4 oct 2008

O HOME LOBO
PAN POR PAN sábado 4 outubro.

Como vostedes saben, hai unha moi ampla bibliografía sobre o Lobishome: en Galicia, escritores e estudosos como Vicente Risco, Carlos Martínez Barbeito, Alfredo Conde ou Xosé Miranda achegáronse a este mundo. Hai moitos aspectos atractivos neste mito: para empezar, a metamorfose de home (ou muller) en animal e a dualidade Ben/Mal, tan eficaz en calquera historia. A posible intervención do Maligno, como achegan algunhas lendas, sempre é sedutora nun plano narrativo. Din que afectaba sobre todo ó sétimo descendente dunha familia e era un mal provisorio, ás veces tamén intermitente. E segundo conta Víctor Vaqueiro (“Guía da Galiza Máxica”), os primeiros síntomas desta doenza presentábanse en forma dunha fonda melancolía: velaí a raíz intensamente humana deste mito, a tristura como ponte dende a condición humana cara a besta cruel e asasina.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

A mín ocúrreseme que o mito do home-lobo e unha construcción do subconsciente colectivo femenino, pra representar a transformación en "animal" que sufre o macho humano cando "se lle levanta o carallo"

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Forte dominus Capuae exierat ad scruta scita expedienda. Nactus ego occasionem persuadeo hospitem nostrum, ut mecum ad quintum miliarium veniat. Erat autem miles, fortis tanquam Orcus. Apoculamus nos circa gallicinia; luna lucebat tanquam meridie. Venimus inter monimenta: homo meus coepit ad stelas facere; sedeo ego cantabundus et stelas numero. Deinde ut respexi ad comitem, ille exuit se et omnia vestimenta secundum viam posuit. Mihi anima in naso esse; stabam tanquam mortuus. At ille circumminxit vestimenta sua, et subito lupus factus est. Nolite me iocari putare; ut mentiar, nullius patrimonium tanti facio. Sed, quod coeperam dicere, postquam lupus factus est, ululare coepit et in silvas fugit. Ego primitus nesciebam ubi essem; deinde accessi, ut vestimenta eius tollerem: illa autem lapidea facta sunt. Qui mori timore nisi ego? Gladium tamen strinxi et (in tota via) umbras cecidi, donec ad villam amicae meae pervenirem. In larvam intravi, paene animam ebullivi, sudor mihi per bifurcum volabat, oculi mortui; vix unquam refectus sum. Melissa mea mirari coepit, quod tam sero ambularem, et: 'Si ante, inquit, venisses, saltem nobis adiutasses; lupus enim villam intravit et omnia pecora tanquam lanius sanguinem illis misit. Nec tamen derisit, etiamsi fugit; senius enim noster lancea collum eius traiecit'. Haec ut audivi, operire oculos amplius non potui, sed luce clara Gai nostri domum fugi tanquam copo compilatus; et postquam veni in illum locum, in quo lapidea vestimenta erant facta, nihil inveni nisi sanguinem. Vt vero domum veni, iacebat miles meus in lecto tanquam bovis, et collum illius medicus curabat. Intellexi illum versipellem esse, nec postea cum illo panem gustare potui, non si me occidisses. Viderint quid de hoc alii exopinissent; ego si mentior, genios vestros iratos habeam."

Satiricon LXII, do grande Petronio.

Anónimo dijo...

A ver, Medela, marchando unha tradución impecable, de factura propia e feita ipso facto.

Anónimo dijo...

Vale, vale, non abafe, cona. Domina o latín ou sabe transcribir páxinas doutros autores pero é unha falta de corrección e un alarde de pedantería. Ou é unha dura necessitas, porque resulta fundamental aterse ao nihil nimis. ¿Dacordo?

Anónimo dijo...

Meu admirado XDC: algúns temos interese en saber se hai algún mito (non sóo do lobishome) o que vostede non lle dea unha interpretación erotico-festiva...

Anónimo dijo...

kamarada herbácea. O pulo subxacente sexual e erótico é unha corrente fortísima de poderoso influxo.
Cando se fai cencia e se plantexan hipóteses para explicar un feito, hai un principio que non sei como se chama, que consiste en coller sempre a hipótese máis sinxela.

Ben pois tamén poderiámos crear o principio (é brincadeira) que alí onde hai unha hipótese sexual que se quiten as demáis. Máxime en países de educación católica.

Teño unha amigha moi promíscua,( deuna deus así, que lle vamos facer), e como ten unha traxectoria imparable, longa e extensa coñece a fauna masculina de moitos países. E díxome que só ten problemas nos países de educación católica.

Somos católicos, únete a nós!.
( Somos xóvenes, únete a nós, eu tamén loito pola libertade e o socialismo)-máxima dun carné das xuventudes comunistas que comprei por cinco pesos e aínda teño. Voulles facer un cadriño xunto co de erga e o do Psoe-marxista.

Anónimo dijo...

Amigo cánido: non vou a saír eu na defensa do catolicismo precisamente... Pero non lle parece que os excesos represivos nacional-catolicistas da súa educación non deben ser excusa do que fai vostede con carapuchiña vermella?

Por certo; o principio de razoamento ao que alude que afirma que de existir dúas explicacións para un fenómeno debe escollerse a máis sinxela coido que é coñecido como a "navalla de Occam". A aplicación que vostede fai da mesma (acepto a brincadiera) ven podería denominarse "a machada de eros".

Anónimo dijo...

Aceptado "herbiña do camposanto", o que non sei é o que lle fagho a carapuchiña vermella, sabe?, como os contos lle varían para facelos "políticamente correctos". Noutro lugar falaba eu que aghora no conto do meu fillo metenlle unha soba ó lobo en troques de matalo; e tamén variou a comida da cestiña da carpuchiña. E no XVIII coido que non era cestiña nin carapuchiña.

Se o lobo devorou daquela a nena, aghora non sei o que lle fai. Mexarlle nunha esquina da cama, comerlle a merenda. Algo que non traumatice ós meniños.

E cando veña a gherra, que virá, vaino pillar sen homes, xa verá.

Trebi dijo...

No Xapón houbo homes-raposo;en Noruega homes-oso; en África homes-hiena; en Sudamérica homes-xaguar.
O home lobo é europeo:
(DE LOBOS,HOMES E LOBISHOMES)-Santiago Lamas.
Moi interesante ensaio, do libro:
FERRÍN E OUTRAS HISTORIAS
Trebolle

Anónimo dijo...

Haberá que lelo, amigho Trebijano.

Anónimo dijo...

Trebi, é certo que Caixa Galicia está a punto de caer?.