquezamos que o tema do galego ultrapasa os límites da escola.
4. E tamén piden liberdade para non pagar impostos. Non é nada estraño.
Non esquezamos que non queren nin ver átomo de Estado.

Xaime dijo...

Pois que quere que lle diga, eu non-os entendo.
Facer da lingua un ariete para combater o sistema, paréceme orixinal pero nada máis.
De todos modos e podo estar equivocado, detrás está a política. Moitos non se sinten representados polos partidos grandes, e se lles revolve o estómago cando escoitan falar a Alberto Núñez Feijoó ou a Touriño -que son a quen votan-en galego e creo que esto captouno Rosa Díez, de quen personalmente non esperaba tal cousa, que o vai a rentabilizar de medo.

lourixe dijo...

Pola contra, artículos coma este deixan curto o movemento ridiculista. Supoño que se trata do que nas canles privadas de TV chaman "periodismo de investigación". :-P

Anónimo dijo...

Desde Galicia bilingüe (para vosotros, y monolingüe para nosotros), exigimos y ya:

- cheque educativo (canjeable por un abrigo de piel en ElCortinglés)

- clases de refuerzo de inglés (porque con ese idioma sí se puede emigrar en condiciones)

- derogación de la obligatoriedad de pagar la Seguridad Social (no con mis impuestos)

- un colegio privado/concertado en cada barrio, para que nuestras élites se eduquen con mucha calidad educativa y, sobre todo, sin tenernos que mezclar con las piltrafillas de la sociedad. Hijos de políticos xunteiros, welcome.

Anónimo dijo...

Autosituado mais alá de calquera relacion entre etica e idioma, Baamonde emite xuizo sobre o conflicto lingüistico , el que escribe na língüa dos deuses.
E nós pobres tontos, a loitar polo galego, deberíamos facer como el, como os deuses, e pasarnos ao castelán para falar da lei e da democracia, para mirar por riba os conlictos lingúisticos, para ser intelectuais con futuro, a toda Prisa.

Anónimo dijo...

Mándeo á fogueira, amigo, que o está desexando vostede. De paso podería indicarnos como é que loita vostede polo galego para darlle unha merecida medalla.

Anónimo dijo...

O que vai ir a fogueira non é Baamonde senón eu. Así lle van os tempos, amigo.

Anónimo dijo...

XDC dí:

A práctica totalidade de fillos de inmigrantes que eu coñezo, nacidos ou criados xa aiquí, menosprezan a lingua dos seus pais (e paises de orixen). Considérana unha especie de "lingua de perdedores" e prefiren o castelán. Moitas veces finxen non coñecela. Ou dicen que a entenden pero que non a saben falar.

Anónimo dijo...

Touriño e Marisol defenden a nosa "lingüa", tal e como aparece nesta simpática páxina:

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=358816

("Embarcámonos coa lingüa galega")

Anónimo dijo...

Esta xentiña merca coches de luxo, reforma despachos (as únicas reformas prometidas que están facendo), mete a amiguetes na xunta, actúan de xeito prepotente (véxanse o alcalde de Ferrol e Lugo) ... e, en xeral, o galego impórtalles tres eggs.

Anónimo dijo...

Si, home, si, tes razón, é mellor que goberne o PP, que o fai moito mellor.

Anónimo dijo...

Ridículo, amiguiño. Ridículo que ao lle facer unha crítica a Touriño saia o espabilado de turno a nos dicir que co PP estariamos peor.

Anónimo dijo...

Xa saben que son:
Por que non se poñen todos dacordo e nas siguientes lle votan todos ó PG.

Anónimo dijo...

Home, chamarlle crítica ao que non é máis ca un orneo, é moito chamar...

Anónimo dijo...

Que compren coches
que enchufen aos cuñados
que contraten asesores a tutti plen

Se por Galizia é
todo é perdoado e mais

Galizia xa non é a "terra de proseguir e non dar nada"

Galizia da
e toma
entrou no mundo coa octava potencia.

Indialberto Mal

Posdata:
Baamonde é o prototipo de futuro intelectual galician, dende a Galizia fala para a Galicia no rigoroso e vigoroso idioma da "ley"

Anónimo dijo...

Se está faltando a la libertad del idioma con tanta crítica a Antonio Baamonde. Animo valiente!, no cedas ante tanta presión totalitaria, viva la democracia, la libertad, nuestra constitución. Viva España!
Baamonde estamos contigo!
Rosa.

Anónimo dijo...

Baamonde tivo sempre vocación de espía, foi espía dobre e agora deber ser cuadruple, quíntuple, sextuple...vaia vostede a saber. De feito escribe en castelán para disumular que a quen sirbe de verdade e ao Mossad.

Anónimo dijo...

"a quen sirbe..."

Cachado!

Anónimo dijo...

XDC dí:

A quen sirbe, a quen vibe e a quen ferbe.XDD.

Anónimo dijo...

Os de ERC si que son frugais:

Benach, un campión

Navia Franco.

O gasto de máis de 9.000 euros en complementos para o coche parece excesivo, todo un pecado se o coche non é propio e resulta ser do Parlamento do seu país, ou sexa, na teoría un automóbil un pouco de todos aínda que, na práctica, só de quen o usa (non confundir con quen o conduce). Neste caso, o usuario é Ernest Benach, presidente do Parlament catalán que, en plena crise económica e sen ningunha dor de peto, gastou os billetes de todos (e ningún propio) en equipar o seu vehículo oficial, unha nova versión do Audi A-8, con televisor, mesa de traballo e repousa-pés.

Para Benach, que xa pediu perdón e agarda redimirse dos seus pecados, a solución vai ser retirar os luxosos complementos do seu aínda máis luxoso coche oficial. Pero na espera que o ten sentado no coche sen repousa-pés, nin tele, nin mesa de traballo mentres agarda que os vendedores lle veñan recoller todos os accesorios que imaxino ten gardados nalgún armario baixo chave, mete a zoca outra vez subliñando que ningún dos complementos (lembremos: 9.000 euros de gasto prescindible) era/foi un luxo innecesario.

¿Pero que é hoxe en día innecesario e que é o necesario para un cargo público? Velaí a cuestión que, por moi diferentes argumentacións que se manteñan nuns e noutros partidos, facilmente se resolve coa chegada ao poder de precisamente uns e outros partidos: “O necesario é o necesario”. Así é que os cidadáns, eses que precisamente Benach pretendía, na súa folla de ruta como cargo público, achegar á institución parlamentaria rematan, irremediablemente, por dicir: “Os políticos, todos iguais”.

De todas, eu creo que o caso Benach vai marcar un fito nas relacións interparlamentarias. Superada aquela época miserenta na que os políticos competían por un coche canto máis grande, mellor, e un móbil canto máis pequeno, mellor, o presidente do Parlament engade á lista de debilidades: televisor, repousa-pés e mesa de traballo para o automóbil oficial. E nós, aquí, uns mortos de fame asistindo a discusións por unha neveiriña, complemento de pouca monta, seica mercada nun supermercado. Axiña copiaremos, os Audis xa os temos.

Anónimo dijo...

"Steiner será traducido ao galego por Xerais".


E despois?
Galaxia traducindo editando os manifestos de Galicia bilingue quizáis...

Anónimo dijo...

Ahora si, cachao

Anónimo dijo...

cachao, cachao

Anónimo dijo...

XDC says:

Cando o xefe de persoal motivaba ós traballadores có "engrandececemento da Empresa", moitos entendíamos "o enriquecemento dos seus propietarios".

Cando os curas nos falaban da "Maior Gloria de Deus", moitos entediamos "o aumento do poder de obispos, cardenáis e papas".

Cando algús falan de aumentar o "Control do Estado", moitos entendemos "aumentar o poder dos afeitos a manexar ó seu servizo os resortes da burocracia".

Anónimo dijo...

Kyra Prosokova:
Coñécese ben que o sr. Dacoba está sozinho. Antes de que acabe queimando unha igrexa e/ou calquera organismo oficial, dedícolle esta peza, dos marabillosamente medonhos
Porcupine Tree. (Definitivamente terminará por apañar neurose depresiva).

NADA, DACOBA, POUCO FALTA PARA O NERVOUS BREAKDOWN DEFINITIVO

Anónimo dijo...

Kyra psicanalista:
PROLEGÓMENOS DEL METEÓRICO DESCENSO AL INFIERNO DE NUESTRO AMIGO DACOBA. EPISODIO DE REGRESIÓN REVIVIDO BAJO SUAVE HIPNOSIS. TRAUMA INFANTIL MAL SUPERADO.

Anónimo dijo...

XDC says:

Vaia, o Tito.
Agora é representante de orquestas e grupos musicáis por a zona de Ponferrada. Tenme dado algús choios, ás veces.

Anónimo dijo...

Isto decae, meus.

Anónimo dijo...

Vota Partido Galeguista
Partido da xente lista
E non dou ningunha pista
de quen será este artista.

Anónimo dijo...

Medela: hay una carta para ti.
Jimi de Rairo: os correos veñen devoltos.

Apicultor

Anónimo dijo...

Medela disse:
????¿¿¿¿
Veñen devoltos os correos??

galeguistas@yahoo.com

Hoxe recibín uns dez, os que recibo máis ou menos todos os días, e acabo de comprobar enviándome un desde outra conta, e funciona.

Comprobe o enderezo:
galeguistas@yahoo.com

Saúdos

Anónimo dijo...

Hoxe faleceu Anxo Rey Ballesteros, en A Coruña. O enterro será o Venres ás 13 h., no cemiterio de O Barqueiro. Para el, unha lembranza.

Anónimo dijo...

Unha lembranza e unha aperta a familiares e amigos. Descanse en paz un escritor tan egrexio e unha persoa tan singular.

Apicultor.

Anónimo dijo...

Titulares de dos xornais da mesma empresa:

“O acoso de López-Chaves a Lobeira rebenta o Parlamento” (Galicia Hoxe)

"Lobeira expulsa a López Chaves tras discutir por 'Galiza'" (El Correo Gallego)

Anónimo dijo...

De Rey Ballesteros lin hai moitos anos "Dos anxos e dos mortos", publicada xusto no tempo da chamada transición, e que reflicte moi ben o desconcerto/desencanto daqueles rapaces universitarios diante do que viña. Foi unha novela singular que exploraba até os límites os camiños de experimentación formal abertos pola Nova Narrativa Galega. Debeu de ser un camiño sen saída, pois non tivo continuación nos anos 80.
Alguén leu "Loaira"?

Ballesteros é o exemplo claro de que, neste paisiño noso, que dá para tan pouquiño, se non usas chapeu e/ou cachimba e/ou lentes escuros e/ou non es guapo e/ou non saes nos midia, non te le ninguén. Se, ademais, fas novelas complexas e non son lecturas recomendadas para paspanciños da ESO, pois iso: non te len e non vendes.

Anónimo dijo...

Con todos os meus respectos, non creo que iso aconteza só neste paisiño noso. O que hai que pedir xa é a retirada da subvención da Xunta ós libros editados en galego. Isto non pode seguir así. Que as editoriais teñan amortizada de antemán a edición. Non, señor. Caída libre. Que pelexen no mercado. Que loiten por colocar os seus produtos. Que sexan, en fin, unha empresa sen muletas. O outro non vale. Está a crear unha perversión que non sabemos ata onde nos pode levar.

Anónimo dijo...

Ballesteros é un caso que debería mover as conciencias. Un escritor, de calidade, cunha textura intensa, capaz de practicar varios xéneros, con discurso e dotado de persuasión dialéctica, pasou de esguello polo pretendido ambiente intelectual do pais. As editoriais non o promocionaron, os medios apenas o viron.
Para que sirbe tanta subvención?, para promocionar escritores insubstanciais que lles resultan simpaticos, pola súa docilidade, aos editores e aos medios?
Pero que cultura se está a promocionar, cando os mellores quedan fora?

Anónimo dijo...

The answer, muy anonymous friend, is blowing in the wind.
Como van quitar as subvencións se aquí tododeus vive delas? A vella Galaxia aínda tiña mecenas privados.
O normal, nun país normal, sería facer un traballo e cobrar polo que vendes. Aquí non: aquí publícase moito máis do que se vende (e se le) e case nada se paga como é debido. Mesmo hai unha editora patriótica "gratis total".

Anónimo dijo...

XDC dí:

TEn máis razón ca un santo, Anónimo, pero agora agáchese.

Anónimo dijo...

Se se enteran en EL MUNDO que o xornal con que comparte plástico en Galicia é da mesma empresa que Galiza-Hoxe...

Anónimo dijo...

XDC:
Xa sabe cómo son esas cousas, Arume. Moitas empresas aprenden a "ganar por os dous lados".

O Estado adoita a "gastar por os dous lados". Pode financiar unha campaña contra o consumo do tabaco por un lado, e idemnizar á Tabacalera por a pérdida de ingresos ,por o outro.

Anónimo dijo...

Para XDC: Non creo que todo resulte tan doado de explicar dese xeito (falo de que os fillos dos emigrantes non falen galego). Porque eu coñezo xente que si ten como "distintitvo" da súa orixe falar a língua dos seus devanceiros, sobre todo, é certo, xentes de edade. Hai connotacións máis rebuscadas, ó meu entender: ¿vergoña pola língua galega? Non creo. Certo papanatismo pode ser. É un problema básicamente cultural: reciben a lingoa dos seus pais pero sen "referentes": non saben que hai detrás unha cultura, uns autores, unha tradición e eles pensan, talvez, que a língoa galega é o signo de identidade dalgo do que os seus pais fuxiron: pobreza, servidume, carencias en case todo. Se souperan que ese idioma ten una tradición centenaria, que foi unha lingoa de referencia culta asemade que coloquial, utilizable, doada para facerse entender, ó mellor ollabana doutro xeito. Pero quizais só a vencellan ó que seus abós, seus pais, deixaron atrás e que é necesario esquecer. É a minha idea (non excluinte coa súa) que, sumadas ambas, pode acaso dar unha visión máis completa de todo este asunto. Sen embargo, quen rexeita o seu idioma, fai un exercicio de liberdade, guste ou non. Como fixeron (non digo renunciar neste caso, senon decantarse por outros) Cioran ou Beckett ou Joyce. Pareceme respetable, cando menos.

Anónimo dijo...

XDC aclara:

Falaba de INMIGRANTES extranxeiros no noso país, non de EMIGRANTES galegos. Falaba de xoves rumanos que só falan español en público, que finxen ser españóis castelanizando o seu nome, ou repetindo o seu apelido (eles só teñen un), que simulan non coñecer a lingua na que lle falan os pais. De nenos, fillos de senegalés i española, que finxen non entender o uolof e que che dicen, en castelán "Estamos en España, háblame español, que eso no lo entiendo".

Non falaba de emigrantes galegos nin do galego, pero sí que se poden atopar paralelismos.

E non EXPLICABA nada,nin opinaba nada, só constataba un feito detectado no ámbito reducido da miña experiencia persoal. Constatar a realidad non ten nada que ver có que un pense sobre ela. Outra cousa é tratar de distorsionar a sua percepción pra adaptala ós propios desexos.

Anónimo dijo...

Con Ferrín, Ballesteros foi o escritor máis orixinal, culto e versátil da literatura galega dos últimos 50 anos. Un escritor de verdade. E persoalmente, un tipo humano á altura da súa obra, cousa rara nos escritores, que adoitan ser uns vacuos, presumidos e vaidosos insoportables.

Anónimo dijo...

Querido e ademirado, desde o anonimato, XdC: vostede ten o don da comunicación. Con iso xa abonda, vírgula máis ou menos ben posta. Dá gusto lelo a vostede. Non é o seu galego de piscifactoria, nin desconxelado directamente do español. Parabéns.

Anónimo dijo...

PRA XDC: Como se quere escribir "ese eme ese", cunha abondosa proliferación (tautoloxía) de "e". Coño, igualiño ca "La disparition" de Perec (xa falaramos dela, ¿non?), unha novela-tochonanista sen a letra "e"; no seu caso sería ó contrario: un lipograma en a, i, o, u (falo das palabras-siglas s.m.s. ou ese-eme-ese). Por exemplo: Ese toro enamorado de la lOna y abandona por las noches la maná (variando la letra do excelso texto), sería un lipograma en U, xa que non aparece esa letra nas verbas o que demostra que Manolo Escobar ou, alomenos, o autor das súas letras ou desta en concreto, un experimentalista da merda ("a min esto das novelas experimentalistas non me gusta", dixo non sei quen aquí), debería ter un sitio na Academia antes que Cebrián e ó lado dese peaso escritor que es el Pérez Reverte. Perdón: creo recordar que por aquí había alguén amigo de Reverte: insisto en que non me gustan as súas novelas, nada máis, non o autor coma persoa. Pódese cambiar o nome de Reverte por outro, non sei, ¿Gonzalo de BerSeo?
A-Chesi-no

Anónimo dijo...

PARA ANONIMO DAS 3:57. Non lín a Ballesteros. Ben. Nos derradeirros cincoenta anos da literatura galega (supoño que fala vostede de ficción), ¿Rey Ballesteros é o máis salientable con Ferrín? Ou sexa, nese medio século, Cunqueiro non se lle achega a R.B., nen Risco (Vicente e Antón), nen Blanco Amor, nen Dieste, por citar de súpeto? Pois non pintan ben as cousas para a narrativa galega, entón. No fondo, voume ter que dar de baixa no ateísmo e voltar é relixión católica: quen morre vai ó ceo (e en literatura sen pasar polo purgatorio. Que xa non existe, ademáis, segundo Bieito XVI. ¡Bieito XVI é galego e seguro que en vez da sela Papal ocupa un sillón da Acamedia Galega ou no Pen Clube. Acabaramos, cona). Nese ceo-empíreo-extático andará de sumo sacerdote José María Pemán, supoño, recitando sen parar "El divino impaciente":
Mas soy débil dudaré
aún de mis fuerzas mil veces
y mil veces le diré
que calle a tu voz amiga
que es inútil que no siga
la siembra de sus ideas
Pero tú no me lo creas
por más que yo te lo diga.
E sen Nobel, esa xoia gaditana. Qué inxusta é a Academia Sueca. Nin Pemán, nin Vizcaíno Casas, nin Ferrín, nin Alfredo Conde-Duque... Psé...

Anónimo dijo...

O problema, se é que isto é un problema, ven sendo o contrario: ¿que facemos os que tivemos por razóns sociolóxicas que non fai falla explicar, o castelán como lingua nai, e nunha determinada altura da nosa vida descubrimos que o galego era a nosa lingua aínda que non a mamásemos? ¿Que facemos? Asistimos perplexos a todos estes debates políticos, económicos (non debemos obviar a compoñente económica do asunto), culturais, etc., etc.. Fixemos a transición dunha lingua á outra, descubrimos -no meu caso gracias a Castelao e a Mendez Ferrín, mestre no bacharelato- toda unha oferta de posibilidades, prometimos, incluso, convertirnos, senón e faltantes/militantes, si en escribentes/militantes, e agora, cando temos unha lexislación aparentemente suficiente, atopámonos con que as leis non son quen de dar cobertura nin a realidade -que está fóra delas- nin á tendencia. Eu tiven un mestre que me dicía que a igualdade de oportunidades non existía, pero si a tendendia cara ela. A lingua galega -moi útil, por outra parte fora de Galicia, e o digo por experiencia propia- ven sendo unha especie de eiva para quen a usa. ¡Coitado! Os académicos chegan a afirmar que valoran máis un galego imperfecto, corrompido, falado polos políticos a un galego no falado. Daquela, ¿que fixemos os que transitamos desde o castelán urbanita ó galego políticamente consciente? ¿Temos que asistir, impávidos, á deturpación da lingua nos beizos dos nosos próceres e perdoarlles todo? ¿temos que admitir que a galego se convirte nunha lingua litúrxica, como o latín, que soportou todas as aberracións prosódicas? Dixit. Amen

Anónimo dijo...

Para o Anónimo das 7. 10. Non dixen "o máis salientable", nen sequera dixen o mellor; dixen "o máis orixinal, culto e versátil".

Anónimo dijo...

Evidentemente, ó non ir entrecomillado, eu non lle atribuín o de salientable. "Culto e versátil", literariamente, pode ser un halago ou non. Coñece cultos e versátiles malos escritores e ó revés. Non era culto ni versátil Roberto Arlt, nin o o era na súa escrita Céline e tampouco Faulkner. Nin sequera Kafka. Como catogería literaria non ten poeque ser unha lei que teñamos que respetar. A literatura, que non sei ben que é, pode (pode, insito) ser outra cousa aparte de culta e versátil.

Anónimo dijo...

Tes toda a razón, Anónimo; que un escritor sexa culto, non ten por que ser un valor literario. Un escritor debe ser bo, e se é culto, convertir a súa cultura nunha plusvalía literaria, pero iso non se consegue sen esforzo...literario. En canto á orixinalidade, eu coido que, se é esteticamente procesada, si é ou pode ser un valor literario. E no que se refire a "versátil", é un termo descriptivo dunha actitude, que a min, persoalmente, me gusta. Pero non cabe dúbida que se pode ser versátil e mal escritor. Non é o caso de Ballesteros, que, ademais de ser, no persoal, culto, era, no literario, versátil e orixinal. Versátil, porque lle daba ben a todos os paus (novela, ensaio, tatro) e orixinal, porque o facía dende unha independencia estética e unha alleidade ás modas, en verdade, insobornables.

Anónimo dijo...

Outra vaca no millo:

El dueño de Inditex, Amancio Ortega, está preocupado por que se obligue a los niños a estudiar determinadas asignaturas en gallego. Así lo dio a entender la periodista Covadonga O'Shea, que acaba de publicar un libro titulado "Así es Amancio Ortega", basado en conversaciones con el multimillonario dueño de Zara.

Recordando algunas conversaciones con Ortega sobre ese tema, la periodista reflexionó sobre cuestiones como que "tiene allí a gentes que tienen a sus hijos estudiando en colegios que, a lo mejor, se los tienen que llevar fuera porque... qué hacen estudiando matemáticas en gallego... gentes que se van a ir después a otros sitios". En una intervención que parecía más bien a título personal, Covadonga O'Shea dijo estar a favor de que hablen español, inglés "y si, además, hablan gallego, perfecto, pero no esa imposición".

Anónimo dijo...

XDC dí:

Os meus libros de matracas de bachillerato eran totalmente incomprensibles, pois estaban "en matemáticas". Algo así como si aprenderan inglés "en inglés".

Vostedes pensan que alguén pode entender qué é un "espacio vectorial" si lle dicen que é "un conxunto E no que se definiron duas leis, unha interna ExE-E con estructura de grupo abeliano, e outra externa K.E-E cós elementos dun corpo conmutativo K que cumple ademáis as propiedades..."?.

Oghallá o problema das matracas fora sólo que estuveran en galego ou castelán...