12 dic 2008


MIRO CASABELLA
andoliña venres 12 de decembro de 2008

"O meu país"

Foron varios os actos que nos últimos meses conmemoraron o labor da xeración de 1968 en Compostela. Un labor asociado acotío, con xustiza, ó grupo musical Voces Ceibes. Neste contexto hai que situar o libro de Xan Fraga, Miro Casabella e a Nova Canción Galega, editado con moito xeito por Galaxia. Un libro reportaxe sobre un tema aínda con escasa bibliografía (agás o volume de Vicente Araguas, 1991), e do que cabe agradecer a recolleita dun fermoso patrimonio documental en forma de fotografías, carteis, portadas de discos, etc.
Xan Fraga esculca na historia de Voces Ceibes, coa pegada tan relevante das visitas de Raimon, e na biografía de Miro, xograr do noso tempo, con actuacións en Barcelona, Madrid, París e, por suposto, en toda Galicia. Achéganse datos sociopolíticos de interese, dende o papel da policía e da censura (argumento adiantado xa nun artigo de Grial) ata as dificultades legais para rexistrar unha das súas fillas co nome de Eusenda. Hai tamén espazo para outras voces en galego, tan diversas como Amancio Prada, Andrés Do Barro e Juan Pardo.
Aínda que só fose pola súa canción O meu país (1972), con letra de Xoán M. Casado, Miro Casabella merece este fermoso libro.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Pode alguén dar novas do grupo ourensá FOLK CANTIGAS tamén daquela época liderado polo Nito Contreras pero que non pasou á historia por non ter gravado un só disco?
Xabimusic

Roque Soto dijo...

Se non me falla a memoria, esa fotografía de Miro, Raimon and CO, é no Festival de los Pueblos Ibéricos, no campus da Universidade Autónoma de Madrid en Cantoblanco. Que lonxe están aquel 9 de maio de 1976 e os soños dun rapaz entón de 20 anos.

Unha aperta

Anónimo dijo...

Paese mío: PREMER.