4 nov. 2008















Arias e o medo ós caraveis
andoliña 4-11-08

Carlos Arias Navarro, o derradeiro xefe de goberno de Franco, quixo declararlle a guerra a Portugal e consultaba cos Estados Unidos, vía Robert Ingersoll, entón vicesecretario de Estado, para gañar puntos. Contábao onte con detalle o xornal El País estudando documentos do Departamento de Estado norteamericano agora rescatados. Os caraveis foron un soño de esperanza dende o outro lado da fronteira e aló foron os xornalistas, tamén galegos, a contárnolo (algúns encontraron acubillo fronte á represión, como Margarita Ledo).
Os caraveis asustaron o réxime franquista, temeroso dun contaxio democrático, e os fascistas pecharon Triunfo e reaccionaron con chulería: "España estaría disposta a librar o combate anticomunista, a soas se fose necesario", dicía Arias. E pensaría: para iso gañamos a guerra. As mensaxes do xefe de goberno de Franco, na primavera de 1975, tamén semellan pregos cara a EEUU para que Kissinger facilitase o ingreso de España na OTAN. Poucos meses despois un Arias espectral enchía as pantallas da TV para comunicar entre bágoas a morte de Franco. Un documento único, patético (está en youtube) dun mundo lúgubre que se despedía asinando varias penas de morte.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O que asustaba ao goberno de Carrero non era o "contaxio democrático" procedente de Portugal, senón unha revolución de tipo socialista ou comunista.

Anónimo dijo...

Claro, home, non lle asustaba o contaxio democrático porque eran demócratas aínda que non o sabían. Por iso o franquismo trouxo a democracia a España. Velaí as teses da dereita extrema (Pío Moa) utilizadas por quen, en teoría, non o é. Los extremeños se tocan.