30 ene 2008


Promesa cumprida
Atendendo a suxerencia dalgún contertulio, Rivas quixo deixar unha
dedicatoria para esta casa que tan ben coñece. Velaí:
Ás Uvas da Solaina e a Marcos, que mantén a horta de Itaca, meu amigo. Manuel O' Rivas. Ourense 29-I-08.
Como esta, O´Rivas debeu asinar unhas 30 ou 40 novelas nesa noite. Estivo asinando, sen repouso, entre as 10,05 e as 11 h., que baixamos cear. Todas a pluma (manexa xa con máxima destreza esa técnica) e co mesmo agarimo, sempre con algún debuxiño, e falando de vagar cos mozos ou persoas que se lle achegaban. Así se traballa esa empatía que xa se comentou aquí.
(Por certo, amigo Xoán da Coba, agardamos o seu diagnóstico grafolóxico).
P.S.: houbo referencias a Itaca e a Ulises na súa conferencia, como poderán comprobar na versión gravada.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Vou imprimir a foto do autógrafo e pegala no mesmo lugar do meu libro. Así fágoa miña tamén. Que ilu!

Marcos Valcárcel López dijo...

Ese era o obxectivo. Aínda que na dedicatoria poña Marcos, pedínlla expresamente para todos os amigos das UVAS e Manolo respondeu como sempre, con agarimo, á idea, debuxando esas seductoras uvas e esa barquiña da imaxinación. Xa que logo, a dedicatoria é para todos vostedes: así o sinto eu.

Anónimo dijo...

Nunca quixen que ninguén me firmase ningún libro, paréceme absurdo; nin me fixo ilusión na miña vida nin me vai facer. Só quería que EL, xusto el, me asinase O Lapis do Carpinteiro, xusto ese libro.

Xuro solemnemente que ningún outro escritor me vai botar unha rúbrica en nada.

Anónimo dijo...

O que máis chama a atención é a angulosidade das letras. Propio de persoas moi combativas, intransigentes, moi racionales.
O "g", case caligráficamente perfecto: sexualidade moi equilibrada.
As letras van ás veces xuntas e ás veces separadas. Indica equilibrio entre visión analítica(separación) e sintética (ligazón). Tamén entre elementos disgregadores (fundamentalmente, emociós) e "apelmazantes" (raciocinios) da persoalidade.
O mesmo senso do equilibrio percíbese na horizontalidade das liñas.
O óvalo dos "a" é case sempre aberto, ou con tendencia a abrirse. Denota franqueza e xenerosidade.
A letra é ás veces moi lexible e ás veces non: as súas intenciós non sempre están claras.
O "A" maiúsculo é a letra que reflexa a armonía cós entornos máis inmediatos. A verdade é que é ben rara: un triángulo. Mantén relaciós extrañas coa familia e/ou no traballo.
A fima non ten ningún tipo de rúbrica: enfréntase ó mundo sin medo. Parece darlle máis importanza ó nome que ó apelido:
Esa tile movida prá dereita parece reflexar certa impaciencia e poucas ganas de recorre camiños xa andados. As tiles, ó contrario dos puntiños dos "i", adoitan a escribirse despois de rematar a palabra, e supoñen unha obrigada "volta atrás", ás veces incómodas, sobre todo nas esdrúxulas. O lema dun impaciente podría ser: Odio as esdrúxulas. XDDD.
Hai máis cousas, pero non as digo.

Anónimo dijo...

Vaia. Hai unha frase incompleta:
...apelido: preponderancia do íntimo sobre o social.

torredebabel dijo...

Vinlle asinar infinitos libros ao longo do mes que pasou aquí en Bos Aires coa súa dona Isabel. Vino asinar libros canso, vino asinar libros logo dun día de traballo, vino asinar libros mentres a alma non lle volvía do pasado negro co que se topara na ESMA, vinlle asinar libros no medio dunha reunión, vinlle asinar libros case todos os días que o vin aquí. E nunca, nin unha soa desas veces, deixou de dedicar moitos minutos a cada deseño, moita atención, moita enerxía e paixón. Nunca deixou de ollar con atención cara á persoa que lle pedía o autógrafo, coma quen procura nela un aceno da súa alma. E nunca deixei de pensar que ese debuxo que fai en cada libro non é mais cunha certa traducción gráfica do que atopou nesa ollada.

Marcos Valcárcel López dijo...

GRAFOLOXÍA. Graciñas, XDC, polo seu estudo grafolóxico: vou ter que rematar por crer nestas cousas.
Non crerá vostede tamén na posibilidade de ler o futuro nas mans? Dígollo porque facendo a mili, estaba eu en Sevilla, diante da Giralda, coa miña moza daquela (hoxe dona) e pillounos unha xitana e empeñouse no tema: aventurounos ata 7 ou 8 fillos e moitos anos de felicidade. Pagueille o que pedía e quedei abraiado. Pero só tiven unha nena. Quizais non leu ben a man ...

Marcos Valcárcel López dijo...

Outra anécdota: antes de empezar a conferencia, achégase unha lectora co seu libro. Dille a Rivas: quero que me dediques este conto, non o libro. Só este conto (o último ou penúltimo de "Ela, maldita alma"). É unha muller que traballou 39 anos nunha institución pública. Por que este conto, dille Rivas?
Porque nel contas exactamente a miña mesma vida, foi así, como aí a contas.

Anónimo dijo...

Non ten nada que ver a grafoloxía coa quiroloxía. Nada que ver.

Na grafoloxía hai unha "proieción" da propia personalidade no xeito de escribir, como hai unha proieción mais ou menos conscente da nosa personalidade en case todo o que facemos. Así e todo, por infinidade de factores que non fai moita falta detallar, non hai que darlle ás interpretaciós grafolóxicas máis que un valor moi relativo. Por motivos obvios.

Lembro unha vez, fai moitos anos, que visitéi o Museo Liste ,en Oseira. O Olimpio fíxome firmar no libro de visitas, con moitas follas xa firmadas e moitas aínda en blanco. Había moitas firmas de xente coñecida. A xente de a pé firmaba no espazo en blanco da última páxina usada. Os políticos sempre empezaban unha folla limpa, anque na última quedara aínda moito espazo. E algunhos facían a firma moi grande, de xeito que ocupase toda a páxina e non poidese firmar ninguén máis nela. Saquen as súas conclusiós.

Anónimo dijo...

Se sabes tamén este tipo de cousas tamén podes ter unha sinatura impostada para según que casos. Eu, por exemplo, cando souben que facela de abaixo para arriba era signo de intelixencia (aínda que tamén de soberbia) non o dubidei nin un segundo.

Anónimo dijo...

Os novos políticos deberon aprender entón a facer firmas pequenas, e integradas entre as da xente de a pé, nos libros de firmas. Sobre todo os do PP, dos que dice o Feijóo que teñen que "falar coa xente nos bares".Haberá que comprobalo.

Anónimo dijo...

Recoñezo que non sabía o que era un Troll no mundo de Internet pero un pequeno viaxe pola web xuntando Troll e grafoloxía ensinoume algunhas cousas sobre o noso amigo Xoan da Coba antigo Troll ágrafo, seica unha miga reconvertido pero sempre espelido e interesante