skip to main |
skip to sidebar
Discuten en Compostela... (artigo escrito dende as vísceras)Discuten hoxe en Compostela o futuro do país. Ou diso se trataría, que xa o dubido tamén. O Bloque ten moitos problemas enriba e dalgúns nin sequera se falará hoxe en Compostela. Por exemplo, dunha política cultural ás veces tan sectaria e absurda (velaí a Exposición Memorial da Liberdade, p. ex.). Nin se falará dese concelleiro ourensán que presentou na miña cidade unha moción polo método "corto e pego" criticando á Xunta de Galicia pola "súa pasividade" (no cachondeo do pleno decatáronse de que se quería referir á Xunta do PP e non a que goberna agora: é tan doado copiar unha moción de hai anos e soltala sen máis). Por certo, este concelleiro foi elixido no seu momento como candidato con serias dúbidas "dos que mandaban" de que fose atinada tal proposta: en cambio outros fomos vetados sen ningún xeito de explicación. O sistema sabe ben o que se debe promover e o que non...
Nin creo que se fale tampouco da "desorganización da organización", nin do imperio da mediocridade nin das xerarquías "democráticas" que controlan o poder interno. Nin dun discurso tan plano que se limita a utilizar metáforas do fútbol para analizar a evolución política do país ou a inaugurar locais con Play Station para entreter ós rapaciños.
Eu non estarei alí, en Compostela. Nin hoxe nin mañá. E o que máis me sorprende a min mesmo é que, despois de 30 anos de militancia nacionalista (nos inicios na clandestinidade), non chego a sentir ningunha nostalxia: o peso da desilusión é así de contundente.
41 comentarios:
Sinto esa desilusión. Eu nunca militei, nin siquera perto, no BNG (ou en anteriores precedentes). Sempre considerei o nacionalismo compañeiro de viaxe, pero nunca puiden pasar esa liña. Pero tiven moitas discusións nos derradeiros anos con amigos meus militantes cos mesmos argumentos que acaba de empregar neste post. Víase vir, porque, como dixen noutro post, carece dunha ideoloxía un pouco coherente: o pulo nacionalista por sí mesmo non basta. EN materia social, qué pensa un nacionalista?; en cuestións de importancia individual coma o recoñecemento dos matrimonios gays, feminismo ou as novas formas de estructuración familiares? En materia ecoloxista, un exemplo: Lores rexeita Ence, Vitolo Guerreiro en As Pontes reclamao. Fermín Paz, o dirixente do metal da CIG, traballador en ENDESA e representante dunha das vías que se apresentan ó congreso do BNG, vai con Vitolo e pide a marcha de Ence. Ergo: cal é a posición do BNG en materia ecoloxista? Como este asunto moitos.
Fai falta unha rexeneración completa da política galega, pero ese é outro cantar.
Perdón pola extensión e ánimos. Haberá tempos mellores e partidos que nos representen.
A desilusión é grande. Anos e anos intentando recompor a unidade do nacionalismo e proxectalo na sociedade (sacalo daquel guetto de sectarios iluminados), para o final chegar a esta asemeblea onde cada quen vai polo seu lado. Menos mal que o corazón pode máis que a cabeza.
Pego aquí un artigo de Antón Baamonde sobre o tema.
PEZAS EN FUGA
Outra vez o BNG
Antón Baamonde
Unha vez máis o BNG está ante unha cita histórica. Esta non é, precisamente, unha boa noticia para esa organización, dado que non parece nin frutífero nin razoable que unha entidade política se poña a si mesma en cuestión constantemente ou que multiplique as ocasións de situarse nunha encrucillada. O ensimesmamento, ese constante mirar para os propios presupostos máis que para as demandas sociais que ha de encarnar e encarrilar, ten sido o grande handicap do BNG e parece que tamén ese é o caso nesta ocasión.
Pero é o certo que, se por un azar, o BNG resólvese mal está cita o seu futuro podería estar en cuestión. É certo que é improbable que iso ocorra, dado que a alianza entre os sectores que apoian a Anxo Quintana e a UPG -o aparato real, os guerristas do BNG-, dun lado, e unha oposición interna dividida e sen proxecto, do outro, fan case imposible que, á hora da verdade, se produzan grandes novidades. En todo caso, quedan no aire as implicacións que unha alianza así terá no futuro. Sería moi negativo que, como produto desa xeografía interna Quintana fose un refén, como o foi Beiras sempre, deses apoios. Se tal sucedese Quintana se convertería nun interino, a substituír no momento preciso, como así lle pasou ao seu antecesor que non tivo nunca a vontade nin a coraxe de dar esa batalla.
Iso non tería maior importancia, salvo para o afectado, se o BNG non tivese problemas de identidade. Pero tenos, e moitos. Se un simplifica, o BNG se escinde entre os que queren unha organización pequena e controlable, pero moi conservadora que ocuparía un espazo ritual á esquerda do PsdeG e, por tanto, sería un constante apoio externo deste.
No outro lado, está o incerto, por veces incoherente e moi recente intento de transformar ao BNG nunha organización con máis capacidade de empatía co público, que non intenta darlle unha lección aos seus votantes nin se ve a si mesma como depositaria de ningunha virtude especial. E que, por tanto, fai política con máis humildade. É certo que ese camiño ten moitos interrogantes e depende, en exceso, dun enxame moi reducido de persoas con capacidade de decisión, máis que dunha reflexión madura do BNG que tampouco agora, polo que pode verse, ninguén provoca.
En realidade, o BNG fuxiu sempre de encarar abertamente os seus grandes dilemas. Todas as discusións foron resoltas a través da autoridade dun grupo dirixente que apenas si cambiou nos últimos vintecinco anos -o BNG é un partido, contra o que poda parecer, extremadamente conservador na súa lóxica interna- máis que da discusión aberta. O usual é a política de feitos consumados. Tamén agora parece que vai ser así. Sen embargo, o máis positivo para o BNG sería non unicamente que Quintana gañase en autonomía, senón tamén que, no seu momento, enfrontase o debate sobre a dirección de fondo a tomar e as súas implicacións.
Ese artigo de Antón Baamonde, publicado hai pouco en "La Opinión" da Coruña, é certeiro na análise da eterna encrucillada na que non semella dar saído o BNG.
Mañá, seguramente, chegarán autobuses carretando votantes á súa Asemblea Nacional para que as cousas queden como están: a alianza Quintanistas + UPG será a gañadora. É que alguén pode dubidar outra cousa se os "críticos" amosan unha rotunda incapacidade para o acordo por mor dos personalismos?
O dese concelleiro do BNG de Ourense é xa para nota... para nota no ranking do esperpento. Dalgún xeito é unha metáfora do que é, hoxe, o BNG.
(Eu hai xa ben anos que deixei de ter a máis mínima nostalxia política. Amigo Valcárcel: benvido ao clube!)
O máis irritante é que consideren á cidanía como tontos:
Jorquera afirma o seu convencemento de que da Asemblea sairá ‘un BNG máis forte’.
Barman, por favor, outra copa de augaardente!
Algún día lles pasaremos conta.
A perda do tempo no que as cousas eran posibles. Nos que a sociedade tradicional aínda vivía con forza. Nos que a lingua era maioritaria... Aqueles sectarismos non superados... (BLobeira ?, etc.) esa connivencia do Quin cos que mandan... Un deixar facer ao rapaz este de Allariz mentres conveña...Aqueles anos de radical oposición ao sistema e aos que tratabamos de facer un galeguismo moderno. Si galeguismo, máis alá do simple nacionalismo politico, para axuntar máis xente no impulso rexenerador da nación... Para chegar aquí... Desilusinados, non hoxe, como Marcos, hai ben de anos.
O Marcos, de número dous de Quin nas xerais a apestado na organización... Iso é o que se chama pensar.... Máis vale calquera burro manexable uqe un listo que non sabes por onde pode saír porque... pensa? Muera la inteligencia dicían Millán Astray ou Fco. Rodriguez, que non lembro ben...
Fixo moito o bng, pero moito desfixo... e creou unha cultura da derrota e do lamento nacinoal icase ncompatible co optimismo de gañar un futuro feliz.
Eu que sai. A min tanto me ten.
O clube dos desencantados é maioría. O BNG é un fósil no que non anova dirixencia de mando, que non de imaxe pública, desde hai trinta anos... E despois falabamos do PP...
En fin, foi un soño ou un pesadelo? Non sei.
Pois sinto profundamente que non estea aínda que só fose para que nos deixara o seu rexistro do evento que había de ser proveitoso. Certo é que a ilusión é un inmellorable combustíbel ecolóxico para mobilizar calquera proxecto colectivo, e mais certo é que no nacionalismo non abunda nos últimos tempos, pero o noso grande problema é que neste país nunca nada se deu construído sobre a base do desencanto. «As derrotas disciplinan a imaxinación», gústalle escribir a Jorge Reichmann, o desencanto simplemente liquida a imaxinación. Saber que non o vou atopar nos corredores do pazo de Congreso fai moito menos atractiva a cita asemblearia de hoxe, pero con todo é unha toda unha fortuna poder abeirarse á sombra confortábel da súa videira, así que coidese e coidenos coas intelixentes uvas da súa / nosa solaina.
Vai ser certo eso de que o BNG, como o meu amigo X di tantas veces, é unha fronte con certa querencia masoquista, inclinada á autocrítica salvaxe. É exemplar a súa interna heteroxeneidade, pero eso non debe levar á autodestrucción. Dígoo tras escribir o que escribín ao comenzo deste post e tras ler as mostras de desesperado abandono. Sursum corda, meus amigos. Hai que roelo.
Con citas tampouco se arranxa nada.
BNG: 32 voces
Un artigo de: Manuel M. Barreiro
Vieiros [03/12/2006]
O arranque do debate asembleario estivo modelado por 32 voces, as que se expresaron para avaliar o informe de xestión política do Consello Nacional. Na tribuna cada quen posteou, con brevidade obrigada pola escaseza de tempo, a súa lectura minimalista do momento político do BNG.
O pedimento de crítica con propostas; a non claudicación fronte á compracencia; a demanda dunha análise esixente das feblezas, das oportunidades e dos éxitos do nacionalismo no último trienio; e, sobre todo, a necesidade facer un debate non excluínte co reñocemento da pluralidade de voces, malestares e proxectos, normaron e normalizaron un debate con aplausos repartidos que deixaron atrás os tempos de unanimidade bulgara.
As intervencións tracexaron unha cartografía de problemas que debería ser considerada atentamente para definir a navegación e folla de ruta do BNG nos próximos tempos. Cartografía que deitou moitas liñas de desenvolvemento crítico. Aquí quedan media ducia.
1. A necesidade dunha organización xeradora de políticas participativas. Historicamente, o BNG procurou no asamblearismo a solución democrática para a súa toma de decisións, pero iso non impediu que realmente o impulso político da organización fose abertamente verticalista e que, desde sempre, o órgano executivo construise a axenda da organización achicando as capacidades da militancia para modificala ou axustala a novas necesidades. O asemblearismo pode garantir unha democracia máxima, pero nas últimas décadas na fronte nacionalista unicamente garantiu unha democracia mínima. Sobre esa experiencia o modelo de participación delegativa que se propón se apunta como unha solución moi fráxil para anzar na renovación democrática que o nacionalismo frontista necesita.
2. A necesidade de reformular a relación organización-goberno. Primeiro, o paso do BNG polos gobernos municipais dalgunhas grandes cidades e, desde hai un ano, pola Xunta de Galicia axudaron a visualizar as súas carencias no plano da xestión política e na súa relación cos poderes realmente actuantes no mundo empresarial e mediático. A persistencia dunha cultura de oposición derrama as oportunidades que brindan os novos recursos de poder, tanto como a pobreza do programa de goberno co que o BNG se presentou ás pasadas eleccións, pouquedade que lle impide informar á súa acción política nas áreas que xestiona.
O BNG goberna sen un marco director das súa acción executiva e a organización parece máis preocupada pola fiscalización que polo impulso da acción executiva. A proposta do goberno «nacionalista» como correa de transmisión do BNG e as súas organización sociais colócase fóra do cadro dunha política realista, pero a lóxica disociada que existe na actualidade unicamente serve para aleitar sospeitas, desconfianzas e medos. A oferta de que o goberno non só é dos militantes do BNG senón dos cidadáns que apoiaron ao BNG estrágase pola febleza dos mecanismos participativos da Xunta para definir as súas políticas.
A idea dun goberno a tres: PSOE-BNG-cidadanía deviu, ende mal, cara a existencia dun goberno de dous (PSOE-BNG) menos un (cidadáns) ou, segundo os máis pesimistas, nun goberno a tres: PSOE-BNG-grandes grupos mediáticos, onde os industriais da opinión pública fixa a axenda do posible, trazan as liñas vermellas do que é necesario e alindan atendo aos mandatos da súa voz.
3. Apertura cara a novos apoios sociais. No imaxinario da organización a apertura social constrúese sobre a base de intensificar o traballo social nun tramado asociativo fortemente delimitado pola adscrición ideolóxica –CIG, Sindicato Labrego, CAF, Mesa pola normalización, ASPG...–, que deixa á marxe ás organizacións de cidadáns de menor tintura ideolóxica –ANPAs, clubes deportivos, asociacións profesionais...–.
A tradicional instalación do BNG nun segmento tan nesgado da sociedade civil impede ampliar a súa influenza, reduce a capacidade implicativa das súas políticas e bloquea a incorporación de novos mediadores sociais. Pouco se aprendeu da experiencia de Nunca Máis, finalmente formateada como unha «organización» máis, pouco se aprendeu de traballar en redes sociais amplas.
Os xestores gobernamentais do BNG son unánimes: a súa capacidade de transformación está en grande medida eivada pola inexistencia de mediadores políticos do BNG nas máis das parcelas acción soical; a tentación de armar as organización sociais nacionalistas como outra sociedade civil e non na sociedade civil realmente existente agravan o problema.
4. Matizar a unidimensionalidade do discurso do BNG. O BNG enfatiza o seu posicionamento como organización nacionalista e empardece discursivamente as súas referencias á esquerda e mesmo o recoñecemento da compoñentes transformadoras do feminismo ou o ecoloxismo.
O BNG concibida polos propios militantes como unha organización cunha matriz inequivocamente progresista teima en presentarse socialmente fanando sinais de identidade que unha boa parte dos seus militantes entenden como substanciais. A homologación no marco de Galeuscat con Convergencia i Uniò e o PNV acentúa a incomodidade ideolóxica pero non amplia a audiencia do discurso nacionalista unilateralizado.
Deixárono claro onte os militantes convocados, ovacionouse por igual a referencia a Ánxel Casal como a Xoán Xesús González que intentou asociar socialismo e galeguismo no tempo da República. Na axenda de problemas sentido está, logo, a recuperación pública do BNG como unha organización tamén da esquerda nacionalista.
5. A procura dun soberanismo posibilista O mérito indubidábel do BNG por introducir no debate político a elaboración dun novo Estatuto de autogoberno, vese moi comprometido por unha correlación de forzas parlamentarias onde o Partido Popular é decisivo para aprobar o novo texto.
A acción publicistica do BNG a prol dun Estatuto de Nación entorpece a súa marxe de manobra para practicar un soberanismo posibilista, os avances que se están a lograr no plano das capacidades e competencias de autogoberno son depreciados ou revalorizados unicamente atendendo a formula de recoñecemento identitario que consagre o novo texto.
Sen pretendelo o Estatuto de Nación pode converterse nunha pexa semellante á que representaron as históricas Bases Constitucionais fronte ao Estatuto de Autonomía de 1981, a negación do autogoberno posibel en función da soberanía desexábel e, o seu correlato dramático, a entrega do autogoberno real a quen menos autogoberno quere.
6. Outro modelo de liderato O perfil de Anxo Quintana desdebuxouse como voceiro nacional do BNG ao tempo que se reforzaba como Vicepresidente da Xunta de Galicia. Sen cativar a importantes sectores da organización, proxectouse socialmente con grande forza mediática e Quintana chega a moitos máis ámbitos cidadáns de a onde chega a acción organizada do BNG.
Con todo, ofrece a mesma fraxilidade estrutural da que padeceu o liderato de Xosé Manuel Beiras, amplia a audiencia mediática e cidadán do BNG, pero non organiza apoios e interese ao interior do BNG. O maior problema de Quintana non é que non teña un «partido» no BNG, é que non ofrece un equipo claramente visualizado e, máis importante aínda, non cultiva as capacidades relacionais do seu liderado. A súa autonomía fundaméntase no seu isolacionismo e non na súa capacidade para ter diálogos multiplicados e simultáneos coas distintas familias do BNG e con axentes sociais fóra do mesmo, o que pon en cuestión a viabilidade do quintanismo como unha dirección política autónoma.
Cabo
A axenda de cuestións disputadas é moito maior e é competencia da Asemblea trazar a folla de ruta para procurar a súa solución. No salón de plenos e nos corredores do Pazo de Congresos no primeiro día de Asemblea impoñíase unha convicción: é urxente de deixar de externalizar as causas do devalo electoral do BNG, transferindo ao contexto e ás forzas alleas toda a responsabilidade nos males, demándase un novo cambio: pasar dun BNG entendido como refén das circunstancias a un BNG dono das súas decisións e responsabelmente coherente coas consecuencias das súas decisións. Hoxe saberemos o horizonte do cambio.
Barreiro é coñecido pola súa serie satírica sobre Pérez Mariño en Vigo. DEbería meditar moi seriamente se todo o que escribiu naquelas épocas ten que ver co que agora escribe. Porque os seus comentarios sobre o goberno bipartito en Vigo, cun BNG que despois asinou co PP un PXOM deleznable que o vai levar a ruína en Vigo, forman parte desa falla clara de conexión coa cidadanía.
Os que comezamos temos que estar ilusionados, senón, ¿ Qué nos quedaría?
Pero agora mesmo tamén temos a dúbida de se o BNG é o xeito de conseguir o que queremos.
Saúdos
Xa chegaron os autobuses cheos de votantes coas instrucións ben clariñas. Talmente como o PP.
Ben ves, Marquiños, que se cadra debías ter ido. Ánimo.
Para o dos autobuses: xulgando polo resultado, ¿quen poñería logo os autobuses?
Curioso que na votación da tarde (hora do "xa chegaron") participasen mil militantes menos ca na da mañá.
Non é certo que pola tarde houben mil militantes menos que pola mañá.
A coalición Quin/UPG tentou laminar á oposición crítica, pero non foi posible e finalmente tivo que tragar con eles:
A primeira oferta de Quintana sentou coma un tiro no sector crítico: un representante para cada candidatura e vetos a determinados nomes. Os opositores fixéronse fortes e ameazaron con presentar unha lista propia á Executiva Nacional. Nos corredores a tensión era xa máxima. Os militantes e a prensa corrían dun lado para o outro e as versións eran contraditorias. Cando ninguén o agardaba, chegou o consenso. A lista gañadora accedía a que o Encontro Irmandiño sentase tres representantes e A Alternativa dous. Dende o Movemento pola Base déuselle a benzón a este acordo pero preferiron quedar fóra da executiva.
¿É este obxectivamente, amigo Marcos, o momento da desilusión co BNG? Esta organización -da que xa sabe que non son simpatizante, pero tampouco "anti"- pasa por un momento de incertidumes e mesmo de innegable crise, pero tamén é verdade que nunca presentou un panorama máis libre, plural e aberto que hoxe. E seguramente, nunca a UPG -a súa columna vertebral, pero tamén o seu principal lastre- viu o seu poder interno tan debilitado e cuestionado coma hoxe.
O que eu non vexo é pluralidade política real. Vexo pelexas de egos, sumas de descontentos, agravios persoais disfrazados de discrepancia ideolóxica e disidencias anacrónicas. Pero non hai confrontación política arredor das cuestións verdadeiramente principais, as que van determinar o futuro próximo do BNG. É sorprendente a unanimidade en relación coa táctica adoptada diante do "Estatuto de Nación": ou todo ou nada. O de sempre: a nación, a palabra-fetiche, convertida no esixente manitú que, se cadra, impide que teñamos un novo estatuto con Axencia Tributaria propia, Tribunal Superior de Xustiza de Galicia como última instancia xudicial, ampliación das nosas capacidades de participación na formación da vontade do Estado na relación coa Unión Europea, máis e mellor delimitadas competencias, a práctica equiparación legal de galego e castelán, unha mellora radical no financiamento e un catálogo de deberes e dereitos de "segunda xeración" que nos permitiría avances cualitativos no referente a cuestións como o medio ambiente, a extensión de dereitos cidadáns, as políticas de igualdade, etc.
Parece que, ao haber tanta confusión e tanto "guirigay" na definición de tantas cousas, o único que pode manter cohesionado ao Bloque sexa a "nación". Pero non a nación "real", senón a nación-símbolo, a nación-bandeira, a nación-palabra, cargada de emoción e capacidade cohesiva dunha militancia que tamén vive na confusión e que está demasiado acostumada a entender a política e a construción nacional como un sarillo de proclamas e de frases escalofriantes.
Lamentablemente, teño que concordar co 90% do que di o señor Leituga 1.
Pois eu coincido a medias. É certo que o que Ian chama "sector renovador" (no que acertadamente inclúe a Quintana) non acaba de conformar un polo único e todo o potente que podía ser. Pero as posibilidades nese sentido son agora maiores, precisamente pola perda de influencia da UPG. Se as posicións e agravios persoais non marcan o futuro a medio prazo (e de momento perderon ben forza), o Bloque poderá clarificar cousas ben transcendentes que agora non concretaremos.
Segundo. Leituga, a famosa palabra non é un fetiche; si un símbolo que representa o que hai detrás, mesmo en termos de proxecto político, agora mesmo. Non me falen de igualdade práctica da lingua co que dixo Feijoo a semana pasada. Dificilmente se pode dicir que o nacionalismo non leve xa cedido neste proceso; precisamente unha das cousas que se lle critican a Quintana internamente é o de desvelar desde o comezo as propias cesións. Gárdense logo as rodas de muíño.
P. D.: Números cantan. Na votación ao CN había dous mil setecentos militantes; na da Executiva, mil setecentos e pico. Unha foi pola mañá, a outra pola tarde. Eu penso que o proceso foi ben resolto.
Sobre a desilusión:
O problema do BNG onte, hoxe e supoño que mañá é o trincheirismo, o cainismo, o leirismo. Todo isto, indudablemente, misturado con moita ilusión e moito esforzo por parte da boa xente do partido.
Non sei se remitiron aínda aqueles acenos “desaboridos” doutras épocas. O partido tiña unha estrutura montada arredor moi operativa, pero as mensaxes que mandaba eran “ou con nós ou contra nós”. O común dos galegos non podía simpatizar cun partido que mandaba estes mensaxes. A autonomía era a “autoanemia”, Fraga “o mamalón de Vilalba” (logo xa non tanto), o Parlamento era “de cartón” (logo ben que lles valeu...), a entrada no Mercado Común ía acabar coa nosa terra, o pobo galego estaba narcotizado, a normativa boa era a deles (non a da “Xunta”), etc, etc. Formáronse unhas capeliñas ben curiosas. Resumindo: ou con nós, ou contra nós.
Todo isto ten unha explicación histórica: esa xente saiu das catacumbas desconfiando de todos, e sobre todo dos que lles querían pisar o terreo nacionalista. Comprendo que foi difícil irse adaptando á “realidade” (poque moitos vivían na irrealidade, lonxe do contacto cos problemas reais). O BNG era un partido feliz estando na oposición. Realmente non se quería gobernar, porque eles xa tiñan un goberno paralelo (o sindicato, as asociacións, etc...)
Afortunadamente, con tempo algunhas cousas empezaron a cambiar no BNG. Mais a cousa produciuse dun xeito surrealista, ao estilo do “quítate de ahí que me ponga yo”. As voces que a finais dos 80 pedían cambios (véxase o libro “Catro ensaios sobre a esquerda. nacionalistas“) foron silenciadas ou descualificadas aínda que, co tempo, foron os propios dirixentes os que aceptaron as ideas de cambio no partido de bo grao, pero facéndoas pasar por ideas súas.
Unha vez recomposta a unidade do nacionalismo (cara a segunda metade dos anos 90) parece que só se pode ir para adiante, mais para o ano 2000 (elecións estatais) o parón xa era evidente. O partido non se abre. Os que entran a militar como independentes ven que non pintan nada nunha organización controlada por unha minoría á que se lle deixou facer desde hai moitos anos. Nas elecións preséntanse candidatos pouco coñecidos, mais que pertencen ás distintas leiriñas. Está tamén o ascenso do PSOE a todos os niveis. Para a campaña do 2005, o Bloque cambia algúns dos seus postulados máis nacionalistas e/ou esquerdistas, pero iso non implica un maior apoio electoral. Iso provoca tensións no partido, especialmente nos sectores que estiveran dando o callo durante moitos anos e que agora se ven apartados. No partido encóntranse con que unha cousa eran os seus ideais e outra a realidade que atopan: unha cousa é predicar e outra dar trigo. Xorden máis contradicións...
Conclusións despois da Asemblea de onte: todo mudou para non mudar nada?
Asáltanme varias preguntas:
Despois de todo o que pasou na XII Asemblea Nacional do BNG, vaise instalar realmente o "fair play" na súa dinámica organizativa?
Nas vindeiras eleccións locais dentro do BNG para elixir aos cincuenta e tantos membros restantes do Consello Nacional, vai haber un "pacto de cabaleiros" ou o aparato Quintanista-upegaísta vai facer sentir todo o seu peso aplastando aos "críticos"?
A unidade conseguida é algo precario e momentáneo ou vaise consolidar día a día polo ben do BNG e de Galicia?
Agradecería opinións e hipóteses (aínda que fosen "disparatadas") sobre o particular.
Un saúdo.
Onte dixo Quintana, cando presentou a proposta de executiva pactada, que nunha cousa coincidian todas as candidaturas ao C.N.: no BNG mandan os militantes. E onte mandamos e deixamos unha serie de mensaxes que esperamos que o Consello Nacional e a Executiva leven adiante. Os relatorios aprobados son unha "folla de ruta" que ten que seguir toda a organización.
No que atinxe ás composicións dos órganos de dirección, pesos relativos de cada grupo, partido, etc., que para algúns semella ser o que máis interesa (non para min) tamén mandamos os militantes. As votacións deixaron un resultado que seguro non foi satisfactorio para a lista encabezada por Quintana, nin para a encabezada por Beiras, e dende logo moi malos para A Alternativa. Probalmente os máis satisfeitos foron os do Movemento pola Base, curiosamente os que menos votos tiveron.
E unha vez máis o BNG segue a dar sorpresas, porque a realidade é que cada A.N. deixa unha nova correlación de forzas, no que hai actores que se repiten, pero sempre aparecen outros novos e cun equilibrio distinto.
O dos autobuses que di o señor Anónimo Político-Cultural non deixa de ser unha desafortunada frase de desprezo á militancia do BNG. Eu que fun dos que votei a prol do voto particular nº 63 pedindo a supresión do paragrafo que articula a participación por delegados na próxima A.Nacional. Quero que vaia canta máis xente mellor a votar, sexa en autobús, en coche, en tren ou en bicicleta.
Sobre outro comentario que aparece neste fio co que estou moi en desacordo non vou entrar, destila tanto afan manipulador que non paga a pena contestar.
Por certo, e non me parece un tema menor, as mulleres son maioría na nova executiva.
Contestando ás preguntas que fai o señor Anónimo Político-Cultural voulle contestar co meu desexo. Espero que se instale o "fair play", entendendo que implica defender as posicións de cada un sen bombardear á organización, e dentro duns mínimos de respecto entre compañeiros. Onte e antronte houbo de todo pero polo menos foi interno, non nos medios.
Nas eleccións nas 24 comarcas non penso que exista unha dinámica única porque a realidade e distinta. Hai comarcas en que as opcións son poucas e responden máis as disponibilidades das persoas. Noutras comarcas o tema páctase e os pactos dependen dos diversos apoios, e noutras haberá máis dunha lista. En calquera caso calquera das opcións é lexítima, volvo ao principio do que dicia o Quin, os militantes mandan, ¿resulta tan dificil de entender?
Desculpe, Amigo, a miña intención non era ofender á militancia, senón ironizar sobre unha tendencia habitual de certa parte do aparato. En todo caso, fíxenme eco do que puñan os medios de comunicación e do que dixeran algúns "críticos".
Dito isto, non creo que en ningún grupo político (en ningún!) "mande a militancia". Que non lle pareza mal, pero considero que esa é unha forma moi simple de entender o funcionamento real das organizacións políticas. A democracia interna é, en todos os casos, unha entelequia ou un desideratum, mais na vida orgánica priman o que Panebianco ten chamado, coido lembrar, "coalicións dominantes", e que, moitos anos atrás, Michels denominou "lei de ferro da oligarquía". E iso débese non a unha suposta intrínseca maldade dos dirixentes nin tampouco a que os afiliados sexan parvos, non, senón aos propios imperativos do funcionamento organizativo. Pero, en fin, volvendo ao comezo: as miñas desculpas, foi unha reflexión feita en quente. Reciba un saúdo.
Non sei moi ben quen é a xente de "Movimento pola base", pero reciban as miñas felicitacións. Despois de acadar 5 representantes para o consello nacional, e non querendo entrar na executiva, cederon os seus 2 postos para que os outros dous grupos críticos estiveran nela.
Aínda hai xente que antepón as súas ideas a un posto.
O Movimento pola Base é un grupo de militantes do BNG pouco coñecidos porque a diferenza de outros non manifestan as súas diferenzas coa dirección da fronte nos medios de comunicación, senón que adoitan facelo internamente. Só dous comunicados fixeron públicos (están na rede), un de constitución, e outro crítico co sistema de A. N. por delegados.
Son fundamentalmente xentes vinculadas ao mundo sindical e a Galiza Nova, algúns deles ex membros da UPG.
Piden posicións políticas de máis esquerda e máis nacionalismo.
En todo o proceso da XII A. N. manifestaron que non tiñan intención de entrar na executiva e que non se prestarian á ningún tipo de maniobras ou pactos. Abofé que cumpriron.
Para o señor Anónimo Político-Cultural. Teño que comezar recoñecendo o máis absoluto descoñecemento sobre as "coalicións dominantes" ou a "lei de ferro da oligarquía". Nin podo concordar, nin podo disentir. Pero si sei que onte cada un dos que estabamos en Compostela votamos o que nos pareceu. E supoño que valoraríamos moitas cousas á hora de escoller papeleta, eu polo menos así o fixen. Eso é ao que eu me refería.
Unha pregunta interesada: qué pensa o Movemento pola base de Ence: vanna levar para As Pontes?
Mudando de tema: Que adxectivo lle acae mellor á exposición Memorial da liberdade, sectaria ou absurda??? Non podemos acusar de sectarismo a todo o que se faga sen que conten con un. Ollo coa sectas dun só membro!
Paréceme moi mal, e non emprego a palabra absurdo, que se fale así dunha exposición que é sobre todo unha mostra de obxectos e pertenzas queridas, tesouros que foron gardados con amor e dignidade. Non creo que sexa sectario, achegar unha representación, aínda que pequena, das forzas que defenderon a democracia, a liberdade e a reública no país. No fondo é un problema o de non vermos máis alá, do que fariamos nós, incapaces de valorar o traballo alleo. Este traballo é bo. Foi, de verdade, á exposición? Para min é unha honra que pertenzas da miña familia, e ninguén o sabe, abandonen o interior da casa e sexan compartidas por persoas de ben, que desexen comprender como puidemos resisistir e vivir. Mais desta nostalxia vostede semella non saber. As palabras poden ferir e vostede feriu, non aos responsábeis do traballo, (para min ben feito). Vostede feriu co mal emprego de adxectivos a quen deixou un anaco da vida para mostrar. E el non será algo de envexa o de andar a criticar? Non sei se o votarán de menos en Compostela mais o país, de seguro vai andar, como poida, malia persoas que só amosan o seu resentimento. Unha magoa!
Desculpe, usuario anónimo, pero coido que na intención do señor Valcárcel non estaba nin remotamente ofender a ninguén, e menos aínda ás persoas que xenerosamente colaboraron deixando obxectos materiais de gran valor para a exposición.
Pola miña parte, xa dixen noutras mensaxes dunha entrada diferente a esta que, en canto a materiais amosados, a exposición era moi boa.
Sen embargo, varios dos contertulios observamos un claro nesgo na organización da exposición e na presentación das lendas que acompañan aos materiais (a maioría excepcionais, repito), e que supoñen unha manipulación da nosa historia recente, dada a infrarrepresentación dalgunhas forzas políticas non nacionalistas e a omisión case sistemática das súas siglas.
E é unha mágoa que así fose, porque estraga absurdamente (e sectariamente, lamento dicilo) unha exposición que é moi sobresaliente polo gran esforzo de recollida de materiais.
Non lembro ben en que entrada estaban todos eses comentarios. Pero recoméndolle que os busque e os lea. Coido que se deron argumentos, que se poden compartir ou non, claro está.
Reciba un saúdo.
O BNG e a lei de ferro da oligarquizaçao dos partidos
Un artigo de: Xavier Vilhar Trilho
[05/12/2006]
A XII Assembléia do BNG decidiu que não deve continuar sendo a assembléia de todos os filiados a que eleja a direção do BNG e que o órgão eleitor da direção se desloque para uma assembléia mais restrita, formada por delegados elegidos pelos militantes em assembléias comarcais e locais. Embora se possa dizer que o procedimento assemblear é mais democrático, no sentido de que é um procedimento de democracia direta, mais participativa, o indireto da assembléia de representantes é também democrático, não obstante ser um procedimento de eleição indireta em segundo grau e, portanto, menos democrático. Também poderia-se objetar à democracia representativa, indireta, que facilita a aparição de uma casta dirigente, que se subtrai ao controlo das bases militantes, mas de tal perigo nem sequer está livre uma estrutura organizativa rigorosamente assemblear.
Nos debates assembleares não soem participar mais do que um minoria de militantes (normalmente nas assembléias do BNG participam em redor de 2000 filiados sobre um total de uns 8000), triunfam no debate as posições das minorias mais ativas e organizadas e se delega necessariamente para as atividades executivas de direção em comitês e secretariados vários. Nem sequer o assemblearismo pode impedir a aparição de derivas ditatoriais. Lembre-se que um regime de assembléia, como o da Convenção Nacional na Revolução Francesa, na que estavam concentrados todos os poderes, desembocara no ditatorial Comitê de Saúde Pública desencadeante do Reinado do Terror robesperiano e que a democracia direta dos soviets (conselhos de delegados dos operários, soldados e camponeses) da revolução russa não conseguiu impedir a ditadura do secretário do comitê central do partido comunista. O assemblearismo não é uma panacéia (do grego panákeia, planta imaginária à que se atribuía a virtude de curar todas as doenças). Como vão a serem as assembléias a panacéia para todas as doenças da polñitica, quando são as próprias assembléias –como neste caso, a XII Assembléia do BNG– as mesmas que, com base na sua soberania, decidem fazer-se o hara-kiri?
Argumentações semelhantes aos que se esgrimiram no atual debate no seio do BNG entre "assembleistas" e "delegacionistas" têm estado presentes no debate, por volta de 1990, entre os "fundis" (fundamentalistas) e "realos" (realistas) no partido dos verdes alemães relativamente à rotação do desempenho da função de deputado do partido no Bundestag alemão. Os fundamentalistas defendiam, por considerá-lo um mecanismo de maior democracia interna, que houvesse uma rotação entre os militantes para ocupação do posto de deputado em representação do partido, entretanto os realistas argumentavam que essa rotação diminuiria a eficácia dos deputados do partido, ao desperdiçarem a experiência parlamentar dos que vinham desempenhando a função de deputado. O dilema de sempre: democracia ou eficácia?
Já Robert Michels, um dos autores clássicos da teoria das elites, tinha afirmado –no seu livro Os partidos políticos: um estudo sociológico das tendências oligárquicas da democracia moderna, publicado em 1910– que as formas oligárquicas são consubstanciais a toda organização, inclusive àquelas nas quais a sua razão de ser deveria implicar a desaparição de todo elitismo, como era a organização de massas do partido social-democrata obreiro alemão. Tão inevitável parecia-lhe esse processo de oligarquização que lhe induziu a formular a nomeada lei de ferro da oligarquia, segundo a qual "a organização é a mãe do predomínio dos elegidos sobre os eleitores, dos mandatários sobre os mandantes, dos delegados sobre os delegantes. Dizer organização é o mesmo que dizer oligarquia". Para Michels, a oligarquização fundamenta-se em três processos. Primeiro, o de que as organizações quando se fazem mais grandes se burocratizam, se especializam e devem tomar decisões cada vez mais complexas, que requerem rapidez na sua adoção; destarte, as pessoas que sabem tratar os temas complexos, com os que se defronta a organização, convertem-se em imprescindíveis na direção e passam a pensar mais em se manter na direção do que em realizar os objetivos da organização. Segundo, o de que para que qualquer organização seja eficiente precisa de um liderado forte, apesar de que isso venha a significar uma menor democracia interna. E terceiro, o de que a própria psicologia das massas faz desejável o liderado, pois as massas são apáticas, esperam que se lhes resolvam os problemas, são agradecidas para com o líder e tendem ao culto à pessoalidade.
Não podemos negar que os grupos sociais não se podem libertar da necessidade de se dar algum tipo de organização para ser operativos na ação social. De tal necessidade nem sequer se liberta a pratica das organizações anarquistas, porque, embora na sua ideologia se diga que as massas –na sua espontaneidade revolucionária– se auto-organizam, a auto-organização não deixa de ser também uma forma de organização e, como tal, produz uma estrutura distinta e distanciada das massas. Temos que admitir que, depois de tudo, tanto em autocracia como em democracia sempre governa uma elite, não obstante haja também que reconhecer que, nesse aspecto, a superioridade de democracia sobre a autocracia está no facto de que a democracia vem a ser um sistema no que as elites são abertas e concorrem livremente entre si para conseguir governar através da legitimação democrática do voto da maioria popular. Nas democracias as elites não se impõem senão que se propõem.
Para paliar –já que não é possível eliminá-la totalmente– a tendência à oligarquizção no seio dos partidos há que consultar periodicamente às bases, dando valor decisório ao resultado das consultas sobre os assuntos de grande transcendência política. A assembléia de militantes não será funcional para desempenhar funções diretivas, mas sim está capacitada para decidir se a direção dirige bem o mal, igual que os soldados rasos não saberão dirigir um exército no campo de batalha mas sim sabem se o general o dirige bem ou mal, da mesma maneira em que uns meninos, que ainda não sabem nada de matemáticas, sim sabem se o professor sabe ou não sabe explicar bem as matemáticas. Também há que instaurar na pratica dos partidos necessários mecanismos institucionais como: eleições primarias na designação dos candidatos à direção, confecção de listagens abertas de candidatos ao órgão de direção onde se lhe dê uma representação proporcional às correntes minoritárias, limitação de mandatos e rotação nos carregos diretivos e proibição de que os militantes do partido que ocupem postos no governo do país possam ocupar ao mesmo tempo a direção do partido. Deve-se conseguir que haja um reparto de poderes entre os distintos órgãos do partido, de tal forma que nenhum órgão nem nenhum grupo de militantes concentre em si todos os poderes. Uma boa parte dos membros da listagem oficial para a eleição de 50 membros do Conselho Nacional do BNG estava formada por pessoas que acumulam em si mesmas o ser conselheiros no governo da Junta ou deputados no Parlamento da Galiza ou presidentes e vereadores em câmaras municipais. A separação de poderes da teoria política liberal é um grande invento para controlar o poder, que os mesmos partidários de superar o liberalismo deveriam assumir como uma conquista própria. Ora bem, de nada serviriam todas essas instituições e regras procedimentais se não estivessem vivificadas pela existência de militantes com uma completa formação ideológica, dotados de espírito crítico e com independência de critério, porque isso é o único que pode evitar que sejam letra morta. O melhor antídoto contra o dirigismo é formar os militantes como se quaisquer deles tivesse que desempenhar a função diretiva algum dia.
Em definitivo, do que se trata é de lhe tirar ferro à lei de ferro da oligarquização das organizações partidárias, quer dizer, há que conseguir que, se não podem ser todos os militantes dirigentes ao mesmo tempo, possam ser todos os militantes dirigentes algum tempo. Embora a democracia plena seja inalcançável devemos tentar aproximarmo-nos o mais possível a ela. O próprio Robert Michels superava o pessimismo da inevitável lei de ferro da oligarquia com estas esperançadas palavras nas últimas páginas da sua obra citada acima: "A democracia é um tesouro que ninguém descobrirá jamais pela procura deliberada, mas se continuamos a nossa procura, ao trabalhar infatigavelmente para descobrir o indescrobível, realizaremos uma obra que terá férteis resultados no sentido democrático". Do que se trata é de fazer compatíveis democracia e eficácia. É difícil, mas não impossível. Em todo caso aí está o desafio, que não pode ser despachado com o fácil expediente de sacrificar quer a democracia quer a eficácia.
O abandono da luta pela democratização interna e a concomitante desideologização (sacrificar a ideologia no altar da eficácia) no BNG pode levar a que deixe de aspirar a ser um partido de militantes politicamente conscientizados e ativos, para se converter num partido de funcionários de partido (controlado pelos militantes que se profissionalizam na ocupação de cargos no aparato do partido). Correlato do qual seria que se convertesse também num partido de eleitores, quer dizer, num dos chamados, de jeito esclarecedor, partidos "apanha-tudo", que, em inglês, são denominados catch-all e, em italiano, prendi-tutto. Partidos baptizados assim, porque procuram conseguir o maior número de votos para ganhar as eleições, tratando –com um programa ambíguo e desideologizado– de contentar, com posições políticas centristas, a todos os estratos do eleitorado e a nenhum em concreto. O BNG, como organização que tem o objetivo de liderar um processo de construção nacional –porque a Galiza ainda não é uma nação, senão "uma nação em construção"–, tem de pretender ser um educador coletivo do eleitorado galego e não se limitar a ser um seguidor do seu baixo nível de consciência nacional. O BNG tem de conseguir, com uma tarefa própria de um "mestre nacional", que a maioria da cidadania galega chegue a ter consciência política nacional (quer dizer, que veja a comunidade dos que vivem na Galiza como centro de imputação do poder político constituinte) e que também chegue a ter uma vontade política nacional (quer dizer, que reivindique e consiga para a Galiza órgãos de autogoverno soberanos ou, no mínimo, de soberania compartida), que são as condições subjetivas que lhe faltam à Galiza para ser uma nação, pois não lhe basta com ter traços objetivos diferenciadores, como pode ser o de ter uma língua própria identificadora, para ser uma nação. Não basta com ser a nação de Breogão.
Moi interesante (aínda que difícil de ler pola súa teimuda vontade de estilo farragoso, por non decir pedante, dos vellos tempos de El viejo topo, con perdón para os da querida revista anarquista), sobre todo o de que non basta con ter unha lingua propia identificadora. Esa é unha das eivas, ó meu xuízo, do nacionalismo: cifrar o seu discurso en materia lingüística, porque quedan nun segundo plano os verdadeiros contidos da autodeterminación política, como unha axencia tributaria galega, unha organización do territorio específica (sen provincias, por exemplo) ou un sistema electoral de seu no que, por exemplo, podan intervir forzas minoritarias que nun país como o noso de escasa poboación poidan representar mellor ós cidadáns. En fin, cuestións de primeiro orde político ou económico. As cuestións culturais (parezo un marxista de libro, non é?) poden vir despois. Mesmo pode aventurarse unha herexía: sen a lingua galega pode artellarse un discurso nacionalista.
UN DE VIGO DIXIT:
meu querido arume dos piñeiros, cos psoeistas coma ti que utiliza a demagoxia barata para atacar o nacionalismo galego, mentindo abertamente como decir que "cun BNG que despois asinou co PP un PXOM deleznable que o vai levar a ruína en Vigo" asi nos vai, nesta nación que non o é porque, moitos, demasiados, coma ti, non só non queredes que algun día o sono (que faraxe realidade) de sernos donos do noso destino se cumpla, se non que loitades coma leons na nosa contra. E é bo que o fagades, porque non somos os bos e xenerosos os que estan nas naves de intentar achegarse a ese sono (bng, fpg, ami, e o resto de siglas que perdón pero fai uns anos que perdinme).
Marcos, nunca criticarei os que militáchedes nos chamados partidos nacionalistas, pero humildemente considero que o problema de todos eses partidos e que a Liberación Nacional non era o seu único obxetivo, e digo ben, UNICO OBXETIVO. Parecería que esa misión sona a pouco para todos vos, sempre a engadir adxetivos que o único que fan e dividir. Nunha terra coma a nosa onde só entre o 10% e o 20% da poboación aposta dende o 77 ate hoxe po partidos coma os vosos, nunca din entendido, e teño os teus anos, coma non se articula unha organización aberta a todos (a todos os bos e os malos, os xenerosos e os egoistas) que sexa capaz de darlle a volta a realidade e que sexan os "arume dos piñeiros" o 5% da poboación, e conseguir pacifica e democraticamente o que temos o alcance na nosas mas, sernos unha nación, nin mellor nin peor, ou tamen peor, pero, como diría o meu único mestre nestas lides (Daniel Rodriguez) dona de si.
Eu non son psoeista, nin moito menos. Estás profundamente equivocado, pero por riba de todo eu non insulto. Dis que minto. Pero hai un dato incontrovertible: o BNG votou en Vigo a favor do PXOM que o PP propuxera, ben certo sobre ó que o BNG promovera coa alcaldía anterior. Podo estar equivocado, pero as actas da corporación viguesa poden certificalo. Pode que non che guste recordalo e pode, ademáis, que che guste a proposta do PXOM, pero non podes dicir que eu minto. Podes discutir que non é deleznable, pero non que eu minto. E douche a razón sobre a porcentaxe que acada desde o 77 o único grupo nacionalista, pero cun matiz: o 10 ou 20 %, no mellor dos casos, dos/as votantes, non sobre o censo. Tendo en conta a abstención, a forza nacionalista non chega nen ó 12 % da poboación maior de 18 anos. Ti verás.
Eu sólo me represento a mín mesmo: non teño a vanidade de pensar que sexa algo máis ca unha dúas millonésimas partes da poboación galega. Por iso non teñas problemas: quizáis cun pouco de sorte e sobre todo cun discurso un pouco máis artellado e convincente podas cumplir os teus sonos. Eu supoño que serei imbécil e escuro. Pois ben, ti convirás en que tes que ser un pouco máis bo e xeneroso.
meu querido arume dos piñeiros: 1º podes releer o que dixen antes e comprobaras que non te insultei en ningún momento 2º dixen que mentías e que utilizabas a demagoxia barata, iso é constatar a verdade, dende o meu punto de vista, of course. Por favor, parate a leer as actas do meu Concello e verás que o PXOM o votaron a favor o pp, psoe e bng. Nas reunións para facelo asistiron tódolos partidos,asociacions veciñais, todos os sindicatos, todos as organizacións empresariais e os particulares que asistiron as asambleas explicativas como as que se fixeron na miña parroquias. Logo pasou o que pasou, chegou o teu amigo e salvador Mariño, e si lees o acordo que ese JUEZ Y HOMBRE HONRADO firmou co bng para o acordo do goberno estaba o deleznable pxom. E a día de hoxe, o apoian tódolos partidos, tódolos sindicatos e as asociacions de veciños, menos o teu psoe, ainda que digas que non, pero tranquilo, o voto é secreto a deus grazas.
En canto os porcentaxes evidentemente é certo e eu sou mais pesimista ca ti. Os que realmente queremos a Liberación Nacional somos moitos, pero que moitos menos que eses porcentaxes. En xeral os que dín que a queren e que militaron durante 30 anos, como o noso blogger Marcos Valcarcel, non perden oportunidade de tirar pedras contra o noso tellado, e cando digo noso, non digo o bng no que non militei, nin militarei na milla vida.E que eu son de eses parvos que cree na boa vontade dos que din loitar polo Autogoberno galego (Ami,fpg,bng,..), ainda que se equivoquen repetida e tristemente sei que se voltaran a errar pero como decía o mestre "non lle poñas chatas o obra, ahi sito para todos".
En canto o discurso artellado o deixo para os licenciados, os que traballamos dende os 16 anos non nos da para tanto, polo menos na miña porroquia. Saude e Terra.
Supoño que terei que darme por aludido cando me sitúas entre os que "non perden oportunidade de tirar pedras contra o noso tellado, etc.", pero creo que estás errado. O que eu fago é só crítica política e iso non ten nada que ver co que ti afirmas: supoño que non nos negarás ós cidadáns o dereito a facer crítica daqueles comportamentos ou actitudes políticas que consideramos erradas ou pouco atinadas? Ningún proxecto se constrúe sen crítica, seria, responsable, e iso non ten nada que ver, creo, co nivel de estudos. O resto sería un asentimento "totalitario" e así non se constrúe o país... nin nada.
Polo ben da nosa cidade querida, espero que teñas razón. Pero moito me temo que o silencio elocuente de moitas persoas do BNG sobre o PXOM obedeza a un disentimento cordial que non desexan aflorar por variadas razóns. No momento en que o PXOM sexa rexeitado (co conseguinte enfado de Aproín, a asociación de promotores que con tanta vehemencia coma desvergonza enfatiza o seu apoio inestimable ó PXOM) esa mesma forza nacionalista coa súa natural tendencia progresista (eso espero) estará de lado dunha nova redacción máis razonable do PXOM, consonte cun desenvolvemento sostible da cidade e non cunha clara especulación urbanística que non pode admitir fácilmente. Na outra beira da ría, polo mesma intensidade constructora están que morden. E, se non teño mala información, o mesmo acontece pero á inversa en Lugo onde o alcalde do PSOE promove unha edificación escandalosa e o BNG amosa a súa discrepancia. A miña pregunta, en calquera caso, é clara: u-lo BNG progresista de Vigo?
No seu día (tempos de Mariño, en paz estea e xa me entenderán) eu discutira bastante arredor do PXOM de Vigo; aclarando sempre que, non sendo eu vigués senón simpatizante, era a miña opinión baseada en apreciación xeral. Sigo pensando que o que lera non me parecía mal, tendo en conta a demanda de vivenda que hai nesa cidade -iso si que me consta- e o propósito de edificar en altura e bloque amplo e así liberar espazo para zonas dotacionais.
Non é intención miña, porén, volver sobre o tema nin penso entrar nel. Escribo porque se menciona a miña cidade, Lugo, e o proxecto de PXOM do alcalde Orozco. Sobre el só darei un detalle: estando a anos case luz da potencia económica, vitalidade social e capacidade de atracción que ten Vigo; sen traza de que a situación vaia mudar para nós significativamente -estamos na Galicia interior, permítome puntualizar-, o proxecto planea para trescentos mil habitantes. A provincia enteira, arestora, pasa deles, pero non pensen que alá moito.
Ou eu non entendo nada, ou este despropósito admite pouco parangón. A falta de constatarse o primeiro, de momento voume quedar co segundo. E deixémolo así.
Beiras di hoxe en "Galicia Hoxe":
"Malia a propaganda unilateral, as mensaxes lanzadas desde a dirección e o carretar de votos do domingo, a militancia activa apoiou manter o carácter de voz e voto directo nas asembleas".
Fala de carretar votos, non si?
A miña opinión é que, a nivel municipal, o BNG actuou de panoli en Vigo, en Ferrol e mais en Lugo. En Vigo que se deixen de tonterías e que monten unha candidatura como é debido. Por exemplo, con Camilo Nogueira. Moito me temo que como non reaccioinen a nivel municipal van levar un nabo de carallo (se me permiten a redundancia).
Da Coruña... mellor non falar ("de vitoria en vitoria atá a derrota final")
Resulta bastante evidente que o BNG non ten suficientes cadros suficientemente preparados. E iso vese nas candidaturas municipais.
E, no canto de abrise á sociedade e incorporar novas achegas que co tempo se poderían afiliar, prefiren listas de fieis e dúctís concelleiros a mans do cabeza de lista.
querido arume dos piñeiros: eu sou totalmente pesimista sobre a nosa cidade e sobre a miña nación en xeral, o cal non quita para, dende fora dos partidos, ver as suas actuacións. Teño unha familia moi extensa e nal cal, ahi de todo. Un dos meu curmans, é militante do bng (sector camilista) e ten un estudio de arquitectura con outros socios, e o dia siguente de que Castrillo nombrara o xerente de urbanismo, declaroulle a guerra total o seu anterior grupo porque a "ese señor non o coñoce nin dios" (lease non era él nin ningun dos seus amigos). E por ahi vai a contestación a Marcos Valcarcel, pedindo disculpas porque non sei o seu caso particular de tanto malestar que deitou no artigo no que escomenza estas contestación ; a Liberación Nacional pola que durante anos se loitou queda atras cando os teus non poñen os que un quere ou non toman as decisións que cada un pensa que son as correctas. Eu sei positivamente que no bng ten que haber moito castrón, moito colgado e moito rancoroso (so ahi que ver como o tal Beiras actuou nas últimas eleccións ou o bochorno que pasei despois de votalo e ver como respondía na tvg na suas últimas eleccións como mandamais e na que se baixou estrepitosamente). Pero tamen sei que iso e propio das agrupacións humanas de calquer tipo. E ainda mais das persoas tomadas unha a unha. Eu mesmamente teño moitas eivas, demasiadas. Dende que podo voto o partido maioritario galego, en Vigo votei durante moitos anos os diferente partidos de Camilo ainda que a sua xestión foi penosa e non afundiu definitivamente o nacionalismo porque a xente esquecese. Ainda asi o seguin votando, mira tí, porque na miña cidade eran a forza maioritaria e procuro non tirar pedras contra o meu tellado, ainda que entren, non xa as goteiras, se non o furacan. Pero tantos estan a tiralo e teñen tantas boas e fundadas razons, D. Marcos, que eu baixo ningun concepto prestome a axudalos, so intento nas miñas menguadas e limitadísimas forzas intentar mantelo e se pode ser, acrecentalo. Saude e terra.
Estou bastante de cordo co que afirmou clar-evidente: insuficiencias dos cadros municipais. Velaí o caso de Ourense: mandáronse para a Xunta algúns dos mellores nomes e logo pasa o que pasa. E non se fai nada por abrir o Bloque e buscar cadros fóra: falar de independentes segue sendo unha herexía!! E algúns dos que logo chegaron á Xunta (e agora non falo dos da cidade de Ourense) tampouco demostraron saber facer unha xestión impecable. E moito me temo que nas próximas eleccións vai ser peor e o nivel dos cadros vai baixar porque o BNG (polo que eu sei) tampouco medrou de xeito sustantivo.
Desexo manifestar bastante acordo co Usuario Anónimo de Vigo (cousas di el que non adoitan lerse) coma co amigo Marcos. É notorio que o Bloque nin se abriu nin se está a abrir na medida necesaria nin suficiente á sociedade; déixeseme que diga que non por culpa de Anxo Quintana precisamente. Con todo, e visto que nesta asemblea parece que perderon forza os máis reticentes -parece, polo menos, insisto- a tal apertura, o panorama debería cambiar a medio prazo.
Sería ben que o BNG buscase "independentes" para as súas listas. Discrepo co de consideralos cadros políticos, pero, ben escollidos, adoitan desempeñar boa función captadora de votos e rendible labor de xestión. Iso si, quen desempeñe un cargo público polo BNG debe asumir o nacionalismo como condición sine qua non para o seu traballo. Supoño que aí estaremos dacordo.
Publicar un comentario