8 nov 2007

Violencia, comunicación, lapotes (máis achegas ó caso de Boiro)

Tanto Bieito Iglesias ("Lapotes", ECG) como Xosé M. Pereiro (El País, "Palizas en la red") abordan hoxe na prensa o caso de Boiro e a presenza da violencia xuvenil na sociedade.

Ofrecemos lo que el público quiere, es la disculpa que dan los directores de pista, a menudo encogiendo los hombros como dando a entender que además de lo que piden, es lo que se merecen. Hace cien años ya explicó ese fenómeno un editor conservador como Joseph Pulitzer: "Una prensa cínica, mercenaria y demagoga producirá con el tiempo gente igual de abyecta". Anteayer, un acusado de cuatro violaciones reconocía haber cometido una, y que había confesado las otras tres bajo amenazas de la policía: "Me dijeron que registrarían mi casa y avisarían a la prensa". Yo también habría confesado. (Xosé M. Pereiro)

Pero os feitos, que son o único irrefutable que hai no mundo, sinalan aos pais por non ensinaren aos fillos (tal vez por sentírense inferiores diante de modernas e marabillosas criaturas que tan ben manexan o telefoniño); ao business mediático aganado por xuntar diñeiro exhibindo remakes ridículos do circo dos gladiadores; ao espectador paspán que abre a boca perante un ramo de violencia animalesca sufrido por primates escasamente evoluídos, idéntico aos que mostran os documentarios naturalistas de sobremesa.
Que hai de novo? A novidade non está na violencia, maior en calquera etapa histórica pasada (os nosos avós desfacían as festas a paus); é novidoso o protagonismo dos menores e o afán de televisalo todo, mesmo falcatrúas que antes se tapaban. Os pequenos non teñen medo e os grandes non teñen vergoña. (Bieito Iglesias)

2 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Hoxe lamentaban no meu centro que non grabaramos onte unha táboa redonda. Eu pensei: mellor así, non vaia ser que coas cámaras de diante a xente pase ás hostias directamente ou sexa en directo.
Miren o de 59 segundos: non se zoscaron de puro miragre.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Tráxica domenica en Italia: un policía mata a un siareiro do Lazio nunha area de servizo da autoestrada A1 perto de Arezzo e os tiffosi lazistas (de corte neofascista) están atacando comisarías e a sede do comité olímpico. Guerriglia in Roma titula o diario La Repubblica.