3 feb 2008


O tema.
Pan por Pan domingo 3 febreiro

O peor é escoller o tema. Refírome a estas breves columniñas diarias que van xa para sete anos. Explícome. Cando iniciei estas colaboracións, pensei que habería días que non tería de qué falar. Pero moi cedo pasou ese medo: os temas sobran. Moitas veces apunto catro ou cinco posibles e logo escollo. Por exemplo, hoxe poderiamos falar do discurso do Papa contra os bebés probeta, contra a fecundación in vitro e contra a conxelación de embrións. Ou tamén da paixón dalgúns responsables políticos por esquiar cando veñen mal dadas. Ou do falecido fundador dos Legionarios de Cristo, o crego mexicano Marcial Maciel, sancionado pola propia Igrexa tras acusacións de pedofilia. Ou dun estudo que alerta da posibilidade de aparicións de ondas xigantes nas costas galegas. Xa ven o patio: se colles este, alarmista; aquel, anticlerical. En fin, que hoxe non sei de qué escribir.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Un soneto me manda hacer Violante,
que en mi vida me he visto en tanto aprieto.

Ben resolto, Marcos. Contad si son catorce, y está hecho.

Anónimo dijo...

Nunha lista de blogs galegos intitulada "Os blogues todos do blogomillo"
(http://blogaliza.org/index.php?val=lblogomillo)

aparece este blog no posto 26 da lista. O criterio para elaborar esta clasificación é (cito) "[a] relevancia que calcula technorati tendo en conta o número de ligazons entrantes de cadaquen, e outros criterios." [hai que darlles as grazas pola ampla aclaración]

A lista encabézaa o editor maior do reino, o cal é normal porque aquí todos somos poetas, e se non podemos ser poetas pois sempre nos poden publicar unha novela.

No segundo lugar está un blog redactado, na súa meirande parte, nesa lingua iberorromance que tan gustosamente nos cederon os reis católicos para nos confundir aínda máis.

Non sigo.

Vou ao rego. É curioso comprobar que estes dous blogues que están nos primeiros lugares da lista teñan unha escasísima participación dos lectores. Que pasa? Que son blogs de usar e tirar? Como é que as Uvas da Solaina está no posto vintepico?

Me lo expliquen, porfa...

Anónimo dijo...

Eu desas cousas non entendo ren.

Marcos Valcárcel López dijo...

Eu tampouco entendo case nada disto, preguntareille ó meu asesor Xulio polos criterios desa lista.
En calquera caso, un posto 26 entre 5481 blogs galegos non está nada mal. Ademais, estamos rodeados doutros blogs de bos amigos que o están facendo moi ben.

Anónimo dijo...

Pero Marcos, acaso non lembra o conto aquel do home que iba có fillo e cun burro?. Ás veces sentábase él no burro e o fillo iba a pé. Ás veces ao revés. Ás veces ningún dos dous. E sempre lles decían a queñes os atopaban que o facían mal...Escriba do que lle a real gana. Vanno criticar igual.

Anónimo dijo...

Segundo Alexa, "As uvas" ocupa o posto 1.427.421 entre as páxinas máis vistas do mundo. "Brétemas", pola súa parte, está no posto número 1.722.345.
Como curiosidade, póñolles aquí algunhas outras posicións neste "rank":

-El País: 694
-La Voz de Galicia: 9.857
-Xunta de Galicia: 18.883
-Faro de Vigo: 44.150
-Vieiros: 44.716
-El Correo Gallego: 54.266
-Chuza: 61.499
-CRTVG: 106.084
-La Región: 127.319
-A Nosa Terra: 339.120
-GZ Nación: 467.151
-Galicia Confidencial: 518.084
-Arroutada Noticias: 984.141