O milagre finés.
Pan por Pan venres 7 decembro. Imaxe: W.Bouguereau: Lección difícil.
Andamos os ensinantes cos dentes longos mirando cara Finlandia, que seica posúen a chave do milagre: os nenos fineses sempre os primeiros nos informes PISA de educación. Pois ben, unha mestra finesa, profesora na Costa do Sol, descubría onte o segredo dese milagre, segundo contaba onte en “El País”: profesores moi ben formados, todos licenciados en Pedagoxía e logo especializados noutra materia; coidado dos alumnos máis demorados; liberdade ós profesores para preparar como queiran as súas disciplinas; fincapé nos idiomas, nas materias científicas e artes; normas estritas no bo comportamento e nos bos modais; bastantes deberes para a casa, porque o traballo independente é importante; respecto de toda a contorna social ó labor profesoral. Pois, e se probásemos a copiar dos que funcionan mellor? Cursiños pedagóxicos intensivos en Finlandia: eu apúntome.
5 comentarios:
A ensinanza en España é desastrosa en tódolos aspectos. Nos idiomas, nótase máis porque se nota ó momento. É o que teñen as línguas, a interpretación musical e as prácticas deportivas: todo o que sabes e todo o que ignoras pode verse nun minuto ou dous. Noutros temas podes "dar o pego" durante un tempo.
Recibo notificación da Universidade de Vigo de que pode consultarse na Biblioteca Nacional a edición dixitalizada das coleccións de prensa de 143 títulos, representación da prensa española entre 1772 e 1933.
A selección inclúe prensa de todo tipo: política, satírica e humorística, técnica, literaria, deportiva, relixiosa, etc.
Permite a busca por título, lugar e data. Ademáis, pódense facer buscas a texto completo xa que se trata de ficheiros PDF con OCR. Inclúense ligazóns a outras coleccións hemerográficas, o rexistro bibliográfico no catálogo da Biblioteca Nacional e unha caixa de correo electrónico para comentarios e suxestións.
Incluíronse os periódicos editados fai máis de 80 anos que están libres para difundirse sen problemas na Rede. A oferta de cabeceiras ampliarase cos anos ata abarcar toda a prensa española e converter a “Hemeroteca Digital” nun referente para o sector e os investigadores.
Non sei se fóra dos ordenadores da Universidade pode consultarse, pero desde logo é unha marabilla. Como estamos a falar de educación, parecéume oportuno traer esta fermosa noticia.
Hemeroteca Dixital
Hemeroteca Digital
.htm
Interesantísima ligazón, ARUME. Moi obrigado. E si se pode entrar na Hemeroteca Dixital dende calquera ordenador.
Sumome ás graciñas pola ligazón.
Ben.
Finladia, o paraíso finés se non fixese tanto viruxe, dá cidadáns técnicaemnte moi capaces... falan idiomas, teñen un ensino fabuloso asentado nos tres pes -casas, municipio e escola- e perfecta integración, conducen moi amodo, non berran nos bares, follan ben e sen complexos, e teñen os maiores índices de alcoholismo de europa e son un dos países onde máis se practica a violencia conttra as mulleres. Triplican as taxas de España. Vide: http://www.mtas.es/mujer/mujeres/cifras/tablas/WFEMICI.XLS que non sei como se apega.
O mundo non pode ser perfeuto. E non o é. Non nos matemos de máis.
E da XUSTICIA, como se ve o tema....
De hoxe
http://www.elconfidencial.com/opinion_2007/indice_ok.asp?sec=21
Publicar un comentario