12 dic 2008


Don Manuel sufre el aire de Madrid
ANXEL VENCE



Outra vaca no millo, Antón Losada (GALICIA HOXE)
Disque don Manuel tivo día simpático e largou que o peso dos nacionalistas hai que ponderalo colgándoos dalgún sitio. Non estaba colgado cando o dixo. Non consta a súa querencia polassubstancias estimulantes, queimada á parte. É o que pensa. Outra achega do león de Vilalba á calidade da democracia. O que se escandaliza é porque non o coñece. O de colgar nacionalistas vén de vello na dereita española. Abofé que o teñen practicado a conciencia e valéndose dos soportes máis variados. Ten máis ciencia saber se a autoproclamada dereita “de centro e galeguista” de Os Nosos Alberto e Mariano anda tamén coa forca preparada.

92 comentarios:

xOsedorrio dijo...

Fraga non é santo da miña deboción, pero ainda así excusoo. Ten 86 anos, non sei como alguén se pode tomar tan a peito os seus deslices. Faríamos o mesmorespecto os nosos abós? Dubidoo. Claro que nosos abós non son senadores, pero iso tampouco é xulpa súa, como tampouco o é de Fraga, será en calquer caso do PSOE e do BNG que son os partidos que o votaron para o cargo -voto en contra do PP incluido-.

Iso sí, si Fraga ten un pouco de dignidade deixa ese posto, que xa non está para él. E se non ten dignidade, polo menos que sexa coherente, e deixe o cargo que lle foi conferido por uns nacionalistas.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

ponderar.
(Del lat. ponderāre).
1. tr. Determinar el peso de algo.
2. tr. Examinar con cuidado algún asunto.
3. tr. Exagerar, encarecer.
4. tr. Contrapesar, equilibrar.
5. tr. Mat. Atribuir un peso a un elemento de un conjunto con el fin de obtener la media ponderada.

colgar
1. tr. Suspender, poner algo o a alguien sin que llegue al suelo. U. t. c. prnl. Colgarse de una cuerda.
2. tr. Exponer pinturas, dibujos o fotografías.
3. tr. Colocar el auricular del teléfono en su sitio interrumpiendo o dando por terminada una conversación telefónica.
4. tr. Imputar, achacar.
5. tr. Abandonar una profesión o actividad, renunciar a ella. Colgar los hábitos, los libros.
6. tr. coloq. ahorcar (‖ a alguien). U. t. c. prnl.
7. tr. desus. Entapizar, adornar con tapices o telas.
8. tr. desus. Regalar o presentar a alguien una alhaja en celebridad del día de su santo o de su nacimiento.
9. intr. Dicho de una cosa: Estar en el aire pendiente o asida de otra, como las campanas, las borlas, etc.
10. intr. Dicho de un edificio: Estar construido al borde de una ladera muy pendiente.
11. intr. Dicho de una parte de un vestido, de un tapiz, de una cortina, etc.: Bajar más que otra, ser desiguales sus bordes.
12. intr. Depender de la voluntad o dictamen de alguien.
13. prnl. Apoyarse sobre algo, descansando el peso sobre ello. Colgarse del brazo.
14. prnl. coloq. Adquirir dependencia de alguien o algo, especialmente de las drogas.
15. prnl. coloq. Hablar durante mucho tiempo por teléfono.
16. prnl. Inform. Dicho de un ordenador: bloquearse. U. t. c. tr.

Anónimo dijo...

seguindo o argumento de xosse, porque vai ter dignidade, se xa tem oitenta e seis anos?. E Berlusconi, quando diz o que diz a culpa nom é dil e dos italianos que o puxeron nisse posto quando ja deveriam de saber como era, coitado ele nom é responsavel do que di, e ainda mais G. Bush, ex-alcohólico, tampouco é responsavel, a culpa é de quem o votou.
Cada feito terá o seu delito, o de vota-lo, se é que o é e o que dixo outro distinto.

Anónimo dijo...

Eu estou máis ben co que di Dorrío. Fraga é un ancián e chochea. E como tal, ten unha regresión senil ás súas épocas máis "gloriosas", como evidencian as súas declaracións.

É patético velo aínda en público e nun cargo público. A culpa, ademais del, é de quen o promoveron para o cargo.

Sempre estiven en contra súa, cando moitos dos que agora se ceban nel calaban tentando comer no pesebre. Como Antón Losada, que non dubidou ser asesor dun conselleiro con Fraga como Presidente da Xunta.

A min fáiseme moi costa enriba darlle caña a un vello de 86 anos. Non teño a capacidade para ensañarme cun ancián, por moitas burradas que diga.

Que se retire, que se vaia para casa. E non se fale máis.

Anónimo dijo...

Eu penso que sabe ben o que dí e que, como ten 86 anos, dase o gustazo de decir o que pensa sin cortarse un carallo.
Si moitos dos políticos en activo de un e outro lado dixeran o que pensan de verdade, posiblemente nos botáramos todos a tremer de medo.

Anónimo dijo...

Meu caro Arume. Precisamente unha unidade física de peso é o "pondio", un de cuxos múltiplos é o Kilopondio.

Agora, vou acuñar o verbo "kiloponderar", có senso de "valorar en exceso". XDDDD.

Anónimo dijo...

Meu querido amigo, eu xa dixen todo o que tiña que dicir sobor do tema.

Anónimo dijo...

Eu contrariamente a vós penso que Fraga non chochea. E ghústame que estimule así a xente. Algúns van valorar máis as súas militancias, con algho de adrenalina sabe mellor.

Desbotar unha opinión decindo que o vello ten 86 e é senil non deixa de ser unha falacia, non sei de que tipo. Chesi, ilústranos.

Tamén me gusta moito oír a Carrillo con 93 anos, e estos dous son ben mellores que a xeneración de 50 e 60 anos que sobrevivíu á política.

A opinión de Fraga é lexítima, o que acontece é que aghora xa non sei moi ben que quixo decir.

Trátase de propor a eliminación física dos nacionalistas periféricos en maus dun nacionalista central (FRanco e Fragha o son), ou trátase de ponderar o seu peso que debe ser escaso no contexto de "España"?.

Non creo que Fragha, que é un dos homes máis "listos" do país, perdera masa cerebral suficiente para propor "a solución final", o cal sería denunciable por fomentar o xenocidio.

Mira que sodes mal pensados.

xOsedorrio dijo...

Pensade na forma de actuar dun neno de 3 ou catro anos, cando fala e como fala. Utiliza unha linguaxe egocéntrica, isto é, fala sen ter en conta o punto de vista dos demáis, el é o centro. Un exemplo pode ser a conversa telefónica dun adulto cun neno:

Adulto: Tes algún irmán na casa?
Neno: Si, este.
Adulto: Quen?
Neno: pois este!

O neno céntrase no seu propio punto de vista e é incapaz de entender que o adulto non está vendo o que el ve. Iso mesmo pode pasarlle a unha persoa maior.

Eu non discuto que Fraga pense o que realmente dixo. Non debería dicilo, iso é outra cousa, pero dádalas circunstancias, é disculpable.

O que si non é tan disculpable son os berros dos universitarios que apupaban a Feijoo na universidade e lle berraban ¡fascista!. Non é propio dun universitario ese comportamento,... sen embargo, vede ahí, non atopei tantos artigos de opinión ó respecto.

Anónimo dijo...

Mancó finezza ?

Anónimo dijo...

"Disculpable" o que dixo Fraga? Carallo para o sentido da "disculpabilidade" que tes ti. Fraga ten idade para estar retirado da política, con bata e pantuflas na casa, xogando cos netos e netas, ou botando unha de dómino ou dominó cos amigos no bar (cousa que non quere, porque el o que gosta realmente é de xogar ao domino sen acento, é dicer, aquí domino yo, como está mandado, como no puede ser de otra forma). Se non o fai é porque o homiño, apesar dos anos e dos achaques, ESTÁ ENFERMO DE PODER POLÍTICO, BOTA DE MENOS OS ANOS DE "ESPLENDOR NA HERBA FRANQUISTA", PENSA QUE É IMPRESCINDÍBEL PARA O BON GOVERNO DO PAÍS. Por iso non cala, quere sentirse en todo momento rei do cenario político. Un caso particular de enfermo imaxinario: UN ENFERMO POLÍTICO IMPRESCINDÍBEL. Ademais, un insensato de categoría, porque se hai que colgar aos nacionalistas, el é o primeiro que pasa pola corda, por nacionalista rabioso español.

Anónimo dijo...

Quén determina a edade pra deixar de estar na política? Quén é ninguén pra decirlle a ninguén que vaia prá casa xogar cós netos? Nesas cuestiós personáis non sei por qué hai que meterse. Hai moita xente que quere morrer "coas botas postas", exercendo a actividade que lle deu senso á su vida persoal. Fai uns días saía unha muller anciana, Premio Nobel, decindo que non se retiraría nunca. Mira que non hai xerontócratas no mundo, de todos os signos, como pra criticar a Fraga por eso.

Anónimo dijo...

Si é por burradas, inda se oen unhas cantas, proveñentes de xente de todas as edades.

Anónimo dijo...

Supoño que esa "muller anciana, Premio Nobel" estará comprometida nun labor benéfico para a sociedade. Se é quen eu penso, así é. Nese caso, por min que non morra nunca nen se borre da actividade "que lle deu senso á sua vida persoal" e á dos demais. Pero un tipo, novo ou vello, Aznar ou Fraga, que non pára de dicer babecadas incendiarias, que nada axudan á convivencia, pois, que quere que lle diga, mellor que se meta na casa e xogue cos netos. Se Bush non gañara aquelas eleccións fraudulentas e se dedicara a estar mais na casa e a xogar mais cos netos, ao mellor non estaríamos tan metidos na cova como estamos. Sobre todo os irakís. Non é un problema de anos, é un problema de mentalidades, de declaracións... De contribuir a mellorar as cousas ou empeñarse en dinamitar a convivencia. Fraga, o incendiario, non fai mais que dinamitala. Un fanático de 86 anos. Como se tivera 15.

Anónimo dijo...

XDC, creo que te precipitaches nas respostas. Respondícheslle a fogo fatuo, á idea que te fixeches de fogo fatuo, non ás palabras que escrebeu fogo fatuo, porque se as leras con atención verías que son mais sensatas do que parecen e que non merecían unha resposta tan precipitada, tan prefabricada. As palabras non son o que parecen os nicks. Claro que Fraga merece unha crítica por iso, e ben contundente, porque entre xogar con lume e xogar cos netos haiche unha boa diferencia.

Anónimo dijo...

É moi criticable a frase de Fraga como tantas outras que ao longo da súa vida foi pronunciando con aparente sentido da lóxica: nunca saiu de fascista e se logrou parecer outra cousa foi gracias ao apoio democrático que outra xente lle deu.
Dito esto, o que non me gusta deste asunto é a compracencia dos comentaristas que, non tendo outra cousa que comentar ou escribir, van ao fácil, ao máis sinxelo: que é poñer a Fraga apampedir para parecer diante da opinión pública como o colmo do progresismo. Non me gusta esa especie de vantaxismo político. O de Fraga coméntase só. A non ser que un teña a tentación de crerse ou parecer, a costa del ou deles, o máis enxeñoso e simpático comentarista do universo.

Anónimo dijo...

Eu creo que aquí o "vantaxismo político" ou a demagoxia perigosa pratícana fundamentalmente Fraga, Ánsar, Bono, Ibarra e compañía, que saben que calquer declaración flamíxera que fagan sobre o nacionalismo obterá a mesma ou parecida repercusión mediática que está obtendo esta última, porque o nacionalismo é materia altamente sensíbel e inflamábel e xogar contra el é xogar a favor dos votos (e ás veces dos carros de combate) da caverna española. Un mal negocio para a convivencia "diversitaria"..

Anónimo dijo...

Non, Arume. Non. Fraga refería o nacionalismo español.
Si home, o de María Escario, o de Fernando Alonso e Arancha Sánchez Vicario. O da policía aterrorizando os senegaleses a vender cds falsos en canto os cantores marchan para Lichtenstein.
Si, Arume, o das bandeiras do Real Madrid a ondear perennemente no telediario español que todos pagamos.
Si, ese nacionalismo de ser educado cos de fóra e de botar o mal de ollo cando a filla da veciña aproba as oposicións a auxiliar de clínica.

Era ese nacionalismo contra o que se alporizaba o grandísimo Fraga Iribarne. Si. Fraga. O eterno opositor que sacou sempre o número un e nunca deu gañado nada importante.

Cumprimentos, Arume.
Saúdos tamén para Fogo Fatuo e Dorrío.

Anónimo dijo...

Hai un pequeniño pormenor, e non quero abusar do tópico. Aínda o outro día me dixeron que España non era unha nación.
Daquela, o que chamamos nacionalismo español non é tal nacionalismo.
Que virá sendo, entón??

Anónimo dijo...

Por que terá que superar o Real Madrid a eliminatoria contra o Real Irún, ou o Celta Turista??
España non é unha unidade??
Hai categorías dentro de España??
É superior o Real Madrid por propia natureza ao Real Irún??
Por que é preciso que o Madrid derrote o Irún??
Os de Irún non pagan impostos??
Non teñen DNI??
Por que María Escario, ben seguro, se alporiza cando os do PNV falan en se asociaren libremente co estado español??
Por que o Real Madrid non se pon en servizo dos intereses do Real Irún??


Por que, señor, por que...

Anónimo dijo...

Non me precipitéi para nada na miña resposta por a sinxela razón de que é unha cuestión que teño moi pensada desde fai moitos anos, aplicada a mín mesmo. Eu, a nivel persoal, non creo en xubilaciós. Qué lle quere, debe de ser unha consecuencia de terme criado tamén na aldea, onde os vellos coma o meu abó traballaban hasta morrer, anque cobraran unha pensión. Non entro na perogrullada de valorar as palabras de Fraga, que non teñen máis que unha lectura. Pero o argumento da edade non me parece argumento. Outra cousa é si a persoa devén psíquicamente discapacitada, cousa que pode suceder a calquera edade, e que non parece ser o caso.

Eu non teño nin idea de quén é fogo fatuo, e non teño ningunha idea previa verbo do seu xeito de pensar. De feito, estou de acordo con él en moitas cousas das que ten escrito, neste post e noutros. Pero penso que as suas "ponderaciós" sobre a edade de Fraga si que están condicionadas por as ideas previas que ten sobre o personaxe.

A "labor social" que terá feito ese señor imaxino que será cuestión de opiniós. E, anque eu penso que a sua xestión en Galicia foi nefasta, teño claro que é unha opinión persoal emitida en base ós meus particulares criterios de valoración, que non teño dereito a universalizar.

Anónimo dijo...

Por que persoas como Fraga ou Rouco Varela, argüidamente cheas de títulos e 'preparación', fan cuestión de honor o seren tan firme e ferreamente antigalegas??

Anónimo dijo...

O Fragha antigalego?.
Ka.

Tamén penso como Dacova que cada quen debería xubilarse independentemente da edade, cando quixer ou puider. Ou nunca. Acontece que a mor parte da xente non traballa en eido que lle apaixoe. As persoas que fan da súa paixón, profesión, acostuman a morrer "coas botas postas" e felices.

Lembrades cando lle preguntan a Fidel se non pensa retirarse o que contesta?.
-"Júlio Garsía Marques deja de escribir?. Pablo Picasso dejó de pintar"?. ...silencio longo e medido.......Xesticulación de gran orador e actor : "Un artista se retira"?.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Debe ser que miro a Fraga e a Rouco como persoas tan lonxanas a min que non espero deles máis ca barbaridades. Non lles presto ningún oído. Como se chove. Non entendo esa teima por facerlles caso. Sinceramente. Como o Papa, o presidente do Real Madrid ou Raphael. Meterse con eles é darlles a importancia que non teñen.

Nota: A brunete mediática aproveita tanto o de Fraga coma o de Tardá. Qué máis ten? Esquezámonos deles e fagamos como se non existiran.

Anónimo dijo...

Tampouco penso que porque teña esa edade haxa que andarse con remilgos á hora de rebatirlle os seus argumentos con toda a dureza que sexa necesaria. Nada de "pobrecito el viejito". Ás duras e ás maduras.

Anónimo dijo...

Unha cousa é o artigo de Rafael Argullol do outro día en El País, de título "TRASTOS VIEJOS, ANCIANOS CREADORES", que supoño que lestes atentamerte e que eu tamén subscrebo de pe a pa, e que remata desta maneira: "Los efectos de esta política son desastrosos, incluso desde el punto de vista de la renovación generacional que se proclama, pues, con frecuencia, alentados por el igualitarismo cronológico que transforma a los que deberían ser maestros en trastos viejos, muchos de los jóvenes que acaban siendo promocionados no son los más talentosos o los más intelectualmente apasionados sino los más expertos en boletines oficiales y otras burocracias. De seguir así es muy probable que nos quedemos sin los jóvenes que podrían llegar a algo y sin los ancianos que ya habían llegado. Miguel Ángel acabó el Juicio Final a los 70 años; Sófocles escribió Edipo en Colono a los 80; Goethe tenía 81 cuando puso la última línea a su Fausto."; é dicer, unha cousa é Miguel Ángel, Sófocles, Goethe, XDC, Arume, Medela, etc., e outra cousa ben distinta, diametralmente, antagónicamente distinta é Fraga, que ocupa un cargo público e ten unha responsabilidade política "constitucional" (ao que estou chegando, que morno me estou volvendo) e por iso mesmo non pode estar día si e día tamén proferindo babecadas dese calibre criminal como se tal cousa. Fraga ten que cuidar moito o que di, polo cargó que ocupa e porque a estas alturas cronolóxicas da sua vida xa debera saber que o nacionalismo é materia non apta para disparates e bromas de mal gosto, eu que son un bromista infinito. Fraga, mais que un botarate a secas, é un botarate que bota lume pola boca, é dicer, un BOTALUME, e os botalumes están mellor na casa ben arroupados e apantuflados, vendo a tele, xogando cos bonecos e bonecas dos netos e netas e dedicándolle palabras agarimosas desde o estrado senatorial que lle confere a sua idade. Ou buscarlle unha ocupación que non comprometa a convivencia, e penso, por exemplo, na de TEMPLAGAITAS, ou bambeador de BOTAFUMEIROS. Que non saberá el de gaitas, que chegou a concentral 5000 instrumentos "celtas", "celtísimos", "celtarrísimos". Hoxe dedícanlle duas páxinas a Tàpies (85 anos, un menos que o botalume) en La Vanguardia e que diferenza, meus amigos. Tàpies é consciente do paso do tempo e, ademais de o ter deixado reflectido na sua obra, lévao a mostrarse "templado", discreto nas suas declaracións. Queremos "ancianos creadores" Tàpies e non "ancianos botalumes" Fraga. Dito isto, desexo que todos vostedes cheguen desmelenados á "ancianidade creativa" para eu poder seguir vindo pola Solaina a templarlle as gaitas, xa que Fraga non o fará nen de morto. Nen morto. O cemiterio de Vilalba, se é que o enterran nel, e que quede claro que por min dure moitos anos, pasará á historia como O CEMITERIO QUE BOTA LUME ou O CEMITERIO DA TUMBA FLAMÍXERA. E eu de fogo fatuo.

Anónimo dijo...

Enlazo artigo do blog "Croques", a ver qué lles parece o dibuxo:PREMER.

Anónimo dijo...

Nunca mellor dito, amigo XDC: en-lazo.

O que había que porlle de pé de páxina é estas palabras do artigo de hoxe de O´Rivas: "Me he acordado de Meirás por la versión fantástica de la hija, pero también pensando en un lugar entrañable y romántico donde Fraga pueda colocar su patíbulo virtual para colgar nacionalistas."

Anónimo dijo...

Fraga foi toda a vida un facha españolista, tivo que contemporizar cando se veu para Galiza, onde o fixo o mellor que puido dende unha posición rexionalista.
Os seus sucesores na xunta,non crean que van moito mais alá.
Pero agora o ancián chámalle as cousas polo seu nome, nunca soportou no estado outro nacionalismo que non fose o español.
O senil Fraga non quere facer o esforzo de comprender que o nacionalismo galego hoxe, é rexionalista e que compite nese campo co seu partido,o PP.

Anónimo dijo...

Podíame dicir alguén o enderezo electrónico de don Benito, o presi da Casa da Xuventude???
Obrigado!

Anónimo dijo...

Patéticas son as declaraciós do Sáenz de Santamaría, "explicando" que Fraga quería decir "ponderar o peso dos nacinalistas nunha báscula".
Eso sí que non. Que me tomen por parvo, sí que non o aturo. Peor que o outro.

Anónimo dijo...

Hai premio para quen diga algo orixinal de Fraga (e tamén algo orixinal do Bloque).

Anónimo dijo...

E logo como é que o nacionalismo galego é hoxe rexionalista, amigo Jimy? Acábase de publicar un libro de conversas con Anxo Quintana que se titula explicitamente "Vontade de nación". Eu, que xa o lin, non vin por ningures nada de "vontade de rexión", que sería o título máis acaído segundo a súa hipótese.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Voluntarismo entón, Apicultor?

Anónimo dijo...

Os pólíticos Apicultor teñen que actualizar as suas dotes retóricos, e de feito hai todo un xénero: "A mentira política".

Que denomine nación ao que pode comprenderse sen sairse dos parametros rexionalistas, ten as súas ventaxas, contenta aos nacionalistas que queden, mantén a tradición e de paso ergue unha bandeira con estrela azul para "aproximarse" a outra roxa amarela e cunha águia central.

Anónimo dijo...

Apicultor, non hai dúvida que é vostede un lector total ou con "vontade" de totalidade. Dígollo porque eu vou a toda presa e aínda non cheguei a ese libro que cita. Ben pensado, case mellor non chegar nunca, para non ter que bater cos ollos unha vez mais no rexionalismo con aparencia nacionalista que se agacha en calquer proposta ou proclama quintanista. Pero hoxe mellor falar da QUINiela que vai ter lugar dentro de 3 horas escasas, e que o Arume e mais eu, en perfecta comunón "nacionalista", pensamos compartir na distancia. Non ve vostede, o Arume tamén vai ser "nacionalista" por un día; que digo, por duas horas. E non pasa nada. Pois o mesmo que o das conversas. Home non.

Anónimo dijo...

Meus queridos amigos: Estamos as portas dunhas eleccións nas que cada un vai loitar por quedar onde e como está.
Claro que o de Quintana e voluntarismo, pero obrigano as circunstancias, os votos e os seus asesores de campaña.
Hai que manter unha diferencia de linguaxe, tanto xestual como verbal, diante do eleitorado, que o diferencie do seu socio de Goberno.
Unha resposta que debería darnos o noso especialista en xoseluisbarreirorivas das Uvas que é o Apicultor, e que pinta no libro de marras, se foi inducido, deducido ou abducido.
Estrañame que tendo sido Vicepresidente da Xunta, a estas alturas pense en voltar o Goberno de Galiza/Galicia, pero cousas peores se viron, perdón, quixen dicir, que outras cousas se viron.

Anónimo dijo...

Quintana é a reencarnación de Xosé Luis Barreiro RIvas

Anónimo dijo...

A reencarnación a vida política activa, tamén se pode dicir, transmigración das almas. Seguro que para Rivas, Quintana é o mello politico galego, evidentemente, analóxicamente, miméticamente,repetitivamente, eterno retorno, Sebastianismo ou se sequere, franqueirismo.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Valdesista
Puyolista
Alvesista
Marquecista
Abidalista
Toureyayaísta
Xavista
Busquetista
Henrysta (menos)
Etooista
Messista
Bojanista
e Guardiolista serei.
Blaugrana poderá ser a miña falta momentánea de razón.
Pero nacionalista vai ser que nin medio segundo.

Anónimo dijo...

Arume, dame o corpo que vai levar unha pequena decepción.

Anónimo dijo...

Corrección:
onde se le:
"para "aproximarse" a outra roxa amarela e cunha águia central."

léase:
para aproximarse a outra roxa e amarela cunha guía central.

Anónimo dijo...

Ala Madriiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii

Anónimo dijo...

O BNG vai subir dous, Von der Stein. O que xa non teño tan claro é á conta de quén, ou de queñes. É a hora de empezar a xogar mariscadas!.

Anónimo dijo...

"Parámetros rexionalistas" (póñolle acento gráfico onde corresponde): velaí un diagnóstico sumario que estaría ben que aclarase, Jimy de Rairo, a ser posible lonxe da escolástica.

Por circunstancias que non veñen ao caso, tiven ocasión de ler o libro antes de estar nas librarías. E dado que se piden aclaracións, podo facer algunhas para non alongarme.

Quintana propón un concepto netamente "político" e voluntarista de nación, cun par de mínimas pingas de "esencialismo" para adornar o cóctel: 98% e 2% respectivamente, diría eu para entendérmonos. Repárase na significativa diferenza de dous títulos de libros de entrevistas: a de Paco Rodríguez denomínase "A nación galega existe", a de Quintana "Vontade de nación".

Até onde eu sei, a iniciativa do libro correspondeu aos editores e a prensenza de Barreiro como interlocutor foi requerida por estes, non polo entrevistado. Para o meu gusto, a voz daquel óese demasiado e nalgúns momentos tapa, infelizmente, a do entrevistado.

Con todo, o entrevistado di cousas ben interesantes a carón doutras moito máis futís. Ás veces profunda e faino con moito xeito, incluso con rigor. Outras, en troques, divaga con xeneralidades e soa a baleiro.

Así as cousas, detéctase un proxecto propio -todo o discutible que se queira- e un intento -por veces frustrado, por veces valente- dun novo discurso para o nacionalismo galego.

Mais, para min, o máis importante é que dentro de corenta minutos vou ver o duelo de titáns. E non por ningunha caste de nacionalismo, senón porque mo pediu a miña prenda. E ante iso non cabe máis que obedecer ao chamado do sangue.

Boa noite e mellor partido (de fútbol, of course).

Anónimo dijo...

Non nos deixe así, Api, resposte, : y como es él........................, deixe o partido para o Arume que é o unico que realmente o sinte.

Anónimo dijo...

A escolástica está hoxe no futból. Así que para non caer en disputas como aquelas, nalguns monsteiros que se pasaban anos discutindo sobre si a auga do mar debería ser salada ou non, cando o mais doado sería ir ao mar meter o dedo e probala, leereia primeiro o libro, cando lle chegue a orde na cola, que a verdade é bastante longa e hai prioridades, mais culminantes e fulminantes.
Eu no vou ver o futbol, vou tocar, que me prace mais e espabila as emocións. Que o pasen ben enervando as emocións gregarias.

Anónimo dijo...

O futbol habería que proibilo.

Anónimo dijo...

Prohibido proibir

Anónimo dijo...

Prohibido escribir con faltas ortográficas. Respectemos a dignidade da nosa lingua. Non se pode ser en serio nacionalista e despois deturpar o noso idioma, rebaixándoo a un dialecto de segunda.

(Quedan exentos os non nacionalistas, a quen se lles agradece o esforzo de escribir en galego)

Anónimo dijo...

pero é que escribo proibir, em portugués.

Anónimo dijo...

Jimy de Rairo: como mínimo nove faltas nun único texto. E despois dá certificados de rexionalista. Si, ho.

Anónimo dijo...

Neva en Allariz. Non che digo nada, alá no principio do mundo... Si, en Lobeira.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Ou sexa: que tamén hai expendedores de salvoconductos. Os non nacionalistas tamén escriben en galego sen ningún esforzo. O galego non é patrimonio de nacionalistas. Ou si?

Anónimo dijo...

Imaxine en Valladolid, mañá de domingo, no paseo Zorrilla, profesor Arume:
Haille nacionalistas españois.
Haille nacionalistas castellanos.
Haille non nacionalistas, nin españois nin castellanos.
Ben seguro que tamén anda por alí un portugués, un de Lobeira, un senegalés vendendo CDS...
Todos falan castellano, evidentemente.

Anónimo dijo...

Medela, faltoulle rematar a primeira frase e escrever a segunda:

Neva en Allariz e dos meus ollos outonizos caen tamén folerpas de saudade. Por que, por quen, non o sei.

Anónimo dijo...

Pois si, don Outono Branco. Levo toda a mañá cun punto de angustia, lembrando as hiperbólicas nevadas de Lobeira, na miña infancia, cando só se saía da casa para ir á misa.
Obrigado.-

Anónimo dijo...

O galego tamén está para dilapidalo, ou non?
nada de religio, para quen non se queira religar.
Os salvoconductos remataron co Tulipán Negro, os Tres Mosqueteros,o antigo rexime, e as cartas roubadas de Poe, interpretadas por Lacán.
Estou a ler o artigo sobre valente, curiosas coincidencias...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Agora mesmo por Vigo, cerca do corte inglés, por onde, por certo, anda Dacova, haille nacionalistas que falan español (máis do que se cre), non nacionalistas que falan galego, nacionalistas que tratan de falar galego e non nacionalistas que non dan falado galego e lles importa un deses falalo ou non.
Todos eles están a comprar os agasallos de Nadal, obviamente.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Por certo, onte había algún nacionalista de pro, sectario ademáis cos que non practican, que marchou para casa antes de rematar o partido: o seu Madrid, esa irracionalidade, non foi quen.

Anónimo dijo...

Señor dos Piñeiros: o idioma galego é patrimonio de todos os galegos, sen distinción. O que eu dicía é que os nacionalistas teñen que ser os primeiros en dar exemplo, os primeiros en escribilo o máis correctamente posíbel, os primeiros en non deturpar o noso idioma, os primeiros en coidalo e prestixialo. E non se coida nin se prestixia se algúns nacionalistas o escriben penosamente e o reducen a un dialecto de cuarta fila que se pode escribir dun xeito trapalleiro e sen normas. Porque con iso dase mal exemplo, porque con iso o único que se amosa é que o galego é inferior ao castelán. Por iso digo que un nacionalista que non trata con dignidade a nosa lingua non é un verdadeiro nacionalista.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Se hai alguén proclamando en Compostela que conte.

Anónimo dijo...

E vista a contumacia coa que o señor de Rairo maltrata unha e outra vez o idioma galego, non é un verdadeiro nacionalista e si, máis ben, un analfabeto funcional na nosa lingua.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Editorial do Xornal de Galicia.

Novidade de alcance na política galega: o bng declárase aberto a acordos programáticos co PP se este partido decide abandoar a súa soidade en materia de pactos con outros partidos. Dixoo o propio líder nacionalista, Anxo Quintana, na presentación dun libro sobre as súas ideas políticas, acto onde non só falou ante dirixentes e militantes da súa organización, senón tamén en presenza de destacados financeiros, empresarios e intelectuais de Galicia.

“En Galiza sería moi importante que a evolución [do espectro político] servise para chegar a unha configuración partidaria que permitise que o diálogo só estivese limitado pola capacidade de chegar a acordos programáticos en ámbitos coxunturais. (...) Neste momento, ese diálogo só é posible entre dúas das tres forzas políticas”. Dito iso, Quintana lamentou que quen neste momento está á fronte do PPdeG non estea en condicións de chegar a esa clase de acordos. “Sería bo –rematou– que iso cambiase, porque non é bo para o país”.

En Galicia dase a circunstancia de que a forza política máis votada apenas ten parcelas de goberno. Unha vez desaloxado da Xunta, o Partido Popular tamén quedou ao marxe doutras institucións locais e provinciais. É un caso sen moitos precedentes, pero difícil de arranxar, xa que só caben dúas opcións: a recuperación, pouco probable, da maioría absoluta ou un pacto con nacionalistas ou socialistas.

A man tendida de Anxo Quintana abre, sen dúbida, novas expectativas para todos, se ben o primero non parece nada fácil, sen un plus como o de Manuel Fraga, e o segundo, sendo máis asequible, require, cando menos, tempo, moita reflexión e un cambio estratéxico do PP non só en Galicia, senón tamén en España.

Anónimo dijo...

Vanessa Cándida Medela, o sentimento "nacionalista" de don Arumes mídese polos "goles" do Barça ao Real Madrí. Por exemplo, onte don Arumes experimentou un sentimento "nacionalista" de dous "goles". Ahí es nada. Primeiro sentimento "nacionalista" do noso home en Vigo: Salto prodixioso de Puyol e remate forzado de Eto´o que non penetrou de todo na portería rival, pero que chegou para subir ao marcador. Segundo: Pinzamiento filigranero del pibe y el berlusconi del Madrí que estuvo a punto de esnafrarse contra el poste. Dous sentimentos "nacionalistas" onde mais lle dói ao Madrí e que Arume nunca pero que nunca esquecerá.

Anónimo dijo...

Tenme controlado, Arume. Pero O Corte Inglés tén WIFI aberta. Astora estóu na cafetería. Escoito falar castelán e portugués.

Anónimo dijo...

Un camareiro estalle preguntando a un portugués si quere polbo. EN portugués dise ""polbo, Medela?.

Anónimo dijo...

Acabo de preguntarlle ao camareiro, que parece falar ben o portugués, a xuzgar por o ben que se entende cós clientes, portugueses, que teño ao lado.Respondéume: "Dise polbo. E en galego creo que tamén".

Anónimo dijo...

Apicultor deixe en paz a Jimmy e faga aportacións mais interesantes.

Anónimo dijo...

XDC, o Medela nestes momentos non pode responderlle porque anda a xogar cos nenos e nenas a facer bonecos de neve co "polbo" branco que está a cair teimosamente sobre Allariz.

Anónimo dijo...

Pra un muñeco de neve, a auga fria queima.
Un gato de neve tamén fuxe da auga fria.
Non sei se en galego era mellor decir "home de neve", que era como decia o meu abó, e como se dí noutras linguas. Boneco de neve igual é traducción do castelán.
Houbo unha carreira ("gara" para o Arume) de natación de homes de neve, a quen chegara máis lonxe antes de desaparecer por completo.

Anónimo dijo...

Ufffffffffffffffff
Eu non lles son nacionalista, porque non me vexo a través dos ollos de la Imperial Toledo.
Son NACIONAL de Galicia, Galiza, Kallaika, Reino Suevorum, Cail.leach, Yallikilha, Galician Country ou como quixeren...
Teño inmensa vontade de poder ser algún día de dereitas, centro, esquerdas ou anarquista.
Agora non podo.-

Anónimo dijo...

Jimi de Rairo é GOD

Anónimo dijo...

E Arume dos Piñeiros é dobre GOL.

Anónimo dijo...

Dacoba:
En português padrão: 'Polvo'. Atención á pronunciación: [v], diferente de [b].
Curiosidade: En aldeas da raia, 'pulbo'; aínda o escoitei esoutro día en Calvos De Randín.

Anónimo dijo...

Boneco de neve, milagrosamente non é un castelanismo.
Si. É así. Boneco de neve.

Anónimo dijo...

Volve nevar.

Anónimo dijo...

Don Jimi: Podía pendurar aquí o vencello ao artigo ese de Lacan do que estaba a falar??
Obrigadinho.-

Anónimo dijo...

Por min que o poña, pero con grelos.

Anónimo dijo...

A min non me impute impunemente, anónimo das 01:06:00 PM.

E por certo, non se di "aportacións", senón "achegas". E ao seu "mais" fáltalle acento no a. Non sei se será vostede Jimy de Rairo, pero o que si está claro é que son da mesma parroquia e que estudaron na mesma escola (sic).

Anónimo dijo...

Estamos aquí na pista de patinaxe de A Laxe Dacova e mais eu, coas partenaires e o Occam, cuns patíns de pm. Un saúdo para todos.

Anónimo dijo...

Ehem. Arume, oístes... Quien viene siendo el tal Occam??

Anónimo dijo...

Comentario sobre algo que aparece moito máis arriba: examinando a lexislatura municipal lucense, hai certa característica sobranceira: o frecuente acordo (programático?) entre Orozco e o PP; con probación explícita de Ricardo Varela. Non é por nada, é que estas cousas nunca ninguén as pon.

E reciban un saúdo veloz, que aínda nevan exames.

Anónimo dijo...

Repetición da mensaxe, expurgada de barbaridades (ou barbarismos):

Comentario sobre algo que aparece moito máis arriba: examinando a lexislatura municipal lucense, hai certa característica sobranceira: o frecuente acordo (programático?) entre Orozco e o PP; con aprobación explícita de Ricardo Varela. Non é por nada, é que estas cousas nunca ninguén as pon.

E reciban un saúdo veloz, que aínda neva exames.

Anónimo dijo...

Gasosas realmente 'galleguistas', especialmente para o señor Dorrío:
LA GALLEGA I

LA GALLEGA 2

Anónimo dijo...

Medela, o texto do que me pide referencia coido que non está na rede. Pode atopalo no segundo volume dos escritos de Lacan, editados por siglo XXI.

Por outra parte considérome afortunado por contar cun concienzador api-ortográfico personalizado.

Anónimo dijo...

CUSTOS SILENCIOSOS

Como estaba previsto a actual lexislatura galega terminará sen que se teña aprobado a Lei da CRTVG nin a Lei de Publicidade Institucional. A primeira tería que garantir un maior pluralismo nos medios de comunicación públicos e a segunda evitar o uso arbitrario das campañas institucionais para comprar a aquiescencia dos medios de comunicación privados ás políticas do goberno. Trátase de dúas medidas que forman parte do que se deu en chamar a “rexeneración democrática” e que formaron parte substantiva do programa de goberno que firmaron ambas forzas nun espírito de contrato coa cidadanía.

De ningún modo esas dúas leis esgotan o terreo das accións que hai que tomar para facilitar a democratización do país. Por exemplo, ademais da publicidade institucional son moitas as formas que un goberno ten de negociar o apoio dos medios de comunicación privados: dende a concesión de licencias ás subvencións de diverso tipo e á encarga de programas para a CRTVG. O PP usou todos eses medios con descaro para acalar a voz da cidadanía. Creou unha cultura política que perdura.

Entendámonos. Todos os gobernos en todo o mundo usan os seus recursos para garantir o favor ou, polo menos, á neutralidade dos medios. Pero hai límites máis alá dos cales o pluralismo real corre un grave perigo. E ademais, non é só o pluralismo. Galicia é un país pequeno e controlable nun sentido en que non o é España no seu conxunto, e se un goberno establece alianzas de ferro con determinados medios e determinadas elites é claro que ten moitas probabilidades de perdurar. Pero ó prezo de reducir o dinamismo, de facer máis lentos os cambios sociais e económicos, de bloquear as transformacións de fondo e de colocar nos postos aos incompetentes da familia ou o partido. Foi o modelo do PP e tivo graves custos non contabilizados no PIB galego. Foron custes silenciosos. Custes que, hai que dicilo, contaron co beneplácito de tantos que estaban interesados en calar pero que, máis tarde se puxeron á fronte da manifestación para arrogarse méritos dos que carecían. Ese modelo social, económico e moral é o que hai que evitar.

Anónimo dijo...

Antón Baamonde debía poñerlle nomes e apelidos ás consellerías implicadas en non levar adiante nesta lexislatura as leis de publicidade insitucional (incluídas as axudas a medios de comunicación) e da CRTVG.

Asimesmo, debía mencionar que só o desinterese interesado do partido (ehem) socialista pode explicar que non se aprobase unha lei do voto emigrante, algo que eles mesmos esixían do PP cando estaban na oposición.

Anónimo dijo...

Debía, debía, ..., pois faino ti e deixa de dicirlle á xente o que ten que facer. ¡Que cruz con algúns, jasús!

Anónimo dijo...

"Espíritu de contrato coa cidadanía". Moi ben. Pero igual habería que ir máis alá e esixir o carácter de "letra de contrato" ás promesas electoráis. Igual as vixentes lei de publicidade engañosa poderían ser suficientes pra condenar ao partido que non as cumple. Un xuez especial podería valorar si lle foi técnicamente imposible, técnicamente posible, ou si houbo descarada "mala fe" no feito de facelas.

Os partidos precisan de máis castigos que os meramente electoráis. Si unha empresa comete fraude cós consumidores, castígana os dous: O mercado, e a Lei. Sería risible que a empresa lle dixera ao xuez "Señor xuez, xa teño bastante castigo coa pérdida de ventas. Non me castigue". Pois esa risible impresión danme a mín os políticos cando dín "xa castigarán as urnas". E cando din, corporativamente, "non xudicialicemos a política!", parece que queiran decir :"A lei non ten nada que ver connosco". O que quere decir, realmente: "Si a lei empeza a meter os fuciños nesto, a merda salpícanos a todos". Está facendo falta un partido, sólo partido no formal, sin ansia real de poder ,que lle faga á Lei "meter os fuciños neso".

Anónimo dijo...

O anónimo das lun dic 15, 10:14:00 AM
ou é parvo ou é partisano. Non se sabe qué é pior.

Anónimo dijo...

E graciñas ao que acuñóu o de "desinterés interesado".

Cómo se chamaba en Dereito a "deixar de facer o que tés que facer (o que te comprometiche a facer) polo teu propio interés (electoral(?)) en perxuizo de terceiros (electores)?.