26 ene 2008

en poleiro alleo: da lingua, do comer e do beber...

Castelán con palabras galegas, A. Piñeiro (LR 26 xan.)
Contra lo que tengo por costumbre desde hace años, este artículo voilo escribir en castellano. Pero no en castellano antiguo, como podría suponer. Ni tampoco con la intención de que me se entienda. Si no con el claro propósito de que me se lea con la misma tolerancia y seame aceptado con la misma impunidad (en lo que refiérese a la colocación de pronombres) con la que a menudo todos leemos y escuchamos artículos y declaraciones, comunicados y mítines, de políticos de toda casta y condición, ya sean ’rexeitadores’ de la causa, ya ultradefensores a ’esgalla’ de ese híbrido de mínimos (aunque no créalo, sé de una profesora de gallego que del ’grazas’ ha pasado definitivamente a ’Franza’) que ahora debemos hablar si queremos nos colocar en el bando de lo politico-lingüísticamente correcto y no táchennos de enemigos del gallego, como a menudo suelen hacer algunos incautos que acúsanme de estar contra Galicia y contra el gallego.
(Segue o artigo...)

Cuestión esencial dous, A. Vázquez-Monxardín (LR 26 xan.)
Hai tempo puxen enriba da mesa un tema de se era mellor a cachucha ou o lacón para o cocido. Eu apostaba por unha terceira vía, que era o dente, e o asunto trouxo unha cola antropolóxico-gastronómica moi longa no exitoso blog ’Uvas na solaina’ que Marcos Valcárcel ofrece como espazo de reflexión e lecer a amigos e internautas.
(segue o artigo...)

20 comentarios:

Anónimo dijo...

Esquecéuse Monxardín do rabo do porco, "comida cristiana", como lle chamóu Risco nun escrito.
Cando eu era neno, gustábame dibuxar porcos polo fácil que era facer o rabo: unha espiral e xa está.
Despóis aprendín que as espiráis coma as dos sacacorchos comparten coa recta e a circunferencia o feito de ser as únicas liñas con curvatura constante. Esto é: as únicas formas coas que se pode fabricar unha espada coa súa vaina.
Tamén aprendín que os exipcios "inventaron" as espiráis imaxinando planos inclinados "enroscados", pra que ocuparan menos.
Gustóume lembrar a expresión "O Baño", oína moito na infanza. O meu abó tiña un can que se fixo famoso alá. Cando o vían merodeando, pechaban todas as portas de cociñas e adegas.
Eu son de "herbas" máis que de licor café. Tentéi deixalo varias veces. Cando o conseguía, celebrábao con ración doble.

Anónimo dijo...

O artigo de Piñeiro é o enésimo laio sobre a perda de pureza enxebre da lingua galega. Nada novo nin orixinal. Prescindible.

O de Monxardín é a celebración da identidade étnico-gastronómica. Se o famoso anuncio di "vivamos como galegos" e Quintana di "votemos como galegos", Monxardín non se queda atrás e di "comamos e bebamos como galegos". Xulguen vostedes cal das tres cousas é, en verdade, a máis importante.

Anónimo dijo...

A primordial é comer e beber coma galegos, dese xeito teremos folgos para votar como galegos ,o demais virá por engadido: viviremos coma galegos.
É recomendable que comida e bebida non sexan mercadas na cadea de alimentación que patrocina o famoso anuncio, por ter todo etiquetado en castelán, e o personal non ter feito nen un miserable cursiño de galego que lle permita dicir :"leite" en vez de "la leche" que é o que son.

Anónimo dijo...

Pois vai ser que, de forma análoga ao choio do cocido, o tema do chupito postxantar déixame entre indiferente e crítico. O licor café é para quen o traballa. O de herbas para os larpeiros compracentes. A branca para estómagos rexos pero insensibles. Eu creo un erro, en definitiva, o acompañamento alcohólico tras un café espresso. Este debe ser o peche fetén para un xantar. Todo o que ven despois é alarde innecesario. Nin a grappa se salva.
Vai ter razón o Medela que eu de nacional cero patatero.

Anónimo dijo...

E unha cabezadiña despois do espreso, non lle vai? Haberá algo máis nacional?

Anónimo dijo...

Mai, Doniña, mai. Vou descubrindo que vou a pior.

Anónimo dijo...

Eres un crack Monxardín, un auténtico crack...

Anónimo dijo...

Identidade étnico-gastronómica, sr. Abelleiro?
Eila síntese das identidades futuras.Os italianos comen pizza, os galegos empanada e os andaluces gazpacho. Logo teñen todos a mesma cultura material -vaqueiros, renault, sanyo, mp3- e ven o mesmo cine -feito en USA- e escoitan a mesma música.
Logo a identidade étnico-gastronímica existe, como Teruel.
Os políticos non sei, pero o 90 % dos galegos concordarán en que o noso marisico é o mellor, etc.

Anónimo dijo...

Eu pensaba que a provincia de Teruel era un enorme lago, con contorno coa forma exacta da provincia que se ve no mapa. A única provincia 100% lacustre de España. A única coreada de azul ceo nun mapa que tiña eu de neno. O que o pintóu non debía coñecer o famoso "teorema das catro cores". De neno tamén pensaba que había algunha provincia submarina.
Eu pensaba, como Tom Sawyer, que a cor das provincias tiña algo que ver coa súa paisaxe.

Anónimo dijo...

Non estaría mal que se eliminasen os mapas políticos e só se usasen os físicos.
Non me gusta que na Hespaña amputada non se vexa o tempo de Portugal.

Anónimo dijo...

Eu nisto da etnicidade gastronómica son, como en tantas outras cousas, un híbrido impuro. Non son de copa enxebre despois do xantar... pero mañá vou comer un cocido que se van morrer todos de envexa.

Anónimo dijo...

Pois xa que non comeremos, cando menos adxunte foto e fáganos rabear aos que andamos lonxe do seu colmear.

Anónimo dijo...

Pois a min pareceume interesante o artigo de Piñeiro. Xa sei que trata un tema moi recorrente e un tanto manido, pero faino dun xeito pouco habitual.

Entendo as queixas dos que ven decote como a lingua rebaixa a súa calidade, non só por causa de políticos ou xentes televisivas varias, senón do conxunto dos falantes.

O que non sei é se os que así se laian son conscientes de que un dos factores que está coadxuvando á perda de falantes é a sensación que estes teñen de non saber falar o galego, sensación que medra cada vez que escoitan a un artista da lingua correcta e normativa.

Arume dos Piñeiros xa comentou estes asuntos algunha vez: ¿que é preferible: falar só se se fala ben ou falar aínda que sexa mal?

Alguén podería obxectar que ambos extremos non son incompatibles, que se debe falar e, ademais, falar ben. Eu creo que iso non é máis que un bonito desexo. A xente fala como fala e non vai ir a cursiños da SXPL para reaprender a facelo "ben", pois ten máis cousas que facer.

E en situacións lingüísticas tan raras como a nosa, caracterizadas entre outras cousas por un innegable afastamento entre os galego-falantes tradicionais (espurios e incorrectos) e os neo-falantes de aluvión (normativos e correctos), non sei eu se este tipo de discursos refungóns, como o que deixa ver o artigo de Piñeiro, contribúen moito á que a xente fale, ou mesmo a que siga falando. Talvez máis de un pensará que para estragar o idioma e quedar fatal, pois que o falen eles, os que saben, os que posúen a ciencia do pronome ben posto e da normativa oficial.

Gustaríame que se o amigo Piñeiro le estas liñas deixase aquí a súa opinión sobre isto.

Anónimo dijo...

Onte puiden escoitar de boca de amigos que non teño por especialmente españolistas (aínda que polo que vou dicir moitos poidan, craso erro, telos) unha diatriba contra o que eles consideran unha imposición do galego no nivel educativo. Dan por morto o galego e, aínda que comprenden que para moita xente é a súa lingua habitual, advirten sempre o alento incómodo (así empregan o termo) dunha imposición. Supoño que non fai falta prolongar o discurso porque supoño que é o consabido. Pero, no transcurso da discusión, foron saíndo, como ensartados por un fío xa moi antigo, os diferentes argumentos sobre o idioma. Que é unha lingua que non aprendimos (son xente de corenta e pico anos), que a lingua que escoitamos é artificial, que non me gusta que me digan que lingua teño que empregar, que convén falar millor inglés, que está moi ben que dean en galego a historia pero as matemáticas non, que bla, bla, bla.
Esta xente (moi extendida) probablemente sexa irrecuperable para o idioma. Pero é precisamente a este tipo de xente ao que teñen que ir dirixidas todas as campañas de promocións. E, en efecto, este tipo de artigos só satisface e comprace aos que comparten esas ideas. Aos que aparecen aí retratados satíricamente (con maior ou menor gracia) este tipo de cousas non lles altera o máis mínimo. Todo o contrario: reafírmanos na súa teima de distanciarse pouco a pouco ou radicalmente do emprego do galego.

Nota persoal: a conversa de onte foi moi moi ilustrativa. Non sabía eu que o grao de irritación dalgunhas persoas que eu non tiña por tan radicais era tan grande. Agora explico o interés de Rajoy por alentar o asunto do idioma. Olliño.

Anónimo dijo...

O PSOE, pola contra, vive na indefinición neste tema. Apoiando timidamente o galego contenta aos seus (os que non o falan pero a quen lle gustaría que se falase máis) e non descontenta a outros (os que poderían botalos e que nunca o falarán)

Anónimo dijo...

Na variedade dos seus escritos, Monxardín é proba irrefutable do grao de diversificación e actualización ao que chegou a expresión escrita en galego nos últimos trinta anos; os mesmos nos que se consolidou afastamento e desafección por parte de xente coma a que o Arume menciona.

Mágoa que non lean a Monxardín e deixen algún poro aberto ao que, a risco de debate no que igual non participo, vou chamar unha vez máis autoestima colectiva; en realidade, querería mellor dicir autoestima nacional. Sexa como for, aclaro que agás cando vou cos do meu clube de cámping (o de Ourense, unha pila deles levan licor café e eu ben que llelo agradezo), eu veño sendo de xerez, madeira, outros xenerosos e, principalmente, porto. A correspondencia étnico-cultural, se queren, queda para outra vez.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Cuidado. A autoestima colectiva ou nacional é outra cousa, a xulgar polo que esa mesma xente pode afirmar sobre a propia Galicia ou sobre seren galegos. As súas ideas sobre a economía ou sobre a sociedade son máis nacionalistas cás miñas. Son cuestións máis complexas do que parece a primeira vista.

Anónimo dijo...

Non teño a menor dúbida, Arume; as cousas son moito más complexas do que eran hai trinta anos. Ora ben, renunciar á lingua, ou optar por vela, facela allea, non parece compatible. E xa sei tamén, contradicións tenas todo o mundo, e ve o que ve.

Anónimo dijo...

Supoño que moitos dos que vivimos en Vigo e nos preocupamos destes asuntos, podemos transmitir experiencias parecidas á relatada por Arume.

Moita xente, que nin é anti-galego nin pro-Rajoy, contempla a actual situación no ensino como artificiosa, pouco respetuosa coa realidade e motivada máis por razóns políticas e ideolóxicas que estrictamente educativas. A partir de aí non hai máis que un pequeno paso para entrar na dialéctica da "imposición" e na conseguinte "desafección".

Talvez o decreto famoso debeu ser máis matizado e ter máis en conta os contextos lingüísticos reais para a súa aplicación.

Anónimo dijo...

Se eu tivese algún papel na, digamos, planificación lingüística (eventualidade nin probable nin desexable), o que non faría sería pór en marcha un plano que muda substancialmente a vehicularidade no ensino -cambiándolle ademais ás persoas, substancialmente, o hábito de moitos moitos anos, case de sempre- sen algún tipo de análise previa, preparación de equipos, acción, prevención e sensibilización social.

Recoñezo que unha cousa é predicar e outra dar trigo. Pero hai eventos e procesos que un, pensando ben, non pode comprender máis ca mediando -case invocando- unha inexperiencia abraiante, renunciando a todo auxilio dunha das áreas de coñecemento, a sociolingüística, na que o país tiña producido algunha literatura e propostas de implementación.

Ora que, tendo en conta o contexto recente, se cadra é mellor que me ateña desde aquí ao propósito expresado de máis ben calar a boca.