29 mar 2007


Máis sobre José Almoina.
Pan por Pan xoves 29 marzo. Imaxe de J. Opie

O tal José Almoina Mateos que citei onte ten tamén ligazón con Ourense: fíxolle o prólogo a José Adrio Menéndez para o seu libro “Del Orense Antiguo” publicado en 1935 na Imprenta Popular. Alí deixa constancia da súa erudición no xénero das biografías literarias da época. Almoina nacera en Lugo (1903), estudou en Compostela e era cónsul da República en Burdeos cando a guerra. Exiliouse en Santo Domingo e alí foi secretario do ditador dominicano Rafael Trujillo. Vargas Llosa conta en “La muerte del chivo” como o ditador o condenou á morte por publicar en Guatemala, co seudónimo Gregorio Bustamante, o libro “Un sátrapa en el Caribe”. Logo rectificou e sacou en Arxentina “Yo fui secretario de Trujillo”, gabando o ditador. Pero os sicarios de Trujillo remataron con el en 1960 en México: un personaxe que pide a berros unha biografía.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Para os interesados, no libro "O exilio galego de 1936: Política, sociedade, itinerarios", que vén de saír do prelo en Ediciós do Castro, inclúese unha interesante achega á biografía de Almoina.

Anónimo dijo...

Hola, qué tal, yo soy nieta de José Almoina Mateos. Vivo en México y apenas encontré este blog, me sorprendí y me alegré de que su memoria esté viva. No hablo gallego pero entiendo el texto, suena bien la idea de publicarse una biografía de mi abuelo. Me encantaría saber si tenen más datos suyos.

Muchos saludos y enhorabuena,

Yara Helena Almoina del Cueto
mi mail es entretodosabemostodo@gmail.com

Anónimo dijo...

Supongo (no sé de cuándo es esa entrada en el blog) que lo de La muerte del chivo es una "alegría" o algo así en vez de "La fiesta del Chivo".