8 dic 2007


Zapatero, un tipo con sorte
Andoliña 8.12.07
(Imaxe: de novo de V. Brauner, artista surrealista que estou a descubrir nestes días)
Aínda non lin o libro sobre Zapatero de Suso de Toro, Madeira de Zapatero, que en galego publicou Xerais: cando o faga xa lles darei o meu parecer. Pero do libro xa andan moitas opinións circulando por aí. Din os que xa o leron que nel non hai ningunha crítica ó presidente, agás as distancias evidentes de Maragall, molesto porque Zapatero pactase con Mas o Estatut deixando en segundo plano o socialismo federalista dos socialistas cataláns.
Contan tamén que o libro, feito con entrevistas de persoas próximas ó presidente de goberno, dá en xeral a visión dun tipo con sorte, ó que todo lle saíu ben na vida: un neno que sempre aprobaba os exames, que nunca levou unha labazada dos pais, a súa nai tiña por el un amor intenso, etc. Ou sexa, un individuo do máis normal.
Pero algo máis debe ter para chegar onde chegou, digo eu: a dirixir o socialismo e logo o goberno do Estado. Din tamén que posúe unha grande intuición política, certa astucia que explica que lle saían ben as cousas: algúns mesmo falan da súa baraka (benzón ou boa sorte). Tampouco é un intelectual, nin moito menos, engaden outros. Pero, nos nosos tempos, non creo que iso sexa preciso para dirixir un goberno.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Napole�n, antes de ascender �s seus mandos militares, inform�base de si ti�an boa sorte, adem�is das suas cualidades estrat�xicas ou t�citas.

Pasteur dixo que a sorte favorece � que est� preparado.

Non creo que Zapatero lera o famoso libro "La buena suerte".Do mesmo xeito que os lig�ns empedernidos non l�n libros sobre t�cnicas de ligue.

O feiro de que Zapatero te�a boa sorte � tautol�xico: se non a tivera non estar�a a�. � algo parecido � "principio antr�pico".XDD

Anónimo dijo...

Eiquí teñen o segredo da boa sorte:

PINCHAR

Os "ianquis" odian que lles desexen boa sorte.Pensan que eso atrae precisamente o "hazar", como chaman os portugueses á mala sorte.
Unha despedida típica entre eles é "broke a leg!" (rompe unha perna!).Pensan que eso sí que atrae a boa sorte. En Senegal tocan o lume pola mañá pra atraer a sorte (nós "tocamos madeira") ("Lal sáfara": toca lume,en wolof)

Anónimo dijo...

Este sí que tivo que ser un tipo con sorte, pra facerlle unha estatua así:

Pinchar

Marcos Valcárcel López dijo...

E de onde sacou este cativo, XDC?
Hai auténticas "xoias" nisto da estatutaria urbana: ás veces as cidades acaban parecéndose á cidade dos pequeninhos portuguesa.

Anónimo dijo...

Aparecéu nas imaxes en google baixo a búsqueda "get lucky". A este sí que lle poderían poñer os arames arredor pra que non escapase.XDDD

Anónimo dijo...

Semella que, visto lo visto, os ourensáns non se poden queixar da súa estatuaria urbana.

As que teñen a carón da Subdelegación do Goberno, tan deostadas, non desmerecen para nada a do grupo escultórico pontevedrés nin a outras espalladas polas Españas adiante.

E é que estes ourensáns quéixanse de vicio!

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois depende: nun estudo do Consello da Cultura Galega, hai anos, a cidade ourensá destacaba polo "horterismo" da súa estatuaria urbana. Hai moita trapallada por aí colocada: o malo é que logo ós turistas encántalles sacar a foto ó carón dos do rallye, p.ex.
Eu salvaría a maioría das de Buciños, no seu estilo; varias de Acisclo; as de Quessada-Acisclo no parque do Barbaña e diante da Viuda (o famoso fauno); algunha de Xosé Cid e case, case, vai parando. (O Carrabouxo entra noutro rexistro, creo).