Xosé Fernández Ferreiro
Gustaríame escribir unha gran novela que aínda non fixen. Dáme a impresión de que escribín demasiado.
Acabo de rematar unha novela, que se desenrola en Ourense nos anos da posguerra. É unha obra moi dura, da época da fame, do contrabando e da represión. Nese libro hai moito de min. Aínda non ten título. Pódese titular "Tempo de centeo".
(Fronte a tanta petulancia barata de descubridores de Mediterráneos, estas palabras francas, auténticas, dun mestre dos Brais Pinto, o creador de "Morrer en Castrelo de Miño" (cito unha das miñas preferidas).
Sacado dunha entrevista con Xosé M. del Caño en "Faro de Orense! 6-1-2008. Nas fotos, o escritor bebe de nove meses e outra imaxe de XFF en Madrid co gran "Ben-Cho-Shey" e Gala Murguía, a filla de Rosalía, en 1958. Detrás dela Fita, a dona de don Ramón)
7 comentarios:
Leron a entrevista a Millán Picouto no Faro de Ourense de hoxe?.Mágoa que non esté na rede. Eu coincido bastante coa descripción que da da cultura.Por non decir totalmente.
¿Tanta petulancia barata de descubridores de Mediterráneos hai?
Pois si, algunha aínda hai, si.
Subliñei a cita de FERNÁNDEZ FERREIRO polo pouco habitual do seu tono: cantos escritores cun montón de novelas ás súas costas falan así, con tanta autenticidade?
E si, hai petulancia por aí, como en todas as literaturas e culturas, supoño. Aínda máis, en certo momento ou idade, é normal: un novo autor que se estrea e cre que vai comer o mundo. Cando ese "estilo" se mantén por riba dos 40 anos, xa semella máis perigoso...
por riba dos 40 anos...? Oh, Dior Mío...
Non é petulancia, efectivamente. É un sinal de que aínda quedan ganas por facer algo distinto, mellor, máis ambicioso.
Vista a calidade de moitas das súas novelas ("Agosto do 36", "A cidade das chuvias"), esa novela agárdase con expectación.
Un gran tipo Fernández Ferreiro, si señor. E, en efecto, nada petulante. Quizais por iso non teña tanta sona como debería.
Publicar un comentario