31 jul 2007















Ingmar Bergman: despedida-homenaxe.
Como dicía máis abaixo, marcou unha etapa importante da nosa mocidade. A miña actriz preferida nun tempo xa arredado era Liv Ullman: a culpa era de Bergman, evidentemente.
Seica tamén nunha etapa da súa vida Carlos Casares tivo como película preferida Persoa: vímola no Principal hai poucos anos, precisamente en lembranza de Carlos. E creo que a súa muller, a sueca Cristina Berg, colaborou nalgunha das películas do mestre.
Tamén se foi Michelangelo Antonioni, tan habitual nos cineclubes dos 70: un compañeiro de directiva do CC. Padre Feijóo só tiña dous deuses declarados: Antonioni e Miclos Jancsó. E moito discutía con outro compañeiro, que era afervoado, intransixente, de J. L. Godard (Saúdos, A. Llorente e M. Ayán, se chegasen a vós estas liñas...). De Antonioni hai anos que non vexo ningunha película e dubido que me emocionen hoxe como o seguen a facer moitas das de Bergman.
Dos dous, de Antonioni e de Bergman, ocúpase en imaxes o blog Díasestranhos.

6 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

As imaxes colgadas corresponden ás películas "Sarabanda", "Persoa", "Fanny e Alexander", "Amorodos salvaxes" e "Un verán con Mónica".

Anónimo dijo...

É moi interesante o comentario de Antonio Muñoz Molina sobre como a progresía foi pasando da mitificación de Bergman (contemplado en lugares sacrosantos) ata a mitificación do seu rexeitamento (aquela especie que soltaban durante os oitenta como se as pelis do sueco foran un somnífero: Bergman 10). Un canon pendular ao que xa estamos ben afeitos.

Anónimo dijo...

A min o que máis me chama a atención do asunto Bergman é que a ninguén, (progresista ou non), se lle ocorrera poñer en relación as querencias filonazis e antisemitas da súa mocidade, (confesadas por el mismo na súa autobiografía, publicada en España por Tusquets), con moitos dos caracteres, temas e figuras aparecidas nas súas primeiras películas. Caracteres, temas e figuras, que as veces aparecen disfrazadas nas ditas pelis baixo figuras, personaxes e situacións de corte "cristiano". Curioso ¿non si?

Anónimo dijo...

"Blow up" (1966), de Antonioni, é a miña película favorita. Recoméndollela, se non a viron. Despois vexan "Peeping Tom" (1960) de Michael Powel. E logo, "The Conversation" (1974), de Coppola.

Anónimo dijo...

Pois tentarei baixalas estes dias,porque supoño que non hai outro xeito de conseguilas.
Gracias Sr: Swan
Jimy de Rairo

Roque Soto dijo...

Moitas memorias e longa vida para M. Ayán e A. Llorente,parella inesquecible da divulgación do cinema en Ourense e a súa provincia.