10 mar. 2007


Sobre a crispación

"El suspense", Manuel Rivas, El País 10 marzo (artigo completo):

Imaginemos por una pista de las Highlands a Mariano Rajoy, Acebes y Esperanza Aguirre en un 4x4 conducido por el avispado gaviero Zaplana, claro, y Aznar de circunspecto copiloto. Cualquier paisano escocés se dará cuenta, a la primera, de que son cazadores españoles a la captura de los famosos leones inexistentes. En eso consiste la crispación. En ir, desde la pérdida del poder, detrás de un macguffin mutante. El matrimonio homosexual. El Estatut. La asignatura católica. Y el ridículo macguffin a cuenta del 11-M. Ahora, una manipulación penitenciaria que dejaría atónita y abatida a doña Concepción Arenal. La pregunta es: ¿cuántos leones inexistentes quedan en Escocia?

"El péndulo y los músculos del cuello", Juan Goytisolo, El País 10 marzo: Un moi interesante artigo onde reflexiona sobre a conversión de antigos militante de extrema esquerda (Jiménez Losantos) en hoxe voceiros da extrema dereita e da crispación:
(...) En vez de caminar al descubierto y dar la voz a un “yo” quizá desamparado, pero vivo, mutante, complejo, el fugitivo del asfixiante caparazón del “nosotros”, y calificado de desertor por sus ex camaradas, cede a menudo a la facilidad de crearse una nueva familia y de calentar uss manos en otro fuego hogareño. Una buena parte de los comunistas que conocí en mi juventud se convirtieron luego en anticomunistas furibundos. Mi antigua condición de simple “compañero de viaje” me libró de este desliz.
La independencia política, ética y artística que busco desde mediados de la década de los sesenta del pasado siglo me enfrenta a una situación paradójica: los mismos que me atacaban desde la izquierda por mis críticas al régimen cubano, o a la hoy difunta Unión Soviética, lo hacen ahora desde la derecha con argumentos y descalificaciones bastante parecidos. Mas, como dije hace casi treinta años en un coloquio con los estudiantes de letras de la universidad de Sevilla, prefiero equivocarme por mi cuenta a tener razón por consigna”.

5 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Os que nacimos á vida pública coa democracia temos a memoria fráxil, pero aínda recordo o seguinte:
Os primeiros anos, tras a morte de Franco, foron de lentos e
as veces sobresaltados pasos. Un incertidume pesaba sobre as primeiras decisións adoptadas. Tras as primeiras eleccións as sesións parlamentarias entre unha UCD a punto de esfarelarse e un PSOE aínda sen total definición constituían motivo tamén para un estado de crispación. Eu recordo ben os debates, cheos de pasión e entusiasmo, nos que se solicitaba todos os días un cambio de rumbo na política do goberno ou no seu defecto eleccións anticipadas. O golpe de Estado fixo retroceder durante anos alguns avances democráticos, malia o seu fracaso. A victoria inapelable do PSOE no 82 fixo que se instalara na sociedade un estado de certa estabilidade democrática que durou varios anos. A crispación, cun partido de dereitas que se estaba recompoñendo tras o fracaso extraordinario e insólito da UCD, desapareceu do mapa político. Pero eu teño recordos de tensión política constante naqueles anos de Suárez.
A crispación reaparece nos últimos anos de FElipe González, cun goberno asediado polos evidentes e escandalosos casos de corrupción e polos crímenes de estado (denunciados hipócritamente pola dereita que se rira anos antes das denuncias esquerdistas). Pero, sobre todo, porque as diferencias electorais, abismais nas primeiras lexislaturas, van cedendo ata chegar ao ano 1993, cando FG decide contar con CIu por non teren maioría absoluta. Os anos de 93 a 96, con eleccións anticipadas, son anos dunha crispación notabilísima. A mínima diferencia obtida polo PP no 96, cun PSOE desautorizado en caída libre, é aproveitada para rematar a esquerda pormoitos anos, mesmo coa apelación dunha segunda transición superadora da transición protagonizada durante tantos anos polos gobernos socialistas: é dicir, facer ver a poboación que a modernización do país non estaba feita porque os socialistas foran un perigo para o país. De novo, cando o PP perde o poder e ve que por pouca marxe reaviva un estado de efervescencia permanente que lle dera resultado no 93.
Os factores que aparecen no caso actual (apelación facciosa á defensa da nación española ou o rexeitamento dunhas regras non escritas sobre o funcionamento do estado en materia exterior e contraterrorista, entre outras, nas que o revisionismo da guerra civil de orde histórica non é a menos importante) teñen a súa orixe na fraxilidade dos números no parlamento. Este bipartidismo (só matizado polas forzas nacionalistas catalanas, que sustentaron a PSOE e a PP, segundo os casos) leva á crispación cando as diferencias en votos son moi pequenas. Esa é a base deste estado de cousas. Eu pregúntome: teremos que afacérmonos a el, mentres manteñamos esta lei electoral, este réxime de votos?
Perdón pola extensión.

Moralla dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Moralla dijo...

"El suspense" de M.Rivas, xenial artigo, e moi visual. Mentres o lía, eu imaxinaba ao quinteto "pepero españolista" camiño das Highlands na busca dos inexistentes macguffins vestidos en plan safari no medio da neve a 5 baixo cero. jeje!
apertas

gustavo peaguda dijo...

Nun vello caderno escribin o pouco tempo de gañar as eleccions o bipartito tomando coma exemplo aquela pintada que habia moi cerca das burgas " medalla castelao para o comite central do PCG XA" dos anos 70 pola sua preparacion de pioneiros do socialismo democratico no seo do PSOE.

Na vella Auria tamen ocorreu o mesmo pero a sua escala " hai que evolucionar" dinse os compañeiros de viaxe uns aos outros.

Leituga 1 dijo...

Non teño eu nada claro que sexa a Lei Electoral a que determina ese estado de cousas que coñecemos como "crispación". En realidade, a Lei D´Hont e o sistema electoral español no seu conxunto foron coidadosamente seleccionados precisamente para favorecer a formación de maiorías poderosas que puideran sustentar gobernos estables. Quixo fuxirse, sobre todo, dun sistema "á italiana", quero dicir, o que daquela, antes de "Mani Pulite", imperaba en Italia e sobre o que non necesito dar explicacións porque o señor Arume coñece ben calquera cousa relacionada con aquel bendito país.
Oxalá as cousas puideran solucionarse con cambios no sistema electoral! Pero creo que o problema é de maior e máis grave calado.