

Unha descuberta: Pablo Auladell
O último libro de Agustín Fernández Paz estame dando moi bos momentos. Conmovedores os relatos "Esta estraña lucidez" e "Unha historia de fantasmas". E serviume tamén para descubrir a un gran ilustrador e artista: Pablo Auladell (Alacant, 1972). Os seus debuxos son un luxo para calquera texto. Velaí dúas probas. Poden tamén acudir á súa bitácora: www.pabloauladell.blogspot.com. Eu xa o fixen para felicitalo.
2 comentarios:
A mín tamén me parece excepcional, pero si que me parece máis estrano, precisamente pola elección das ilustracións (por descontado o ton dos relatos), a súa adscripción á literatura xuvenil. Eu, que son moi pouco afeccionado á literatura infantil e xuvenil (non creo nesa distinción, pero é un problema meu, sen dúbida), creo que o libro de Agustín é para todos.
Por suposto que é un libro para todos, como dixen hai unhas semanas do de Pepe Miranda (As mans do medo). Cando menos de todos os adultos que non deixaron morrer o neno que levan dentro: esta expresión creo que é do amigo Damián Villalaín e escoiteilla falando de Carlos Casares.
Publicar un comentario