En poleiro alleo
"O corazón dos Ancares" (X.M. Sarille, ECG 3 xullo)
O xoves pasado, despois de tantos días a chover, o sol entrou nas árbores, na herba e na terra, coa decidida impaciencia de quen perdeu moito tempo. A abundancia da auga, como se fose abril, a luz como de agosto e a calor do verán violentaban as veigas de Pereda, as vacas, os bichos, as troitas...
"El oscuro origen de don Juan" (Xurxo Fernández, ECG 2 xullo)
En 1844, José Zorrilla escribió, en veinte días, uno de los dramas más populares de la historia: Don Juan Tenorio. Él mismo nos regala datos muy precisos sobre su gestación en sus memorias –Recuerdos del tiempo viejo, editada en 1880; el año en que se publica Follas Novas de Rosalía de Castro y Van Gogh...
"Hai outra vida nas aulas" (M.A. Candelas Colodrón, FV 4 xullo)
A educación ocupa un lugar central nas nosas vidas; sen embargo, a súa importancia capital atopa escasa correspondencia nos distintos medios de comunicación. Cando se fala deste tema, xorden case sempre as informacións sobre a sempiterna reforma, crónicas de sucesos referidas á venda de droga á entrada dos centros educativos ou a matonismos de variado calibre, e infinitos debates sobre a idoneidade de certas materias. Son, sen dúbida, temas ...
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
2 comentarios:
Había en Ponferrada unha carnicería rexentada (que pomposo!) por un que chamaban o ancarés. Ninguén sabía o seu nome, pero era o ancarés e, en efecto, tal e como sostén Sarille, tiña fama de agarrado e de regatón no trato. Pero non era o único que andaba por aquelas terras, tal vez porque, como sinala Sarille, o Bierzo parecía a saída natural para os ancareses. Eu pregunto, porque nono sei, máis que a propia Galicia?
En todo caso, fermosísimo artigo o de hoxe de Sarille.
En efecto, o artigo de Sarille é moi fermoso. Parabéns.
Publicar un comentario