3 dic 2008

Leis hiperbólicas, de Afonso Vázquez-Monxardín (La Región, 2-12-08)

O que é un recurso do humorismo popular e para a literatura como a hipérbole non debería pasar ao serios mundos da política, das leis, da alimentación da economía. Así, se decimos dunha moza que está como un tren, entendemos inmediatamente a hipérbole e non nos pasa pola imaxinación que teña rodas e ventaniñas.Pero os consumos hiperbólicos son espantosos. Se vostede come un quilo de cacao puro, seica morre de obstrución intestinal fulminante. Se come cinco quilos de marisco -fóra cascas- tamén morre intoxicado por non sei que. Agora que o penso, se come cinco quilos de calquera cousa, de vez, o máis problable é que morra de indixestión... ¿E pensa vostede que se debe prohibir o cocholate, o marisco ou as racións abundantes? Nada diso.A raíña de España cando foi á Bolivia en tempos pre-evistas ou pre-moralistas, mas cou folla de coca e a ninguén se lle ocorreu a hipérbole de chamarlle drogadicta. O outro día, aí atrás, cando a mesma señora se dedicou a acariñar e -puagh- a bicar burros a ninguén se lle ocorreu... En fin, xa me entenden, que hai que andar con cuidado e non esaxerar en exceso.E nestas zaca, hiperbolicamente queren meter nas leis que o viño é unha droga. ¡Mi madriña! O Papa pois -que misa con viño e non con gaseosa- no mesmo grupo dos yonkis. Seguro que foi cousa da vicepresidenta, que transmite confianza e seguridade, pero ten cara de anoréxica e de non comer quente. Non confundamos as nosas simpatías e gustos persoais co que debemos lexislar ou non. Se vostede é abstemio, felicidades. Se vostede sabe medir e gozar dos praceres do viño e a mesa, pois moitas máis felicidades, aínda. Pero distingamos ben excesos e normalidade. Se vostede conduce por riba dos límites de velocidade debe ser vostede o multado e o reeducado polas boas -convencemento- ou polas malas -multa que te criou-.Se vostede é borracho, debe tamén ser obxecto de atención sanitaria e reeducativa e é vostede o que ten necesidade de reconducir a súa conduta, non eu. Así, non poden prohibir conducir, nin considerar o viño unha droga. Isto forma todo parte da deleznable parte do espectáculo da acción política. Deses grandes xestos hiperbólicos que ao final se escapan como os globos dos nenos nas festas. E non pasa nada.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Se eu consumo cocaína( e vaia por diante que non estou comparando tal sustancia co viño) pero o fago de xeito responsábel e non abusivo, e a miña conduta non afecta negativamente ó resto dos cidadáns cos que me vexo obrigado a convivir, entón tampouco eu debería ver obstaculizado este consumo polas leis...

Anónimo dijo...

Non sei que lle dicir...

Anónimo dijo...

Eu diríalle que ten razón.

Pero tamén lle diría que as irresponsabilidades que un comete coa sua propia saúde son pagadas por todos os cidadáns, porque son os servizos sanitarios, públicos, os que solucionan o problema, privado, do que escaralla a sua saúde deliberadamente.

I eu xa teño bastantes anos e certas experiencias que me fan pensar que o consumo responsable e non abusivo de certas sustancias, de xeito que non afecte, siquera de ese xeito indirecto, ao resto dos cidadáns, é bastante improbable.

Pero, por mín, métase o que queira. Que eu "escoo" cervexas e non que gustaría que mas prohibiran.

Anónimo dijo...

Meu admirado XDC: eu son tamén de cervexa. O que trataba de dicir co primeiro comentario é que non creo que o de catalogar as sustancias (neste caso o alcohol) coma droga poida facerse baixo o criterio do consumo responsábel, porque ese criterio se rexeitou de plano para outras moitas sustancias. E tampouco polo de prexuizo que cause o consumidor (non é cuestión que lle interese ao estado). En canto ao criterio de dano ou prexuízo causado ao resto dos cidadáns ou comunidade, dúas consideracións:
-primeira; seguramente, dende dun punto de vista cuantitativo e tamén cualitativo, ningunha sustancia tén tanta presenza coma o alcohol en familias afundidas e comisión de delictos (malos tratos, pelexas e lesións, condución alcohólica e temeraria,delitos contra o patrimonio incluso...) Por cada fogar que afundiu o cabalo, seguramente o alcohol acabara con vinte veces máis.
Segunda: non comparto de todo esa argumentación súa acerca do coste para os servicios públicos. Creo que a sanidade debe prescindir desas consideracións e atendernos a vostede e a min se un día, e deus non o queira, precisamente polo moito que nos gusta a cervexa (e no meu caso particular tamén lle recoñezo que non lle fago ascos a un bo viño), precisamos dos seus servicios por unha patoloxía que poida ser causada (as menos) ou acentuada nos seus efectos(case todas) por tal consumo. Non creo que meu pai, por ser fumador, e en consecuencia "drogadicto irresponsábel" deba ser atendido só cando non haxa ningún abstemio non fumador esperando quenda.

Creo que non deben buscarse argumentos excesivamente racionais para dilucidar se o alcohol eé unha droga ou non. Conforme a eses parámetros, o alcohol crea adicción, e del derivan tantas consecuencias indesexables coma de calquera outro produto adictivo, por moito que todos poidamos facer desta sustancia un uso responsábel, como tamén podemos facelo con outras moitas proscritas. No fondo, creo eu humildemente, é simplemente unha cuestión cultural que o alcohol teña outro trato na sociedade.E non estou en contra.

Anónimo dijo...

Teño visto contraetiquetas onde se avisa que beber alcol é pernicioso para a saúde. A botella era de viño, non lembro os termos exactos e era en inglés: californiana, paréceme.

Non podo aboar que todas as botellas de viño dos USA leven a famosa cláusula, o certo é que -inconscientemente, supoño- os ollos tenden a evitar as mensaxes sospeitosas de conter tales cousas. Ora que, iso de tipificar legalmente o viño com droga evocoume decontado a Acta Volstead: unha probable estupidez, polo tanto.

Se a tal lei é promovida por españois, sumaría eu ao delito o cargo de incultura, e será innecesario dicir por que. Non se lles ocorre forma mellor de formar consumidores? E de combater o alcolismo?

Anónimo dijo...

E que "droga" e derivados, aplicado ás sustancias estupefacientes, é un neoloxísmo; de aí que o tabaco e o alcohol, ancestrais na nosa cultura, non teñan a mesma consideración social.
Ídem para o haxix nos países árabes, considerado produto habitual. Ou a coca, no altiplano. Ou os fungos alucinóxenos, para os indíxenas mexicanos.
A palabra drogadicto, en Galicia, continúa asociada á marxinalidade, á segmentación social e ao descoñecido.

Anónimo dijo...

Aviso pra que non pensen que me enfadéi con vostedes:

Sen entro pouco no blog nos próximos días é porque estou curando a depresión aguda que me entra, desde fai algús anos, chegando esta "ponte da Constitución". Aparte de obrigas familiares .

Fágome un ano máis vello, e na miña casa hai varias "Conchas".

Anónimo dijo...

Eu mañá tamén teño que ir de viaxe, e despois esperan ao pé de cento cincuenta exames. Ora que, da Cova, un ou dous minutiños para entrar de vez en cando espero que o haxa. Non se deprima, hom, e botámoslle outra polémica.

Anónimo dijo...

Saavedra e demais contertulios habituais: confirmen se lles chegou un convite especial. Saúdos.

Anónimo dijo...

boh, a min non me chegou nada,....

Anónimo dijo...

Pola miña banda, mensaxe recebida, Monsieur Apiculteur da colmea das Uvas Da Saudade, na que uns son abellas e outros abesouros.

Decíanlle as vellas da aldea ás rapazas novas: "Confianza nos homes, coma nos abesouros".

De unha vez soñéi que léia un libro chamado "Enxames dos pinos".

O meu abó decía "enxame" por exámen.

Quén verá o Saavedra con todos os enxames porriba da mesa. Dunha fiestra de Lugo saen de repente millós de abellas. A mancha negra sae na foto do Meteosat.

Pero non eran abellas. Era o fumo negro que lle saía ao Saavedra por as orellas, aso ver as burradas que puñan os discípulos.

A muralla de Lugo feita toda de enxames de abellas. O ruido é insoportable: BZZZ BZZZZ.

(Corto, que o bar onde estóu pecha).

Anónimo dijo...

OK, recibido.

Anónimo dijo...

Ourensáns:
Fagan as suas propostas de candidatos ós premios "toxo e morogo" de este ano: AIQUÍ.