5 feb. 2008

EN POLEIRO ALLEO. Dimito porque non quero estar dominado pola extrema esquerda": Abel García López. O concelleiro nacionalista de Ferrolterra, "xudeu de corazón", abandona o seu partido ó crer que "o Bloque non lembra o Holocausto e ataca a Israel. "Están sempre a favor dos palestinos, pase o que pase", denuncia.

Lembranza do Aconcagua (Afonso Monxardín en Galicia Hoxe)

"El niño que huyó de Polonia" (Pilar Rahola en La Vanguardia)
"El BNG consiguió lo imposible: alinearse con la extrema derecha. Será que los extremos se tocan. Y será que, en nombre de una pretendida solidaridad con los palestinos, hay partidos de izquierdas que desprecian el horror nazi, que no sienten ninguna piedad por las víctimas judías y que son los culpables de la banalización actual del holocausto. Más allá de las simpatías de cada cual con los protagonistas de un sangrante conflicto que dura décadas, los millones de europeos asesinados son víctimas puras, y su desprecio es una vergüenza lacerante. En fin. Un motivo más para creer que determinada izquierda llega a tal nivel de dogmatismo que acaba siendo cómplice de los sectores más reaccionarios de la historia. Lo dijo un diputado del BNG: "Nuestros amigos son Irán, Libia y Venezuela". Todo queda dicho."

159 comentarios:

apicultor dijo...

A demisión deste concelleiro do BNG é unha das consecuencias da incompetencia politica de Aymerich, que a súa vez é consecuencia da visión en branco e negro que ten o BNG da política internacional.

Incapaz de establecer ningún matiz no complicado puzle internacional, preguiceiro á hora de profundar na xénese e evolución dos conflitos, cómodo e mimético á hora de pronunciarse con total alegría en asuntos que só coñece moi superficialmente, a dirixencia do BNG o ten todo sempre moi claro: todo o que sexa -supostamente- antiimperialista xa está ben por definición (e como os EE.UU. apoian a Israel, pois logo...).

En fin...

arume dos piñeiros dijo...

Final do artigo de Pilar Rahola en La vanguardia de hoxe.

Este artículo sólo tenía vocación de tímido homenaje a las víctimas del holocausto, convencida de la culpa que todo europeo tiene en el horror que desembocó en Auschwitz. Pero el BNG me obliga a un añadido. Fruto de la empanada mental que determinados grupos de extrema izquierda padecen, este partido impidió que el Parlamento Gallego aprobara una declaración institucional de condena del nazismo y en memoria de las víctimas. En coherencia con otros actos de corte antisemita - como la persecución a un militante, Pedro Gómez Valadés, porque había fundado una Asociación cultural de amistad con Israel-, el BNG consiguió lo imposible: alinearse con la extrema derecha. Será que los extremos se tocan. Y será que, en nombre de una pretendida solidaridad con los palestinos, hay partidos de izquierdas que desprecian el horror nazi, que no sienten ninguna piedad por las víctimas judías y que son los culpables de la banalización actual del holocausto. Más allá de las simpatías de cada cual con los protagonistas de un sangrante conflicto que dura décadas, los millones de europeos asesinados son víctimas puras, y su desprecio es una vergüenza lacerante. En fin. Un motivo más para creer que determinada izquierda llega a tal nivel de dogmatismo que acaba siendo cómplice de los sectores más reaccionarios de la historia. Lo dijo un diputado del BNG: "Nuestros amigos son Irán, Libia y Venezuela". Todo queda dicho.

Leituga 1 dijo...

Mentres tanto, en Enclave, a revista vinculada a Esquerda Nacionalista que dirixe Pedro Gómez Valadés, aparece un longo artigo de Shlomo Ben-Ami sobre as identidades e a globalización.

apicultor dijo...

Pero é que o paradoxo do asunto é que o BNG non é de extrema esquerda, senón de centro, como vehículo dun nacionalismo moderado.

Daquela, que ocorre? Que ter unha posición "extremista" en política exterior é o único que queda, é a compensación. E, ademais, é o que -polo menos aparentemente- menos estragos causa no electorado.

apicultor dijo...

A posición do BNG e a súa burda manobra de querer utilizar a conmemoración do Holocausto (ocorrido hai máis de sesenta anos) para condear hoxe a Israel, está a ter moitas consecuencias.

Velaí outra que me acaba de chegar vía e-mail:

Carta Yad Vashem ao Presidente da Xunta de Galicia.

apicultor dijo...

Non entra por un problema de ligazón. Xa aparecerá estes días na prensa, supoño.

Etxe dijo...

A política bloqueira é fundamentalmente casposa. Xantares con vellos, ser importantes en Medrí,"como nós ninguén", etc.
E os papeis, aínda decorativos, teñen conta do que din.
Para botar unhas risas

Nestes programas vixentes, leredes pretensións simpáticas:

Disolucións das actuais estruturas administrativas do Estado na Galiza, substituindo as por institucións administrativas elaboradas democraticamente polo povo galego no exercício da sua soberania.
3.- Construción das institucións democráticas nacionais, eleición dunha Asemblea Nacional Lexislativa única por sufráxio directo, universal, igual e secreto de todos os galegos e galegas maiores de idade, que ha elaborar a Constitución da Galiza.
As forzas armadas serán nacionalizadas dotando as dun marcado carácter de defensa popular.

1.- Nacionalización dos bancos, caixas de aforros, seguros ou calquer intermediário financeiro.

2.- Nacionalización das explotación e xacimentos mineiros, asi como dos recursos hidráulicos, forestais, mariños, enerxéticos e tecnolóxicos.

3.- Nacionalización do solo urbano, nun proceso de estatalización progresiva das edificacións urbanas...

Manda carallo. Lendo isto, non sei se cortar as venas ou deixalas crecer.
E isto é o ruxe ruxe que len en privado e que hai que tragar e entón, pois quedamos de radicais ridiculos na polítca exterior. Menos mal que sale en su defensa la Falange Española. E Irán, seguramente.

apicultor dijo...

Ese vello -pero en teoría aínda vixente- programa da UPG fai bo o dito aquel de que non se escandalice a túa man dereita do que fai a esquerda. Ou será viceversa?

Non se preocupe, Etxe, que todo iso é papel mollado dende hai moito tempo. Mollado xa sabe por que!

Etxe dijo...

Pois que o retiren da web...entrementres son responsables do qeu di.

apicultor dijo...

Non o retiran porque son devotos da arqueoloxía. Gustan de ollar antigos anacos de sixilata e lembrar os vellos tempos de cando a vasilla estaba enteira, pero logo van de viños con Tojeiro o de Reganosa. Son inofensivos de todo, dígollo eu. Iso si, cheos de razón aínda seguen, iso non hai quen llo saque.

apicultor dijo...

Cando dicía que non se escandalice a túa man..., referíame aos da UPG.

Eles seguen o dito evanxélico, por iso a súa man esquerda non se escandaliza do que fai a súa dereita. E despois de tantos anos de selección natural, a súa man dereita é xigantesca e desproporcionadamente moito maior que a esquerda, a cal quedou esmirriadiña, a pobre.

XDC dijo...

Canto veño de rir coa comparación de Apicultor coa "terra sigilata"! E coa mesma actitude de veneración! XDDD.

apicultor dijo...

Fíxese se son ou non inofensivos, que un que é da UPG anda contentísimo, feliz e satisfeito por entrar no Libro Guinness dos récords.

Obxectivo: facer a revolución nacional-popular? Non, ho, entrar no Guinness, igual que os que fan a tortilla de patacas máis grande ou de quen é capaz de comer máis ovos crús nun minuto!


O xogo de rol en vivo ‘Os Irmandiños: A Revolta’, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Vicepresidencia, entrou xa no libro Guinness dos récords como a actividade de xogo de rol en vivo con maior número de participantes en todo o mundo. O certificado que así o demostra está xa en poder da Dirección Xeral de Xuventude, que con este récord establece ademais unha nova categoría no libro Guinness.

O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, expresou hoxe a súa grande satisfacción por este logro acadado, que supón un importante recoñecemento da actividade promovida pola Vicepresidencia e que, segundo apuntou, servirá para promocionar a nivel internacional o xogo. Ademais, adiantou que neste ano o xogo de rol volverá a ter Monterrei como escenario, aínda que incorporará importantes novidades con respecto da pasada edición.


É que son coma nenos!

XDC dijo...

XDDDDDDDD.

Anónimo dijo...

O BNG dereitizase e autonomízase e aínda hai algúns que saen coas batallitas da UPG. Vexo a algúns dos contertulios un pouco descolocados? Si ou si?

marcos valcarcel dijo...

Creo que máis que descolocados, estamos abertos á nosa máis incomensurable capacidade de sorpresa. Porque se o BNG se dereitiza e autonomiza, cousa obvia, por que ese empeño en manter posturas tan incongruentes e anacrónicas na política internacional,p.ex.?
Algo non casa aí.

marcos valcarcel dijo...

Se viron as declaracións de López Foxo, responsable comarcalna zona ferrolana, na Voz xa ven a mensaxe orgánica cara os "disidentes": igual que se pode entrar, no BNG, tamén se pode saír.
Isto é, a quen non lle guste o perfil dogmático imposto dende enriba, portas fóra.
Por certo, fixen parte da mili con López Foxo nas Andalucías e querémonos ben: aínda que sospeito que no debate ideolóxico temos moitas confrontacións evidentes.

Xoan da Coba dijo...

Esas posturas no plano internacional, abstractas e "inofensivas" no que respecta a praxis cotiá , é ao que se aferran pra seguir pensando que siguen sendo os mesmos, e que "non os moverán". Con esa "disculpa psicolóxica" que os inmuniza contra "crisis profundas de identidade", teñen as mans libres pra repetir no cotidiano os mesmos vicios que o PP. Penso eu.

Anónimo dijo...

Alguén me podería explicar que quere dicir o XDDDD que adoita empregar Xoan da coba

apicultor dijo...

Exacto. É tal como di XDC na súa última mensaxe. Exactamente así. Esa é a explicación.

Anónimo dijo...

XD = Ha, ha, ha
XDDDD = Estoume a partir o cu de risa

Anónimo dijo...

Penso que ese "empeño en manter posturas tan incongruentes e anacrónicas na política internacional" ocorre porque para ben (ou para mal) o BNG está formado por xentes de pensamento moi diverso, que comparten uns ideais comúns.
Faría ben o BNG en ser un "partido" máis, cun control ideolóxico férreo levado a cabo por un "cabezoleiro" tipo Aznar/Rajoy ou Zapateiro?
A resposta é "Niet". Viva o pluralismo ideolóxico.

apicultor dijo...

Pois semella que de "pluralismo ideolóxico" en política exterior, nada de nada. Moito peor que con Rajoíl e Zapatero. E ás probas me remito.

SurOeste dijo...

Mellor que dicir "estoume a partir o cu de risa", que non é galego nin cousa que se lle pareza, sería dicir me estoy partiendo el culo de risa, xa postos, porque así con este mestillón a que está a escachar coa risa son eu.
Saúdos

XDC dijo...

Este Apicultor, últimamente tira con bala.

apicultor dijo...

De fogueo, sempre de fogueo, amigo XDC. Que eu son de natural pacífico.

Anónimo dijo...

"Mestillón" é galego?

Anónimo dijo...

Lendo no enlace que enviou "Etxe" encontro algo alucinante. No punto 7das "Medidas de tipo político administrativo", aparece, textualmente:

"A lexislación penal e penitenciária deberá basearse nos princípios científicos da prevención do delito e defensa racial".

Pregunta.¿Podianos explicar algúen se o da negación á condena do holocausto ten que ver con esta proclamada da UPG da “defensa racial”?

Ou é unha gralha ou non dou entendido o que quere dicir, ou quen redactou pensaba nalgo feo, feo. Caca.

Anónimo dijo...

Moito peor a política internacional do PP (guerra de Irak) e a do PSOE (que non ten ningunha política internacional, ou sexa, a alianza de ghilipolla), dous partidos que SI teñen/tiveron responsabilidades neste terreo.

Anónimo dijo...

Ou é que alguén cre na "alianza de civilizacións"? Viron a conferencia celebrada hai unhas semanas en Madrid sobre este tema? Nivelazo! E que me din da ausencia do ministro Moratinos nun cumio da UE?
Eu tamén retruco con balas de fogueo.

Canalejas dijo...

Ese "Viva o pluralismo ideolóxico", Sr. Anónimo inclúe a negación do nazismo? ¿Poden entrar logo os fascistas de Le Pen -á galega- e os integristas de Hamas -á galega- no BNG?

Canalejas dijo...

A alianza das civilizacións, Sr. Anónimo, é unha inxenuidade... para consumo de turcos, anxos e pichasfrías.
Estaría ben... se cadra alguén o ten que intentar... pero non o vexo un camiño útil. Hai que deixarse de complexos de ricos europeos.
Un palestino, por ser máis pobre e puteado ca min, non ten máis dereitos nin cartas brancas para facer o qeu lle pete.

Anónimo dijo...

porque está claro que o militarismo parademocrático de Israel si que pode

guantánamo, claro

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

O enlace para a páxina web de UPG non pode ser tomado en consideración. Nin para rirse dan.
Convén que alguén lles diga que o retiren, porque aínda está o da Obxección de Conciencia ou frases de insólita redacción:

"Igualdade de direito para todo o povo sen discriminación de sexo, situación económica, grau de instrución, procedéncia ou pertenza étnica ou calquer outra circunstáncia. Ainda que na Galiza as minorias étnicas teñen escasa importáncia, na medida en que existen (ciganos, «Moinantes», etc.) respetarán se as suas particularidades."

Canalejas dijo...

Pero que non home, que non, que distinga vostede un pouco.
Guantánamo claro que non. ¿Non sabe que o parlamento europeo se opón a esa vergoña? ¿Ou que para negar Guantánamo hai que facer un lote desde o Gomez-Valdés ás Casiterides e meter todo xunto?

O militarismo israelí, claro que non, tampouco. Ningún militarismo.

Pero ollo. Sen a súa resistencia militar ás tres guerras emprendidas polo mundo árabe, xa non existirían xudeus -exterminados- e vostedes, seguro, serían máis felices.
Pero non.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Por favor, cabaleiros, penso que a brincadeira está a ir lonxe de máis.

Querer condenar a acción de Israel sobre o pobo palestiniano non creo que sexa sinónimo de ser un nazi.

Condenou o Partido Popular algunha vez o franquismo, é dicir, subscribiu as declaracións institucionais redixidas en tal sentido polo parlamento español ou galego???

Sumouse o PP algunha vez á iniciativa de retirada de símbolos franquistas???

Significa iso que a ideoloxía do PP sexa franquista???

Armouse algún rebumbio cando o PP actuou desa maneira???
Dixo algúen que esa actuación era sinónimo de falanxismo???

Ben sei que as comparacións son odiosas, mais, por favor, estamos na de sempre. O nacionalismo español é integrador, natural, histórico, necesario, tan vello, tan mimetizado e tan simbiótico que nin se percebe.

Os nacionalismos periféricos son equivalentes ben ao terrorismo ben ao nazismo. Homeclaro. E o Real Madrid é o equipo do Reino. Claro que si. E os demais que se f.

Por favor, xa está ben.

O señor Suroeste ten toda a razón: "Partirse el culo de risa" en galego dise "Escachar coa risa", entroutras posibilidades. (En galego existe 'risa' e 'riso').

Cumprimentos desde Karakalpakstan (República autónoma)

Sen acritude, por favor; estoulles lonxe da casa e sonlles cousas da saudade...

apicultor dijo...

Poña un pouco de siso, Canalejas, que xa entran algúns como un elefante nunha tenda de cerámica de Niñodaguia.

apicultor dijo...

Amigo Medela, estar lonxe núbralle a visión das cousas e mestura allos con bugallos.

Sen acritude, eh, que temos que facer esa viaxe iniciática xa.

Canalejas dijo...

Ten razón, abelleiro

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Amigo Apicultor, unha cousa non quita a outra, nin atinxe a nosa (penso) cibernética amizade e a sincera admiración que lle profeso, pois escribe vostede marabillosamente e pusúe un acervo cultura que para min quería.
Ah, en EEUU fan descontos para grupos (Anxos do Inferno, Blogeiros da Galiza interior, etc)

Mais, comprenda, por favor, que comparar o BNG con Le Pen ou Hamas, ou facernos responsábeis da negación do holocausto é unha grave ofensa.

A min non se me ocurriría na vida facer responsábel a un militante do PSOE de presuntas corresponsabilidades coas atrocidades cometidas na guerra civil. Idem para o un afiliado do PP.

Alén diso, voulle ser sincero, sr. Apicultor; non lle teño nin idea do que está a acontecer alí. E con tantas cousas que arranxar na casa...

Cumprimentos desde a beira do mar de Aral, en plena tormenta de salitre, area e pesticida ex-soviético.

apicultor dijo...

Eu tamén o admiro, e moito, amigo Medela. Esa imaxinación desbordante, o feito de que escoitara The Dark Side of the Moon namentres recollía patacas, ese profundo coñecemento da cultura popular (da música en particular) norteamericana, son para min motivos máis que suficientes para o nacemento dunha "fermosa amizade", como o Rick descrido e o xendarme cínico.

Nótase que, ao estar lonxe, non está vostede moi enterado do que está a pasar, e que o recoñeza hónrao. Pode petiscar nalgunhas outras entradas do blog para facerse unha idea.

En todo caso, creo que ninguén -eu desde logo non- comparou o BNG con Le Pen ou Hamás. Simplemente se censura unha actitude no Parlamento que non é de recibo desde ningún punto de vista.

Cumprimentos.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Amigo Apicultor, xa sei que non foi vostede. Mais comprenda que con vostede teño, non sei por que, máis confianza, mesmo para os golpes de voz.

Dicía qie todo o que sexa tentar mudar a sociedade cae na estigmatización. Imaxina vostede, Apicultor, falar no Ourense de 1968de divorcio, o aborto, ou casamento homosexual. E hoxe son cousas normais. E alguén tivo que botar a primeira pedra, e ese alguén foi apedrexado... Pregúntello, Apicultor, a un rapaz que se chamaba Icaro; pregunte por aí qué lle aconteceu.

Beiras a mallar co zapato no escano... Un tolo.

Baltar (segundo confesión propia) asistindo na provincia máis pobre do reino a tres velorios por día... Un home de ben.

O PP non condena o franquismo... No passa ná.

O BNG tenta mudar unha declaración... Las SS desfilando con antorchas y apedreando vitrinas.

Ufffffffffffffffffffffffffffffffff

Estou na pensión en Nukus, a ollar de esguello para a patrona, prima segunda de Marina Oswald. Está a pasarlle o ferro a unha funda verde... Cagadiña a Jessica Lange.


Cumprimentos.-

XDC dijo...

Amigo Medela:
Nun relativamente recente pleno do concello ourensán, o feito de que o PP non se sumara á iniciativa da retirarda de nomes "franquistas" en certas rúas, foi interpretado polo tenente alcalde como "existencia dun cordón umbilical entre o PP e o réxime franquista".
Segundo ese razonamento (que non comparto), existiría tamén un "cordón umbilical" entre o BNG e o réxime nazi.

eTXE dijo...

pERO EN SERIO QEU ESTÁ OND'O MAR DE ARAL?

Anónimo dijo...

quen son vostedes, canalejas, quen, a quen se refire?

dos pacifistas israelís a bautista álvarez tododiós?

pero ollo, sen a resistencia palestina ao exterminio do estado israelí, non habería poboación árabe na zona. e vostedes, seguro, serían máis felices. pero non.

Anónimo dijo...

"Igualdade de direito para todo o povo sen discriminación de sexo, situación económica, grau de instrución, procedéncia ou pertenza étnica ou calquer outra circunstáncia. Ainda que na Galiza as minorias étnicas teñen escasa importáncia, na medida en que existen (ciganos, «Moinantes», etc.) respetarán se as suas particularidades."

A oración nese manifesto da UPG está mal redactada, pero non me negará, arumes dos piñeiros, que non comparte as ideas alí expresadas. Ou?

Anónimo dijo...

É xa unha tradición deste blog mirar con lupa de sete aumentos todas as políticas do bloque nacionaliego. Silencio absoluto, eso si, sobre Zapatero's boys, aló na metrópole, e eiquí na colonia-chamú.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Da Coba: Canto tempo!!!!!

Ten vostede toda a razón. Lembro perfectamente ese caso no concello.

E lembro que non se armou rebumbio ningún. E lembro que os bos amigos que teño no PP (aínda hoxe parolei cun deputado popular autonómico) non teñen nada a ver co espadón ferrolán.

Outra cousiña: Apúntase vostede á viaxe iniciática pola estrada ex-federal nº66???

Ry Cooder está en Amarillo (Texas) á nosa espera.
E Peter Townsend di que baixa desde Las Vegas para xantarmos todos en Tulsa.
Anímese, Da Coba.

Vou dar unha volta pola avenida da república, en Nukus. Paso por diante dun McDonalds. A encargada é mesmo bonita, de cariña redonda, cos ollos achinados, tártaros, e un chapeu de cowboy de poliestireno.

Combinei cun rapaz de Escanavada-Xustás (Cospeito) para un traballo de ferrallista. Hai trinta mil barcos varados na area, no mar de Aral.

Alá vai o 'chaval' de Cospeito. Ei, ei, pára, pára, Modesto, son eu....

Non podo afastar da miña mente o ollar melancólico, estepario, da patrona da pensión, (prima da Marina Oswald e clónica de Jessica Lange).

Saúdos, Da Coba, alégrome de volver falar contigo.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

De que falamos case sempre mal nas nosas vidas? Da familia. O BNG, para moitos dos que escriben neste blog, é a súa familia en política. Eso explica que aquí os veciños do PSOE salven das críticas e que sobre todo os do PP, que vemos de cando en vez, non teñan para nós o máis mínimo interés.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Xenial, don Arume; xenial coma sempre. Permítame parabenizalo desde a miña modestísima opinión.

É vostede xenial.

E leo, entre liñas, que os do PP tiñan que manifestarse máis a miúdo no blog.

Grazas, señor.

Anónimo dijo...

Por outra banda, a mín interésame moito máis a política interna (galega e estatal) que nos ofrezan os partidos galegos e os partidos españois en Galicia. Por exemplo, como chegar a fin de mes? Alguén se decatou de que cos anos os currantes estamos a perder poder adquisitivo? Que merda de sistema educativo é este que temos? Etc, etc.

marcos valcarcel dijo...

EN RESPOSTA Ó ANÓNIMO que nos bota en cara que non criticamos ó PSOE. Creo que non é certo, hai e houbo críticas e nunca houbo ningunha censura nin autocensura ó respecto (sempre que non se caia en posturas insultantes, claro). Como di Arume, temos máis interese polas "cousas da familia". En calquera caso, se vostede segue o blog, en datas aínda recentes eu opinei (e non de xeito moi favorable) sobre varios discursos recentes do noso alcalde (do psoe) ou mesmo de Pérez Touriño. Non teño que xustificarme, pero esa é a realidade: independencia absoluta de criterio, que a algúns non lles gustará, como é lóxico.

Anónimo dijo...

Vostede non necesita xustificar ren.

Xaime dijo...

Marcos merece que lle poñamos un altar, por que aturar as veces os anónimos e duro, moi duro.
Por que lle dicir que non lle damos cera os socialistas, ¡vaiame o ceo !, aínda que seica Da Coba os vai votar, e por tanto haberá que dicir que Pachi e cojonudo, Touriño, non vai máis, e Zapatero, Deus.

Anónimo dijo...

Tamén, se cadra, o temos que aturar a vostede de vez en cando.

Anónimo dijo...

Vieiros
Camilo Nogueira
"En Gaza a situación é desesperada"

O ex-eurodeputado do BNG, que se atopa na zona, conta como empeorou o conflito en Palestina despois de que o exército israelí respostase ao atentado "suicida" do luns.

Camilo Nogueira conta a súa experiencia en Gaza acompañando unha delegación do Parlamento Europeo en Oriente Próximo. O grupo viviu en primeira persoa o conflito entre Palestina e Israel e a situación desesperada que está a sufrir o pobo palestino.

Camilo Nogueira confía en que, "o día que na Unión Europea haxa unha posición política forte" se poida resolver o conflito "e que tamén os EUA vexan que non hai solución se non hai dous estados". De feito, lembrou a contribución que está a facer Europa á construción do Estado Palestino e ao seu recoñecemento internacional.

Canalejas dijo...

Sr.Anónimo:
Dígame un texto, só un, onde o Estado israelí propugne o "exterminio" do pobo palestino.
A falsidade das dúas posicións parte de querer asimilar o que fan os xudeus hoxe co que fixeron os nazis... e iso é mala fe.
Extermínase a algúen dándolle cun machete na cabeza como fan os tutsis cos hutus en Ruanda, ou meténdoos en fornos, etc. de forma industrial.
Non se exterminan desde logo, retirándose de Gaza, como fixeron en 2005, retirándose de Líbano, por dúas veces, facendo a paz con Exipto,Xordania e Líbano -e chegando a unha entente con Hizbulá- e subministrándolle combustible para luz e para os seus kassam. Os xudeus son técnicamente competentes, por iso o millón largo de árabes con nacionalidade israelí, viven ben mellor cós seus veciños,e sentan no seu parlamento, etc. Se quixen exterminar, exterminarían, pero nunca foi nin é a súa intención. Polo que están é polos dous estados, mentres que a opción actual -esperemos qeu evolucione- de Hamas é simplemente a extinción do estado de Israel. Non se trata de arrimar o marco para aquí ou para alá. DEixar Xerusalém dentro, fóra, ou a medias. Hamas, non admite a existencia de israel. Hamas quere exterminar israel, cousa que tamén din os iraníes, por iso é distinto cualitativametne qeu teñan a bomba uns ou outros. Israel nunca a tiraría sobre os palestinos -tempo tivo- e non podo asegurar que os iranís non fixeran o mesmo.
Desde logo o de meterlle dinamita a nenas con síndrome de down é moi forte. ¿E se ese indutor islamista controlase o botón? ¿Ve vostede os videos da educacion na TV de Hamas? Véxaos por favor.
Nunca israel quixo un xenocidio. ¿É xenocido dispararlle a un home bomba forrado de dinamita que espera que se acheguen as axudas para toupar todos xuntos?
En fin, a cousa dá para moito, pero a pesar das benaventuranzas, non teño tempo para ensinarlle máis que existen outros puntos de vista...
Se recoñecemos que o outro ten dereito a existir, como fan os dirixentes de Alfatá hoxe, temos de que falar, por iso Israel e europa miman a Cisxordania, para que os de Gaza caian da burra e se revolvan contra as dirixencias belicistas. Se o tema é, eu quero botarte ao mar... porque non tes dereito a existir, non hai tema que falar.
Siga vostede só. O asunto israelí só me interesa tanxencialmente, como expoñente da fosilizacion e miopía dunha parte importante da esquerda Europea, debedora dos complexos do 68... aqueles que qeurían cambiar o mundo e só fixeron unhas cantas pintadas mentres a socialdemocracia europea construía europa e os estados de benenestar e as progresistas democracias occidentais, estas das autonomías, das cooficialidades, da coeducacion, dos servizos...
Vostede, meu, non sabe nada do mundo de verdade, do que hai aí fóra.

Canalejas dijo...

Camilo Nogueira, como é habítual nel, chega tarde e non se enteira.
A Unión Europea, os USA e Israel, son os que apostan de-ci-di-da-men-te polos dous estados.
O Estado Palestino só se podo constituir como un estado nor-mal. Isto é con fronteiras e sen a guerra co seu veciño. Evidentemente nin Europa nin ninguén pode apoiar a construción dun estado baixo a premisa primeira de acabar co estado veciño. Con Hamas, de momento, non é posible. Que teña a maoiría do desesperado pobo de Gaza detrás, non significa nada. Tamén a tiña Hitler. A razón non é cousa de procentaxes.
O problema é que Europa e USA non teñen capacidade ningunha de presión sobre Hamas... e a ambigüidade das monarquías da península arábiga está calculada. Presión a Arabia, presión a Hamas, e lograrase un acordo.
Unhas toneladas de explosivos foron topados nun camión de axuda humanitaria que pasou de Israel a Gazilandia usando supostas ONG o nome da Unión Europea...
¿Que se dixo aquí? Nada. Vexan, por favor,
Outra visión

Xoan da Coba dijo...

Pois anótome ao viaxe, sobre todo pra poder cantar con Ry Cooder a famosa "Canción Mixteca" que servíu de banda sonora ao filme de Win Wenders "París-Texas" (moita xente pensa que se refire ao París capital da Francia, pero en realidade é outra cidade chamada tamén París, que se atopa no mesmo estado de Texas).

"Que lejos estoy del suelo donde he nacido..."

arume dos piñeiros dijo...

Non vai estar Nastassia co seu pulover de espalda aberta de angorina. Por se alberga algunha esperanza, Mr. Da Coba. "Quisiera llorar, quisiera moriiiiiiiiiiiiiir de sentimiento".

apicultor dijo...

O Anónimo que botaba falsamente en cara que aquí non se criticase aos socialistas -non sei por que, pero ténme un cheiro familiar-, ese Anónimo, digo, ten este blog aberto para criticar por activa e por pasiva ao PSOE, a Zapatero e a Pepiño Blanco, todas as veces que queira.

A min este tipo de "obxeccións", ademais de falsas, parécenme ridículas e inmaduras. Sempre a amoestar polo que non se di, nunca a retrucar o que se di. Sempre a queixarse de que se non se fala disto ou non se fala do outro.

Fale vostede, alma de deus, fale vostede, veña, expláiese todo o que queira contra os socialistas. Estaremos todos encantados de ler as súas fundamentadas críticas.

Pero, por favor, non veña a dicirnos aos demais do que debemos e do que non debemos falar. Os demais falamos do que nos sae dos eggs. Así de claro.

Sempre coa mesma murga!

Anónimo dijo...

Eu non dixen nada sobre o que vostede ou outras persoas teñen que escribir (cito o seu "non veña a dicirnos aos demais do que debemos e do que non debemos falar). Simplemente constato, noto, cara a onde van a meirande parte das críticas políticas neste blog.
E agora, se me permiten, teño moitas cousas que facer.

Xaime dijo...

Non se dí desa maneira tan abrupta, anónimo/a, dise "E agora, se me permiten, teño moitas cousas que facer. Boas noites.". E si non pidalle o libro de estilo o anfitrión que llo mandará adobado.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Mañá comezo a traballar co Modesto de Cospeito, na empresa de ferralla. Imos para o ex-porto de Muynak, no ex-mar de Aral.

Non son o máis indicado para falar, mais penso que debiamos tratar o señor Anónimo doutro xeito, para el expresar libremente o que pensa; alén diso, acho que ten razón no 99% do que di. Outro cantar é o protocolo.

Estou a ver na TVK (Televisión de Karapalkstan) "O amigo americano" de Wenders, legendada en ruso. Tanto ten. Seima de memoria.

Non podo afastar a mirada da silueta da patrona (Kyra Argounova, prima segunda de Marina Oswald e clónica de Jessica Lange) da miña mente.

Tenham os senhores uma boa noite.
Cumprimentos desde Nukus...

apicultor dijo...

Pois, señor Anónimo, se ademais de constatar e de notar, tivera o detalle e a amabilidade de opinar e de criticar ao PSOE, desenvolvendo datos e argumentos, eu desde logo quedaríalle moi agradecido, e estou seguro que todos os lectores do blog tamén.

Pero claro, se ten moitas cousas que facer, sospeito que non o vai facer. Vaia por deus!

Con este panorama, e tendo un oco que cubrir urxentemente, vai haber que poñer un cartel no blog que diga:

"Búscanse críticos e críticas dos/aos socialistas.
Bo soldo, horario reducido, grandes posibilidades de promoción.
Non se necesita nin carné de conducir nin automóbil propio, nin sequera boa presenza. Tan só boa pruma e mellor cabeza".

Daquela, a ver se aparecían dunha vez candidatos ao posto.

Boa noite a todos.

Xaime dijo...

D. Júlio, pregúntelle o Modesto de Cospeito, se fai anos traballou na carpintería do aluminio en ALLPLAS MUIMENTA.

Leituga 1 dijo...

Éntrelle á patrona, Medela, éntrelle, que seica as rusas son de bo xorne, e máis aínda as que veñen da parte de Karapalkstan.

E claro que entre o PP e o franquismo hai unha relación. Non sei se chamarlle "cordón umbilical" e, desde logo, eu non diría nunca que "o PP é un partido franquista".

Pero si que hai unha relación. Unha relación que é afectiva, segundo as miñas observacións. Non afectiva cara a Franco nin cara ao réxime. O afecto é cara aos propios pais e avós de moitos dirixentes e militantes do PP, pais e avós que foron franquistas. Desde ese punto de vista, poden entenderse as reticencias do PP a condear con rotundidade o franquismo.

Corina Porro é unha muller centrista e liberal, máis ou menos, e non lle vexo eu nostalxia ningunha do franquismo. Pero o seu pai foi un franquista ferrolán de toda a vida e, daquela, ela négase a outorgarlle honores aos represaliados do 36, pois isto implica a denuncia do carácter represivo e asasino do réxime ao que o seu pai serviu e defendeu devotamente.

Un caso contraposto é o de Mariano Rajoy. O seu avó, Enrique Rajoy Leloup, burgués republicano e ilustrado, participou na redación do Estatuto do 36. Foi expulsado da Universidade e represaliado profesionalmente. O neto, porén, afecionouse a Gonzalo Fernández de la Mora, non moveu un dedo para que caese a dictadura e, cando o goberno Arias Navarro permitiu as "asociacións", alí estaba el entre os cabezaleiros de Unión Nacional Española, a asociación liderada polo devandito Fernández de la Mora. É de aí de onde vén Rajoy, non do liberalismo dun Satrústegui ou da democracia cristiá dun Coll i Alentor.

¿Cordón umbilical? Pois pode que a expresión sexa axeitada.

Leituga 1 dijo...

Para que se vexa que hai boa vontade: aí vai un sketch satírico cos socialistas. De "Polonia" (TV3). Ten a súa gracia.

http://www.youtube.com/watch?v=1v38SWefUoU&NR=1

Labordeto dijo...

Cando un chega ata aquí,canso do seu periplo polo Hit-Parade do Blogomillo,pousa a mochila, valeira de filias e fobias varias, e disponse á folganza no que parece ser pracenteiro lugar. Cata unhas uvas,pica nas de máis alá e... si,si, certo buqué antinacionalista mesturado co acedo do resentimento,percíbese ben.

Xosé M. González dijo...

Por se a alguén lle interesa aínda. Eu, ás veces, son de dixestión lenta.

marcos valcarcel dijo...

Valente artigo, XMG.

Anónimo dijo...

canalejas, nada de nada: elmundoestáahífuera

ande...

Anónimo dijo...

son molinos, son molinos

Anónimo dijo...

Aymerich: 'Condenamos o Holocausto, pero molestan as críticas a Israel' O voceiro nacionalista no Parlamento está convencido que detrás de toda esta polémica están os intereses políticos de Israel. “Nós condenamos o Holocausto, aos colaboradores dos nacis e aos revisionistas, pero molesta que critiquemos a política de Israel”, asegura.

07.02.2008 | 12:31


Carlos Aymerich
O dirixente nacionalista amosa a súa sorpresa pola virulencia que acadou esta situación –amplas informacións en medios estatais, dimisión dun concelleiro do BNG e críticas da embaixada de Israel- e asegura que, tal e como aconteceu o pasado ano co propio Pedro Gómez-Valades –cando este denunciou que querían apartalo da Executiva comarcal de Vigo-- “se producen en épocas electorais”.

“Non hai vinculacións políticas”

“Non é así. O día internacional de condena do Holocausto é o 27 de xaneiro. Por iso, presentamos a iniciativa”, apunta o presidente da Agai, quen nega “vinculacións políticas”.

“O BNG condena todo o que lle aconteceu ao pobo xudeu pero non imos apoiar á política do Estado de Israel cos palestinos”, apunta Aymerich. Por iso, non entende a campaña da Agai, “son catro e unha chea de páxinas web”, asegura, e di, convencido, que esta asociación “está pagada pola embaixada de Israel”.

Cuba

“É unha barbaridade e é incualificábel. Eu non obedezo a ninguén. Tamén podería dicir eu que a UPG está ao servizo da embaixada de Cuba e non critica as violacións dos dereitos humanos na illa”, resposta Gómez-Valadés que puntualiza que son case 250 os socios da Agai.

O presidente desta asociación subliña que toda esta polémica creouna o BNG coa súa actitude e non eles. “O problema de Pedro Gómez-Valadés é que o BNG non pensa coma el”, conclúe Aymerich.

marcos valcarcel dijo...

Aymerich tivo unha boa ocasión para facer unha leve autocrítica da decisión tomada e intentar reconducir o tema.
Pola contra, opta por buscar "ouros de Moscú", na mellor tradición conspiratoria, e personalizar o problema en Pedro G.V. (houbo moitas baixas no BNG e non se trata dun problema persoal).
Creo que isto, ó remate, lle vai custar votos ó BNG.
Algúén podería concluír, cando se perdan eses votos: "O problema deses votantes fugados é que o BNG non pensa coma eles".

apicultor dijo...

Con estas novas declaracións, Aymerich volve cubrirse de "gloria", Sobre todo, cando lanza a insidia de que a AGAI “está pagada pola embaixada de Israel”, sen aportar ningunha proba, nin sequera algún indicio, ao máis puro estilo estalinista. Nótase que ser do Opus imprime carácter (que tal lle sentaría que se lanzase esta insidia contra del?).

E ademais resulta patético que Aymerich diga que a polémica “se producen en épocas electorais”. Home, claro, prodúcese en época electoral porque foi el -e só el- quen a provocou coa súa cínica actitude en época electoral! A polémica non existiría se non fose el quen a incitase. É ridículo que bote balóns fóra, un insulto á intelixencia.

Verbo do texto de Saaavedra, concordo con el ao 80%. Pero eu non diría que é un texto "valente", non me parece un adxectivo axeitado para a ocasión.

É, nin máis nin menos, un texto no que o autor expresa libremente a súa propia posición. Por iso é un texto honrado, pero non valente. Afortunadamente, non fai falta hoxe ser moi valente. Con ser honrado debería ser suficiente. E disto non hai moito, dito sexa de paso.

marcos valcarcel dijo...

UNHA CONFUSIÓN HABITUAL (resposta a Labordeto).
É habitual confundir crítica ó "nacionalismo" con crítica de certos aspectos ou propostas dunha determinada organización nacionalista, maioritaria sen dúbida (o BNG).
Pero algunhas persoas non o teñen claro: nunha ocasión debatimos sobre isto nunha asemblea do BNG (xa se integrara UG) onde había unha ponencia que afirmaba de xeito contundente que "todo o nacionalismo xa estaba no BNG". Algúns enmendamos aquela afirmación suxerindo que se puxese "o nacionalismo actuante no plano político" ou algo así: primeiro, porque existían (e existen) milleiros e milleiros de nacionalistas independentes que non están integrados no BNG nin comulgan con todas as súas teses programáticas (e menos, propostas tácticas); segundo, porque había (e hai) grupos de escasa operatividade na política institucional (sobre todo, no campo independentista), pero ós que eu non me atrevería a negarlles o cualificativo "nacionalista".
Unha linguaxe menos prepotente, menos absolutizadora, menos dogmática, segue sendo necesaria no BNG. (Non sei se me explico: para min este blog non é antinacionalista, nin moito menos; si pode ser crítico co BNG. Só faltaría...).

marcos valcarcel dijo...

Aclaro: cando digo valente, refírome, quizais, a posición psicolóxica persoal do seu autor, Xosé M. González, ó dar a luz este texto, que non segue as teses hoxe dominantes na dirección do BNG. Nese sentido, é "valente", como tamén o é frecuentando un blog que moitos, mira ti, cualifican como "medio antinacionalista".

apicultor dijo...

No que dixen, máis que honrado cadraría mellor "honesto", non? É o que ten escribir ás présas.

Indo a outro asunto. Que haxa algúns sectarios que cualifiquen este blog de "antinacionalista", é consecuencia da súa propia incapacidade para discernir. Desde logo, ninguén ten culpa diso máis ca eles mesmos.

O curioso deses "acusadores" (por que seguirá habendo nacionalistas tan afeccionados a tirar a pedra?) é que tendo a súa disposición o blog para retrucar e rebatir o que se poida dicir do nacionalismo, se absteñan de facelo. Como tamén se inhiben de criticar aquí aos socialistas, cando poden facelo libremente.

Sen embargo, a súa apatía e pasividade non lles impide, iso si, esíxirlles aos demais que non crítiquen o BNG e que si critiquen ao PSOE.

En fin, ...

Anónimo dijo...

Caro don Xaime de Lugo:

Modesto de Cospeito non traballou onde vostede indica. Di que pasou a vida a estudar e que o pouco tempo libre que tiña o pasaba a pescar no Miño (novo e vello) alá por Xustás. Os seus compañeiros habituais eran o Iago Teijeiro, de Escanavada e o Pedrito de Reximil.

Tamén me pregunta que por qué llo pregunto. Eu respondo que evidentemente llo pregunto porque mo pregunta vostede a min. Alguén, por un acaso, llo preguntou a vostede??

Carafio, nin que fósemos galegos.

Estamos a comer, ao pé dun ex-barco case despezado, nunha ex-praia do ex-mar de Aral.

Kyra Argounova (a miña patrona) sorprendeume esta mañá cun estraño 'bocata' de hamburguesa vexetal e unha ex-botella plástica de Seven-Up chea de viño, penso que de Sebastopol.
Modesto trouxo botelos de Lugo e un viñazo aeroespacial da Ribeira Sacra. Fretimos unha especie de patacas nunha ex-lata de ret hot chili peppers.

Temos que regresar ao traballo.

Está frío. O sol queima e o ar conxela.

Non dou quitado a Kyra do pensamento.



Cumprimentos desde Karakalpakstan.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Caro don Xaime de Lugo:

Modesto de Cospeito non traballou onde vostede indica. Di que pasou a vida a estudar e que o pouco tempo libre que tiña o pasaba a pescar no Miño (novo e vello) alá por Xustás. Os seus compañeiros habituais eran o Iago Teijeiro, de Escanavada e o Pedrito de Reximil.

Tamén me pregunta que por qué llo pregunto. Eu respondo que evidentemente llo pregunto porque mo pregunta vostede a min. Alguén, por un acaso, llo preguntou a vostede??

Carafio, nin que fósemos galegos.

Estamos a comer, ao pé dun ex-barco case despezado, nunha ex-praia do ex-mar de Aral.

Kyra Argounova (a miña patrona) sorprendeume esta mañá cun estraño 'bocata' de hamburguesa vexetal e unha ex-botella plástica de Seven-Up chea de viño, penso que de Sebastopol.
Modesto trouxo botelos de Lugo e un viñazo aeroespacial da Ribeira Sacra. Fretimos unha especie de patacas nunha ex-lata de ret hot chili peppers.

Temos que regresar ao traballo.

Está frío. O sol queima e o ar conxela.

Non dou quitado a Kyra do pensamento.



Cumprimentos desde Karakalpakstan.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Don Marcos, pido desculpas. Equivoqueime ao asinar unha mensaxe miña co nome de Anónimo.

Apáguea, por favor, se quere.

apicultor dijo...

Esa patroa da pensión, Kyra, que tanto se asemella á Jessica Lange, lévao polo camiño da perdición. Vai ser unha sublime obsesión a súa. Todos desexamos que culmine a súa paixón.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Amigo Apicultor: E que tería vostede que vela... Ese ollar profundo, cos ollos de cadansúa cor, esa voz caucasiana, tal vez sármata...
Ufffffffffffffffff, que ruído fai a rebarbadora.

kwrssssssssssssssssssssssssssñññññññññññññññññññññññññññññeeeeeeeeekkkkkkkkkkkkkkk

Parece o guitarrista dos KING CRIMSON na súa máis enloiquecida etapa.

Máis outra lámina de metal para o camión. Logo acabamos.

O bocata repíteme no estómago.

Vostede ben me comprende, Apicultor. Ben o sei.

Saúdos esteparios e saudosos.

apicultor dijo...

Escoitado hoxe, Robert Fripp é un peñazo de moito coidado.

Póñase vostede en plan Jack Nicholson en The Postman... Xa verá como..., na cociña ou en calquera outro lugar, que aínda que haxa un fallo de racord tampouco pasa nada.

Anónimo dijo...

Este anónimo ex-habitual deste foro quixera recalcar que polo que respecta ás súas intervencións:

- nin é "sectario"-"acusador" (Apicultor dixo, en plural) por facer ver que hai neste blog as críticas se concentran no BNG
- nin amosa "apatía"-pasividade" (Apicultor dixo, tamén) por non participar neste blog.
- nin cualifico este blog de "antinacionalista".

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Sr. Anónimo:

Un saúdo desde Karakalpakstan.

Porfa, non se tome as cousas así, home. Peor lle estou eu aquí...

Cumprimentos.-

apicultor dijo...

Vale, veña, va, SMS.

Xa que xa dixo o que non dixo, sería mellor que agora dixera o que realmente quere dicir.

Por fa.

Xosé M. González dijo...

Eu non penso, xaora, que este blog sexa un medio antinacionalista, e tampouco non penso que moita xente opine tal cousa. Se hai que contar verdade (fareino só unha vez, díxeno no seu día e en vista da recepción fixen mutis), entendo que a presenza política do BNG como tema é moi grande, e crítica en sentido negativo a posición da grande maioría. Pola contra, hai moi escasa presenza de temas relacionados co PSOE, consecuentemente moita menos crítica, e cando hai a tal non infrecuentemente é notoriamente mal recibida -espero qque non a priori-: aínda unha vez, hai pouco, fun tacitamente acusado de tentar facer pasar por gatos pardos animais doutra cor.

Obviamente, cadaquén ten a posición que ten, as prioridades que asume e as pulsións correspondentes. Cadaquén ten dereito absoluto a seleccionar temas (aquí principalmente, xaora, o amo da casa) e a darlles o tratamento e seguimento que entenda oportuno; aclaro, por se acaso, que non estou outorgando dereitos, só constantando evidencias. E o que lle queda ao que, obxectivamente, é ou se converte en minoría, é quedar co que hai ou marchar co que tiña.

Eu, desde logo, quedei. Pero xa que se dá o caso, prefiro dicir isto antes ca calalo; unha vez, insisto, e volvo ao mutis selectivo.

Lobeira: se os botelos son da Fonsagrada, coidado co picante.

Xosé M. González dijo...

Valadés segue no BNG. Excelente noticia que debe crear precedente.

apicultor dijo...

Eu non teño ningún inconveniente en que se critique ao PSOE en xeral ou ao PSdeG-PSOE en particular. É máis, agradecería que se fixera aquí con máis frecuencia por quen teña gañas e coñecementos para facelo.

Neste sentido, gustariame moito que Saavedra -se así o estima pertinente- ou calquera outro así o fixera. E estean seguros que eu poderei concordar nalgunhas cousas e, quizais, noutras non.

O que pasa -o que a min me pasa, polo menos- é que acho pouco interesante criticalo eu mesmo porque, desde logo, non me dan tanto xogo como o BNG. Non lle vin, por exemplo, ao PSdeG-PSOE facer o paripé como vin facer o BNG co do Holcausto. Entre moitas outras cousas.

Ora, se a crítica se reduce a que os socialistas galegos non fan política nacionalista, a cousa queda dunha evidencia tan palmaria que a min en particular non me dá moito de que falar. Que se non teñen tanto interese na normalización lingüística? Só podo dicir que así é, aínda que non creo que o seu interese sexa igual que cero. Que se son un partido de "obedicencia non exclusivamente galega"? Evidentemente, pero de aí non deduzo que non sexan tan galegos como os demais nin que sexan "forzas de ocupación estranxeiras". Que se falan un mal galego? Por suposto, aínda que tamén nos demais hai quen o fala mal. Que se Paco Vázquez patatín-patatán? Home claro. Que se non teñen "proxecto de país"? Habería que aclarar, primeiro, que se quere dicir exactamente con iso, para que eu puidese contestar que si ou que non.

Este tipo de crítica, pola súa obviedade, é redundante e dá moi pouco xogo, polo menos a min.

Pero debería haber -ten que haber- outras liñas que permitan un desenvolvemento argumentativo e crítico que vaia alén da constatacíón do obvio. Búsquennas, expóñannas, e eu estarei disposto a entrar no debate. Encantado de la vida, xaora.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Para o señor Apicultor:
O señor desculpará que o moleste, mais penso que é vostede a única persoa que me comprende neste foro. Preciso a súa axuda para resolver un noitébrego enigma, análogo ao formulado pola pétrea esfinxe ao ousado Edipo e infelizmente só parcialmente resolto.

Estoulle como ben sabe en Nukus, no poeirento e suxerente Karakalpakstan. O meu compañeiro de traballo Modesto de Cospeito e un servidor estámoslle a cear no lugar que máis enxebre nos parece, o que máis nos lembra (eivas da mente colonizada) a nosa terra. Trátase, evidentemente, dun MacDonalds. Modesto non o quere recoñecer, mais coñécese que gosta da que parece ser a encargada (tal vez xerente) do lúgubre e lumínico estabelecemento. El non di nada, Apicultor, mais eu non lle son parvo e ben vexo as cousas. Todas as noites ordena virmos cear aquí.

A rapaza élle feitiña, de cariña redonda e ollos achinesados. Leva un sombreiro inequivocamente texano, ben seguro que de plexiglás, polietileno, fibra de metacrilato ou vaia a saber vostede de qué. Dous colt 45 engalanan as súas cadeiras; tamén non lle acaen nada mal os pantalóns de material con flocos, nin a estrela de marshall do condado no chaleco.

Ceámoslle coma salvaxes. Hamburguesas de Iowa con pementos de Arizona, un monte de patacas frixidas de Kentucky, torta de mazá de Corea, catro canecos de cervexa belga; estabámoslle, como ben sabe, amigo Apicultor, cansos e famentos. Todo o santo día de Dios a despezar barcos oxidados e a cargarmos as láminas de metal no vello camión Ikarus, que non anda, loubado sexa el señor, nin para atrás.
A condenada da rapaza sentouse canda nós contra o final da cea. Modesto ficoulle, Apicultor, mudo da vergoña. Eu, como non me sae do pensamento a miña patroa, Kyra Argounova, estáballe máis solto. Ela preguntounos de onde viñamos sendo, quen viñamos sendo, e de quen viñamos sendo. E eu, Apicultor, como bo aldeático, evidentemente pregunteillo a ela.
Comentou, a ollar de esguella para Modesto, que se chamaba Ryma Nursultan, de antiquísima familia tártara, descendentes por liña directa de Kublai Khan, neta dun veterano da guerra civil española e da grande guerra patriótica contra o nazismo, deportado por Stalin para as inhóspitas terras de Aral. Terminou enxeñería termonuclear na universidade Patricio Lumumba de Moscova. Como o tema laboral é idéntico en Karakalpakstan e na Galiza, non lle quedou máis remedio que traballar na hamburguesería.
E adora falar con forasteiros (e torna a ollar para o coitado do Modesto, que xa non dá levantado a vista). Nukus xa non é o que era. Fóra do cheiro a pesticida, as treboadas de pó, os corenta baixo cero no inverno e os cincuenta do verán, hai pouco que rañar. Por iso, e aínda que a empresa non o fomente, gusta de confraternizar cos clientes. Ryma trae unha botella de Jim Bean e mandamos catro ‘chupitos’ entre os tres. Ela tira o chapeu da cabeza e comunica, non sen certa teatralidade, que a política do estabelecemento premia a fidelidade dos fregueses, é dicir, de cada catro mil hamburguesas consumidas, catro saen de gratis. E Modesto, rexo e valente mozo da Terra Chá, (o bourbon tamén axuda) espétalle: “Oiu, señorita Ryma, podiamos saír sábado tomarmos algunha cousa por aí”. E Ryma: “Boooeno, eu a partir das doce da noite non teño nada a facer”. E Modesto, dirixíndose a un servidor, e facendo gala dun valor temerario, díxome: “Medela, ti podes convidar a Kyra Argounova”. Kyra!!!! -responde Ryma…Ben lla coñezo. Élle viúva de guerra, sabía, Medela.

Eu, Apicultor, apenas troquei catro palabras en catro días coa patroa. Hoxe, despois de me mudar, antes da cea, comentóulleme que se non me parecía ben que no meu cuarto, na cabeceira da cama estivese a santa icona da rusa Virxe das Espigas, que a retiraba, que ela respectaba moito as crenzas dos demais, etc., e que era un presente do anterior hóspede, un ex – pope metido a buscador de petróleo. Eu, evidentemente, díxenlle que non me molestaba ren… Que se ela tamén non se importaba, que eu podía tamén poñer no espello da cómoda a estampa plastificada da Virxe do Viso de Lobeira, bendicida polo párroco, postal que a miña avoa Concha Medela encarecidamente me encomendou levar sempre canda min. Kyra, evidentemente, non puxo obxección ningunha.
Era a segunda vez que era capaz de lle soster o ollar.

Bon, xa non sei por onde é que ando.


Velo aí vai o enigma, estimado Apicultor:

Na República Autónoma de Karakalpakstan, segundo a súa constitución, a lingua karakalpakstanita é cooficial coa uzbeka, sendo a karakalpakstanita lingua propia da devandita república.

O menú do estabelecemento onde ceamos era bilingüe.

Por que entón a encantadora Ryma Nursultan, nacida en Karakalpakstan, e encargada de sala no MacDonalds, que estudou primaria e bacharelato en karakalpakstanita e uzbeko e terminou con éxito os cursiños de iniciación e perfeccionamento daquela arrevesada lingua, por que, e velaquí o enigma… Se dirixiu de inicio a nós en case perfecto e estandarizado uzbeko, e tan só despois da correspondente dose de bourbon ordenou falarnos en karakalpakstanita????

Moitísimas grazas pola súa bíblica paciencia, e devezo pola solución a este noitébrego e aparentemente irresoluble enigma.

E non lle dou afastado a Kyra, señor Apicultor, do meu pensamento.

Con os meus cumprimentos, señor.

Xaime dijo...

D. Julio, descartado que Modesto fose a persoa que lle dicía eu, saúdeo desta parte do mundo.
A Terra Chá sempre deu homes fortes e lúcidos, amigos dos amigos, limpos e claros como as augas que burbullan do Pedregal de Irimia, a escasas millas de onde nasceu o noso protagonista.
Boa noite e descanse que mañan e outro día.
Teñan todos boa noite.

Xoan da Coba dijo...

Non é mala idea ir dar un Julio/Culombio, ou sexa, un Voltio, polo pedregal de Irimia un día destes. E creo que deixaron moi ben preparados os paseos a carón do Miño, regato aínda, antes de chegar a Fonmiñá. E no restaurán a carón de Fonmiñá, o que ten moitas escaleiras, comprar lotería. Unha vez tocóume algo nun décimo que merquéi alí.
A cor verde da Pastoriza tamén debe de ser moi boa prá vista. Ai, miña Galiza dos dous mares e dos mil ríos!.

apicultor dijo...

O problema lingüístico que expón, amigo Medela, arranxábase se gobernase o bloque nacionalista karakalpakstanita.

Para o outro asunto, o de Ryma e Kyra, os idiomas non son problema ningún. Todo vai depender da simpatía e habilidade súa e do seu amigo, e, sobre todo, de se elas están de quero.

Moita sorte!

Anónimo dijo...

jajajajajajajajajajajajajaja

touché, amigo Apicultor

jajajajaja

Ryma estará de quero, non llo nego,

mais a Kyriña... Dios le oiga.

Estamos a comer o 'bocata', alá vai media mañá.

Cumprimentos desde un ex-mar.

Xosé M. González dijo...

A min tamén me gustarían algunhas cousas que non teño; unha delas é máis tempo cós demais. Ao carecer del, un fai maiormente o que sen dúbida os demais, comentar o que vai saíndo, e iso que algunha análise e medianamente longo excursus xa se ten producido.

Digo isto porque, ás veces, demándase do concorrente panoplia de argumentos e luxo en detalles que só unha dedicación máis ca mediana posibilitaría. E un ten que traballar; agora, por exemplo, reunión dentro de media hora.

Con todo: compráceme que saíse mencionado o asunto da normalización lingüística, porque onte mesmo víñame a min á cabeza a ausencia do tema. Camiño de tres anos na lexislatura, ¿non irá merecendo algún balance a máis ca mediocre executoria do tal departamento gobernativo?

E non é que o partido estea máis ou menos dacordo, que é cousa del. É que asumiron tal responsabilidade de xestión política, e algún programa había. Tamén se pode, xaora, darlle culpa (compartida ou mesmo sobranceira) ao BNG; o que, por veces e non poucas, aparenta facer o Sarille, verbi gratia.

Xosé M. González dijo...

Medela, como gorento a súa aventura. Ficamos expectantes.

apicultor dijo...

Pois si, podería alguén facer ese balance, que eu tamén califico de mediocre, e no que tamén cabería facer moito máis.

Agora, na liña de Sarille, algo de culpa tamén terá o BNG, non? Non digo que a maioría, que é socialista, pero si unha parte. Poña cada quen a porcentaxe correspondente.

(Se ninguén di nada máis, para min xa se esgotou o tema. Isto é un exemplo de evidenciar o obvio, que o tema remata axiña, polo menos para min).

Xaime dijo...

D. Julio soñei que Modesto ía o pasar moi ben con Ryma.
O de vostede con Kyra, aínda non-o teño tan claro, pero, ¡fágalle as beiras, hom¡, que o note.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Don Xaime de Lugo:

Estámoslle a tomar o nescafé de bote na ex-beira do ex-mar de Aral. O seu (e meu) paisano Modesto de Cospeito anda a contar as horas para ir cear ao MacDonalds, para retellar a "súa" Ryma.

Esta a terminar a batería do portátil que me deixaron os Reis na casa da avoa de Lobeira.

Téñolle medo a Kyra, don Xaime. Élle verdade. Parezo mesmo un colexial.
Dígame (Modesto di que vostede é un avogado 'principal' en Lugo, un home de mundo) algunha cousa. Non sei qué facer.

E non lle me sae do pensamento.

Vamos logo ao traballo. Mudarmos os discos de diamante da rebarbadora. Cortarmos metal. Cargarmos ferralla no camión "Ikarus"...
Regresar para Nukus, se podemos.

Cumprimentos, amigo don Xaime...

Xosé M. González dijo...

Eu, Apicultor, penso que ese tema daría moita auga; tanta ou máis ca outros aquí tratados. Pero non serei eu quen diga de baixar ao pozo. Canto á responsabilidade que poida ter o BNG, para min é un auténtico misterio. Ora que cunha culpa máis ben poderá; se se trata de falar del (ben, claro) sempre...

Xosé M. González dijo...

Medela:

Cando un se encontra ante duro trance, da patria e da familia (disque) virá o mellor consello.

Mire, logo, de que lle vertan isto ao karakalpakstanita:

Senhor genta,
mi tormenta
voss' amor em guisa tal,
que tormenta
que eu senta
outra non m' é ben nen mal,
mais la vossa m' é mortal!
Leonoreta,
fin roseta,
bela sobre toda fror,
fin roseta,
non me meta
en tal coita voss'amor!

Das que vejo
non desejo
outra senhor se vós non,
e desejo
tan sobejo
mataria ũu leom,
senhor do meu coraçon!
Leonoreta,
fin roseta,
bela sobre toda fror,
fin roseta,
non me meta
en tal coita voss'amor!

Mia ventura
en loucura
me meteu de vos amar.
É loucura
que me dura
que me non posso én quitar.
Ay fremusura sem par!
Leonoreta,
fin roseta,
bela sobre toda fror,
fin roseta,
non me meta
en tal coita voss'amor!
(Johan Lobeira).


Á volta falamos de como foi.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Caro González: Estes versiños do meu ilustre ¿paisano? Johan Lobeira...

"Das que vejo
non desejo
outra senhor se vós non",

...Ilustran á perfección o meu actual estado de ánimo. Olle, González, cando estabamos onte a cear nese templo consagrado ao neón e ao colesterol, o MacDonalds, a presencia de Ryma Nursultan éralleme indiferente, e iso que foi dama de honor de Miss Uzbekistan 2004.
Non lle era indiferente, porén, ao valente e rexo terrachairego, Modesto de Cospeito.

Falando noutra cousa, os botelos fonsagradinos pican coma ourizos. E non lle están nada mal á hora do almorzo, na ex-praia de Tolmacheva.

Kyra Argounova non lle me sae do pensamento, amigo González. Isto parece cousa do demo.

Cumprimentos.-

Cumprimentos saudosos.

Xaime dijo...

Bebín unha botella enteira de Campillo Reserva do 2001 con churrasco de xato en Santa Comba pola boa nova, amigo Médela.
Non se corte home.............., delle caña, e non se preocupe das santas que o Da Coba xa o ofreceu o Corpiño e eu e o XMG os Milagros de Saavedra.
Delle moitos recordos a Modesto.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Amigo Xaime: Grazas, grazas. Con tanto santo e santa a axudaren, mal sea... Estou emocionado por todo este rebumbio solidario protagonizado por persoas de categoría: Vostede, o Apicultor, o profe González, etc.

Ouviu, parabéns polo ben que vive vostede. Uns no páramo de Tolmacheva, a mallaren no ferro, e outros de romaxe e churrascada. Aquí traballamos dous para o resto. País...

Modesto envía lembranzas e me encomenda que lle pregunte se leva vostede temas relacionados co catastro, rexistro, notaría e herdanzas. Non sei que lle pasa cunha tía solteira que seica llo quere deixar todo ao bispado.


Vou pola rúa das Mil Primaveras, (ex rúa Acoirazado Potemkim) en Nukus, cara á pensión.

O corazón, a 120.
Deséxeme sorte, don Xaime de Lugo.

Cumprimentos.-

apicultor dijo...

Home, Saavedra, non pode ser que diga primeiro que "ese tema daría moita auga", para logo engadir "non serei eu quen diga de baixar ao pozo".

Non os deixe con sede. Bote o caldeiro coa roldana e tráianos auga fresca, ho. Que lla habemos beber.

Xosé M. González dijo...

Non boto, non, de primeiras non boto. Voulle explicar o porqué,e todo o mundo ten dereito ás súas renitencias.

No comezo da lexislatura galega (ou, en concreto, a pouco de eu empezar a escribir aquí), eu tentei abordar a cuestión da política lingüística na súa responsabilidade gobernativa. A algún inquirimento recibín unha resposta que non aparentaba grande cousa mesmo en termos de cortesía; pode ser que igual interpretase eu seca brevidade coma desatención. Pero a cuestión que máis interesaba seica eran as cousiñas do Bieito Lobeira, que igual sabe pouco pero polo menos facía algo; eran parvada e ocorrencia, seica, o das bonecas e as lápidas en galego, seica digo, ata que co tempo se lle acordou a outra.

Deixar traballar, ser leais, non picar, lin de diversas plumas. Meu dito, meu feito. Deixei traballar, seica, e agora espero con interese a ver se alguén xulga dalgunha maneira o froito do seica traballo. Conto con que o xulgamento sexa desde mellor predisposición cá exhibida con respecto ao devandito deputado, e non me ha parecer mal.

Mire, Apicultor, todo o mundo ten dereito a velas vir, e case sempre chega algún momento deses. Eu só demandei se a alguén interesaba abordar con certo alcance a xestión en política lingüística, que erradamente cualifiquei como máis ca mediocre; en realidade, é bastante menos ca mediocre. Se quere, avalíe inicialmente agora quen confiou, con algún pormenor, e non se dubide que eu, tamén en principio, algo direi; agás no caso de que se empece por darlle a culpa ou puntualizar a algunha responsabilidade do BNG, que en tal caso eu convertereime nun magnífico lector mudo.

Dito sexa todo sen ánimo de molestia. Deséxolles moi boa noite, antes de pór outra mensaxe / intendencia para o Medela:


-Venh' eu a vós, mia senhor, por saber
do que bem serve e non faleç' en ren
a sa senhor e lh' a senhor faz ben,
qual d' eles deve mais a gradecer.
-Amigo, mais dev' o bem a valer,
ca, se o ben dad' é por o servir,
o servidor deve mais a gracir.

-Quem ben serve senhor sofre gran mal
e grande afan e mil coitas sen par,
onde devia bon grado a levar,
se mesura da sa senhor non fal.
-Amigo, mais é o bem e mais val,
ca, se o ben dad' é por o servir,
o servidor deve mais a gracir.

Johan Lobeira
Trobador portugués. Fillo ilexítimo do nobre portugués Pero Soarez de Alvin, que o lexitima en 1272. A súa nai era, probablemente, galega, orixinaria das terras de Lobeira, na provincia de Ourense. É, polo tanto, medio-irmán do trobador Martin Perez Alvin (nº 96) e sobriño de Men Soarez de Melo, conselleiro do rei Afonso III. Aparece documentado por primeira vez en 1258 no testamento do bispo de Lisboa, Aires Vasquez, o seu protector, que lle deixa unha pequena cantidade de diñeiro. Activo entre 1258 e 1304, desenvolveu a súa arte trobadoresca na corte de Afonso III dende 1261, onde asinará documentos rexios ata 1285 (dende 1272, data da súa lexitimación, asina co cualificativo de miles). É na corte portuguesa onde se relaciona cos trobadores Fernan Fernandez Cogominho (nº 40), Johan Perez d' Aboim (nº 75), Johan Soarez Coelho (nº 79) (Tavani). Dun documento de 1304 que di "o herdamento que foy de Johanne Lobeyra" dedúcese que morreu con anterioridade a esa data. As referencias de documentos de 1305 de Don Denis e do bispo Fernando permiten situar os seus bens en Évora.

apicultor dijo...

Ten vostede memoria de elefante, Saavedra. Mais é mágoa que a malgaste en lembrar cousas que eu, por moito esforzo que faga, nin remotamente acordo. E tampouco vexo que teña que ter resquemor do que alguén lle puido dicir algunha vez (senón eu estaría no mesmísimo inferno real: Ratzinger dixit).

Así pois, é xa tempo de facer esa avaliación, que vai pasada media lexislatura. Fágaa. Pero non debería poñer como conditio sine qua non para facelo o de que ninguén diga algo do BNG. Caramba, que iso é xogar cunha carta de máis!

apicultor dijo...

... se non...

Leituga 1 dijo...

A verdade é que é un pouco difícil falar da política lingüística do actual Goberno galego sen facer referencia ao BNG, tal como suxire o señor González.

E invoco esta dificultade porque o propio señor González (a súa proverbial memoria non me deixará mentir) atribuíu nalgunha ocasión a máis importante realización do goberno galego no ámbito da lingua -o famoso decreto do 50 por cento- á presencia gubernamental e influxo do BNG, aínda que o tal texto legal se orixinase nunha consellería rexida por socialistas, como é a de Educación.

Aceptando que o BNG teña tanta e tan benéfica influencia nunha consellería na que non ocupa ningún posto politicamente relevante, é de agardar que esa influencia se vexa multiplicada -polo menos por dous- nun departamento como a Secretaría Xeral de Política Lingüística, na que ten dúas persoas dedicadas con carácter exclusivo, con despacho e mais con soldo, a facer control e seguimento dos quefaceres lingüísticos marisolianos, ademais de capacidade propositiva propia.

De maneira que a ver en qué quedamos. Porque supoño que das "galescolas" si se poderá falar ao facer reconto da política lingüística deste goberno. E eu, dende logo, non quero atribuírlle ese logro ao PSdeG, pois incorrería en apropiación indebida.

Aparte deste asunto educativo, do que xa se ten falado abundantemente neste blog, hai outra actuación, promovida conxuntamente dende os gobernos de Galicia e de España, impulsada na UE polo ministro Moratinos e vehiculada no Parlamento Europeo a través de parlamentarios socialistas como Antolín Sánchez Presedo, que me parece de especial relevancia.

Refírome, por suposto, ás iniciativas que levaron á consideración por parte da UE do galego como idioma de traballo, o cal fai posible o uso oral e escrito do galego en determinadas instancias e actuacións comunitarias. Certamente queda un paso moi importante por dar, que é o da oficialidade plena e a todos os efectos do galego -e do catalán e o euskera- na totalidade das actividades e institucións da UE. Agardo que, se todo vai como debe ir, poidamos acadar tan loable obxectivo na vindeira lexislatura (española), sen necesidade de agardar a que o BNG volva gozar de representación no Parlamento Europeo.

Sendo estes dous asuntos, ao meu ver, moi importantes e constituíndo avances moi considerables en relación á situación atopada en 2005, non esgotan a xestión socialista en relación co chamado malamente proceso de normalización lingüística. Pero creo que sería mellor debater a partir de información máis exhaustiva da que eu poida dar aquí.

Remítoos, xa que logo, á seguinte web: www.xunta.es/lingua galega/, onde se poden atopar, en amena disposición, copiosas noticias e información sobre a xestión da S.X. de Política Lingüística. Creo que esa páxina pode servir como punto de partida para un debate que se pretenda serio e non simplemente malicioso ou rexoubeiro.

Adiántome a sinalar, para non enlearnos en minucias e partillas, que acepto de entrada que o bo que se puidese facer é responsabilidade compartida entre o BNG e o PSdeG-PSOE. O malo, o innecesario ou o ausente, impúteselle unicamente aos sociatas.

Un último parrafeo só para indicar que non é veraz a atribución ao deputado Bieito Lobeira da paternidade ideativa da normalización lingüística das lápidas mortuorias. Tan póstuma iniciativa naceu do caletre -ás veces algo tétrico- de Xosé González Martínez, máis coñecido como "Pepiño de Redondela", quen a publicitou coa súa habitual facundia e prestancia indumentaria en medios impresos e audiovisuais de todo o País Galego. Do mesmo xeito, foi o tal "Pepiño", antigo militante nacionalista e hoxe estreito colaborador de Marisol López, quen argallou a campaña de normalización testamentaria na que talvez participou algún dos nosos contertulios redactando a correspondente manda.

Non o digo por quitarlle méritos ao bravo deputado mariñense, quen aínda agarda melancólico a galeguización dos apelidos dalgúns dos seus máis sobranceiros conmilitóns (esta iniciativa si é del), senón por aquilo de que a morte, como a terra, tamén debe ser para quen a traballa.

marcos valcarcel dijo...

Eu fun un dos que asinei ante notario aquela campaña do Pepe de Redondela (xa o saben, se se dá o caso: toca madeira!!!).
E fixemos un fermoso acto no Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo ourensán.
Por algures andará o meu discurso daquel día: se o encontro, recuperareino para o blog.

Xaime dijo...

D. Julio, antes de que a tía de Modesto deixe algo o bispado, que fale conmigo que co permiso de Marcos Valcárcel, facemos cos bens unha "AS UVAS NA SOLAINA FOUNDATION".
Espero e desexo que lles vaia ben os dous (os catro). Sorte e o touro.
Teño Sálvora por estribor, as Cíes a babor, e a proa tira pras Ons.
Se subo unhas doncellas, uns rapantes o un congrio, fritireinos a súa saude e a de todos.

Xoan da Coba dijo...

Don Xaime, estará contento. A Xunta vai empregar a lingua e o golf como recursos turísticos. Imaxino que cada unha das dúas ideas saíu dunha parte concreta do bipartito, pero non as sei asociar ben.

apicultor dijo...

Algo van facendo estes socialistas, non, Saavedra?

**********

Galicia, Catalunya e Euskadi impulsan en París a pluralidade lingüística

Os responsables de política lingüística dos tres gobernos reuníronse no marco da feira EXPOLANGUES, salón sobre linguas, cultura e intercambio internacional, que ten lugar na capital francesa ata mañá sábado.

(Viernes, 08 de febrero de 2008)
Noticia:http://www.xornal.com/article.php3?sid=20080208124543

XORNAL I Santiago.- Os responsables da política lingüística do Goberno Vasco, a Generalitat de Catalunya e a Xunta de Galicia, en representación dos tres gobernos, asinaron esta mañá a Declaración de París pola pluralidade lingüística, no marco da feira EXPOLANGUES, salón sobre linguas, cultura e intercambio internacional, que se desenvolve ata mañá sábado. Esta Declaración, que se sitúa no marco do ano internacional das linguas e o protocolo de colaboración subscrito polas tres institucións en materia de política lingüística, presentárona Patxi Baztarrika (viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno Vasco, Bernat Joan (secretario de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya), e Marisol López (secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia).

O viceconselleiro de Política Lingüística, Patxi Baztarrika, destacou que Europa “é sinónimo de diversidade lingüística”, e que calquera pretensión “uniformizadora”, calquera intento “de negación” da pluralidade lingüística, e “calquera pretensión” de imposición do monolingüismo constitúe “un atentado contra o corazón da mesma Europa”. A xuízo de Baztarrika, traballar a favor do plurilingüismo e polo tanto a favor do recoñecemento da maioría de idade do éuscaro, do catalán, do galego e do conxunto das linguas, “é condición necesaria para construír unha Europa aberta, moderna e democrática”. Nese sentido, o viceconselleiro de Política Lingüistica do Executivo vasco, neste Ano Internacional de las Lenguas, lembrou a máxima de Goethe: “Quen non coñece outras linguas non coñece a propia”. Outro insigne europeo, Fernando Pessoa, desde o seu vértice atlántico, engadía a súa autorizada voz á do xenio centroeuropeo: “Unha verdadeira persoa só pode ser, con pracer e proveito, bilingüe”.

Bernat Joan, pola súa parte parte, resaltou a importancia de “facer extensiva” a coordinación con vascos e galegos a partes integrantes “dos nosos respectivos territorios lingüísticos, como as Illes Balears (territorio de fala catalá, o goberno do cal ata o de agora non participou na nosa coordinación)”.

Segundo o secretario de Política Lingüística da Generalitat, tamén é importante “estender a coordinación” en materia de política lingüística a outras nacións sen estado da Unión Europea coas cales “compartimos problemas e con quen podemos buscar conxuntamente solucións. Tal é o caso do País de Gales, Escocia ou Flandres”.

Na súa opinión é necesario que traballemos xuntos para “evitar a lacra do monolingüismo (tanto persoal, como social, como estatal)”. A Europa do futuro, engadiu, “non se pode concibir a si mesma desde o monolingüismo propio dos estados formados no século XVIII. Dominar varias linguas non só xera unha mentalidade máis aberta, senón que nos abre un abano de oportunidades extraordinario”. A xuízo de Bernat Joan, e co obxecto de “reafirmar a convivencia”, o intercambio democrático e a coordinación entre comunidades humanas diversas, é necesario “apostar decididamente para formar cidadáns plurilingües no seo dunha sociedade respectuosa coa pluralidade, coa diversidade e coa diferenza.”

A secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Marisol López, explicou que coa sinatura desta declaración, “pretendemos incidir na idea do fomento da diversidade lingüística e cultural como maneira coherente de construír este proxecto común que é Europa”.
Marisol López amosouse de acordo coas conclusións do grupo de intelectuais a favor do diálogo intercultural, creado a instancias da Comisión Europea, segundo o cal “o respecto pola pluralidade lingüística constitúe o fundamento da idea europea”, polo que preservar esa diversidade non só é misión histórica da Unión Europa senón que ademais “constitúe unha magnífica ferramenta de integración”.

Por último, a secretaria xeral expresou o seu convencemento de que a través da unión de esforzos e a colaboración entre administracións —filosofía que inspirou o protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Generalitat de Catalunya e o Goberno Vasco, así como a Declaración presentada hoxe—, “gañaremos espazos de uso para as nosas linguas, pero ademais contribuiremos a afianzar na sociedade o recoñecemento da diversidade lingüística como un valor a promover e protexer”. Neste sentido, Marisol López mostrouse esperanzada tras a recente constitución do Consello das Linguas Oficiais do Estado, un órgano que impulsará o uso das linguas oficiais no marco estatal español.

Na Declaración de París, os responsables da política lingüística do Gobeerno Vasco, a Generalitat de Catalunya e a Xunta de Galicia consideran que todas as linguas celebran a pluralidade do mundo e o conteñen por completo, o que equivale a afirmar que “sustentan en idéntica medida a convivencia”. “Non existen, en consecuencia, linguas menores, peores, inhábiles. Antes ben, todas elas cooperan en harmonía para desbotar vellos e insolidarios prexuízos e loitar contra a desigualdade de oportunidades, que relega unhas e encomia outras”.

O plurilingüismo, factor dinámico de enriquecemento da convivencia, facilita a comunicación entre os múltiples universos que coexisten nas sociedades modernas. As prácticas tendentes a favorecer a implantación do monolingüismo sobre a base do sacrificio de linguas real ou pretendidamente máis débiles encerran, en si mesmas, o xerme da intolerancia e a exclusión, fenómenos ambos profundamente incompatibles coas novas dinámicas sociais de integración e cooperación.

A diversidade cultural, intimamente vinculada á diversidade lingüística e un dos piares das sociedades modernas, constitúe un indicador esencial da saúde dos sistemas democráticos. En consecuencia, as institucións asinantes, con ocasión da celebración do Ano Internacional das Linguas, formalizan a Declaración de París.

DOCUMENTACIÓN

Texto de la Declaración de París

Leituga 1 dijo...

Agradezo a referencia de Marisol López ao Consello de Linguas Oficiais do Estado, unha instancia de recente creación, impulsada polo ex-ministro Jordi Sevilla e en cuxa conformación e definición houbo importantes achegas galegas. Lamentablemente, os medios de comunicación galegos apenas se fixeron eco deste asunto, do mesmo xeito que case non reflectiron a recente aprobación no Senado, só cos votos en contra do PP, dunha moción de Entesa (PSC-PSOE, IC-V, ERC) que permitirá o uso oral e escrito de galego, catalán e vasco en toda a actividade senatorial, incluídos os plenos.

Ata o de agora, o uso no Senado das linguas españolas distintas ao castelán estaba limitado á Comisión de Reformas Estatutarias e ao debate sobre o Estado das Autonomías.
Agardo que as próximas eleccións deparen unha maioría pluralista no Senado que permita facer reais e efectivos os contidos da devandita moción, que deberían ser tamén trasladados, ao meu ver, ao Congreso dos Deputados.

A prensa galega informa moi pouco destas cousas. A súa rutina favorita a este respecto é o tratamento dos asuntos lingüísticos como unha batalla de despropósitos e descalificacións entre a Mesa pola Normalización e asociacións tipo Galicia Bilingüe.

marcos valcarcel dijo...

A LINGUA E AS MANIFESTACIÓNS NA RÚA:
Enfío coa última anotación do Leituga 1. O peor que lle podía pasar ó galego agora é saír nas páxinas de sucesos, con fotos dos grises mallando en mozos que berran "Na Galiza, en galego".
A miña opinión é pasar das movidas d Galicia Bilingüe e nunca entrar nas súas provocacións.
Se se quere facer unha manifestación masiva pola lingua, iremos todos, pero non porque saían á rúa os de GB. Táctica totalmente errada, que nos sitúa en paisaxes estilo Euskadi borroka que para nada nos benefician.

apicultor dijo...

Concordo totalmente coas sensatas palabras de Marcos.

Paradoxalmente, ás veces acontece que, na práctica, os peores inimigos do galego son algúns dos seus defensores.

Leituga 1 dijo...

Concordo eu tamén. O de onte na Coruña é un deses esperpentos que só serven para alimentar a conciencia autosatisfeita dunhas ducias de rapaciños que necesitan urxentemente unhas clases de Educación para a Cidadanía.

É penoso que a estas alturas aínda non saiban que é antidemocrático e intolerable romper as manifestacións alleas só porque non nos guste o que digan ou o que reivindiquen.

E, por outra parte, transmitir a imaxe de que son estas pequenas bandas de exaltados os defensores do galego e os adaís do "galeguismo" é unha das peores contribucións que se poden facer á causa do galego e da convivencia lingüística.

Leituga 1 dijo...

Co que non estou de acordo con Marcos é no que di en canto a "pasar" de Galicia Bilingüe como se non existisen.

A realidade é que existen, que forman parte da cidadanía deste país e que manexan argumentos que teñen certo eco social. Eu creo que non hai que refugar o debate con Galicia Bilingüe nin solucionar o expediente con declaracións meramente descalificatorias do tipo "autoodio" ou "desprezo por Galicia". Tampouco coa dialéctica inservible da "imposición" do galego ou do castelán.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Estimado señor Leituga 1:

Bilingüismo en Galiza:

Aquí, que eu saiba, fálase un idioma chamado galego, iso si, inzado de castelanismos... E unha patética tentativa de falar o castelán, que queda reducida a un ridículo pseudodialecto chamado "castrapo".

¿Y luego no le es verdad?

Cumprimentos ao señor Grande-Marlaska.

Xaime dijo...

D. Xoan: Efectivamente sei da iniciativa turística da Xunta. Vosdete coma mín, sabe do rica que está a língua guisada con patacas, ou incluso feita en lonchas despois de cocida con aceite virxen extra, arroz e un Valdeorras. Haberá que potencia-lo consumo de lingoas
No tocante o golf, remátase de facer unha remodelación na Federación Galega, a que chegou xente que quere facer cousas e o que é máis importante que se vexan, xa que o golf elles un deporte vergoñento, e supoño que co potencial que hai nesta terra, pode ser un reclamo túristico de primavera-outono importante.
Non sei de ningún membro do Goberno da Xunta que xogue. Sei que o Delegado de Goberno, faino e algún alcalde, e ex alcalde como Manoel Soto que elle bastante bon e o ex de Vilagarcia, hoxe delegado do Porto dos Ingleses, Javier Gago que ten un handicap respetable.
Hailles un dito que dí que o handicap e igual os días que traballas o mes; se quere saber o meu vaia a páxina da Federación e poña o meu nome. Non llo conte a ningúen.

Xosé M. González dijo...

Volto momentaneamente de encamamento findesemanal, tentarei comentar hoxe. De momento, só un saúdo.

Etxe dijo...

Eu non entendo que sexan provocacións as manifestación de "Galicia bilingüe". Eles teñen o seu punto de vista e eu non só teño obriga de respectalo senón de intentar facerlles ver que non lles é a cousa así. Desde logo, matar moscas a cañonazos ou deixar a lingua en mans de radicais, só contribúe ao contrario do exercicio de normalidade galega que queremos os que por aquí nos achegamos.

Isildur dijo...

Entendo que non hai que caer nas provocacións de GB, e que en todo caso non hai que pasar delas como se non existisen, porque algo de eco social teñen. E poden facer moito dano. Precisamente tamén porque, e aí discrepo de Apicultor, a política lingüística da actual Administración se distera ben pouco da antecesora. Non o digo eu, senón profesionais e expertos en sociolingüística. Mostra do moitísimo interese que o PSdG ten pola normalización lingüística, polo demais. Iso si, semella que en Educación, aínda que só sexa por intelixencia e ausencia de prexuízos dos seus principais responsábeis, hai actitudes máis abertas.
En todo caso, eu non agardaba outra cousa no 2005.

Xosé M. González dijo...

Vexo, compracido, que a proposta foi secundada e houbo achegamento á cuestión da política lingüística. Agora que o fío logo salta, espero que non sexa definitivo e nos próximos meses se volva abordar, non só unha vez: primeiro, o tema meréceo e é substantivo dabondo; segundo, as miñas condicións físicas poderán ser, espero, máis consontes co nivel que vdes. adoitan desenvolver nos debates.

A torpeza e lentitude presentes aconséllanme non entrar no intercambio de ironías que algunha mensaxe precedente merecería. Claro quede, porén, que a miña memoria non merece o eloxio sincero de quen o formule, e a miña fonte de infomación adoita ser tan minguada coma o tempo dispoñible; á fin e ao cabo, non formo parte do consello asesor de Quintana nin tampouco, xaora de Iniciativas 21. Dous motivos que han xustificar o esquezo en relación co Pepe de Redondela (antiquísimo non militante, dirixente da UPG e que nunca foi do Bloque ou a miña ignorancia xa enchería vagóns frigoríficos), meritísimo autor de iniciativas normalizadoras que merece ser (coma xa ten sido) colaborador de calquera resposable político do ramo; tal esquezo, así e todo, non me fixo incorrer en total inxustiza: o deputado (marinense, non mariñense, máis ben de Seixo) Bieito Lobeira realizou notoria proposta ao respecto que foi comentada de forma ben explícita en medios tamén galegos con non moi comprensivo ton, o mesmo có das bonecas e algún outro, actuación, insisto, tampouco non excesivamente ben avaliada aquí mesmo.

Xosé M. González dijo...

Tomemos tamén algunha paciencia para puntualizar que, de ter tal ocorrencia, nunca cometería a descortesía -así, en casa allea- de propor elusión do Bloque canto a responsabilidade política no lingüístico nin en ningunha outra cousa; como letras cantan, case copio, pego, enfatizo: "agás no caso de que se empece por darlle a culpa ou puntualizar a algunha responsabilidade do BNG" e pasamos ao que interesa.

En efecto, existe unha Comisión Conxunta de Política Lingüística en principio paritaria. Tamén existe unha predisposición da Secretaria Xeral, desde o primeiro mes, substanciada na mediaticamente difundida expresión "Eu só respondo ante o presidente da Xunta"; ignoro que poden estar a facer os representantes do BNG en tal comisión para gañar o salario (si que sei, pola contra, de quen dimitiu dela naqueles momentos por causa da mentada situación), pero tan elocuente expresión, no seu contexto, evítame calquera extensión en termos de responsabilidades.

E tamén hai un ACORDO SOBRE BASES PROGRAMÁTICAS
PARA A ACCIÓN DA XUNTA DE GALICIA
QUE ASINAN OS GRUPOS POLÍTICOS
PSdeG-PSOE E BNG
. Ese é o criterio para xulgar a politica lingüística deste goberno e establecer a avaliación axeitada.

apicultor dijo...

Eu tamén teño curiosidade por saber qué están a facer os dous representantes do BNG nesa Comisión Conxunta de Política Lingüística. Estaría ben que alguén indagase nese labor seica descoñecido.

Conste que non me parece desculpa que unha soa frase pronunciada hai dous anos ("Eu só respondo ante o presidente da Xunta") sexa motivo máis ca suficiente para cruzarse de brazos, se acaso isto fose así, que non o sei e que, polo tanto, non o imputo (puntualizo). Mais eu quixera saber tantas cousas...

Xosé M. González dijo...

De xulgar polo que sinto e penso persoalmente, diría que a actuación da Secretaría Xeral de Política Lingüística non me mellora a da Dirección Xeral de Política Lingüística anterior: como galegofalante e transmisor familiar e social da lingua, non me sinto en absoluto máis apoiado, non teño máis ferramentas para a vida diaria, non noto para nada acción ningunha da SX na sociedade. A anterior pouco diso facía, pero era outro o programa político que a sustentaba; realizaba a anterior iniciativas particulares das que algunha foi eliminada sen substituto nin alternativa, e algunha ("Fálalle galego") xaora de impacto maior ca un "E logo!" maiormente desapercibido.

Eu entendo que teño dereito a outro trato e outra achega por parte deste goberno; principalmente cando como un dos seus cinco EIXOS DA ACCIÓN DO GOBERNO indica explicitamente O avance na normalización da nosa lingua e máis a protección e
revalorización da nosa cultura e do noso patrimonio, elementos
básicos da nosa identidade como pobo
.

Se cadra hai quen opina que o termo e o concepto Normalización LIngüística perderon sentido; para min, que con Sarille observo sangría na transmisión e o considero un desastre para o país (igual hai quen non) non só en termos sentimentais, o concepto ten relevancia e pide a berros política específica, decidida, orzamentada e implementada. Tamén o entende este goberno, o que afirma que A Xunta promoverá unha política de recuperación de falantes da lingua do
país e de extensión do seu uso normal en todos os ámbitos da sociedade.
Asemade, potenciará o intercambio cultural cos países de lingua oficial
portuguesa, no cal se atribuirá un papel de relevo aos medios de
comunicación públicos
.

E pregunto eu u-la inequívoca política, cal é o seu programa, o eixe, os recursos e os orzamentos dedicados. Ulo, que non sinto o seu efecto, ulos que sigo a traballar en solitario.

Xosé M. González dijo...

Igualmente sería bo saber que xestións se levan feito, ou que planos hai ao respecto, para procurar o Incremento, ouvidos os representantes do sector, da porcentaxe horaria de
emisión en lingua galega, de produción propia e de produción galega en
todas as concesións de radio e de TV
e no sentido de que O Goberno galego procurará acadar un aumento de horas de emisión para
o país, tanto da radio como da televisión públicas estatais que emiten en
Galicia, o fomento da produción propia no centro territorial, un maior uso
da lingua galega e a recuperación dunha frecuencia radiofónica emitida
integralmente en lingua galega e centrada na información sobre a
economía, a sociedade, a cultura e a política de Galicia
, establecidos no apartado MEDIOS DE COMUNICACIÓN do mencionado Acordo.

Porque, polo que parece e á luz das consecucións achegadas (nalgunha das cales a participación da parte galega daría certamente para falar máis), diríase que as realizacións máis relevantes teñen efecto fóra do país, en parte (insisto, en parte) polo acordo de que se difundirá a realidade e especificidade galega no mundo, proxectando a
personalidade internacional de Galicia e promovendo dun xeito especial a
lingua e a cultura galega no exterior
. Sen menoscabar a insuficiente consecución europea (agora que o catalán subiu un chanzo, a ver se tamén nós) nin as proclamacións conxuntas con vascos e cataláns. Non serei eu, xaora, quen fale mal de tales iniciativas, que xa falei ben noutro caso, e penso que en solitario.

Xosé M. González dijo...

Case rematando: o decreto de vehicularidade no ensino é, en efecto, o mellor de todo. Non é, en efecto, da SX de PL, senón da Consellaría de Educación. Mágoa que desde esta se enviase aos centros coma comunicación decretal, sen realizar ningún tipo de campaña de información, sensibilización, formación de profesores, etc; mágoa, porque é como se adoitan realizar estas cousas, polo menos se un quere que saian ben. E isto último non é ironía acusadora, de momento.

Mágoa, así mesmo, que consonte a miña queixa constante -porque é un escándalo, e ninguén di nin ola ao respecto- aparente estar absolutamente todo por facer no sentido de que Deseñarase un programa de apoio específico para o coñecemento da
lingua galega polo alumnado inmigrante
. Á fin e ao cabo, un espera tamén que A Xunta promova a integración social e laboral dos inmigrantes,
impulsando o coñecemento da lingua e cultura galegas, combatendo
o racismo e xenofobia, por medio do diálogo fluído cos
representantes dos colectivos
.

apicultor dijo...

Preguntas semellantes tamén se poderían facer verbo dos concellos. De todos os concellos. Eu aí -como noutras cousas- tampouco teño resposta. Non sei se nos concellos hai "política específica, decidida, orzamentada e implementada".

Xosé M. González dijo...

Son algúns casos. Procure o interesado no enderezo mencionado, busque coa clave lingua e complete se quere. Menos ca mediocre é o meu balance. Escasamente novidoso con respecto ao anterior, e isto é unha imputación grave; da miña parte, polo menos.

Obviamente, o BNG ten algunha responsabilidade en todo isto; é parte do goberno e, por outra banda, algunha das pasaxes copiadas nas mensaxes precedentes poda tocar de lado mesmo algunha das súas funcións de goberno e, xaora, a función conxunta. Ora que a xerarquía de responsabilidades paréceme que aconsellaría algunha prudencia á hora de enfatizar a da parte nacionalista neste aspecto. Paréceme, pero xa dixen: cadaquén ten as súas prioridades e mesmo as súas pulsións.

Remato, antes de que veña a febre ou, cando menos, a tose: en efecto, eu penso que sen parte nacionalista no goberno non habería un programa coma o aludido nin tampouco tal decreto no ensino; como dixo alguén sabio, é lóxico que a parte nacionalista se interese máis polo Normalización Lingüística. Aválanme, penso, precedentes sobre actuación do PSOE no goberno central -con proxección ben concreta sobre o país- en lexislaturas anteriores. E tamén o carácter do propio partido en Galicia: onde persoas coma o Tuco Cerviño ou -colixo- o mesmo Leituga obviamente non están en maioría; onde, obviamente, nin todos nin moitísimo menos están contentos con esta situación.

Espero, con todo, non ter que confirmar practicamente a convicción devandita; farían falta dúas lexislaturas de gobernación en solitario -na Xunta- por parte do PSOE. Habiamos ver se algún posicionamento favorable a GB (arestora sepultado) non se facía notar, e non só de palabra; isto, recoñézoo, é só hipótese, pero non vacua.

E a GB, xaora, hai que plantarlle cara; con argumentos, claro. Pero esa historia, igual ca seguir con esta, require dun XMG en mellor forma.

Teñan boa noite.

arume dos piñeiros dijo...

Conta nese benemérito pulo de horas en galego nos medios de comunicación a creación dun novo canle televisivo da TVG? Tamén contan os esforzos da Consellería de Innovación e Industria (Internet+galego) nese campo?

Xosé M. González dijo...

Corrixo o terceiro parágrafo da anterior nesta, por hoxe, derradeira mensaxe:

Remato, antes de que veña a febre ou, cando menos, a tose: en efecto, eu penso que sen parte nacionalista no goberno non habería un programa coma o aludido nin tampouco tal decreto no ensino; como dixo alguén sabio, é lóxico que a parte nacionalista se interese máis polo Normalización Lingüística. Aválanme, penso, precedentes sobre actuación do PSOE no goberno central -con proxección ben concreta sobre o país- en lexislaturas anteriores. E tamén o carácter do propio partido en Galicia: onde persoas coma o Tuco Cerviño ou -colixo- o mesmo Leituga obviamente non están en maioría; onde, obviamente, nin todos nin moitísimo menos están contentos coas formulacións sobre política lingüística actualmente vixentes.

Canto á situación actual, situación situación, xa falei.

beria en siberia dijo...

Á hora da verdá, o galego impórtalle unha caca da vaca tanto ao Pichoe como ao Benexé. Facer que se fai e non facer nada: esa é a realidá.

Etxe dijo...

A caca da vaca é bosta, palabra abertzale onde as haxa. Pasou ao castelán de Arxentina e agora está en proceso de desaparición tal que o gando vacún non estabulado. As bosto-empanadas por riba do asfalto ou das laxes dos camiños, deica pouco serán lembranzas de vellos.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Don Etxe: Efectivamente, 'bosta' élle máis que unha palabra. Élle mesmo un tótem.

Vénlle do latín 'bostare', que por súa vez seica se formou pola fusión das palabras 'Bos-bovis' e 'stabulum'.

'Bosto-empanadas' é un xenial neoloxismo. Grazas.

A palabra bosta élle ben produtiva:

-"Jonathan, sáleme de onda la vaca que mismo vas pisar la bosta".

Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

En inghlese chámanlles "street pizza" a eses recordos que van deixando os do botellón polo chao, un venres pola noite ou un sábado

Medela dijo...

Estimado profesor González:

As cousas, acho, non lle poden ir peor. O axioma propio de nós, os emigrantes: “Allá no es como acá” non funciona nestas latitudes. Non sei se regresar para Lobeira, apuntarme na lexión francesa ou marchar para o Tíbet. O Etelvino do Ribeiro (Bande) alá lle está, e vaina virando…

Venres pasado estivémoslle eu e máis o seu (e meu) paisano Modesto de Cospeito traballando arreo para despezarmos un ruinoso ex – navío no ex – areal preto da ex – vila de Tolmacheva, no ex – mar de Aral.

Só no turno de tarde cargamos no vello Ikarus por volta de 3.000 toneladas de oxidado ferro. O camión non dá máis de si, 'todo el santo día de dios' desde o areal ata a estación de Tolmacheva cara a Nukus. Alí é pesado e cargado con dirección teórica Bangla Desh, din que para construír casas baratas de chapa.

O coitado do navío, despezado e espido naquel maldito lugar mesmo parecía, profesor González, unha patética pantasma. Só permanecía en pé a armazón, o esqueleto do que en tempos foi un elegante e moi mariñeiro barco de transporte.

O Modesto e un servidor (xente nova, leña verde) quixemos entrar a rebeirar, co gallo de encontrarmos algunha cousa; máis que nada curiosidade. O caos era total nas entrañas do monstro. Un inmundo mar de plásticos, mazos de tabaco baleiros, almanaques Pirelli, carcasas de fitas de vídeo da Playboy, garrafas de licor – café “El afilador” (Ollo! Aquí traballaron galegos), estampas plastificadas da Virxe do Carme, do Corpiño, do Santo André de Teixido, do Santo Cristo de Ourense e mesmo do Bom Jesus de Braga. Non faltaban as tixolas vellas, garrafas de Veterano e J.B., a sempiterna baralla Fournier…
Modesto, desconfiado, cauteloso e precavido ata a paranoia, falou en saír do ex – barco, montar no Ikarus e alancarmos de alí. Mais no momento en que andabamos a fozar cun pau naquel lamentábel expolio, profesor González, naquel mesmo instante, o demo fixo que o rexo terrachairego se decatase de que dentro do que en tempos foi un estoxo había unhas fitas de cassette. Na capa, aínda que ben descolorida recoñecíase a cilíndrica figura dunha asturiana, vestida cun dos chamados traxes típicos, máis propio da ‘sección de coros y danzas de Mieres del Camino’ que do sentido común. A devandita asturiana, ‘La Pastorina’ ofrecía un repertorio aberto no lado 1 polo seu hit parade de hai xa ben anos, chamado “Soy un niño abandonado”. A caixa da outra cassette estaba baleira. Era de “Los dos españoles”, xa sabe, González, eses de “Monumento al camionero”, “El abuelo era de Orense”, “Mi mujer y mi caballo”, etc.

Manda truco, de Mieres a Tolmacheva!

Señor profesor, amigo González, vostede ben sabe que é para min coma un pai, por iso abuso da súa paciencia…

Montamos no Ikarus, Modesto abriu dúas latas de cervexa que tivemos a arrefecer nas xélidas aguas deste pestilente ex – charco, arrincamos e nada… Modesto ordena meter a fita no aparello e non sabemos nin como nin por que… Case desatamos a chorar. Que si soy un niño abandonado, que si en la gaita traigo Asturias, todo ese sarillo, González, e nós na pista de terra Tolmacheva – Nukus.

Chegamos aínda cunha aguillada de sol; o seu paisano, González, despediuse ás presas e sen ollar de fronte. Boeno, pensei, por un día que non ceemos e non nos embebedemos no MacDonalds, non pasa nada. E eu, González, tíñalle o pensamento ofuscado, non me decataba de nada, só devecía por volver ver a miña patroa, Kyra Argounova. Ben sei que me comprende, señor, por iso llo conto.

Chego á pensión, na rúa Mil Primaveras, ex – rúa Molotov, e non había ninguén. Os radiadores da calefacción, fríos; as luces, apagadas. A radio, desconectada. A tv, nin lle digo, doutor González. Xa nin sabía se tiña frío ou calor. Non sabía como mudar a garrafa de butano para me duchar. Pero onde c. se metería a condenada da muller????

Dalí a unha hora, que a min me pareceu un lustro, González, apareceu Kyra. Coñécese que viña da “misa” ortodoxa (supoño que aquí tamén lle chamarán así). Ah, si, lembro que vin no MacDonalds un cartaz anunciando a ‘plaszchivnecha’ ortodoxa, si, si, lembro. Nunca a vira vestida “de civil”. Sempre con esas batas tan Alfredo Romero Style que levan as nosas compatriotas cando unha muller é asasinada na aldea, e son entrevistadas pola TVG e sempre responden coa mesma ladaíña, que o presunto asasino era un bo ‘chaval’ que non se metía con ninguén, que só era mao para el, etc. Pois esas batas, señor González, esas batas aos cadrados, de cores apagadas que tanto dilúen as manchas provocadas polo sangue de porco como polo leite salferido da munguidora, como pola súor da angustia, señor profesor, esas batas, esas mesmas batas son as que leva Kyra para facer as voltas da casa, esas batas que tan condenadamente ben lle acaen.
E, amigo González, non sei se a vostede lle aconteceu algunha cousa así, mais servidor, que nunca pasei da máis correcta cortesía no meu habitual trato con Kyra, modais que de certo me aprendeu a miña avoa de Lobeira, abraiado, desarmado por vela tan repeiteada e composta, e caíndo nun dos máis habituais erros dos galegos, trateina por tu e pregunteille de onde é que viña.

- E logo de onde vés, Kyra?

- Desculpe??? …Precisa algunha cousa, señor Medela?

-Non, non, e que…

-Vostede ten a chave. Sabe onde están as cousas. Hai algún problema?

-Non (glups). Non, señora Kyra, non hai caso. E que cheguei hai unha hora, e como vostede non estaba na casa… Pensei que lle acontecera algunha cousa…

-E que me parece absurda, señor Medela, a súa reacción. Mesmamente me preocupei. Supoño que a vostede lle será indiferente que eu estea ou non na casa… Digo eu que tanto lle terá… OU A VOSTEDE NON LLE É INDIFERENTE???

E, señor González, “cerró suavemente la puerta tras de si”. A súa derradeira frase aínda resoa nos meus ouvidos.

(continuará)

apicultor dijo...

Asombrosas, hipnópticas e cativantes as historias de Medela no mar de Aral. Toda unha epopea de lonxanas latitudes.

Daría para unha extraordinaria serie semanal en sustitución da xa concluída de Saavedra.

Señor Medela: comprométese a unha entrega semanal? Seguro que o Valcárcel estará encantado de colocalas en lugar destacado. Póñanse en contacto, por favor.

Pai da Kira dijo...

Coas historias no mar de Aral o Medela está xenial, pero cando pega cos "étimos", uuuuffff que sobredose!!!

Anónimo dijo...

Un blog político-cultureta-sentimental e, derradeiramente, literario.

EL PRESI, LA PASTORINA Y JUANÍN DE MIERES dijo...

Soy de Mieres, soy de Mieres,
Soy de Mieres del Camino.
De Villaviciosa vengo
y en Villaviciosa vivo.

Para o Medela.

Anónimo dous dijo...

Poz zi.Moi literario

Anónimo dijo...

Penso que o cachondeio esmorgante lle presta moito a este blo.

marcos valcarcel dijo...

Anónimo un, dous , tres ou os que sexan: non se obsesionen con catalogar ou clasificar os perfís do blog. Un día será sentimental, outro político, outro literario... Como a vida mesma. Aproveiten para participar nos debates e gozar coas ideas que aquí compartimos, nada máis. Sen maiores pretensións. E sen mancarse nin facer dano a ninguén, a poder ser.

Xosé M. González dijo...

Medela:

Aparenta estar vde. nun momento biográfico excepcional; dígoo se cadra con exceso, dada a miña ignorancia sobre os precedentes. Aínda así, sen dúbida nin reparo, a presente experiencia sentimental (ao cabo, algo máis ca episódica?) comparte o día con épica do traballo e testemuño material sobre a ruína do comunismo, globalización mercantil e capitalista, emigración nacional máis ou menos temporeira. Aproveite, Medela, enchoupe corpo e espírito, moita solaz lle virá de maior e ensino para netos que serán tamén (ou non?) da Kyra.

Canto a esta: a muller algo notou, ¿e non había? A muller, controla, domina e, a todas luces xa tamén, tantea. Domine eses nervios, Medela, reflicta un algo, que os pasos inmediatos poden ser decisivos. A expansión debe ser posta ao servizo do ben superior, a satisfacción irrevocablemente adiada.

Suxiro cortesía respectuosa e irreprochable na próxima coincidencia; logo da primeira media hora, se o rigor dela atenúa ou dá pé, algún aceno de respectuosa confianza. Vaia cavilando se, nuns poucos días, algún galano floral discreto pode ser entendido como implícita e clara manifestación de desculpa, ao tempo que implícita e difusa declaración admirativa. E aprace o uso das cantigas lobeirenses; nin se lle ocorra, de momento, facer uso delas.

Xa nos contará se lle vai ben algo disto, se a senhor amolece, e as férridas xornadas do despece. Cumprimentos.

Anónimo dijo...

Consellos aquelados, afectivamente, os da experiencia cum madurez de gonzález.

Nestes casos a dona controla, domina. Vostede tantee, home, tantee, pero non dea pasos até que a chorba lle vaia baizando as barreiras. A dona coma Canal de Suez, que decide abrir ou pechar as comportas a vontade.

Logo sa nos dirá se houbo canivete...

Medela dijo...

Amigo Apicultor: Quen me dera que isto fose unha novela...

A supervisora da empresa de ferralla, unha catalana chamada Maria Antònia, que parece unha modelo de Panama Jack, comunicounos ao Modesto de Cospeito e a un servidor que mañá ás oito en punto, na ex-praia da ex-cidade de Muinak, á beira do ex-río Amu-Daria, para despezarmos unha antiga tubería para regar o algodón.
Tomara eu que isto non fose un pesadelo, amigo Apicultor. E vostede, ben seguro, e fai ben, tomando vinitos pola rúa Lepanto...

Kyra non lle me sae do pensamento, amigo Apicultor. Dea saudosas lembranzas aos amigos blogueiros.

Grazas polos ánimos.

arume dos piñeiros dijo...

Non sei por que a historia de Medela recórdame a aquela postiundustrial de Mel Gibson, Mad Max. Medela Max podería ser bó título das aventuras.

Xosé M. González dijo...

Medela, non se meta policía. E coidado con esa Ama / Turner / Maria Antònia.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Estimado amigo González:

Despois da súa carta estoulle, se cadra, un chisco máis animado. Ben vexo que vostede me comprende, que me escoita, que fita e interpreta con ollo experiente a natureza do que sinto, que se solidariza comigo. Máis ca un pai, González, é vostede para min un Virxilio, un Tiresias, un Jack Kerouac a tomar conta de min a través destes abismais camiños de confusión, mostrándome a luz no cabo deste túnel de desesperanza.

Tomara eu, docto profesor, poder dominar os nervios. Non lle é doado. Lembre vostede o seu primeiro destino, nos illados vales montesíos de Mieres del Camino, tal vez nas abrasadas chairas de Mota del Cuervo, se cadra na laboriosa Catalunya.
Qué lle vou dicir que vostede non saiba!

E tomara eu, amigo González, poder manter a calma. Sempre fun (louvado sexa El Señor) atrapallado e irreflexivo. Xa mo dicía de neno a avoa de Lobeira, que tiña os “diablillos” no corpo. E ben se verificou cando Kyra se revirou venres pasado ao lle eu preguntar desaxeitadamente de donde viña.

E fiquei, evidentemente, mudo. Aínda ben que trouxen canda min as obras completas do egrexio Keith Luger; préstalleme moito ler nelas, onde acho consolo espiritual. Evádome, indentifícome consciente, inconsciente, preconsciente e supraconscientemente co ‘prota’, si, ese eterno vaqueiro-Ulises redivivo que acaba con toda a malandraxe (eficazmente e sen se asañar, sen odio, mais sen piedade) ao paso que conquista a beleza local. Tamén o axuda o ‘puestiño’ vacante de sheriff técnico de grao medio, por concurso de méritos.

Vamos ao conto, González. Quería que vise a Kyra cando se revirou contra min como gata montesa. Con ese traxe prêt-a-porter azul gris levemente pasado de moda. Con esa blusa branca de volantes estilo Dick Turpin, con reflexos azuis que denuncian o uso de “azulete”, como o que lle botaba a miña avoa ás sabas antes de as asollar por riba das silvas. Botas altas, cor de laranxa, que se ben non lle acaen moito á cor do traxe, tamén non combinan “demasiado” mal. E gustaría, González, que só por un momento puidese vostede percibir o arrecendo a xabón de “La Toja” ou similar mesturado cos efluvios da colonia “Myrurgia”, “Maderas de Oriente” ou algo parecido. Bonita, feitiña, composta, repeiteada, relambida, un chisco cursi e sobre todo, moi vilega. Un quilo ou dous por riba do fantasmático peso ideal.

Gustaría tamén, González, saber a impresión que había causar en vostede esa aparición, esa evidencia reveladora, refulxente e matriarcal, sosegada, recatada e cun ‘touche’ de soberbia maliciosa e retranqueira, experiente en guiarse por ese labirinto que é a vida, ‘touche’ que multiplica ata o infinito a súa auréola enigmática e o seu atractivo natural, xa de seu espectacular. A espectral luz do tubo fluorescente no lúgubre corredor da pensión, onde integramente se desenvolveu este breve psicodrama, reflectía directamente nos ollos de Kyra, que como xa lle comentara, son de cadansúa cor. Alén diso, levaba unha enorme medalla da ucraína Virxe das Espigas, hierática imaxe que contribuía non pouco a lle imprimir un aspecto de sibila (com a tua licença, cara Agustina Bessa-Luís), de intemporal e indoeuropea propietaria rural. Todo isto… Non lle sei ben como o podía explicar… Todo moi adorablemente decadente, moito de ‘nouvelle vague’ en branco e negro.

Ante esta espectacular posta en escena, como é que vou dominar os nervios, amigo González???

Fun para o meu cuarto. Prendín o enésimo marlboro do día (evidentemente, de contrabando). Conectei o etnográfico transistor de baquelita MAIC. Na emisora da igrexa ortodoxa andaban a atacar duramente o vicepresidente da República Karakalpakstan, nacionalista. Mudei o dial para Radio Tolmacheva, no 107.2 da FM; soaba “Working With Fire And Steel” dos China Crisis.


Uffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffff

Por segunda vez no que vai de día, desatei a chorar coma un meniño. Logo adormecín.

Preciso falar urxentemente con Lobeira.

Ao regresarmos de Muinak, continúo, González. Non lle sei canto tempo imos botar alá.
Que teña unha boa noite. Ben o merece, por me aturar.



{Nukus, República Karakalpakstan, 12 de febreiro de 2008, 21.00 horas.}

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Amigo Arume: As paisaxes de Mad Max sonlle Kampuchea (no nível vexetacional) comparadas con isto.

As mozas, mellores as de aquí, cando menos unha. Boeno, a Ryma do MacDonalds tamén.

Cumprimentos.

apicultor dijo...

Extraordinario Medela!

(En voz baixiña: moito mellor que SdT e XCC xuntos)

arume dos piñeiros dijo...

Eu escoiteino, amigo Apicultor.
E eu aproveito: xa o preguntei por aquí algunha vez pero quixera contrastalo. É verdade que SdT, Manolorrivas e Benedictus Eclesiarum están vetados na Voz de Galicia? Pregunto. Con malicia, of course.

apicultor dijo...

Eu teño oído de que si. Pero, para maior seguridade, debería preguntarllo directamente a eles.

Xosé M. González dijo...

Medela, comprendo. Atracción primaria, honrada e laboriosa fasquía, popular e económico adobío (bota butánica de alta cana e cóctel de perfumes correntes acabaron de impresionar o meu caletre) teñen que dar en continente perturbador.

Pero debe sobreporse. Sabe de certo que ela non experimenta sensacións ao xeito? Algunha das expresións naquela infausta xornada deben poñelo a cavilar.

Afogue no traballo o desacougo. Lástima de correo demorante, aínda a miña colección de "El Coyote" o axudaba na contención. Entremedias, vaia preparando a volta á Kyra.

Estou por suxerirlle ao anfitrión que lle dea fío á correspondencia do Medela.

Beria en Siberia dijo...

Dá gusto ver a un home experimentado dando consellos a un rapaz namorado. De verdá que me enternezo.