27 mar 2007

Recomendacións

As fabas de Creta (Afonso Monxardín en Galicia Hoxe)

Existe o inferno? (M.A. Fernán Vello en Galicia Hoxe)

Cando se ten a alma en guerra (X.M. Sarille en El Correo Gallego)

"O meu pai ten narrativa curta inédita", entrevista a Hakan Casares, e A historiografía medieval española segue fiel ós mitos do século XIX (A Nosa Terra)

20 comentarios:

Anónimo dijo...

Estupendos artigos os dous.
Quedo cunha dúbida, comeron Monxardín e compañía o segundo prato de feixóns crus?

Anónimo dijo...

Algún petiscamos, pero os demos enviado e simulamos cara de fartos

Anónimo dijo...

...pero non os demos enviado...

Anónimo dijo...

Para mín o inferno ten o rostro dun cura castrense: cabe maior depravación? Se ademáis estudiou pedagoxía e un pouco de gaita, entón, xa non hai máis: é o mesmo demo.

Anónimo dijo...

O tema da historiografía é moi interesante. Eu creo que a historiografía hispánica nace cos últimos trastamara e, sobre todo, con Felipe II e cos Austrias. Pódese comprobar coa lectura dos historiadores de corte, empeñados en criar unha historia propia de España, remontada mesmo á Biblia.
Por suposto, esa concepción patriótica renace no XIX, pero xa ten moito avanzado no séculos XVI.
Por suposto, tratándose de A Nosa Terra, o comentario viría pola vía nacionalista. E, desde esta ladeira, a historiografía galaica fai exactamente o mesmo. Os patriotismos teñen esta teima: a da construcción dunha historia autoxustificante. Eu son moi crítico coa historiografía hispánica: da destrucción (non deconstrucción) alimento as miñas clases. Porén, rexeito tamén calquera intento de facer o propio coa de Galicia. Sei (e teño constancia) de máis dun profesor de Historia de Galicia (en ensino medio) que remata na Galicia castrexa porque a chegada dos románs supón unha invasión e polo tanto unha especie de desviación dun sustrato galaico exemplar. Por non poñermos outros datos (moitísimos) igualmente significativos.
En fin, cándo nos libraremos dos políticos na concepción da historia?

Marcos Valcárcel López dijo...

Segundo me contaron, da Galicia castrexa nunca pasaba tampouco, nin sequera chegando a xuño, don Xoaquín Lorenzo nas súas clases. E algo semellante facían outros galeguistas (Otero, etc.), non sei se por motivos ideolóxicos ou porque,sinxelamente, se liaban cos temas que lle gustaban e nada máis. E, si, é certo, un estudiante hoxe de Instituto pode encontrarse cun profesor en clave "españolista" dando a historia de sempre, con abondosas referencias case míticas, ou con algún exceso en clave "nacionalista galega", que mesmo lles mande estudiar a lista dos "reis galegos" da Idade Media. Como sempre, no equilibrio entre ambas posturas estaría a posición máis atinada e prudente.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu, por deformación profesional, leo historiadores (propagandistas, co seu sentido jesuítico de propaganda fidei) dos séculos XVI e XVII. Atopo alí a secuencia mítico-patriótica que hoxe cremos. Son fidedignos aqueles historiadores? Por que asumimos como documentos históricos os seus relatos historio(haxio)gráficos? Cando teño que comentar un pasaxe dun texto literario recorro mesmo a historiadores modernos que falan do asunto. E atopo que os mesmos historiadores recorren ao escritor que comento. Esta tautoloxía é insalvable. O mesmo ocorre cos historiadores deses séculos, que son antes escritores, humanistas, filólogos, ca historiadores. Eses son as nosas fontes. Cando poderemos desmontalas?
Sobre a historiografía galega, outro tanto. O que pasa é que esta aínda está por escribir nos nosos días, por falta de meta histórica ou patriótica que a alimentara. Pero xa vai tendo os seus alicerces. E na Idade Media, os nosos historiadores, por descartes, atopan moitos máis ca noutras épocas. A típica, por outra parte, idealización medieval, que comezou na idade moderna (aquela cousa de cabaleiros e damas) sustentando o nacemento das nacións e resucitou co romanticismo (con perdón) para aquelas outras que nono conseguiran antes.

Anónimo dijo...

En relación co que está a falar, cóntenos e ilústrenos, amigo Arume dos Piñeiros, qué tal está o libro do sempre polémico (e para min intelixentísimo, a pesar de disentir en bastantes cousas) Jon Juaristi, "El reino del ocaso : España como sueño ancestral", 2004.

É que non o lin.
Linlle a célebre triloxía que inicou con "El bucle melancólico" e que logo continuou con "Sacra Némesis" e "La tribu atribulada". Tamén lle metín algo de man a "El bosque originario: genealogías míticas de los pueblos de Europa", pero petincando aquí e alí.

Por certo que Juaristi, látigo inflexible do nacionalismo vasco, é un neoconverso ao xudaísmo. Pero non sei se borrar este dato, non vaia ser que o utilice algún indocumentado contra Valadés un día destes.

Anónimo dijo...

Petiscando, tiña que dicir.

Anónimo dijo...

Non lin nada de Juaristi. Síntoo. Pero coñezo, por vía indirecta, as súas teses sobre a tendencia da historiografía de corte nacionalista de crear unha historia convenientemente épica e mesmo mítica para os seus fundamentos políticos. Para mín, é lección aprendida do nacionalismo español, onde ese proceso xa está rematado, concluido e frecuentemente desbaratado. Destrucción que non é óbice para que ese paradigma histórico siga a ser preminente nos estudios de ensino medio, nas soflamas patrióticas dalgúns historiadores vehementes (coa carga necesaria de redención) ou nas concepcións máis xeralizadas entre a poboación española.
É un problema de tempo, aínda que Juaristi e outros máis (por exemplo Elorza) tentan impedir (como fixeron os humanistas europeos contra os historiadores españoles hispanófilos, tamén humanistas) a mera construcción actual dese pasado idealizante.
NOTA: Aínda recordo unha conversa recente co historiador Manuel Fernández Álvarez, académico da historia, cando me dicia, entre risas, que el era o máis progresista da Academia. E hai que escoitalo falar de España.

Anónimo dijo...

Vaia, qué desilusión!

Mais todo ten arranxo nesta vida: recoméndolle a lectura directa das obras de Juaristi. Unhas veces para asentir, outras para disentir, outras para rir, outras para enfurruñarse, sempre para aprender.

Anónimo dijo...

Teño un pequeno problema con Juaristi: cáeme mal. Tentarei de arranxalo. Os libros non teñen a culpa de que o escritor que os escribe non sexa do gusto do lector que os vai ler.

Anónimo dijo...

Curiosa deriva a de Juaristi.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Exacto. Os libros non teñen a culpa de cómo sexa o seu autor.

Se fixeramos sempre caso da simpatía ou antipatía que, racional ou irracionalmente, nos desperta un autor, o resultado sería unha apreciable redución das nosas posibilidades de lectura. Con dicirlle que eu lin "Mi lucha" cunha permanente sensación de noxo e a piques de vomitar! (Neste caso, autor e obra si que teñen culpa).

Anónimo dijo...

Se pasara hoxe por aquí don Leituga 1, amigo Jimmy, seguro que nos ilustraba sobre o libro de memorias que Juaristi publicou hai cousa dun ano ou así (e que eu non lin). Quizais podería darnos algunha clave desa, en efecto, curiosa deriva.

Anónimo dijo...

Si, os libros nunca teñen a culpa de cómo son os escritores ou pensadores. Por fortuna para eles. Se aplicasemos un criterio de rigor moral ás biografías dos grandes da Historia da Literatura Universal, ó mellor quedabamos sen ter que ler. Isto non é doado que o entendan os rapaces, nesa idade da adolescencia que todo é branco ou negro: pero eu insisto a cotío, son moitos os grandes autores, podemos empezar por un Quevedo misóxino e racista por exemplo, ós que, como persoas, non pagaría a pena tratar nin sequera convidalos a un café. Non están vostedes de acordo? (Marcos de Auria)

Anónimo dijo...

Con Quevedo aínda tomaba eu unhas cañas. Ou varias. Para que me explicara como lle deu por escribir o verso "Mi corazón es reino del espanto" que vale por toda unha literatura.
A mala uva tamén pode ser motivo de grande regocixo. Eu coñezo autores moi celebrados pola súa bonhomía que son un auténtico peñazo, tanto na súa escrita coma na súa exhibición oral. A bondade non é tampouco señal de bó escritor. Nin de persoa interesante.

Anónimo dijo...

Ten razón, como tantas veces, o amigo Arume.

Claro que o peor de todo é ser un auténtico peñazo e, ademais, un mal escritor.

Dos que reunen as dúas características aínda coñecemos algún que outro caso, non si?

Anónimo dijo...

APC quere que piquemos e deamos nomes. Eu, como Díaz de Mera, non podo descubrir as miñas fontes, pero podo acreditar que algún hai. E xa dixen de máis.

Anónimo dijo...

Non se preocupe, Arume, que eu non son o xuíz do 11-M, e, polo tanto, non penso rogarlle que descubra as súas fontes, nin menos aínda o penso acusar de desacato grave.