9 may 2009


DEDOS DE PEDRA (1)
por Xoán da Cova
A imAXE, afiche dos ourensans, "Los Tamara".
Nunca esquecerei o día en que coñecín a Dedos de Pedra, hai xa tantos anos. Un domingo cedo, intempestivamente, chamoume á porta un amigo. Era un "representante" musical que me pedía que fose urxentemente, coa miña guitarra, a amenizar unha "sesión vermú" a algún lugar da comarca do Carballiño. A formación inicialmente prevista non podería asistir, non lembro por que razóns. Obxectei que non tiña xeito de localizar a ningún teclista que me puidera acompañar. Tras matinar uns instantes, pedíume que o acompañase a levantar da cama a un que coñecía. Con todo, non entendía ben como podería ir eu tocar cun descoñecido sen poñérmonos previamente de acordo nos temas, sen telos ensaiados, mais deixeme levar.

Recén chegado ao "panorama musical" ourensán , todo me chamaba a atención nese "novo mundo". Ávido como estaba de novas experiencias, non me importaba que non foran de todo agradables. Aprender, aprender: esa era a consigna. Souben tempo despois que había anos que ninguén quería tocar con Dedos de Pedra. Quizais foi por iso polo que a súa nai me mirou con tanta curiosidade cando chegamos á súa casa, buscándoo. Imaxino agora que, de non ser pola súa axuda non o teriamos convencido de que se erguera e que viñera connosco. Uns cartiños a gañar non lle veñen mal a ninguén, pero Dedos de Pedra, como souben máis tarde, tiña outras motivacións na vida. Desde o primeiro momento sorprendeume a súa xerga persoal e intransferible. O seu utilitario, no que cargamos os instrumentos, era a súa "nave espacial". O soporte do teclado, a súa "metralleta". Tardaría eu bastante tempo en poder manteñer con el unha conversa fluída, sen preguntar a cada momento o particular significado que lle daba a tantas palabras.

Non vou contar moito máis daquela gloriosa primeira xornada na que tocamos xuntos. Decidimos as cancións sobre a marcha, moitas delas pedidas pola xente, que pronto se deu conta da esmorga que nos traiamos entre nós, polo que nos invitaban a beber para que tocaramos máis tempo do acordado. A expresión "invitación a beber" parecía exercer unha fascinación especial sobre o meu compañeiro. Os seus movementos e acenos faciais eran un espectáculo de seu. Para uns era un "Jimi Hendrix" das teclas, un xenio. Para outros, un "pasado de voltas". O caso é que cobramos o "bolo".

Pensaba eu que aquelo fora un episodio illado, pero días máis tarde chamoume o mesmo representante para me decir que, en vista do "éxito" obtido na primeira saída, tiñanos xa contratado todo aquel verán como dúo. Poderíase escribir un relato con cada unha daquelas actuacións. Dedos de Pedra era unha auténtica fábrica de historias, non todas agradables. Contarei unha máis agora, deixando outras para vindeiras entregas.

Íamos amenizar unha importante voda nunha catedral, vestidos con traxes serios, oscuros, tal como a ocasión requería. De súpeto, fixeime en que levaba posta na lapela da chaqueta unha flor de plástico parcialmente rota, de deseño infantil, como se tivese formado parte dalgún xoguete. Eu pregunteille: "Como pretendes levar iso co traxe?". Non houbo maneira de o convencer de que a quitase. Só un tempo despóis souben a historia daquela flor.

Había un tempo viaxara a Londres para ver un importante partido de fútbol do seu equipo favorito. Só se preocupara de conseguir os cartos para o viaxe de ida e para a entrada ao campo. Cando rematou o partido, deuse conta de que non tiña máis cartos. Entre os diferentes modos que artellou para "buscarse a vida", pintou nuns cartóns uns cadros abstractos e tentou de vendelos. Sen moito éxito. A punto de tirar a toalla, mellor dito, de tirar os cadros ao Támesis, pediulle a Deus, ollando cara o ceo, que o axudase (estudara no seminario e mantiña unha certa relixiosidade). Fixouse daquela nunha flor de plástico que caía paseniñamente, xirando sobre sí mesma como as hélices dun helicóptero, desde algún edificio, até os seus pés. Estaba a colocala coidadosamente no peto da camisa cando un viandante se interesou polos seus cadros, comprándollos todos. Desde ese momento, a flor de plástico era o seu talismán.

(Continuará).

22 comentarios:

apicultor dijo...

Curiosa historia, ilustración axeitadísima. Parabéns.

Tristán Setrof dijo...

En Ourense e no munda da xingra hai novelas, intranovelas e tratados de filosofía aló da contemporaneidade e maravillosas. Moi boa historia Dacova, amplie por favor o diccionario segredo de maos de pedra, de seguro que en cada definición hai unha/outra intrahistoria.

Anónimo dijo...

dedosde pedra

XDC dijo...

Jodeeeeeerrrrrrr!!

Eu utilizaba o mote por o que menos xente o coñece, para salvaguardar a sua identidade!!!!!

E ven un Anónimo, e non sólo recoñece á persoa, senón que sabe dos seus videos en iutube!!!

Jodeeerr!

Efectivamente, é esa persoa. Atanes, Miguel Anxo

Agora, non sei se seguir contando historias de él...!!!

Igual se cabrea!!!

Boeno

Xa veréi qué fago

O que contéi non é literatura.

É unha "persoa con historias"


Gracias, tamén,Anónimo. Non se me ocurrira buscar videos de él en iutube...vounos mirar...

xdc dijo...

Jodeeeerr

Có mesmo pantalón "estrambótico" que levaba na nosa primeira actuación...

Jodeerr

Poderíavos contar unha historia fascinante relacionada con ese video...

Pero, agora teréi que decirlle que escribo sobre él. Non creo que poña pegas. Non penséi que fora tan rápidamente identificable. Pero,por o que se ve, este blog é vixiado por mil ollos...

XDC dijo...

Jodeeeeerrr!!!:MUIÑEIRA DE LEPANTO!!!.

(A Calle "Lepanto",é a "rúa dos viños" de Ourense, onde el vive)

XDC dijo...

Colgóu varios máis:VIAXANDO POR A GRAN CIDADE.

Vaime escarallar

xdc dijo...

Tranquiliza tu mente, manda carallo:PREMER.

Qué fago agora con tantas historias que tiña pensado contar, pero que, unha vez identificada a persoa, xa non son "literatura"?.

Digo que é "coincidencia" ?

Mmm

XDC dijo...

A ver si por o menos esto sirve para promocionar a sua música...

De verdade. Este Anónimo deixóume K.O.

XDC dijo...

Xa postos, seguir enlazando videos seus:PREMER.

Anónimo dijo...

DKV haixe xente solainesca tocando nese video, pareceme?

lobo neghro dijo...

Por eso cando falas do teu avó, dkv, eu digo que é antropoloxía poética porque sei que o personaxe do teu avó non é literatura, como pretendía algún lector.

lobo neghro dijo...

O músico aludido non pinta, ou pintou tamén?.

XDC dijo...

Sí, Lobo Neghro. Se liches a historia que escribín, verás que foron os cadros os que o sacaron de aquel apuro londinense.
A verdade é que é un persoaxe de novela. Fala con calquer persoa que o teña tratado, e cóntache unha nova historia. Eu teño unha historia por cada día que paséi con él, e foron moitos , fai xa bastates anos. Pero moitas de elas, fascinantes, non poderían contarse en público sin o seu permiso, unha vez que, cando alguén o identificóu, xa non é un persoaxe "literario". Tocamos, por poñerche un exemplo, na casa familiar dos Vázquez Raña, en Avión, durante un fin de semana, onde compartimos "esceario", no salón da casa, coa "Década Prodigiosa". Eu podería falar da miña borracheira e dos seus anodinas efectos. Pero non podería falar da dos outros, por moi fascinantemente surrealistas que foran as cousas que pasaron en consecuencia.
Así e todo, escribiréi unha entrega máis, de cousas "que se podia contar", e pecho a serie. Non descarto falar con él e cós seus coñecidos para, entre todos, animalo a escribir unha novela da sua vida.

micifucio dijo...

Emilio Rojo conta ter tomado Vega Sicilia, do bó, en xerras na casa dos Vazquez Raña.

XDC dijo...

Seguro que sí. Son "veciños" (Emilio Rojo vive en Leiro, e, aparte, gústalle relacionarse con xente de cartos, xa o coñecedes, jejeje)

A nós ,que ibamos traballar, non de invitados, puxéronnos un Vega Sicilia de 25 anos. Eu non entendo moito de viños, pero o Ángel, que tiña daquela o camping de Leiro, e o restaurán ao seu carón, comía con nós, pois foi o que lle fixo o catering , díxonos "esta botella non a vendo eu no meu negocio por menos de duascentas mil pesetas".
Así e todo, por discreción, non vou falar dos "excesos" que vin alí. Por outra parte, a mín non me dicen nada...

lobo neghro dijo...

Grifos de ouro.
Ese é o noso lobby no exterior.
Galegos na emigración, no país dos ananos.

Eu, neobadoco universal.

Fuego Lolita!. Mi capitán!.
( contouno J.A. Valente dun toliño de Ourense. Quen era o toliño Marcos?).

Y luegho?, como é que coñeces tan ben ó meu amigho Emilio?.

xdc dijo...

Cando che agasalle unha botella do seu viño, creréi que é amigo teu, jajajajajajaj.

loup noir dijo...

Sí que me regalou algunha botella.

Organiceille tres cursos de cata en varias cidades cando estaba empezando (90-91). Un ano cadrounos o curso de cata coa visita privada de Miterrand a Compostela, o guía privado do rei de francia era un amigo de Emilio que veu ó curso e viña con un chutazo de adrenalina que non paraba co cú quieto.

Foron bós anos.

Tes que entender que non é víño parralleiro e non se pode andar ciscando botellas a esgalla.

Reto. Quedamos en Pena Vixía con él nunha festa iniciático-mística e verás....leva tempo.

É incapaz de prestar un libro. SEgún Freud quedou na fase anal.
Eu a Freud só o utilizo para estes mollos.

XDC dijo...

Sí, pero ben que lle gustóu un raro libro, que el quería e non tiña, de "Sistemas de control" que lle agasalléi fai anos.
Invitate tamén ó cumpleaños do can ("Urko") ?.

loup noir dijo...

O Urko fuxiu detrás dunha cadela e non volveu nunca máis.

xdc dijo...

Ósperas!
Pois teño estado con él, varias veces recentemente, e non mo dixo...
Un día calquera, agora que ven o bó tempo, aparecémoslle por a casa (teño o seu móvil para avisalo) e chimpamos unha merenda con él en Leiro.