23 dic. 2007


A fonte da Mirta
Pan por pan domingo 23 decembro
Imaxe do excepcional artista Pablo Auladell, que ilustra o libro de Agustín Fernández Paz citado embaixo.
Foi como a madalena de Proust: ía eu en automóbil, perto do novo acceso centro da autovía, e escoito na radio falar a unha muller sobre as polémicas obras do citado acceso: fala de casas con fendeduras, de terrapléns mal rematados, de pozos secos e da fonte da Mirta, tamén afectada polas obras. E a mente viaxa cara a escena dun campesiño conducindo os regos nas súas leiras de Ervedelo e ó seu arredor un neniño urbano, dez ou once anos, que pasa uns días na aldea materna ó carón dos seus avós. Na fonte da Mirta o neno está a descubrir un mundo novo, negado nos libros escolares e na TV. Xoga as súas fantasías infantís e imaxina aqueles outeiros como as grandes serras que conquistaba César na guerra das Galias. O neno, resucitado ó volante, pensa que algo de razón deben ter os veciños nas súas protestas cando ese acceso se abriu de forma clandestina, sen aplausos políticos.

7 comentarios:

Xohan da Coba dijo...

Afectóu á fonte da Mirta? Vaia. Primeiro foi a autovía, agora esto. Esa "terra de érvedos" paga tributo ó progreso.

marcos valcarcel dijo...

Pois iso contaba unha tal ROSA, portavoz dos afectados. Doeume no corazón esta evocación e tal como a pensei foi para o xornal. Na fonte da Mirta está tamén, xa perdida para sempre, un capítulo inesquecible da miña infancia. Aqueles días na aldea, só cos meus avós, supoño que nalgún período de vacacións, foron dos máis felices da miña vida: non teño pudor ningún en confesalo. A 40 anos de distancia.

Anónimo dijo...

O Xohan xa sabía que tiñas avós de alí, os restantes contertulios paréceme que non. os urbanos tíñades a aldea ben perto. Era do pai, ou a da nai?. Bonita historia e nome memorable para unha fonte.

Lobo Neghro dijo...

Fun eu. Non entendo iste cahirulo, p.que p. .

marcos valcarcel dijo...

SABE, SI QUE SABE o Xohán da Cova dos meus avós de Ervedelo. Outros contertulios tamén. O meu avó chamábase Benxamín (o máis novo de varios irmáns) e estivo de mozo en Cuba. A avoa, Carme, como a miña nai e ela en Arxentina. Creo que ata casaron por poderes, como se dicía daquela. Viviron nunha casa, no centro de Ervedelo, que hoxe queda debaixo da ponte da autovía de Vigo. Por alí detrás estaban moitas das súas leiras onde eu xoguei tantas horas de neno ou ía facer as vendimas cos maiores: din que non paraba de falar, sempre con historias das mitoloxías que andaba a ler en libros moi grosos que me mercara o meu pai. Eran os pais da miña nai e tiveron tres fillas: Pura, Carme e Dorita. A primeira foise cedo para Francia, a Marsella, onde vive hai moitos anos co seu home Manolo e alí vive tamén a súa filla Begoña (e non me esquezo de Manolito, o neto). Veñen polos agostos. As outras dúas viven en Ourense.

Lobo neghro dijo...

Os avós de César Ansias tiñan tamén varios capitales preto, creo que por Reza. Il dí "lareiras", e a miña xente dí "lumes".
Os teus tiñan lume en Ervedelo. Vaia.

bouzafria dijo...

Bonito comentario, que tamén me provoca lembranzas. A miña irmá tamén me levaba á Mirta, segundo ela a auga máis boa do mundo.
Logo agora, secou a fonte?
Hei voltar cando poida por alí, se cadra a semana que ven.
Boas festas, Marcos, a ti, a túa familia e a todos os teus contertulios.