Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
O Instituto de Lugo, daquela, estaba no edificio da Deputación Provincial. Alí seguirá, supoño, por algún lado o mapa.
Referencia autobiográfica. Cousa semellante -moi menor- aconteceume a min ao entrar por primeira vez na miña aula de 1º de Filosofía e Letras (actual Facultade de Historia). Alí había un grande mapa de Galicia e, debaixo, dúas estrofas de Cabanillas:
¡Galicia! Nai e Señora sempre garimosa e forte. Preto e lexos. Onte, agora, mañán... na vida e na morte.
¡Galicia! ¡A Galicia Santa dos romeiros e xuglares! ¡A da historia que abrilanta a Tradición nos fogares!
Xa lera eu libros en galego, e poemas do mesmo Cabanillas. Pero a impresión, naquel marco, fora considerable.
Non podo aceptar que se flaxele dese xeito. Sursum corda. Que tamén leva vostede moita razón. Pero non só Otero. A propia bandeira galega leva o catolicismo no seu adn: un copón de ouro en campo de azur, cunha hostia de prata, e arrodeado de sete cruces prateadas (sen contarmos a cruz do mundo que vai na coroa real) e comprende que o cristianismo (catolicismo, que máis ten) forma parte do adn (digo símbolo) de Galicia.
Se eu me quero flaxelar, se me vai a marcha de sufrir e ter estigmas e laceracións, quen é vostede para non aceptalo? Un pouco de tolerancia, por favor, que xa parace da cúpula eclesiástica impoñendo un determinado tipo de sexualidade.
Arume d.p. da bastante no clavo. Cada vez ten menos senso decir que os individuos sexan católicos en particular ou relixiosos en xeral. Pero sí pode decirse dos pobos. Porque a efectos sociales, o que importan non son as convicciós personáis dos individiuos, senon os ritos que organizan infinidade de aspectos da sua vida en común. No caso de Galicia, está claro qué relixión leva escria no seu DNI.
Ofrézolle sensacións aínda máis fortes. Retire o cilicio, done a fusta, abandone esas roupas de plástico que lle regalou o de Little Britain: dease unha boa sesiñon de confianza no senado italiano. Nunca se arrepentirá.
O editorial de la Repubblica describe a sesión de hoxe en que demitiu Prodi un "spettacolo indecente per gli eletti e umiliante per gli elettori, di un Palazzo Madama trasformato in osteria, tra insulti, sputi e bocce di spumante." E conclúe, tras unha severísima filípica contra todos, cun triste "Povera Italia. Meritava di più".
Arume, vde. parece ter bastante coñecemento da cultura italiana contemporánea. Desde hai anos chámame a atención (non sen regocixo, hai que aceptalo) a espectacularidade da celebración parlamentaria romana, onde a miúdo saen os ordenanzas ata a tribuna para retirarlle ao intervinte algún obxecto ou restaurar situación irregular. Inevitablemente, un asóciao a esas imaxes do barullo de coches tocando o claxon todos xuntos nun atasco; que eu, por certo, non cheguei a presenciar nas miñas dúas visitas: unha, agosto, Torino; a outra, norte e centro, primavera.
Polo seu coñecemento ou experiencia, ¿diría que o acontecido onte foi cousa, digamos, moi extraordinaria? Ese abrir botellas de spumante (champagne?) no hemiciclo, ¿é saída seria de ton, ou só un pequeno transgredir o costume?
Reseñas - Tanaka Sen'o, The Tea Ceremony
-
*Que é o sadō / chanoyu?*
Probablemente escoitáchedes falar algunha vez do *sadō*, a Cerimonia do Té
xaponesa: é unha antiga arte performativa que se de...
Silvia Nanclares, Nunca voló tan alto tu televisor
-
Buenos días, amigas. Después de cuatro años sin escribir aquí es un enorme
placer estar vivas y poder dar pasos atrás para reiniciar algunos sistemas
qu...
Cambio e acción
-
A vida é un tren en marcha e, en cada estación, agóchase un intre
irrepetible. Algúns pasaxeiros soben á primeira oportunidade, con présa,
sen reparar nos ...
Cinema no Fórum: Outros horizontes
-
*Outros horizontes*
Poucos eran os afeccionados occidentais que sabían algo do cinema xaponés
alá por 1951, cando *Rashomon* de Akira Kurosawa obtivo o Le...
Traduttora, traditora
-
A tradución é un mal necesario: necesario pero un mal, ao cabo. Que non
daría eu por ler a Soseki en xaponés ou a Shakespeare en inglés! Neste
último cas...
ARDEN OS SANTOS DA PONTE
-
As nosas vidas son paralelas,pero non tanxentes. Tan lonxe. Acordei cedo,
por volta da sete e, co sol en timidez aínda. Deiteime no sofá, cos
personaxes do...
A orde dos recursos SI afecta o resultado
-
Nin o meu cerebro nin a plataforma da UNED somos espazos euclídeos. Non se
cumplen as propiedades conmutativa nin asociativa.
Da nada absoluta hai una seman...
A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
-
Chega o Día das Letras Galegas e montaranse, coma sempre, as
correspondentes aparencias de celebración. Prebostes de todo pelo asistirán
(pola mañá) a un a...
MS GLOW Acne Cream Salep
-
*MS GLOW Acne Cream SalepRp55.000*
Acne Cream Salep MS GLOW
mengandung bahan aktif yg dapat mengobati segala jenis jerawat. Serta
kandungan
niacin...
LIÑARES: PAZO NIQUELADO
-
Pazos de propiedade privada en perceptible auxe (Faramello), en declive
lento (Rivadulla) ou en abandono decidido (Quintela). Tamén pazos de
titularidad...
BREXiT
-
* 10 DOWNING STREET LONDON THE PRIME MINISTER 29 de Marzo de 2017* O 23 de
xuño do pasado ano, o pobo do Reino Unido votou a favor da saída da Unión
Europ...
-
*SURPRESA!*
Desenganem-se que sou muito mais liberal do que socialista, mas sou sujeito
a esse interessante anátema de que agora tudo o que não pertence ...
Dúas maneiras de ver o de Grecia
-
Hoxe pode un facer dúas cousas: ler o artigo de *Julio Llamazares*
publicado en *El País* co título de *Amor a Grecia,* ou o de *Xosé Luis
Barreiro Rivas* ...
Juneau Salmon Fishing
-
First, you should avoid doing this. In addition to this, you need an extra
step. If the juneau salmon fishing it came in. In other words, desperation.
It...
Commits To Idaho
-
Jeannot's mining operations played an important agricultural center with
lots of jokes that surround Idaho and Idahoans, you will have more time to
time,...
Berlín, cidade inabarcable
-
Xa non me satisfacen as viaxes se antes non atopo a forma de achegarme á
historia do lugar, á súa fisonomía intelectual, ás súas entrañas. No mes de
feb...
Brétemas inicia unha nova etapa
-
Dende hoxe estamos aquí: bretemas.com Expresamos a nosa maior gratitude ao
equipo de Blogaliza que nos acolleu durante catro anos con extraordinaria
xenero...
DEREITOS OU PRIVILEXIOS?
-
A instalación na tribuna pública do asunto das axudas que veñen percibindo
dende hai case dúas décadas os funcionarios do Concello de Ourense e das
cales ...
Xapón
-
O ser humano perfecto, Jorgen Leth.
*Hoxe, tamén, experimentei algo que agardo comprender dentro duns días.*
Con música, con outras preocupacións, todo ...
-
Pasamento de
MARCOS VALCÁRCEL
No día de hoxe, contra o mediodía, faleceu o amigo Marcos Valcárcel López,
despois dunha longa enfermidade.
Quen desexe darll...
Sinais de vida
-
Isto é unha despedida e tamén é un saúdo. Xa non haberá máis días
estranhos, e se miran cun pouco de atención notarán que empeza a haber
sinais de vida. Al...
Fusion:" GAYOSO" indefinidamente!
-
PRESENZA INDEFINIDA
Durante a súa intervención na conferencia, o Fiscal Xeral do Estado,
Cándido Conde Pumpido --que foi presentado por Gayoso--, se refer...
Desmentido
-
Sergio Vega, Shaka, afamado cantante de* narcocorridos*, acudiu aos medios
de comunicación para desmentir a súa morte. O *narcoterror* ten no punto de
mira...
De Toro
-
Nunca fun demasiado fan deste escritor. Gustáronme moito Polaroid, Land
Rover e (sobre todo) Tic-Tac. Non sei dicir que me pareceu exactamente
Calzados Lol...
Mudanza
-
En breve será redirixida á nova versión do blogue en blogaliza, onde
agardamos poder retomar as xornadas deste porto. Actualicen todo o que
teñan que actua...
por un soño
-
Un día, case sen querer, puxen esta foto neste blog, nada intuía que sería
o último que escribiría neste blog que me acompañou uns cantos anos.
Fun a vi...
Brétemas muda a blogaliza
-
Despois de catro anos con blogger estás brétemas mudan para a comunidade de
blogaliza. A partir de hoxe estamos aquí, onde iniciamos con enorme ilusión
as ...
Paisaxe con figura
-
(21º da serie "Épica apócrifa")Traballara moito toda a vida. Sempre o
mesmo. O ciclo estacional da labranza ano tras ano. Recomezar o rematado
unha e outra...
Cuestionario Proust
-
Un cuestionario mándame un amigo
que na miña vida me vin en tal aperto...
Pois si, convídame a facer un cuestionario Proust e, aínda que parece
doado, a mi...
9, 8, 7...
-
Moitos de vós xa sabedes de que vai isto. Xeración Web, o proxecto no que
levamos embarcados diversa xentiña (poucos, pero majiños) dende hai algún
tempo,...
Alfalfa e omega
-
*Coa excepción de Nietzsche, os lingüistas e os psicólogos non fixeron
moito por exploraren o xénero ubícuo e ensarilhado da mentira**. Apenas
contamos cun...
Pechamos por traslado
-
333 entradas despois.
PECHAMOS POR TRASLADO
Dende agora, se aínda lle quedan gañas de ler as cousas que a un lle dá por
escribir, terá que facelo en
http://...
The made whole temple of joy
-
You accept my dream dreaming of an all-knowing waterfall.
I seethe ecstatically, ecstatically.
Did I so recently drift, soundlessly?
The sky longing for a...
20 comentarios:
Como dicía Anónima Nacionalista (heterónimo irmán de Jimy de Rairo ou suplantación), un acaído exemplo do pathos en política.
A partir da alegoría do Mapa de Fontán, un chamado aos políticos: Pensen máis en Galicia en menos en vostedes mesmos!
Un pathos tan bonito como imposible. Lamentablemente.
O Instituto de Lugo, daquela, estaba no edificio da Deputación Provincial. Alí seguirá, supoño, por algún lado o mapa.
Referencia autobiográfica. Cousa semellante -moi menor- aconteceume a min ao entrar por primeira vez na miña aula de 1º de Filosofía e Letras (actual Facultade de Historia). Alí había un grande mapa de Galicia e, debaixo, dúas estrofas de Cabanillas:
¡Galicia! Nai e Señora
sempre garimosa e forte.
Preto e lexos. Onte, agora,
mañán... na vida e na morte.
¡Galicia! ¡A Galicia Santa
dos romeiros e xuglares!
¡A da historia que abrilanta
a Tradición nos fogares!
Xa lera eu libros en galego, e poemas do mesmo Cabanillas. Pero a impresión, naquel marco, fora considerable.
Entresaco de Otero esta cláusula: "As Sete Cidades do Antigo Reino, o máis antigo e o primeiro católico de todo o Occidente europeo".
É que Otero, Arume, era católico até no ADN (vaia, volvín caer no exceso licencioso, ou sexa, da licenza poética).
na licenza...
permítame dicirlle señor Apicultor que iso de "era católico até no ADN" ten ben pouco de licenza poética, Non?
Permito, permito.
Pero saiba que é unha brincadeira que remite ao falado noutra entrada.
Licencia poética é. Outra cousa é que sexa mala ou faciliña. Ou innecesaria. Pero abofé que é licencia. Coma un templo (católico).
Vale. É unha licenza mala e faciliña, ademais de innecesaria. Recoñézoo humildemente.
Non podo aceptar que se flaxele dese xeito. Sursum corda.
Que tamén leva vostede moita razón. Pero non só Otero. A propia bandeira galega leva o catolicismo no seu adn: un copón de ouro en campo de azur, cunha hostia de prata, e arrodeado de sete cruces prateadas (sen contarmos a cruz do mundo que vai na coroa real) e comprende que o cristianismo (catolicismo, que máis ten) forma parte do adn (digo símbolo) de Galicia.
Isto xa pasa de castaño escuro, Arume.
Se eu me quero flaxelar, se me vai a marcha de sufrir e ter estigmas e laceracións, quen é vostede para non aceptalo? Un pouco de tolerancia, por favor, que xa parace da cúpula eclesiástica impoñendo un determinado tipo de sexualidade.
:-)
Arume d.p. da bastante no clavo. Cada vez ten menos senso decir que os individuos sexan católicos en particular ou relixiosos en xeral. Pero sí pode decirse dos pobos. Porque a efectos sociales, o que importan non son as convicciós personáis dos individiuos, senon os ritos que organizan infinidade de aspectos da sua vida en común. No caso de Galicia, está claro qué relixión leva escria no seu DNI.
Ofrézolle sensacións aínda máis fortes. Retire o cilicio, done a fusta, abandone esas roupas de plástico que lle regalou o de Little Britain: dease unha boa sesiñon de confianza no senado italiano. Nunca se arrepentirá.
A ver agora:
O editorial de la Repubblica describe a sesión de hoxe en que demitiu Prodi un "spettacolo indecente per gli eletti e umiliante per gli elettori, di un Palazzo Madama trasformato in osteria, tra insulti, sputi e bocce di spumante."
E conclúe, tras unha severísima filípica contra todos, cun triste "Povera Italia. Meritava di più".
Estes políticos italianos...xa hai anos que andiveran a ostias no Parlamento.
Galicia está deixando de ser católica.
Arume, vde. parece ter bastante coñecemento da cultura italiana contemporánea. Desde hai anos chámame a atención (non sen regocixo, hai que aceptalo) a espectacularidade da celebración parlamentaria romana, onde a miúdo saen os ordenanzas ata a tribuna para retirarlle ao intervinte algún obxecto ou restaurar situación irregular. Inevitablemente, un asóciao a esas imaxes do barullo de coches tocando o claxon todos xuntos nun atasco; que eu, por certo, non cheguei a presenciar nas miñas dúas visitas: unha, agosto, Torino; a outra, norte e centro, primavera.
Polo seu coñecemento ou experiencia, ¿diría que o acontecido onte foi cousa, digamos, moi extraordinaria? Ese abrir botellas de spumante (champagne?) no hemiciclo, ¿é saída seria de ton, ou só un pequeno transgredir o costume?
Se o primeiro... por que o desbordamento?
Publicar un comentario