7 dic 2007


en poleiro alleo
(Imaxe: V.Brauner, surrealista rumano-francés, Trio, 1948)

Da realidade da emigración: "Emigrantes", Xavier Castro (GH. 7 dec.)

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Ando a reler estes días, por mor daquela pregunta de Xaime sobre Azaña, os seus diarios e veleiquí o que dicía sobre este asunto de actualidade.
Madrid, administrado casi siempre por forasteros y analfabetos, ha dado sobre el particular ejemplos d emuymal gusto, y no ahora, sino desde hace mucho tiempo. Sobre todo, cuando le sobrevienen a un concejal ataques agudos de cursilería, y encuentra poco distinguido, impropio de una gran ciudad, que ciertas calles se llamen del Lobo, o La Gorguera o El Soldado (...) Ahora, con motivo de la guerra y la revolución, se han visto ocurrencias divertidas, dentro del afán de rebautizar las calles. La de Alcalá-Zamora, antes de Alfonso XII, en Madrid, se llama "de la Reforma Agraria". EN Valencia ha aparecido una "Plaza de los derechos del Niño". Y en la antigua de la Lealtad, después de Antonio Maura, también de Madrid, se llama "calle de las Milicias de Retaguardia de las Juventudes Socialistas Unificadas". Concisión telegráfica.

Marcos Valcárcel López dijo...

Bonita cita esta de Azaña, amigo Arume. O certo é que hai nomes ben fermosos de rúas, cando menos en Auria: Primavera, Liberdade... E curiosidades como a "Calle del Olvido" e moitas outras.
Os períodos de maior axitación revolucionaria provocan esas situacións que cita Azaña: hai un pobo na zona de Madrid onde os nenos que naceron na República, hoxe velliños, levan todos nomes como Fraternidade, Solidariedade, Comunismo, Vladimir, León (por Trostsky), etc.

Anónimo dijo...

Miña nai tiña unha amiga na infancia que se chamaba Cusca. Por Krupskaya, a muller ou compañeira de Lenin.

Anónimo dijo...

O cadro do post parece estar inspirado no "homúnculo cortical":

homúnculo cortical

Anónimo dijo...

Lembran aquel relato de "Don Camilo", na que o alcalde Pepone, a pesares de ser comunista, quere bautizar na igrexa ó seu fillo? E quérelle poñer Lenin!
Ó final ,tralas típicas e divertidas loitas e negociaciós, o rapá leva doble nome : Camilo Lenin. O cura dixo: onde vaia un Camilo, o Lenin non tén nada que facer.

Marcos Valcárcel López dijo...

Da muller de LENIN, que citou Arume, falaron esoutro día nunha minibiografía de Radio 5: dicían que foi unha especie de santa laica. Que Lenin só lle fixo caso a medias, tiña outras historias, pero ela seguía con el por fidelidade ás ideas revolucionarias comúns dos dous. Entendín tamén, creo, que morto Lenin tivo líos con Stalin e que non quería que deixasen ó seu amado convertido en momia para a posteridade. Seguro que algún visitante das UVAS sabe moito máis deste personaxe...

Anónimo dijo...

Azaña é un dos mellores escritores en castelán do xéculo XX. Pero case ninguén o sabe.

Anónimo dijo...

En concreto, da Coba, o neno íase chamar Lenin Libero [supoño, "Libre", na versión española que eu teño] Antonio. Despois da pelexa, saíu da igrexa coma Camilo Libero [id.] Lenin.

O Guareschi, tendencioso si que era. Pero coña tamén a tiña.

Anónimo dijo...

É verdade. Onde eu puxen "divertidas loitas", e realidade houbera ostia limpa,sí.

Anónimo dijo...

"Eran dos hombrachos con brazos de hierro y volaban las trompadas que hacían silbar el aire". Limpa, si señor.

Anónimo dijo...

Concordo con Leituga 1 sobre a súa apreciación, supoño que literaria, de Azaña: un pracer único. Os retratos dos personaxes contemporáneos constitúen pezas mestras.