23 dic 2008

















Agradable xornada

A do domingo pasado en Baiona. Convidáronos os amigos Pepe Trebolle e a súa dona Mary Loly. E tamén veu, no seu coche, Afonso Monxardín. Estivemos no piso de Pepe e dona, con excelentes vistas ó mar, e fomos xantar a un restaurante no montiño que rodea Baiona: só as vistas, excepcionais e coas Cíes en primeiro plano, xa alimentaban. Pero ademais comemos moi ben, todo estaba estupendo, pero a robaliza ó sal foi antolóxica (só en Fisterra comémola doutra vez tan rica, da man do amigo Modesto). Excelente tamén a ensalada de bacallau que nos recomendou Mary Loly, e as navallas, ameixas, etc.
Pola tarde houbo tempo para un café no Parador e subir ó cume do monte para contemplar, a ollos case de paxaro, toda a liña costeira e as rías ata Ribeira e o monte da Curota, grazas a un día de sol que se agradece ben nestas datas.
Unha xornada moi agradable, sen dúbida. As fotos son de Trebolle e da súa dona.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Mágoa non subiran uns metros máis pola mesma estrada. As vistas son mellores e a paisaxe dende a caseta do Montouto, a uns metros da estrada, permite ver tamén a boca da Groba e a desembocadura do Miño.
Cando un chega a iste lugar sintese moi pequeno, e a natureza faise xigante, fermosa e respectable, cousas que non temos moi en conta nos tempos que corren. Si non conseguimos paralo, nuns meses nese mesmo lugar teremos un parque eólico estragando a fermosa paisaxe que poido gozar vostede e os que lle acompañaban.
Loitaremos para que iso non ocurra, aínda que sexamos poucos, non nos van arredar.
Saúde Marcos, e felices festas a todos .
SOS a Serra da Groba

Anónimo dijo...

Mágoa non subiran uns metros máis pola mesma estrada. As vistas son mellores e a paisaxe dende a caseta do Montouto, a uns metros da estrada, permite ver tamén a boca da Groba e a desembocadura do Miño.
Cando un chega a iste lugar sintese moi pequeno, e a natureza faise xigante, fermosa e respectable, cousas que non temos moi en conta nos tempos que corren. Si non conseguimos paralo, nuns meses nese mesmo lugar teremos un parque eólico estragando a fermosa paisaxe que poido gozar vostede e os que lle acompañaban.
Loitaremos para que iso non ocurra, aínda que sexamos poucos, non nos van arredar.
Saúde Marcos, e felices festas a todos .
SOS a Serra da Groba

Anónimo dijo...

Irmán: esa robaliza tíñache unha pinta bárbara. Alégrame ben que estivese tan suculenta.
Unha aperta fondísima e moitos bicos para María e para Eire. Desfrutade desta Noiteboa (con ou sen robaliza) que xa se achega coma un raio. Feliz Nadal (por adiantado) a todos/as.

Anónimo dijo...

Comida "que se pega al riñón"........

Anónimo dijo...

Parecen cadros de Caspar David Friedrich e o vista dos Cies un cadro de Hokusai.

Xaime dijo...

Marcos aínda que me repita, alédame velo tan ben, e deséxolle que pase un bó Nadal cos seus.

Xa sei que e cousa do mantemento pero saen unhas cousas moi raras na presentación do BLOG.

Anónimo dijo...

Perdonade, pero preciso de axuda e que alguén me aclare esto. Paréceme inverosímil que eu puxera no meu anterior comentario "o vista", e "dos cies" en troques de a vista , e das Cies. É certo que a veces avanto e trabúcome, pero non tanto, pasar de unha "o" en lugar de unha "a", non están as letras tan cerca, e cambiar de xénero cando é tan evidente non me parece de recibo.

Penso que o cacipo introduce erros.

Penso que hai que ler e repasar varias veces o paracaidas antes de tirarse do avión. E non teño moito vaghare, pódeme a emoción. E aínda así "se muove". As letras saltan, ou non?.

Será posible?.

Marcos Valcárcel López dijo...

O que máis me gustou desas fotos, sr. Lobo Neghro, é a lembranza do cadro de Friedrich que sempre tanto me impresionou, dende a miña adolescencia.
Grazas don Xaime, pola súa interese. Aquí seguiremos, sempre tan ben rodeado de amigos/as.

Anónimo dijo...

A mín tamén me ghusta o Friedrich Don Marcos, será que somos románticos. Eu tiven un ataque desos durante ben tempo, principalmente na adolescencia.
Bótelle unha ollada as ilustracións de paisaxes feitas por Hokusai Katsushika, a mín chegan a emocionarme tamén e perdo o control do tempo contemplándoas. A foto das cies co "rumoroso" dediante, a última foto antes da da xente, traeme recordo de algunha das obras deste prolífico pintor-gravador xaponés.

Ó Trebi salíronlle sen querer imitar a ninguén, parece. Estaban ehí, oportunas. Non deixa de ser sorprendente.