26 sept 2007



Dos tebeos
Pan por Pan xoves 27 set.
Reviso un estudo sobre os tebeos españois da posguerra e encóntrome con personaxes entrañables da miña infancia e adolescencia. Os vellos tebeos dinos moito sobre a microhistoria social (a que non sae nos ensaios históricos). Basta achegarse a Carpanta para imaxinar aqueles tempos de fame e miseria, aquí parodiados con humor e simpatía. Ou lembrar o vandalismo moderado de Zipi e Zape contra unha escola que era aínda máis represiva do que ensinaban estes comics. O mundo rural aparecía asociado á inxenuidade, a ignorancia e a estulticia e del proviñan tipos Petra, “criada para todo” e Agamenón, que sempre facía todo ó revés. E personaxes tan ruíns como Dona Urraca ou xeniais como as irmás Gilda en busca do seu noivo ideal (para iso eran educadas as mulleres no franquismo). Non temos hoxe tebeos que nos retraten nas nosas miserias. Que sen dúbida subsisten.

26 comentarios:

Anónimo dijo...

Estampas da postguerra: a fame neghra (Carpanta) e figura das solteironas a disgusto (as irmás Gilda: é o mundo das fotonovelas, os seriais, as perruquerías, Elena Francis...)
As historietas de Escobar están ambientadas en Barcelona, e de aí todas esas referencias ao pan con tomate, cocido con pelota, a butifarra...
Foron estes os tebeos que eu lin. Supoño que son tamen os que, por idade, leron vostedes: Anacleto agente secreto, Zipi y Zape, Sir Tim O'Theo, Rompetechos, Mortadelo y Filemón...)
En galaico, daquela, ren de ren, és clar.

Anónimo dijo...

Claro que, amigo Swann, en Barcelona teñen o Mercat de sant Antoni que é unha auténtica marabilla para atopar estas xoias dos tebeos, agora banda deseñada, antes comics.

Anónimo dijo...

Eu tamén lin todos eses, pero non me facía gracia nen Carpanta nen Rompetechos porque me daban pena as personaxes sempre puteadas. As irmás Gilda sí me facían máis gracia.
Durante a exposición coruñesa de Viñetas desde o Atlántico, fixome gracia ver a figura de Carpanta sentado na entrada dun hotel a punto de come-lo bocata. Só faltaba que saira o porteiro a botalo fóra dese lugar.

Anónimo dijo...

Don Pelmazo,Reporter Tribulete,Pitagorín,La Pajarera,Gordito Relleno,Abuelita Paz,Doña Urraca,Petra criada para todo,Familia Trapisonda,Hug el Troglodita,Botones Sacarino,Agamenón,Aquiles Talón,P.Gotera&Otilio,13 Rue del Percebe,...cantas horas con "DIN-DAN","DDT","TIOVIVO","Pumby",Astérix,Tintín,El corsario de Hierro,PatrullaX,capitán América,Estela Plateada,Jabato,Supermán,...

E o mellor de todos

¡CAPITÁN TRUENO!

Marcos Valcárcel López dijo...

Buscando outro libro na miña biblioteca, dei de casualidade con LOS COMICS DEL FRANQUISMO, de Salvador Vázquez de Parga, Planeta, 1980, o volume que me suxeriu este comentario.

Anónimo dijo...

A fame acentúa o inxenio...que llo digan a Carpanta.

Vouvos contar un caso que me contaron por certo,dos tempos da fame.

Un fulano quería cortar o pelo,pero non tiña cartos.Atopóu na rúa un rapá todo desaliñado:

- ¿Tí queres cortar o pelo,rapá?
-Quero,pero meu pai non ten cartos pró barbeiro.
-Tí,ven comigo.

Entraron os dous na barbería.O rapá esperóu sentado namentras lle cortaban o pelo ó home.Cando rematóu,díxolle éste ó neno:

-Tí séntatelle ben quietiño ó barbeiro que eu vou comprar tabaco e xa veño agora.

O barbeiro cortóulle o pelo ó rapá,pero o outro non aparecía.

-Neno, o teu pai non ven.
-¿Meu pai? Non é o meu pái.Non o coñezo de nada.
-¡Mecago en quen o paríu!.Veña rapá,marcha,que tí non tiveche culpa.¡Mecago en quen o paríu!

Anónimo dijo...

Os anos da fame. Hai unha película rodada nos anos 50 na Galicia, "Camarote de lujo", co actor galego Antonio Casal, na que o protagonista (o actor galego Antonio Casal) chega á cidade e descobre que un familiar seu gaña un sobresoldo metendo de polisóns aos emigrantes que non teñen cartos para un billete a América.
Despois de destapar o chanchullo, queda sen valedor na cidade, e para non pasar fame dedícase a colarse de gorra nos banquetes de voda...
A película ten final feliz, claro...

Anónimo dijo...

Non vou falar dos tebeos ou dos cómics por non presumir. Porque eu, meus amigos, línme as "obras completas" de todos eses que vostedes citan, e de moitos, moitísimos máis. En realidade linme todos os que había no mercado, e ademais gratis.

Anónimo dijo...

Na Viuda de Lisardo e nos quioscos dos barrios de Ourense o que trocábamos e mercábamos eran chistes, non tebeos nin cómics. Reivindico esa denominación como xénero "chico" da banda deseñada dunha determinada época. Foi nestes chistes onde moitos nos iniciamos na lectura, e con qué pracer agardabamos a que chegase o domingo para gastar os cartos neles!!!

Xaime dijo...

En Lugo tamén lles chamábamos chistes e logo de compralos na Souto, cambiabomolos en case tódolos carritos do centro. Lembro con pasión de neno a revista Pulgarcito, onde viñan historietas de case todos os que vostedes falan.

Anónimo dijo...

Faltóume Red Ryder,com Plumita.Comprábao sempre nun Kiosco que había nun portal,perto da Xoiería do pai do Marcos,cáseque fronte da Igrexa.O primeiro que facíamos case todos era cheirar a tinta fresca,como facía Carpanta,que se puña ó lado das fiestras dos que comían pra cheirar a comida.
E sí,nos chamábamoslles "chistes",e os adultos "cuentos".O TBO gostábame polo "Dr Franz de Copenhage",creo que era así.

Anónimo dijo...

Teñen razón no da denominación xenérica de "chistes". Así era. Chama a atención que hoxe a esqueceramos e usemos outras. "Chistes", si señor, así era como se chamaban.

Anónimo dijo...

Eiquí en Galiza había unha certa "mafia" co eso da emigración a América,que de seguro xa saben cómo operaba.
Se o barco pra América saía,un supoñer, da Coruña un venres,os coches de liña desde o interior eran,por ex.,os lúns.Iso obligaba ós pobriños labregos a esperar case unha semana polo barco, nunha cidade descoñecida,e así gastaban tódolos cartiños en hoteles,bares,etc.antes de embarcar.A cousa xa a tiñan sincronizada así os do trasporte e os hosteleiros.Logo tiñan que entrar de polizóns,ó mellor en maus da mesma mafia,e votarse ó mar cando faltaban unhos centos de metros pra chegar,a nado e de xeito clandestino,a América.
Imaxino que algo así sucede hoxe con outros inmigrantes.

Anónimo dijo...

Se Jimy de Rairo non me desminte, direi que por Ponferrada non eran chistes, senón "cuentos", tal e como Xan da Coba atribúe aos maiores.

Anónimo dijo...

Eiquí hai máis

TEBEOS

Roque Soto dijo...

De pequeno cos mes amigos falabamos de tebeos, hasta que a mediados da década de 1970 comenzou a utilizarse a terminoloxía cómic e comix (esta derradeira para nomear os alternativos ou underground). De tódalas maneiras, sen dúbida, en primero lugar o TBO marcou a bastantes xeracións de nenos, a miña por exemplo, rapaces e adultos, pero o verdadeiro boom foi a editorial Bruguera con publicacións como Pulgarcito, Tiovivo, Can-Can,DDT, Din Dan e Telecolor, entreoutras, donde aparecen os personaxes máis salientables: Carpanta, Zipi y Zape, Vázquez, Mortadelo y Filemón, Reporter Tribulete, Gordito Relleno... A estos engado tebeos en formato apaisado: Capitán Trueno, Jabato ou Cosaco Verde, que nos levaron polo mundo aidante cando non había interraíl e a idade impedia viaxar ao extranxeiro. En fin, longa vida os tebeos, historietas, chistes, cómic, banda deseñada ou como se quera chamar un xénero que é arte.
Para os aficionados hai blogs de calidade sobre o asunto: 13, Rue Bruguera. Lady Filstrup. El rincón de Mortadelón. Caso by Vázquez. Blog el rincón de Taula...

Anónimo dijo...

Ninguén mencionou o tío Gilito (e o pato Donald e Daisy). Cada vez que vexo a Rodrigo Rato nos medios penso no tío Gilito... e iso xa me pasaba antes que que o fixeran ministro del ramo.

Anónimo dijo...

Velaquí un chiste moi bonito que acabo de ler:

Sánchez Dragó: "Mi último libro no lo he escrito yo, la verdad"
"En realidad es un libro que me lo han preparado", reconoce el escritor y periodista.
Xornal.com, 27 de septiembre de 2007
Madrid.- Mal trago le han hecho pasar a Fernando Sánchez Dragó los micrófonos abiertos. En una pausa de su entrevista a Ana Botella en Telemadrid, el escritor y presentador de 'Diario de la noche' reconoce que él no ha tenido que ver con la elaboración de su último libro. "Yo no he hecho nada, no puedo, ¿cómo voy a hacerlo?", responde el Premio Planeta a la Delegada de Medio Ambiente del Ayuntamiento de Madrid cuando ésta le pregunta cuánto tiempo ha tardado en escribirlo.

Entre la presentación del informativo de Telemadrid y sus conferencias no le queda tiempo ni "para ir al dentista", asegura. "En realidad es un libro que me lo han preparado", admite Dragó.

El popular escritor y periodista también le comenta a Ana Botella que la ve muy guapa y se interesa por su carrera como alcaldesa, en caso de que Ruiz Gallardón se vaya a la política española.

Anónimo dijo...

Dragó foi grande admirador de Risco, a quen cita e recita naquela Gárgaris. Este de mapoulas ou amapolas, de ruda e de papaveras sabe mogollón. E de sexo tántrico. Para mín que o que colleron os da cámara foi unha sesión desas, pero Ana Botella non se deu nin conta.

Anónimo dijo...

Máis ca citar, o que fixo foi entrar a saco na obra de don Vicente.

Anónimo dijo...

El programa 'Polonia' hace una parodia sobre la quema de fotos de los Reyes
Toni Albá, interpretando al Rey Juan Carlos, ha protagonizado un gag en el que el propio monarca prende fuego a una imagen
Barcelona. Redacción .- El programa de humor "Polonia", que se emite los jueves en TV3, ha parodiado la polémica desatada los últimos días sobre la quema de fotos de los Reyes en Girona y Molins de Rei.

Seguir leyendo noticia
MÁS INFORMACIÓNDecenas de periodistas protestan contra la decisión de la Audiencia de exigir la entrega de fotografías
 

--------------------------------------------------------------------------------
PALABRAS CLAVE

En el gag se ve como el Rey Juan Carlos, interpretado por Toni Albá, mira un álbum de fotos de la infancia, escoge una de ellas y la quema. Aquí es cuando aparece Joan Saura, representado por Cesc Casanovas. Acompañado por una pareja de Mossos d"Esquadra, Saura hace detener al monarca.

Anónimo dijo...

Os cataláns sábense rir de todo, per hai 3 tabús:
1) Jordi Pujol (o de turno)
2) O Barça
3) A Moreneta.

Isto pasou hai anos (e armouse unha gorda). Aquí teñen un extracto sacado do programa de Ferran Monegal (un xenio, por certo):
Entrevista a Javier Gurruchaga

Anónimo dijo...

Outra de humor: puxeron en internet os números da revista "Hermano lobo" (Chumy Chúmez, Forges, Perich, Summers, Manuel Vicent, Umbral, Vázquez Montalbán, etc). O enlace está
aquí

Anónimo dijo...

Lendo neste blog a relación entre humor e miserias,véume á memoria un poema de Juan de Dios Peza,que eu coñecín de segunda man por un escrito de Monterroso.Moitos coñeceráno,enlázoo eiquí:

rir chorando

anxo dijo...

Acaba de saír un monográfico sobre o cómic ibérico no Boletín Galego de Literatura, que edita a Universidade de Santiago. Hai cousas alí moi interesantes. En Santiago non falabamos de "chistes" nin de "tebeos", moito menos de "cómic", claro. Alí os nenos falabamos de "Cuentos".

Anónimo dijo...

Eu tamén de neno lles chamaba "cuentos"