13 ene 2008

"As mellores pintadas son as dos ácratas"
Esta semana, na contraportada de A Nosa Terra, publícase unha entrevista con este cronista a propósito da serie que sobre as pintadas apareceu neste blog (en nove entregas). A entrevista é de Horacio Vixiande e a foto, sacada un moi frío día de decembro na Praza de Abastos ourensá, de Paco Vilabarros (creo que a entrevista non está na rede; se lles interesa, terán que buscar o xornal en papel).

33 comentarios:

Anónimo dijo...

Polo contorno e polo seu look urbano e escuro, semella estar vostede en Belfast ou nun barrio de NY City. E non, é a praza de abastos de Ourense. Velaí unha mostra da globalización artístico-cultural.

Anónimo dijo...

A máis 'heavy' que vin na vida estaba nunha capela, entre Coira e Roiriz (Allariz):
"PROHIBIDO HACER LAS NECESIDADES EN EL ENTORNO DE LA CAPILLA".

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non crea, Apicultor, en NY ou en Belfast non hai ese ladrillo gris de bloque que acostumamos aquí como marca estética. O anfitrión, sen embargo, dá look a esgalla.

Anónimo dijo...

En concreto, está a carón do muro que delimita parte da parcela na que estivo a piques de executarse o "pelotazo " Xardín das Burgas, moi pertiño das famosas fontes.

Anónimo dijo...

Eu non me atrevería a dicir tanto, Arume, agás que coñecese até o derradeiro recuncho tales cidades.

En todo caso, eu falaba en termos de conxunto, non de detalles. Nin me fixara se eran ou non bloques (con perdón).

Anónimo dijo...

Por certo, na entrevista (en papel) fala dos ácratas autores da pintada "La reina y yo no votamos. El rey". Dí vostede que pretendían "chamar á abstención" ou "chamar a atención" ?. É que sen gafas xa non leo bén.

Por certo, eu perdín algo do gosto pola leitura desde que teño que usar gafas prá ler, cousa bastante usual ó chegar a certas edades. Si o 95% da xente tén que poñer gafas pra ler a partir de certa edade, a cuestión non debe considerarse unha patoloxía, senón o normal. Polo que os libros e revistas, sobor de todo ós dirixidos a certo sector de edade, deberían ser impresos en caracteres máis grandes. Hai que ter en conta que o ler non é unha actividade "natural",e o tamaño dos caracteres é bastante arbitrario. Ninguén considera ter mala vista por non ver un microbio, sinxelamente é "natural" non velos. Eu non considero ter "mala vista" por non ler sen gafas. A natureza non diseñóu os meus ollos pra eso. Así que xa saben os editores: que consideren a posibilidade de imprimir en caracteres "naturales" prá inmensa maioría da poboación, que en Galiza é de certa edade. Alguén pode decirme que o "natural" é enfocar a vista coma un novo. Non séi porque tén que ser máis natural ca o outro. Aparte, anque de novos somos capaces de enfocar con máis precisión, en ningunha actividade "natural" se exige de xeito prolongado coma na leitura. Quero decir que cando a miña dona me dí que teño mala vista, eu dígolle que é o resto do mundo o que está mal diseñado. E quédome tan pancho. Outra cousa son os intereses creados polo sector da óptica comercial.

Anónimo dijo...

Por certo, o anterior é brincadeira no caso de "A Nosa Terra". Léoa perfeitamente sen gafas, non séi por qué, debés ser algo máis grandes as letras.

Anónimo dijo...

De acordo con xdldd,haber si o lee o Xosé Lois /Che.
Non hai quen o convenza........
Os que leemos queremolo facer comodos aínda con gafas.

Anónimo dijo...

O do Che e o tamaño de letra é xa de xulgado de garda. En realidade, a culpa é dos que lle fan os encargos, deixan que faga o que lle saia do nabo e pagan relixiosamente. Pois non. Ou letra como deus manda ou non cobras. E punto. Xa veredes como cambiaba de "teoría".

Anónimo dijo...

O "Home non " moita nabiza e grelo debeu comer porque ten fixación cos nabos.

Anónimo dijo...

Acábome de acordar dun letreiro alucinante que había naquel bar da carretera da Granxa, antes das Curuxeiras onde iamos a fumar porros alá na volta dos setenta e moitos, e que tiña unha terraza sobre o típico xardín-horta,e que daba a unha fermosa vista sobre os montes de Toén e Piñor.
Unha día houbo unha morte e acabouse o lugar. Non lembro se o pecharan ou acabou de seu.
O tal letreiro, que algún de vostedes se cadra lembra, e que eu fotografie e perdín a foto, ou sexa como se nada, puña:
"Se prohibe mear desde la terraza".
(Disque había protestas furiosas dos que usaban as mesas do xardín de abaixo).

Anónimo dijo...

Claro que o dos letreiros disparates, daría para outra.
Lembo outro de Chile, no medio dunha estrada en obras infernal, contra o sur do país, que puña, usando vello castelán, moi próximo a nós, "Disimulen las molestias".
E que mandaba Pinochet e se non disimulabas, ostias.

Anónimo dijo...

Eu lembro un en Pontevedra, fai moitos anos. O rótulo orixinal decía: "Regalos originales". Pero caeran algunhas letras e decía: "Regalo orinales".

Anónimo dijo...

Sacáronllas.

Anónimo dijo...

Carretera da granxa, antes das curuxeiras? Pero as curuxeiras non son pola de Rairo?

Anónimo dijo...

Eu recollin do lixo do instituto "Otero Pedrayo", ano 2002, un rótulo que puña:
"traten bien la toalla".
Pode que aínda o conserve.
Algún lector se lembra de telo visto nos baños?. É un rótulo de material tipo anos 70.

Anónimo dijo...

Lembran que eu contara que un cura despotricara no seu sermón contra a pintada " O corpo é noso. Non á represión sexual" ?. Fora na Igexa de Santo Domingo, i eu estaba presente. Pois o relixioso era o recén falecido canónigo Modesto Alonso Touza

Anónimo dijo...

Pois non sei se sería o mico que ía ver co meu avó na esquina da Carretera da Granxa alá por onde parte o camiño que vai a Montealegre, ou a neboa que gastaba nesa terraza pero o caso é que sempre confundo a estrada de Rairo (de Ranario? en vez de xermánico) coa da Granxa... Ás veces teño aparecido no Auriense qeurendo ir ao Tanatos de arriba e viceversa. La noche me confunde.

Anónimo dijo...

Boeno. Agora hai un "corredor" que une ás dúas...
O que era simpático, na Carretera da Granxa, era o loro enxaulado que tiña un perruqueiro por fora. Case sempre decía "Marrgarrrita".

Imaxino que o que o confundía pola Carretera da Granxa era o licor café da Regina.XDDD.

Anónimo dijo...

Alá me levaba a cortar o pelo o meu abuelo -sempre foi paseantín e índa tiña un cacho de monte pola carretera da Granxa- cando non me levaba á que estaba na esquina de Capitan cortes e Av. Buenos Aires.
O Loro seica viñera de Cuba, non?

Anónimo dijo...

Algo deso oíra, sí. Teño entendido que rapá débil mental rematóu coa vida dese loro.

Anónimo dijo...

Cunha escopeta de balís.

Anónimo dijo...

Rairo, dr. etxe, parece ser que é o nome vernáculo da ra "Hyla arbórea", tamén chamada en P. castellano "rana de san Antón".

Para os naturalistas é un achádego bastante importante.

Apuntaba vostede bastante ben.

Por certo cando eu coñecín o ilustre XDC, no liceo que vostede magníficamente dirixe, 2º ano triunfal, il levaba mote de pato. Non é pato vulgar. Íamos para biólogos, pero os destinos ,ou as mozas, trocáronnos o cerebro e mire onde acabamos.

Anónimo dijo...

JAJAJAja,lobo, qué memoria !!!

Eu non me fixen biólogo, pero metínlle o "gusanillo" ó meu irmao pequeno, hoxe profesor desa materia nun instituto... lugués!

Anónimo dijo...

Eu lembro que subimos unha vez ó Montealegre, imaxino que faltando ás clases, coma tantas veces. Sentámonos nunha rocha, con Ourense ós nosos pés. Quedóu vostede maravillado observando un "Buteo buteo" que planeaba maxestuosamente(cómo se dí en galego?)(castelán "ratonero"). Ó cabo dun pouco, volvéu mirar prá cidade, e dixo: "Joder, tér que volver a esa xaula..."

Anónimo dijo...

Podo dar a miña opinión sobre o topónimo Rairo???
Rairo, de Radirus (nome xermánico); o hipocorístico sería Radiricus, que derivaría en Rairiz.

Saúdos para o sr. Lobo; pensei que andaba pola raia entre Uzbekistán e a república Karakalpak.

Anónimo dijo...

Dr. Medela, estou retirado, pero son un lareto consumado. Tiven que facer un curso sobre "o silencio" para aprender a calar. Aínda así, xa ve , teño ruín paría.

Da coba, os buteo-buteo no noso tempo enran falcóns, hoxe son considerados águias.

Non lembro o subida o montealegre, pero diriei para "solaz" destes lectores que vostede tiña unha "mamoria" prodixiosa, e entrenada, coa capacidade de lembrar a órden dunha baralla de cartas. ó dereito, ó revés, e pregunatando o ordinal de calquer carta. O mérito estaba en tela visto unha soa vez en escasos segundos.

O dr. Medela tamén lle é un tipo raro. Abofé.

Anónimo dijo...

Sepa vostede, amigo lobo, que vostede lle chamóu ó paxaro naquel momento "halcón ratonero", e a mín sonóume raro, porque na guía que eu tiña chamábanlle xa entón "águila ratonera". Pero non lle dixen nada entón e, fíxese qué curioso, dígollo trinta anos despóis. Tamén lle chamaba "águia", xa daquelas,o meu amigo (e seu) IGNACIO MUNILLA, hoxe unha autoridade no tema.
E tamén lembra o das cartas!! Saiba que existen métodos de "supermemoria" pra facer esa i outras cousas. Fai unhas semanas falamos deso aiquí,precisamente, cando vostede, detective, aínda non andaba por aiquí.

Xaime dijo...

Cóntanme os amigos ourensáns, que no Montealegre deron un pelotazo caralludo, transformando solo rústico en urbanizable polo campo de golf, que é de onde eu teño a información, sin intervir nin Baltar nin XDC.

Anónimo dijo...

Conte don xaime, conte, mmm...mm..
estou a relamberme os fuciños....

Anónimo dijo...

Comento unha pintada que apareceu, no meu instituto (daquela), nos cartaces dunha campaña de normalización lingüística. O lema da campaña era "PENSA EN ALGO QUE NON POIDAS FACER EN GALEGO"; alguén, a rotulador, foille escribindo debaixo: "ligar cunha de Vigho".

Saúdos
Larvos

Anónimo dijo...

Evidentemente, don Larvós, a pintada non podía resultar en nada bo.
E o problema non está en Vigho, ou en Lacuruña.
O verbo empregado "poidas", presente de subxuntivo ou conxuntivo, non expresa a idea de continxencia futura.
Débese empregar "puideres" (futuro de conxuntivo).
"Algo" tampouco é demasiado galego.
Ben, si, o dicionario recólleo, xa o sabemos. Mais os falantes patrimoniais de galego empregan "Algunha cousa". Se a pintada, ou o cartaz, ou o que for, tivese este formato "Pensa nalgunha cousa que non puideres facer en galego", non había curuñesa ou vighesa que se resistise.
A culpa é nosa, non das nosas glamurosas paisanas da costa.
Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Caro don Xaime:
Preciso un pequeno favor. Antes de máis, dicirlle que o único lugar do mundo onde me sinto ben élle no tramo que vai desde a praza de abastos ou mercado (intramuros) de Lugo ata as caleidoscópicas tascas, tabernas e restaurantes da rúa dos viños da súa cidade, preto da catedral.

Amo esa cidade.

Non sei por que, mais preciso ir cada pouco tempo. Dáme a impresión de que alí o tempo vén, no canto de se ir.

Alén diso, lembro un día de 1988, en que estaba deprimido, collín o meu Dyane 6, en Lobeira, e non parei ata Chantada. Alí tomei un café nun mesón, falei coa bonita empregada (ou propietaria) e peguei na estrada de Monforte.

E solicito de vostede esta información. Máis ou menos na metade do camiño, había unha nave arqueoloxicamente industrial, que rotulaba "Herrajes para ataúdes". Onde é que pode ser esa paraxe???
Agora como hai tanta estrada nova e imos con présas para todo o lado, é imposible divisar outra vez aquela onírica imaxe.
Podía vostede axudarme???

Repare máis outra vez, entre Chantada e Monforte, pola estrada vella.

Grazas, e cumprimentos.-