26 sept 2007


Denunciar a Deus

Andoliña mércores 26 set. (Imaxe: A Creacíón, de Miguel Ángel)

Xa saberán que o senador norteamericano Ernest Chambers denunciou a Deus ante os tribunais do seu país acusándoo de carecer de compaixón e causar feroces fames, temibles inundacións e desastres que levaron o terror a millóns de persoas na Terra. O señor Chambers, líder negro en Omaha (Nebraska), non saberá, supoño, que xa Curros fixera acusacións moi semellantes en Mirando ó chau e bastantes problemas por certo lle causaron algúns destes versos. Nin saberá tampouco que o poeta Antón Tovar escribiu cousas coma esta: "Si se nos aparece Deus, teriamos que xulgalo como culpable diste anchuroso campo de torturas e de morte que é o manicomio do planeta".

Eu creo que no fondo víñalle ben a Tovar a idea de Deus para liberar a súa carraxe: "Se Deus non existe non hai un responsable, un culpable da dor do mundo contra quen revoltarse, contra quen blasfemar". Tovar necesitaba de Deus para facelo culpable "deste corpo de miseria do que eu non teño culpa". E de grandes blasfemias están ben cheos os seus diarios: "¡Que fusilen o neno Xesús e que boten unha bomba atómica enriba do Vaticano!", chegou a escribir nun deles. O que non tiña o noso poeta era un avogado que lle botase unha man.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Creo que Deus é aforado e que tamén goza de inmunidade diplomática.

Xaime dijo...

Non se ande con hostias meu querido Xoan, que tamén demandadou a tódolos representantes das igrexas do Estado, incluídas as cristiáns por aquelo do litis consorcio pasivo necesario

Anónimo dijo...

Imaxino que moitas veces os responsables re�is de todo o que se acusa a Deus,son en realidade os seus subordinados no ceo (anxos,santos,etc...) e na terra (curas,bispos,mesmo o Papa).Pero eso non o exime da responsabilidade pol�tica.Hai que saber en qu�n se delega.Poder�ase logo pedir a dimisi�n de Deus,pero non sei cada cantos e�ns se celebran eleci�s � cargo,nin cal � proceso a seguir nese caso.

Xaime dijo...

Querido Xoan, primeiro e denantes de nada habería que saber quén podería votar, o resto xa o iriamos amañando. Fáleme dos votantes, poderíamos votar os homes, só as mulleres, todolos bautizados, os que xa fumos a Meca, os que non fumos, os periodistas poderían votar.
Finalmente poderíamos votar os descreídos

Anónimo dijo...

Tamén poderían votar o resto dos animáis,cada un na súa lingua,"según su especie",e tamén os mortos,na língua dos mortos,que creo que é común en todo o mundo.A xornada electoral chamaráse "o octavo día".

Anónimo dijo...

Xa vístedes hoxe na prensa.Non séi quén dí que o camiño de Sant-Yago é un manicomio ambulante.

Anónimo dijo...

A culpa é de Pablo Conejo e outros santóns que comen moita mapoula por Castrogeriz, provincia de Burgos.

Anónimo dijo...

"Mapoula" quer dizer "amapola", non?

O Camiño de Santiago, sexa ou non ano "macabeo", xa é de por si un auténtico "auberge espagnol", que poderiamos traducir moi libremente coma "casa de tolos", pois manicomiais son esas ansias de chegar antes que os outros aos albergues para coller sitio.

Tamén é de tolos promover, como fan as nosas autoridades turísticas, este turimo de "tout gratuitement": alpargata, dormida (cuase) de balde, cantimplora e baguette de "saucisson".

Anónimo dijo...

Por que pregunta o de mapoula?: eu tamén dubidaba porque era palabra que aprendera, pero mireino e efectivamente mapoula ou papoula é amapola, pero non me pida razón: unha aférese e probablemente unha hipercorrección que ao mellor é incorrecta. Cicais o recordo santiagués dun hostal ou pensión na pequena rúa que ía dar ao Derby fixo o resto.
No que atingue a palabra española: do árabe "hababora", á súa vez procedente do latín "papaver", ta el como sinala o truncado e fantástico Diccionario histórico de la lengua de 1933.
Xosé M. González, ou algún de ciencias ou experto en materiais sicotrópicos, en todo caso, poderá ilustrarnos.

Anónimo dijo...

A miña abóa chmáballe "dormideira",e tamén en español se chama "adormidera".O nome científico dío todo :"Papaver somníferum".As vellas da aldea púñana baixo a almohada pra dormir mellor.Acerca de moitos outros usos,algúns ilegales,poden informase na rede.
"Amapola" tamén é nome dunha bela canción,pero neso hai que deixar xa a XM Glz,coa súa guitarra.

Anónimo dijo...

Temos unhas ferramentas de lingua galega en internet impresionantes. Non atopei nin mapoula, nin amapoula nin adormideira no dicionario da RAG nin no VOLGA.

Hai un barrio na Coruña que se chama, na xiria local, "Adormideras" (co "e" aberto até o infinito e meldía acusadamente descendente antes da última sílaba). Claro que, polo que teño entendido, por alí tamen teñen "Las Jubias", "Haciadama" (Acea da Ama), "Riego de Agua" (Rego da Egua), "La Grela" (Agrela)...

Anónimo dijo...

¿"Riego de Agua" ven de Rego de Egua? .Coa cantidade de viño e pinchos que teño tomada nesa rúa e non o sabía.

Anónimo dijo...

Rego de Egua Rego de Egua
sáes dende María Pita
non eres canella cega
senón rúa ben bonita

Chea de bares de pinchos
(algúns pícanme na lengua)
Eu,como bó "jodechinchos"
cómolles hasta a cabeza

E si bebo e me emborracho
con viños de moita sona
sempre vou dormir a mona
o "Rosalía de Castro"

(Adeus,Rúa Real
Adeus Cantón Maior
Non irei a Riazor
pra que non me miren mal)