29 nov 2008


Marcos Valcárcel, o vendimador da cultura galega

Redacción -Vieiros- 13:35 29/11/2008



Ás sete da tarde preséntase o seu 'Historia de Ourense' no Liceo; e ás nove da noite os seus amigos renderanlle unha merecido recoñecemento.



As instalacións do Liceo de Ourense (Lamas Carvajal 5) acollerán a partir das sete da tarde deste sábado a presentación de Historia de Ourense, o máis recente libro de Marcos Valcárcel. O acto contará coa intervención de Francisco Rodríguez Fernández (alcalde de Ourense), Alfonso Vázquez Monxardín, Manuel Bragado e o propio autor. A continuación, ás nove da noite no restaurante San Miguel celebrarase unha cea-homenaxe de recoñecemento de todos os amigos e amigas ao "infatigábel labor de Marcos a prol da cultura de noso".

A comisión organizadora da homenaxe, formada por César Ánsias, Xoán Fonseca, Benito Losada, José Carlos Martínez-Pedrayo, Eustaquio Puga, Xosé Ramón Quintana, Xosé Trebolle e Afonso Vázquez-Monxardín quere con este acto "buscar formas para expresar a gratitude e cariño que moita xente quere comunicar a Marcos, nestes momentos complicados para a súa saúde". Os seus amigos destacan os seus traballos de investigación e divulgación sobre a historia de Galicia e en especial nos eidos cultural e xornalístico, a súa constante presenza na prensa galega dende hai trinta anos (hoxendía en Galicia Hoxe, La Región, e A Nosa Terra), o seu desinteresado labor de organizador e dinamizador cultural na cidade de Ourense, ou o seu blog As Uvas na Solaina; "e todo sempre desde posicións galeguistas, progresistas e dialogantes", salientan.

Nas últimas semanas veñen aparecendo en distintos medios de comunicación numerosos artigos de opinión que gaban a figura do historiador. Por exemplo Xosé M González escribiu en Xornal.com "El, motivo e titular desta peciña, leva gañado o que dicían o Miranda e quen asina: constituír arestora único parangón factible para don Ramón Otero Pedrayo. Igual lle agroma roibén nas fazulas, cavilando que aquela enorme sombra non ten hogano semellar. Confundirase. Hospitalidade, erudición, ourensanía. Perciben o aire de familia?".

Xosé M. Sarille, en El Correo Gallego, dixo: "Un grande corazón que impulsa e transporta, desde o pasado para o porvir deste país, e desde a sombra para o entendemento e o amor. Non lle coñezo a outra obra, a do erudito e coleccionista paciente. Tenme falado dela nos cálidos días en que nos retratabamos xuntos e sei que en Ourense hai casas enteiras de arquivos de papel que pola lúcida escolla constitúen talvez a notaría máis importante da Historia de Galicia do último medio século. E todo porque Marcos Valcárcel é tan grande como imprescindíbel".

Xaime da Pena, en Xornal.com, afirmou "Marcos tamén ten todo aquelo que sempre quixemos do noso pai e para o noso fillo, a tolerancia suficiente para que te comprenda nun extremo e un sorriso cómplice despois dunha zoupada, !vas caer¡, pero con eso non se nace, eso faise o longo de cincuenta anos, día a día, lectura a lectura e artigo a artigo, e de aí ese bendito respecto profesoral que lle temos os seus okupas, e como dicía o outro senón existira habería que fabricalo. Nós témolo, disfrutémolo".

E en La Región Rosa Enríquez deixou dito: "Por iso precisamente, ao entrar no blog de Marcos Valcárcel, como dicía Borges, unha aprende e aprende e volve a aprender. Eu, por aprender, aprendín, por exemplo, que hai persoas que traballan arreo, coma Marcos, na configuración da memoria real, sementando o respecto á cultura e ás artes feitas no noso país, fornecendo o espírito de quen teña desexos de coñecer as súas raíces que o único espazo onde se pode dicir que existe radicalidade".

Helena Villar Janeiro, en Galicia Hoxe, escribiu: "Cavilaba eu estes días en que Eduardo Pondal, cando escribiu o poema que se ía converter no himno galego, tivera unha certa premonición de que existiría unha personalidade como Marcos Valcárcel e que lle inspirara en vaticinio aquel sintagma "os bos e xenerosos".


3 comentarios:

Xosé Manuel Carreira dijo...

Parabéns!

Anónimo dijo...

Marcos Valcárcel: ‘As cousas si se fan ben, sen desexo de ridículos
protagonismos, teñen boa resposta’

La Región, Sonia Torre - 29-11-2008

A actividade cultural en Ourense non se pode entender sen o nome de
Marcos Valcárcel. O profesor, investigador e historiador presenta hoxe o
seu último libro ‘Historia de Ourense’, e ademáis será o protagonista dunha
cea-homenaxe pola sua intensa traxectoria.
O Clube Alexandre Bóveda, a Asociación cultural Auriense, a sección de
literatura do Liceo, a Fundación Carlos Casares ou o Pen-Clube de
Galicia. Son só algunhas das asociacións relacionadas coa cultura que
teñen un incuestionabel nexo en común: Marcos Valcárcel. Este
ourensano, profesor, catedrático, investigador e historiador, autor de
numerosas publicacións, colaborador de medios de comunicación, como
La Región, e organizador de numerosas actividades culturais, é un dos
motores da vida cultural da cidade. Esta tarde, ás 19 horas, no Liceo
presentará seu último traballo: ‘Historia de Ourense’, e será o
protagonista dunha cena homenaxe para recoñocerle a súa traxectoria,
algo que recoñece ‘agradezco moitísimo, xa que me consta que foi feita
con agarimo e porque, tanto os organizadores como a xente que se
apuntou, son amigos e iso e de valorar’. Os comensais xa superan os
300.
¿Que se sinte máis, profesor, investigador ou historiador?
Son facetas complementarias, dende a miña perspectiva síntome máis
ben profesor, que é o que fixen prácticamente toda a miña vida. Despois
a presencia na investigación e, sobre todo, na prensa, para mín e
complementaria, xa que trato a cotío os mesmos temas e é o mesmo
descurso, só que plasmado cos distintos linguaxes que utilizo.
¿Que conta ‘Historia de Ourense’?
Trátase dun libro de divulgación, é un libro pequeno, aínda que debo
destacar que ten unha presentación moi coidada. Defínese como unha
porta de entrada ao que foi a historia inicial de Ourense. Está pensado
para estudantes, como os meus alumnos e incluso para universitarios.
Aínda que tamén é válido para todas as persoas interesadas en coñecer
un pouco máis a historia de Ourense, e para os turistas que se acerquen
ata a nosa cidade. Ata agora non había un manual sinxelo no que
poideran atopar estos datos e que lles poidera servir para iniciarse na
istoria da cidade. O que se trata é poder espertar un pouco o interese
pola istoria de Ourense dunha maneira sinxela. Tratei de facelo co todo
rigor do que fun capaz e incluso tentei introducir algunhas novedais,
como os descubrimentos que se están a facer coas excavacións das
Burgas. O que quería era un traballo que poida chegar a maior parte da
poboación. De todos modos, tamén aparece unha ampla referencia
bibliográfica para as persoas interesadas en profundizar.
Página 1/3
Como unha das persoas que promoven as actividades culturais na
cidade, ¿pensa que os ourensáns responden ben?
Creo que sí, que Ourense responde as iniciativas culturais. E certo que
tratei de introducir cousas novedosas, imaxinativas, pero sobre todo, o
máis importante é contar coa colaboración de todo o mundo, eu son
únicamente unha peza máis no engranaxe. Hai moita xente en Ourense,
amigos como Benito Losada ou Monxardín, por exemplo, que están
continuamente en diferentes ámbitos culturais e o que chegamos é a
conclusión de que cando as cousas se fan ben, con certa querencia,
coordinando todo, colaborando o maior número de institucións, de
iniciativas, e sin desexos de protagonismos, que son ridículos, as cousas
saen ben e a xente responde. Ourense é unha cidade culta, sempre o
foi, quizais noutros momentos tivo máis actividade no sector da
producción cultural, e hoxe cecais hai máis espectadores, xa que as
infraestructuras aumentaron e temos posibilidades de asistir a un maior
número de espectáculos culturais que antes. A asignatura pendente é
que Ourense xenere máis productos creativos e que o faga en todolos
campos, que se complementen as dúas cousas: a labor do espectador,
que non deixa de ser unha labor pasiva, e a do creador, e que de
Ourense poidan sair ata outros espazos.
¿Que é o que falla para que se produza esa proxección de creadores?
Estas cousas son moi lentas, o traballo de cultura non se fai en dous nin
en tres días, a veces fan falla xeracións, é algo que se ve a moi longo
prazo, e non todo o mundo ten paciencia para seguir. Realmente o apoio
institucional vai máis ben dirixido a cultura espectáculo e a promocionar
cousas que veñen de fora. O meu consello sempre é o mesmo: que as
institucións públicas apoien o máis posible o sector creador, sin ningún
tipo de partidismos nin sectarismos, e dar a máxima liberdade, porque
hai xente moi boa.
¿Os políticos en xeral entenden a cultura?
Non se pode dar unha resposta en xeral, habería que facer matizacións.
Hai de todo. Eu coñezo políticos con grandes inquedanzas culturais, que
sé que son grandes lectores e participan en eventos culturais
continuamente; hai outros que aos que non lles interesa nada, os libros
están na estantería non para ler, senon para adornar; e hai outros que se
limitan a cumprir coa labor institucional de apoiar mediante subvencións,
pero tampouco a súa inquedanza máxima é o mundo cultural. Eso por
suposto, non podemos pedir ilusións, ideais, cada quen é como é. Non
podemos pedir unha clase política que teña un nivel cultural elevadísimo,
porque eso non se da nin en Ourense, nin en Madrid, nin en outros
lugares, non é un fenónemo exclusivamente ourensán. O que sí
podemos é pedir que os políticos sexan conscentes do valor da cultura,
que a cultura é a que da no fondo identidade a unha sociedade, e unha
certa personalidade, e que sexan polo menos, digamos que teñan o
complexo ou prexuicio de que isto é algo que hai que coidar, agarimar e non desprezar. O realmente terrible é cando por ignorancia a xente
despreza a nosa cultura, o noso idioma, porque non saben o que teñen.
¿Existe unha xeración relevo para actividades culturais?
E necesario que exista, debería existir. Hai de todo, na mocidade hai de
todo, eu non son nin apocaliptico nin catastrofista. Un vello filósofo
antigo, séculos antes de Cristo, falaba contra a mocidade, que era un
escándalo, que onde ibamos a chegar, é un discurso vello, que non
aporta nada. Na mocidade hai de todo, hai xente moi boa, moi válida,
moi ilusionada, moi ben preparada, traballando en ONGs, en campos
sociais, culturais, e de ahí ten que sair esa xente. Hoxe o unico é que,
digamos certos sectores o teñen máis fácil, teñen unha serie de
infraestructuras, está o mundo de internet, que e un auténtico tesouro, e
incríble a cantidade de blogs, de iniciativas que están ahí, de diálogo. E
a outros niveis, pois a veces hai unha falla de referentes, de saber contra
qué loitar. Na miña xeración iso o tiñamos claro, estaba Franco, e
tiñamos un obxetivo. Hoxe pode haber un sector da mocidade que esté
confuso, que non teña moi claro porque ten que loitar, ni ata onde o ten
que facer, pero siguen sobrando causas para loitar, para sair a rúa
todolos días, para seguir traballando no mundo social, político e cultural,
e hai xente moi potente, boa e moi preparada. Entre a xuventude que
coñecin ao longo do tempo hai moitas persoas que poden facelo moi
ben, e sen dúbida que están moito mellor preparados que a miña
xeración, a nivel académico e a nivel profesional.
¿Qué recorda con máis ilusión?
Dende logo a xuventude polo que ten de descubrimento, de iniciación.
Os primeiros anos 70 foron un cambio radical. Eu era un neno da
pequena burguesía, afastado da realidade. O salto ao instituto, o salto a
agrupación cultural Auriense, as primeiras misas en galego, deron un
volco a miña vida, unha galeguización que me volveu ao mundo dos
meus pais e avós, que eran galegofalantes e moitos dos mellores amigos
que teño son daquela época. A outra etapa foi xa vendo de Santiago,
empezando a traballar en algunhas das asociacións que participei.
Recordo os encontros, as reunións, todos eramos amigos e isa e a
mellor maneira de traballar, sen dúbida.

Fuente:
http://www.laregion.es/

Anónimo dijo...

Parabéns profesor, alégrome moitisimo.
Fai vostede un traballo excelente.
Susanamoo