23 dic. 2007

E velaí vai a miña... (postais 4)
(A foto é de Eduardo Blanco Amor: nenos en Louro, A Coruña, 1965)


Que o sorriso destes nenos e nenas,

a máis grande verdade do mundo,

vos ilumine a todos nunhas felices Festas de Nadal

e un ano 2008 cargado de traballo proveitoso e gañas de vivir.

(Para todos os lectores/as do blog e tamén para todos os amigos/as que nestes días tiveron o aceno xeneroso de acordarse de min coas súas felicitacións. Esta é a miña postal colectiva para todos eles/elas).

8 comentarios:

torredebabel dijo...

Grazas Marcos! unha imaxe de EBA é un agasallo fermoso e perfecto para comezar o ano que chega. Que ti e os teus teñadesunhas festas marabillosas!

Anónimo dijo...

"Polo correo do vento
devólvolle a felicitación
nun sobre de sentimento
que asinei co corazón."

Xohan da Coba dijo...

A mín encantóume esa foto, esas risas sinceiras. Fíxome lembrar cántoo eu xoguéi entre cacipos coma eses.
Estaban tódos os da aldea xuntos. Nós xogábamos a que eran "casas". Cada un escollía o seu. Dividiámolos en habitaciós.Definíamos portas, ventás, todo na nosaimaxinación. As nenas escollían un coma cociña. Esmagaban unha tella caída e decían que aquel pó era "pimiento" pra cociñar. Nos caipos deixávannos xogar anque chovera, estábamos a cuberto.
No vran buscábamos os nidos de pardao metendo a mau baixo a ringleira externa de tellas. Cando os paxariños era moi pequeniños, sen plumas, víaselle todo a traves da fina pel, coma se fosen trasparentes: o corazoncillo batendo, moito máis rápido que os nosos, os pulmós , mesmo os movementos peristálticos das tripiñas.Leción de anatomía e fisioloxía incríbel!
Había tamén un cacipo vello, abandoado e torto. Morrera o dono.Os adultos decíanos que non xogásemos nel, que podía cair en calquer momento. Pasaban os anos, e non caía. Fíxenme adulto, e alí seguía. Pero, efectivamente, cheguéi un día de visita, xa pasados os trinta, i estaba no cháu. Con algo de retraso, a advertencia demostróu tér xeito.
As familias da aldea mostraban o seu "status" no diseño do cacipo tanto ou máis que no das casas. Os dos pobres eran pequenos, case todo madeira, frecuentemente compartidos. Os dos ricos, grandes, longos,moita pedra, bonitos diseños nos tellados. Pero tiven que facerme máis grande e viaxar a Carnota e seus arredores pra coñecer verdadeira competitividade reflexada na loxitude dos cacipos!

Volvo a dicir, qué bonitas as expresiós dos nenos da foto.
Lembro agora unha foto, moi ampliada, tamén en blanco e negro, no "Roi Xordo" da Ziralla (Allariz). Un neno e dúas nenas pequeniñas, moi mal vestidos. As nenas, con cara asustada. O neno, mirando desafiante á camara, "machote" protexendo ás nenas. Non deixen de fixarse nela se van á Ziralla.

arume dos piñeiros dijo...

É vostede, amigo Da Coba, un sentimental. E dame que guapo e pouco católico. Un Bradomín mellorado, desde logo.
Boas festas, en todo caso, para todas, todos. E para o anfitrión unha aperta ben forte e desculpas polo latazo que lle damos e o correo que lle enchemos.

marcos valcarcel dijo...

Non hai tal latazo, Arume, encantado de ter esta fiestra aberta para comunicármonos entre todos.
E, como di XDC, o Blanco Amor era, entre outras moitas cousas, un fotógrafo excepcional.

Anónimo dijo...

Por se hai algún de Louro por aí. A foto está tomada na Pallagueira?

Anónimo dijo...

Perdón, quixen dicir: Pallagheira.

Boedense dijo...

Feliz 2008. No vindeiro ano tamén seremos asiduos lectores do teu blog. Saúdos.