Pintadas (2)
Pan por Pan xoves 22 nov.
Foron moitos os colectivos que, no paso do tempo, recorreron ás pintadas para facerse escoitar: nacionalistas (cantas espirais houbo nas rúas da cidade?), comunistas, ácratas, grupos sindicais, etc. Os ácratas usaron case sempre o castelán: “La virginidad produce cáncer. Vacúnate” estivo pintada perto das Carmelitas. Da mesma corda eran aquelas de “Temiño, obispo, nos dejas hecho cisco” ou “Vitorino, ladino, colocame el sobrino”. Algunha anarquista tamén vimos en galego: “Abaixo o Estado”. De fasquía feminista, sen dúbida, era o slogan “O corpo é noso. Non á represión sexual” que, segundo me contan, ata orixinou un sermón de predicación en contra da mensaxe por parte dun crego na misa de Santo Domingo. E unha das máis crueis que se poden imaxinar, sobre todo porque a pintaron na entrada dunha escola de neniños pequenos, pobres criaturas: “Os reis son os papás”.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 1 semana
12 comentarios:
O verdadeiramente cruel sería a pintada á porta dun cine,no estreo dunha película de suspense:"O asesino é o maiordomo".
Xuro que é certo. Na cabalgada de reis do ano pasado, por fronte á farmacia de Curros Enriquez de Ourense, estaban uns imberbes rapazolos e mozas atravesadas,dalgún colectivo anticonsumista ou así, cunha pancarta e uns carteis que dicían "Os reis non existen, son os pais"... Ata se produciu algún pequeno altercado entre pais e os parvixolos eses...
Eu marchei rindo porque as miñas xa non cren... Que tampouco o fixeron moito nunca... Coma todos... Xente qeu confunda o cu coas témporas sempre houbo...
Remata de dicírme a miña dona, que na estación de ferrocarril de Segovia durante moito tempo estivo unha que dicía " LUIS RICARDO, Amnistia, ya".
Aquí un adicto ás pintadas:
Había hai anos unha na Cidade Vella coruñesa que, con perdón, dicía:
"¿por qué dicen tonto del culo y no del hígado o del páncreas?"
E esa de "Os Reis Magos non existen, son os pais" estivo no Campus (aínda que sen do estrictos habería que dicir "montus") Universitario da Coruña firmada por un tal Herminio Bolaextra, pola costa que subía á actual Filoloxía.
Por alí cerca, arredor da Escola de Arquitectura unha serie difamatoria contra unha tal María Br. que non me atrevo a reproducir. E, xa para rematar, (por fin) nesa mesma escola e, de novo, con perdón: "Aquí no aprueba ni dios: Jesucristo, 4,5"
Saúdos e saúde.
Xusto ao lado desa do "hígado o del páncreas" poñía: "Olives stuffed with anchovies". Nunca souben moi ben por que...
Os xoves, creo que eran os xoves cando as sesións do cine clube cineasta padre Feijoo, tiñan lugar no cine Mary. A media película abandonaban a sala persoeiros de anorak M.C. ou trenka upegalla para adicarse á pintura nocturna. O máis emocioante era ir por Mende de incógnito e encontrarse delatado por toda unha escandaleira de cans.
As mellores pintadas vinnas en Montevideo:
Los niños y los locos son los únicos que dien la verdad:
a los locos los encierran,
a los ninños los educan
Outras que mostran moi ben o caracter uruguayo:
algunos nacen con suerte,..... otros en uruguay
Le esperanza es lo último que se perdió
Ve con Dios, yo me quedo con la virgen
Dios es el camino y el papa cobra el peaje
Busco abogado para juiio final.
todos prometen, nadie cumple, vote a nadie
Antolóxicas foron moitas da pintadas do amigo ourensán A.C. cando andaba nas cousas anarquistas.
Aquela de "Vótame a min, a ti que máis che dá e a min arréglasme a vida" estaba pola zona da Residencia.
Ese amigo A.C. é o mesmo que estou pensando eu,que non quere que se pronuncie o "d" como "z"?
¡Boísimas!
A experiencia que conta Jimmy de Rairo sobre os cans en Mende eu tívena en Compostela: algún día haberá que contalo con detalle. No Castiñeiriño e perto da estación de Autobuses, eran zonas doadas de pintar, sen demasiada vixiancia, mesmo con algunha valla publicitaria disponible, e por alí andabamos ás seis da mañá ou antes, se non nos deitabamos. O papel de portador dos sprays case sempre correspondía ás mozas, porque levaban bolso (a miña moza naquel momento, p.ex., unha rapaza coruñesa á que volvín ver hai uns meses despois de moitos anos; traballa en Santiago, nunha institución cultural). Sarille era un artista e o que levaba a iniciativa e tiñamos a vantaxe de ter un observador-vixiante de excepción: quen ía desconfiar dun mozo que andaba con muletas, ó mellor cen metros por diante nosa (Bieito Iglesias)?
Publicar un comentario